5 dic 2007

Blanco Amor encadeado (Foto José Luís Troitiña)

Así nos tiñan hoxe a Blanco Amor na Alameda, na praza bispo Cesáreo, encadeado, engaiolado entre un sarillo de cables e luces. O responsable: unha empresa de iluminación do nadal contratado polos comerciantes (a mesma empresa que lle levou o ano pasado un balcón ó Liceo cuns cables e este ano aplastou un coche en Sto. Domingo coas mesmas).

Por sorte a concelleira de cultura, Isabel Pérez, foi enérxica e resolveu o desaguisado mandando desmontar todo ( a concelleira "da liberación de EBA" chamaríalle logo o Luís Tosar). Alí fixemos o segundo acto da homenaxe a EBA con lectura de textos de alumnos do IES Blanco Amor e unha intervención de Xosé Luís Díaz Leyes, director do centro, que relembrou como coñeceu ó escritor a través de María do Carmo Enríquez Salido. Tocoume rematar a faena e optei por improvisar, nuns dez ou doce minutos, un breve discurso sobre o Blanco Amor home, escritor (en todos os xéneros) e cidadán, deixando caer algunha anécdota inédita ata hoxe. Non debeu estar mal pois chovéronme as felicitacións e a tardiña xa entraba no lusco fusco. Coa desmontaxe rematamos case ás sete. Tamén andaban por alí Xosé Cid, o escultor autor da peza; Xosé C. Caneiro e a concelleira de educación, a socialista Ana Garrido; o poeta Víctor Campio; Pepe Trebolle, etc., entre un grupo de 30-40 persoas.

O eterno exilio de EBA

Nesta reportaxe de El País, a xornalista Cristina Huete recolle con acerto unha parte das miñas declaracións e mesmo o espírito da miña intervención onte pola tarde, diante do EBA xa liberado das estreliñas do nadal. Todo o que segue está sacado das miñas declaracións a C.H.:

Como glosaría después el historiador Marcos Valcárcel, "fue un hombre que tuvo a gala su libertad y el consecuente precio de soledad que hay que pagar por ella". Y fue también un polemista, un hombre de carácter que se enfrentó a los poderes fácticos del tardofranquismo orensano, al mundo cultural oficial representado entonces por Otero Pedrayo y hasta a los comerciantes "que venden libros como si fueran chorizos". (...) Sus tonalidades las desveló Valcárcel quien, sin embargo, apenas le trató. Sobre su perfil, dejó claro que Blanco Amor "estaba completamente seguro de su valía; sabía que era uno de los grandes, era consciente de que A Esmorga iba a pasar a la historia de la Literatura como una de las cuatro piezas maestras del siglo XX".

Pero el acto de ayer intentó recuperar al Blanco Amor poeta "de una calidad enorme aunque oscurecida por su prosa", al dramaturgo empeñado en un papel didáctico "con los campesinos prácticamente analfabetos de Argentina" y al ciudadano comprometido, galleguista y republicano que participaba de los actos del Partido Comunista. Y, junto a ellos, al homosexual igualmente comprometido que en la última entrevista, concedida a Maribel Outeiriño en La Región, contestó a la pregunta de "¿por qué vale la pena salir a la calle ahora?" con un rotundo: "Por el estatuto de autonomía y por la abolición de la ley de peligrosidad social", saliendo del armario en una época en la que aún mandaba el riguroso blanco y negro.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Boeno,tamén se podería entender a escultura coma "EBA,centro do mundo". É que toman as esculturas modernas no senso literal e non metafórico. XDDD.

Veloso dijo...

Impresionoume moito o Blanco Amor na gaiola. De feito, deume a desculpa exacta para botar a andar un proxectiño no que pensaba hai tempo:
http://nalinguagalega.blogspot.com/
Queda vostede convidado, por suposto. Graciñas.

Anónimo dijo...

Atopo unha cita de EBA noutro libro: chama a Ourense "estrella septapétala". Supóñoos completamente enterados de tal denominación, pero así poden cambiar eso da Atenas de Galicia por esta senlleira expresión.

Anónimo dijo...

Que ignorantes estes portugueses, non saber quén era EBA. Qué falta de igorancia. Menos mal que a concelleira corrixíu ese aldraxe. Terían o gosto no cú ,pensar que podería quedar bonito. Se fora eu, xa lles daba unhos bós latigazos.

Anónimo dijo...

Como case sempre que falamos dos xornalistas é para criticalos pola innegable burremia desinterese, ignorancia e petulancia que aflixen á maior parte dos profesionais da pluma de xornal, creo que esta é unha moi boa ocasión para dicir que Cristina Huete, a quen só coñezo polos seus traballos periodísticos, é unha xornalista ex-ce-len-te. Oxalá houbera en Galicia moitos e moitas máis coma ela. ¿Non lles parece?

Anónimo dijo...

... E ninguén se lembrou de qeu o día 4 de decembro de 2007 se cumprían xa 30 anos da maior homenaxe pública que se fixo en Galicia a EBA cando foi o único orador na manifa pro-autonomía do 4 de decembro de 1977?
Quince mil persoas aplaudíndolle na Alameda... Ainda que non fixo un discurso brillante, naquel momento, foi feliz.
E o día 4, entre o BNG por duplicado, concelleira e teniete de alcalde, e o PP de Baltar, aí, EBA só. ¿Ulos os seus amigos da esquerda autonomista e española? ¿Ulo o alcade socialista de Ourense?
A maioría dos que homenaxearon non se decataron desta coincidencia de datas porque estaban na brecha do "estatuto nunca maís" e nas tractoradas. O alcade non debe facer deixación da súa responsabilidade como máxima autoridade de Ourense... e se non o chaman, aparece e dille a Alex, "por que no te callas, que está aquí tu alcalde". En fin, acto brillante, con ausencias. EBA, do máis contento qeu quedaría, sería da presenza de Pepe Araujo e dos alumnos.Supoño. Mostra de civilidade e avance

Marcos Valcárcel López dijo...

De acordo con LEITUGA na consideración de Cristina Huete: eu xa a felicitei en persoa, e non só por recoller tan ben as miñas palabras.
Engadido ó que afirma ETXE: no acto das 5 da tarde tanto Díaz Leyes, director do IES EBA, coma eu mesmo falamos do mitin do 4 de decembro do 77 no palco da Alameda (aínda que eu non estiven alí no seu día: os nacional-populares non apoiabamos aquelas manifestacións). E lembrei a curiosa polémica de EBA con MENDEZ FERRIN en LVG a propósito deste mitin, quizais un dos días máis ledos do escritor: está reflectida nos seus artigos na Voz, recolidos por L.Álvarez Pousa.
E si, botouse en falta a ausencia do alcalde e doutros amigos "da esquerda". Só se asomou a concelleira socialista Ana Garrido. Outros anos estiveron nestes actos Peña Rey, Augusto Valencia e máis persoas que trataron a EBA na órbita do PCG: non viñeron este martes, quizais por descoñecemento (aínda que eu avisei a algúns deles). Si se lembrou alí a Enríquez Salido e outros amigos moi achegados a EBA.
Do PP, Baltar, cumpridor e efectivo como sempre, e Araújo, ó pé do canón. Ulos os outros galeguistas do PP, que din que andan por aí?
Tamén é certo, aproveito a reflexión de ETXE, que hai un certo DESLEIXO no mundo do Psoe e do que foi o PCg á hora de reivindicar figuras que estiveron próximas na esquerda dos 70: EBA non é o único caso.

Anónimo dijo...

Concordo plenamente con Leituga 1 e con Marcos.

Cristina Huete é unha excelente xornalista e ten moi boa pruma. Agora está moi cómoda en El País, e iso nótase.

Ademais, Cristina é unha rapaza moi agradable, o mesmo que o seu home e as súas xemelgas. E, last but not least, teñen sempre a man un excelente viño co que convidar.

Anónimo dijo...

Boeno,boeno. Menos frores.