DA VIDA DOS NOSOS AVÓS…
La Región 24 decembro
Moito frío. Ía moito frío, un frío extraordinario, que penetraba no fondo dos osos. É unha das conclusións que saca Xavier Castro, da súa mirada ó pasado, no seu libro “Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX”, nunha fermosa e coidada edición de Nigratrea. Na memoria das xentes quedou o frío, cando nas casas rurais non había xeito de quentarse. Esoutro día o escritor Riveiro Coello, presentando a súa última novela, explicaba por qué imaxinaba Ourense con neve: quizais por unha nevada infantil vivida no seu Xinzo natal, quizais tamén por esa lembranza daquel frío abafante.
Presentouse o libro de Xavier Castro no Liceo, hai uns días. Co autor dialogamos Jesús de Juana e este cronista. É unha obra ben singular: a historia “de todos os galegos”, non das clases dirixentes nin das súas elites políticas; se se quere, un ensaio de microhistoria, un achegamento ós que sofren e sufriron a Historia. É esta unha liña historiográfica con moito seguimento hoxe noutras contornas, pero aínda escasa en Galicia: aquí cabe anotar o precedente dun estudo semellante, de Pegerto Saavedra, para o período 1550-1850, a etapa previa á que estuda agora X. Castro.
Contidos e fontes. Na súa estrutura achégase ó historiador á vida nos fogares galegos, á súa alimentación e indumentaria, á hixiene e a ese vivir tremendo de frío, á historia da infancia e da escola, ás formas de noivado,amor e matrimonio, tamén ó Ars Amandi na vellez dende as chocalladas ou á familia como conxunto. Esculca Xavier Castro con moi eficaz proveito nas fontes literarias de autores galegos (e non só), en galego e en castelán: esa Galicia tradicional dos textos de Lamas Carvajal e Rosalía, de Lesta Meis e García Barros, de Valle Inclán ou da Pardo Bazán. E a crónica dos cambios ó iniciarse o século XX: velaí os relatos de Castelao, Carlos Velo, Dieste, Fole, Neira Vilas, Otero, Núñez Búa, entre moitísimos outros. Cando lle convén, acode ó historiador ás memorias e hai poucas en Galicia, pero as máis próximas, doutros lugares de España, tamén aportan datos: Josefina Aldecoa, Carlos París, Haro Tecglen, Fernán Gómez, Alberti, Camilo José Cela, Edgar Neville, un longo etc. E acode ós informes oficiais e documentos especializados. E ás fontes orais. E mesmo á música ou ás artes plásticas, cando é preciso e pertinente.
De onde vimos. O traballo é ben meritorio: vanse así descubrindo os sinais da nosa Galicia tradicional, rural e ás veces urbana: as dúas Galicias, a do pan branco, de millo, e a do pan negro, de centeo; a que durmía nos colchóns de la e a que o facía nos de follasca. Galicia de ricos e de pobres, que houbo confrontación interna nese mundo que algúns escritores deseñaron máis harmonioso, idealizado. No que os maltratos á muller ou ós nenos eran a regra xeral e o absentismo escolar inevitable a maior parte do ano: os nenos facían falta nos labores agrarios. Os nenos que ían á escola con viño no bandullo e que medraban nun ambiente de violencia. Un retrato imprescindible tamén para saber de onde vimos.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
11 comentarios:
Grazas por comunicar, senon a moitos que non lemos, e somos un partido mor co voso, íanos pasar desapercibido.
Moitas destas cousas eu vivinas. A p. violencia "intra" de todos contra todos, os dunha aldea contra outra, entre rapaces, os rapaces machaban as rapazas...e non falemos de sexo , hoxe empregaríase unha terminoloxía moi dura..."malostratos" , por deus. Andaban a pura hostia connosco (os rapaces) pero non podemos terxiversar. Como cando Tomás Vegha Pato se lle da por faer unha exposición fotográfica de nenos traballando no agro e lle chama a eso explotación infantil. Paiaso!. Xúrovos que non teño ninghunha pretensión de ser políticamente correcto.
Cando lea o libro comentamos.
O do frío xa da para decir algo. Era coyuntural, "en levantándose da cama", unhes minutiños, dali a lareira e xa pasaba. Comenzaba a actividade diaria e xa se espantaba. Os animais durmian na casa su do sobrado, había calor animal e de esterco en fermentación. Non vexo tanto frío e éramos pobres, todos, de modo que a pobreza era relativa.
Cando visitei as ruínas de Numancia soñei moito vendo a reconstrucción dunha casa romana da época, parecíase a miña da miña patria ( a infancia), as celtíberas eran lixeiramente inferiores con concepción aproximadamente parecida. Dous factos me sorprenderon. Había unha corte incrustada na casa terrea, sen sobrado, que ghardaba algún animal de tiro pero non os porcos. Eu vivín cos porcos ó lado da lareira, incluso lles mexaba no lombo desde o outo da pérgoa. Cando lles preghuntei por eles , acertaron a decirme que os porcos entraran nas casas na edade media. Amtes non era así. Eu que pensaba que houbera poucas mudas desde os Castrexos.
O outro detalle foi ver que non existían chemineas, o fume saía por entre o colmo, como na lareira da miña avóa , e tiña duas razóns de ser.
Como decía un home da miña aldea , "xa daquela che debía de haber xente ben lista".
Frío? Nas mañás de inverno castañeaban os dentes có frío, ás veces durante bastante rato, e non lle dabamos mais importanza.
E sí, é curioso que os porcos sempre estiveran nunha corte aparte dos outros animáis. Vacas, burra, chivas,mesmo galiñas, compartian habitáculo. Pero os porcos, eran cousa aparte.
Por certo onte, Noiteboa , fartéime de escoitar panxoliñas de Venezuela. E sí, alá é a burra e non a mula a que lle da calor ao Neno Xesús. Tiña razón Arume.
O colchón dos "casulos (capsulos?)" do millo bén que o lembro eu. Cando se "escasulaba" o millo apartábanse os "casulos" pra facer aqueles colchós que había que "bater" con forza tódalas mañás.E darlles volta, pra que non se esmagase sempre polo mesmo lado.
Imaxino que "escasular" virá de "ex-capsular": Eliminar a cápsula de lárgos sépalos rematados en "barbas" dentro da cal está a espiga. Votábamos carreiras a quen escasulara máis rápidamente. De vez en cando aparecía unha "reina", unha espiga de color roxo, que puñamos aparte como amuleto.
A
gora penso se aqueles colchós, a pesar de seren menos confortables e hixiénicos, non serían mellores prá columna vertebral e prá circulación sanguínea, por estar máis perto dunha "cama natural". Se se demostrase, poderianse fabricar colchós con follas dese tipo, sintéticas.
Irmandade!.
Eu non desdeñaría ninghunha idea. Aghora que nos venden colchóns de "hevea cautchú", como moito dun oitenta por cento de pureza, despois de ter pasado pola moda do crin de cabalo, despois dos futóns xaponeses , unha vez abandonados os de poliuretano ( Aspol, quere decir...fulanito, Sarria, poliuretano ( poli-urea;poli-mexo), manda virxen. A idea de fabricarmos colchóns de follato non é nada descabellada. Entronca co ecolóxico e aproveita un recurso endóxeno ocioso, (hostia que ben fica para os políticos). Todo consiste en vender, por fabricar non hai problema.
Lembro unha asociación sociocultural de Bueu na parroquia de Meiro que se dedica a recuperar o cultivo do "millo corvo". Parece que as empanadas, a bica e as tortas feitas con este cereal son incomparables. Penso que é a variedade das espigas reina, Contaban que na esfolla quen encontrara unha espiga de millo corvo reinaba, podía facer o qeu quixera e incluso ordenar os outros nenos que cumpriran o seu gusto. A penas o lembro, algo, nebuloso...calculo señor xohan da coba..que polas súas vivencias pudo vostede ter nascido a finais da década dos cincuenta do pasado século.
Sinceramente, o libro está moi por baixo da Historia da Vida Cotiá de Saavedra, sen dúbida a mellor obra sobre o xénero e o tema producida en Galicia. Moita fonte literaria sen análise crítica, moita pincelada impresionista, pero pouca subtileza na análise e erros garrafais de apreciación para os que aínda temos memoria, polo menos para o meu gusto. Eu compreino agardando moito, sen coñecer o autor, e quedei bastante decepcionado.
Eu coñeso esa festa do millo corvo que fan en Bueu, meu amijo lobonejro. Non sei se nos miramos algunha ves por alá. En de por sí, esas empanadas están bén boas aínda, que hoxe non hai lareca ningunha pra comelas. Se nos vemos no Peixoto, invítoo a un viño.
Imaxino que xa descubriría, amigo Loboneghro, que Xohan da Coba é en realidade un persoaxe coletivo. En realidade, unha sociedade secreta. Formada xa por varios membros, algún dos cales, se non nacéu no século pasado, ándalle perto.
Por certo, vostede tenme pinta de psicólogo.
Pois é verdade que o que atopaba a espiga "reina" tiña certos priviliexios.Recibía unha bica ou caramelos ,ou calquera cousa así. A gora penso que era un bó truco pra que os nenos traballaran rápidamente e sin distraciós escasulando o millo na búsqueda da "reina".
Camarada da coba. O de personalidade colectiva xa o sospeitara. Eu así llelo manifestei a algún parente do círculo.
Como non entendo o cacipo iste do carallo non dou creto que outra persoa poda entrar utilizando a súa contraseña, ademáis Xoan da coba é o suficientemente coherente para pensar que se trata de un só patrón, polo menos no cerne, anque pudera prestar ribetes decorativos a outros.
De sociedades "sacretas" poderíamos falar un rato, pero recoméndolle que, para que sexa secreta por moito tempo, teña un só membro, como Boris Vian qeu perteñeceu a sociedade máis secreta de París, o instituto de Patafísica ( era el membro único).
A colectividade pódese ir da língua "antes temprano que tarde".
Tamén lle confesarei que me sinto fodido, e algún día saberá porque.
Ese pasado non é tan vello. Eu tamén lembro debullar millo, sentadiña nun tallo no medio do patio, que é o corredor que atravesa calquer casa chairega de parte a parte, separando a cociña das cortes. E carrexar auga desde a fonte. A miña veciña máis próxima só hai 5 anos que ten auga na casa.
Organización de contuberno-concurso "escasulador de millo", en casa chairega .
Gañaría eu, de lonxe.
Publicar un comentario