21 nov 2007


Vanse os nenos republicanos

Esperabamos a nova, pero vainos encher igual de tristura. Hai un tempiño foise o seu amigo Eduardo Haro Tecglen. Agora vaise el: Fernando Fernán Gómez, un dos xenios do noso cine, na direción e na interpretación. Vímolo en moitos grandes papeis, pero para moitos será sempre o mestre de A lingua das bolboretas, de José Luis Cuerda, sobre o texto de M. Rivas.
86 anos ben aproveitados, sen dúbida; un destino cumprido no mundo: axudarnos a soñar.
P.S. : Do lido nos xornais, o artigo que máis me gustou foi o de Antonio Muñoz Molina, en El País, "Querido Fernando".

27 comentarios:

Anónimo dijo...

Un dos xenios do cine español, efectivamente, aínda que eu, particularmente, non o considere "do noso cine" (ogallá tivesemos artistas todo-terreo coma este en Galicia).
Recordo agora mesmo varias peliculas súas como director moi interesantes, especialmente "El extraño viaje" e "El viaje a ninguna parte"

Anónimo dijo...

Do cine... e do teatro e da literatura (literatura dramática, memorialismo, ...), ademais da televisión.

Descanse en paz, Don Fernando, xa gloria eterna das artes e das letras.

Anónimo dijo...

R.I.P Fernán-Gómez
Quedanos o seu CINE, e libros
De cando en cando olleo "DESDE LA ULTIMA FILA"

Anónimo dijo...

O máis grande.
Onte fixen no meu blog un post de homenaxe case seguro de que nos ía deixar. E hoxe foise. Pero, como digo, seguro que está a durmir a unha legua de distancia das nosas vidas, esa distancia que os CÓMICOS coma el sempre respectaban. Agora o respecto é o noso. Moitas gracias.

Anónimo dijo...

Recordo aquela escea tan cómica (e tan emotiva) en "El viaje a ninguna parte" na que un vello cómico (Fernando F. Gómez), que non comprende como ten que dicir unha frase nunha película, di chorando: "Esto del cine es una mierda"

Anónimo dijo...

Ou aquela outra na que chegan a un bar e atopan uns folletos doutra compañía universitaria ou escolar para a representación de obras de Gil Vicente e Lope de Rueda e o CÓMICO di aquelo de: "Quien son estos: seguro que son de Falange".
E pido desculpas, porque escribilo está a años luz da voz inigualable de don Fernando.

torredebabel dijo...

repetidas veces, o meu home e eu quedamos vendo unha película só polo feito de que el estivera entre os actores. Non só era un grande actor. Tamén tiña ese excepcional don dos actores de verdade: o de facerse querer polas criaturas ás que deu vida.

Anónimo dijo...

"Facerse querer polas criaturas a que deu vida"

Quedo coa frase Torredebabel

Marcos Valcárcel López dijo...

Eu pensei o mesmo que Jimmy de Rairo: tamén me encantou esa frase de Torre, díxoo mellor que ninguén.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Esquecín decir del o que de sí mesmo dicía Haro Tecglen: "Rehúyo la palabra "progresista" como rehúyo la palabra "izquierda": ha sido usurpada, invadida, devorada desde dentro. Utilizo para definirme a mí, el término "rojo".
"Libertario, anarquista", engadiría eu, se mo permiten.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Acabo de ver que sobre o seu cadaleito no esceario do Teatro Español de Madrid, onde estivo o Corral de comedias do Príncipe, aparece a bandeira anarquista negra e bermella.

Marcos Valcárcel López dijo...

COA BANDEIRA ANARQUISTA, FFG. Efectivamente tamén eu o vin no telediario. Pero cambiaron de imaxe a toda velocidade: ó mellor tiñan medo a que alguén se contaminase... Todo un detalle gaiteiro nunha despedida maxistral.(Creo que fóra dos militantes da CNT ningún nome egrexio da cultura española fixera nunca tal cousa!!!)

R.R. dijo...

A frase de Torredebabel é para roubar, e aplicada a Fernán-Gómez venlle perfecta.

Anónimo dijo...

O artigo de David Trueba non está nada mal, moi emotivo, como o de El Brujo, pero o de Antonio Muñoz Molina, en efecto, é extraordinario.

Anónimo dijo...

Como availían os trescentos historiadores que platican eiquí na Solaina o papel dos anarquistas antes de e durante a Guerra Civil?
[A avaliación que eu fago non é moi positiva]

Anónimo dijo...

Pois podía explaiarse un pouco máis na súa avaliación, porque con dúas palabras ("moi positiva") é imposible aprehender cales son os argumentos e datos previos utilizados para chegar a esa conclusión. Anímese e explíquese.

Anónimo dijo...

Como non son historiador, véxome lexitimado para afimar que a apoloxía do amor libre foi a máxima aportación dos anarquistas. E iso val por todo. Sen entrarmos noutras cuestións sobre a emancipación do individuo, a loita pola igualdade e contra as xerarquías. Supoño que a pregunta ten que ver máis cos anarquistas ibéricos (con Durruti e a revolución do 36 por riba de todo) que cos principios téoricos do anarquismo.

Anónimo dijo...

Gustaríame saber a opinión dos que saben:
- Foi beneficiosa a participación dos anarquistas nos gobernos da República?
- Axudaron ou entorpeceron nos labores de guerra?
- Que papel xogaron na represión que se levou a cabo na retagarda contra o clero e outros elementos?
- Por que practicamente desaparecen da política e do sindicalismo europeos tras a Segunda Guerra Mundial?

Anónimo dijo...

Está ofrecendo gratis o guión dun libro, porque esas catro puntos ven darían para catro capítulos ben cumpridos.

Anónimo dijo...

Queremos saber...

Anónimo dijo...

Persoalmente, e aínda que sexa mal momento para dicilo, co cadaleito do glorioso Fernán-Gómez envolto na bandeira roxinegra, considero que o anarquismo foi unha das peores pestes da historia española, só equiparable ao do Exército e a Igrexa Católica en afán destrutor, en malajería e en brutalidade. Xa sei que hai unha corrente ampla de simpatía cara a un anarquismo mitificado como antipolítico, libérrimo, insubornable e inxenuo. Pero, á marxe de posibles afinidades inmediatas coas súas ideas e teorías, o certo é que o papel que desempeña o anarquismo na historia de España é desastroso. E o da Guerra Civil, agás o episodio do combate contra a sublevación en Barcelona, é en xeral de vergonza, tanto na vangarda como na retagarda.
Outra cousa son os "ácratas" e os tipos temperamentalmente libertarios do estilo de Baroja, Valle-Inclán e o propio Fernán-Gómez. Pero eses casos, que son a cara bonita do asunto, non son suficientes para esquecer ao anarquista bombista, incendiario, lumpen e cabrón. E son estes últimos os que definen a conducta predominante do anarquismo español. E se hai por aquí algún anarquista desa escola, que me disculpe.

Anónimo dijo...

Vamos,que leituga1 non tolera ós
"guy fawkes".Pero poderíamos aproveitar i establecer unha festa a conta de algún.

GUY Fawkes

Anónimo dijo...

Non creo que, visto desde ese punto de vista, a "brutalidade" sexa privativa dos anarquistas. Paréceme excesiva a súa diatriba, amigo Leituga I. A estampa do pistoleiro anarquista (que ven desde finais do XIX), se certa, non é a única posible. Eu xa dixen que non son historiador, pero o sindicalismo anarquista en Barcelona de estirpe revolucionaria tiña, en condicións difíciles, unha implantación que fai moi inexplicable esa imaxe brutal da maior parte dos seus militantes. Os erros na Guerra Civil poden ser repartidos, desde un tipo de historia hipotética que eu non aprecio, entre todos, desde os máis pusilánimes incapaces de asumir a violencia dun golpe de estado (o caso de Casares Quiroga que moitos historiadores postulan) ata os (non) xuízos sumarísimos, cunetazos e checas a cargo de comunistas, pasando por largos caballeros encendidos na loita das clases obreiras contra o capital. Quen está libre de algunha clase de responsabilidade?
Tirar a dar (nunca mellor dito) contra os anarquistas, así en bloque, non me parece, en todo caso, moi ecuánime.

Anónimo dijo...

Limitándonos á República e á Guerra Civil, creo que, en efecto, a ala esquerda do PSOE, a encabezada por Largo Caballero, nefasto aspirante a "Lenin español", tivo un papel tan desastroso como o dos anarquistas. Non lle atribúo, porén, o mesmo papel ao socialismo prietista nin ao republicanismo azañista nin tampouco aos comunistas, que foron unha forza de esquerdas politicamente seria e militarmente sacrificada durante a Guerra. Entenda, Arume, que cando falo tan la dos anarquistas non me refiro só á súa tendencia a derramar sangue inutilmente, senón ao seu continuo e pueril afán por dinamitar calquera saída ou proxecto político que non supuxese a realización inmediata do paraíso ácrata na terra. Non podo manter un xuízo favorable dende un punto de vista político cara unhas xentes que entendían a política exclusivamente como destrución. O anarquismo español representa historicamente unha modalidade de milenarismo de esquerdas que exclúe calquera vía que se poida cabalmente tildar de "política".

Anónimo dijo...

O dito anteriormente non quere dicir que non me parezan admirables moitos anarquistas españois. Teño, particularmente devoción por un, por Melchor Rodríguez, "El Ángel Rojo", de quen lles poño aquí abaixo unha biografía tomada da Wikipedia:

Melchor Rodríguez García (Sevilla, 1893 – Madrid, 14 de febrero de 1972)también conocido como El Ángel Rojo, fue un sindicalista anarquista español, concejal y delegado de prisiones de Madrid, durante la Guerra Civil.

Melchor quedó huérfano de padre siendo aun un niño, al morir aquel en un accidente en los muelles del Guadalquivir. Su madre, costurera y cigarrera, tuvo que ocuparse sola a partir de entonces de sacar adelante a Melchor y a sus dos hermanos.

Melchor Rodríguez estudió en la escuela del asilo hasta la edad de trece años. A partir de entonces, acuciada su familia por una pobreza extrema, comenzó a trabajar como calderero en un taller de Sevilla. Ya en su adolescencia intentó labrarse camino en el mundo del toreo y abandonó su casa para recorrer diversas ferias y capeas con mejor o peor suerte. El “Cossio” (la enciclopedia taurina por antonomasia) contiene una referencia a Melchor Rodríguez, citado como único diestro que combinó el toreo con la política. Melchor toreó en Sanlúcar de Barrameda en 1913, y posteriormente en plazas cada vez más importantes hasta llegar a la de Madrid. Allí sufrió una grave cogida en Agosto de 1918, retirándose en 1920 tras algunas corridas en Viso, Salamanca y Sevilla.

Finalizada su aventura taurina Melchor se trasladó a Madrid, donde comenzó a trabajar como chapista hacia 1921. Pronto se sintió atraído por los movimientos de lucha obrera de la capital, y se afilió a la Agrupación Anarquista de la Región Centro inmediatamente después de su fundación (carné nº 3). Poco después fue nombrado presidente del Sindicato de Carroceros, de corte anarquista, y pasó a militar en las filas de la CNT. Allí comenzó su lucha en favor de los derechos de los reclusos, incluso de aquellos de ideología contraria a la suya, lo que le costó la prisión en innumerables ocasiones durante la monarquía y la República.

Al estallar la Guerra Civil Española de 1936, las organizaciones anarquistas cooperaron con el gobierno. El 10 de noviembre, Melchor Rodríguez fue nombrado delegado especial de prisiones de Madrid. Desde este puesto intentó detener las sacas de presos de las cárceles de Madrid (traslados de grupos de reclusos que eran posteriormente fusilados en Paracuellos de Jarama y otros lugares cercanos a la capital), aunque ante distintas presiones e interferencias para que éstas prosiguiesen dimitió el día 14. Retomó su puesto el día 4 de diciembre tras las protestas del Cuerpo Diplomático y del presidente del Tribunal Supremo, Mariano Gómez. Sin embargo esta vez lo hizo con poderes plenipotenciarios como Delegado General de Prisiones, otorgados por el entonces ministro de Justicia del Gobierno republicano, el anarquista García Oliver. Solo entonces consiguó Melchor Rodríguez detener las matanzas de Paracuellos y la situación de terror de las cárceles, al precio de enfrentarse con algunos dirigentes comunistas que pretendían seguir con ello, y con gran riesgo de su vida en varias ocasiones según testimonios de numerosos testigos presenciales.

Tuvo pues la responsabilidad no sólo de vigilar los regímenes y prevenir las fugas, sino también de evitar las agresiones y linchamientos de presos que algunas milicias y grupos armados efectuaron. En estos años, en varias provincias, se dieron varios casos de sacas y asesinatos de presos sospechosos de colaborar con el bando nacionalista, muchos de ellos sin haber sido juzgados. Las principales causas fueron:

La entrega de armas, a raíz de la sublevación, a grupos muy politizados y con poca disciplina.
El recrudecimiento de las rivalidades políticas, ya existentes en los años anteriores, durante el largo sitio de Madrid que sufría frecuentes bombardeos de objetivos civiles.
El conocimiento de que las tropas rebeldes también mataban a gente, sin juicio previo, en la zona por ellos controlada.
La debilidad del gobierno republicano en los primeros meses de la guerra que hizo que no se castigaran debidamente estos asesinatos.
Una de las primeras medidas tomadas por Melchor Rodríguez como delegado de prisiones fue la implantación de una norma según la cual quedaba prohibida sin su autorización personal la salida de presos de las cárceles entre las 7 de la tarde y las 7 de la mañana. Esta orden supuso en buena medida el fin de los paseos nocturnos de prisioneros. La expresión era un eufemismo de la época para denominar a los numerosos asesinatos de reclusos que habían sido puestos en libertad poco tiempo antes, lo que solía suceder durante las horas de la noche.

Una de las actuaciones más destacadas de Melchor Rodríguez tuvo lugar durante unos disturbios, después de que el Ejército de franquista bombardease el campo de aviación de Alcalá de Henares. Una concentración de protesta, en la que participaban milicianos armados, llegó a la prisión de Alcalá de Henares, entrando los cabecillas hasta el despacho del director, donde exigieron la apertura de celdas para linchar a varios presos. Rodríguez acudió a la prisión y se enfrentó a la turba, dando incluso la orden de proporcionar armas a los reclusos en caso de que los asaltantes persistiesen en su empeño.

En esta y otras intervenciones similares (p.e. en la Carcel Modelo de Madrid) consiguió impedir personalmente vejaciones o ejecuciones arbitrarias de reclusos, que habian sido práctica común hasta su llegada al cargo. Así salvó in extremis la vida de muchas personas, algunas de las cuales dieron después testimonio del humanitarismo de Rodríguez García (p.e. los militares Agustín Muñoz Grandes y Valentín Gallarza, Serrano Súñer -que luego formaría parte de los gobiernos de Franco-, el Dr. Mariano Gómez Ulla, los hermanos Rafael, Cayetano, Ramón y Daniel Luca de Tena, el futbolista Ricardo Zamora y los falangistas Rafael Sánchez Mazas, y Raimundo Fernández-Cuesta, entre otros).

En otra ocasión, Melchor Rodríguez denunció que José Cazorla, consejero de Orden Público de la Junta de Defensa de Madrid mantenía cárceles privadas ilegales, al parecer controladas por miembros del Partido Comunista.

Rodríguez fue también nombrado concejal de Madrid, representando a la Federación Anarquista Ibérica. Segismundo Casado lo nombró alcalde de Madrid en los últimos días de la guerra, siendo él el encargado de traspasar los poderes a los franquistas cuando se rindió Madrid, el 28 de marzo de 1939.

Al acabar la guerra civil Melchor Rodríguez fue detenido, juzgado y condenado a la pena de seis años y un día de prisión por sus actividades anarquistas y su actuación en la administración republicana. Contó con testimonios favorables de personalidades de la derecha, particularmente el general Muñoz Grandes, que recordaron cómo había defendido la vida de sus rivales políticos, y fue puesto en libertad al cabo de un año y medio.

A su muerte en 1972 acudieron al sepelio muchas personas de ideologías enfrentadas; anarquistas y falangistas entre otros. Se cantó el himno anarquista "A Las Barricadas", transcurriendo la ceremonia, pese al hecho y a la época, sin ningún incidente.

Anónimo dijo...

Un anarquista singular, Melchor Rodríguez, Leituga. Se o estado é o único que pode empregar lexitimamente a violencia, o que en realidade estaba a facer era defender ao estado. Pero esa foi a contradicción dos anarquistas que aceptaron integrarse no goberno da república. Os que se negaron combatiron aos comunistas coas armas na man, como conta Orwel en Homenaxe a Cataluña. Recordo que me emocionei, de mozo, ao ler ese libro. Agora só lle recoñezo a súa condición de testemuña dunha facción que se afastaba da táctica máis sensata para gañar a guerra: a consolidación dun exército regular. Cousa distinta é o comportamento exterminador dos comunistas co POUM e coa súa oposición de esquerdas. A guerra Civil foi a avanzada da segunda guerra, mais tamén do estalinismo posterior, que xa mostrou a súa cara no ano 1937, nos procesos de Moscú.

Anónimo dijo...

Un tipo absolutamente singular, é certo. Pero non defendía ao Estado, visto este desde a perspectiva anarquista, senón a xustiza e a vida. O Estado foi o instrumento do que se serviu. Nunha situación de guerra, eu supoño que todo o mundo rebaixa, ou mesmo suprime, o seu umbral de esixencia moral. Por iso o comportamento do "Ángel Rojo" é aínda máis soprendente e encomiable. Fai falta ser moi valente para actuar como el o fixo. Paréceme un tipo autenticamente exemplar, unha desas vidas que nos transmiten a idea de que non todo está perdido e de que podemos ser algo máis que bestas cínicas suave e convenientemente revestidas por un toque de cultura e civilización que deixan de ser operativos en canto as cousas se torcen.
Xa ven: eu, ademais de juancarlista, tamén son melchorista.