23 dic. 2007


Paratextos

Hai ensaios xa sobre este tema. E mesmo creo que algunha tese doutoral. Aquí en Galicia tamén algún estudo (no Boletín Galego de Literatura, creo relembrar).
Pero poucas veces vin un libro que seleccionara tan ben os paratextos que abren cada relato como fai Fernández Paz en O único que queda é o amor, que ademais é toda unha declaración de amor ós libros e á literatura. Vexan algunhas das súas xoias:


Todas as lembranzas son sucos de bágoas
WONG KAR WAI: 2046.

Hala bicar. E o bico que lle deas será
Polo que medirás todos os outros bicos da túa vida.
SCOTT HICKS: Corazóns en Atlántida.

Chega o tempo de non agardar por ninguén
Pasa o amor, silencioso e fugaz,
Como na distancia un tren nocturno.
JOAN MARGARIT: O primeiro frío.

Ríos da memoria tan amargos.
ANTONIO MARTÍNEZ SARRIÓN.

Un día nos veremos
Al otro lado de la sombra del sueño.
JOSE ÁNGEL VALENTE : Interior con figuras.

É o azar quen goberna o mundo.
PAUL AUSTER: A noite do oráculo.

O tempo cúrao todo. Mais que
Ocorre se o tempo é a enfermidade?
WIN WENDERS: O ceo sobre Berlín. (A imaxe é desta película)


El que da una palabra da un don.
JOSE ÁNGEL VALENTE: El inocente.

5 comentarios:

Xohan da Coba dijo...

A fotografía lembróume un cadro que vín estes días no Simeón. Titulábase "Anxel da garda derrotado".

Xohan da Coba dijo...

Teño entendido que o libro do que se teñen tomado máis frases pra "paratextos" é "Alicia no País das Maravillas". Case non hai frase no libro que non se usara como cita nalgún outro.

Xohan da Coba dijo...

A mín góstame aquel provervio árabe: "Quen escribíu unha páxina, construíu unha cidade".

E tamén aquel: "O verbo que non sae da túa boca, é teu servo. Se sae, é teu amo".

Pois haberá que mercar tamén ese libro.

arume dos piñeiros dijo...

O mellor, o relato da caixa de mistos. E non digo nada máis, pero case parece un conto de nadal. De habelos.

arume dos piñeiros dijo...

O bó dos paratextos é que melloran o orixinal, porque o ceo sobre Berlín non hai quen o ature. E coa selección de AFP parece ata interesante.
O azar aplicado á obra do mesmo Paul Auster desvela unha posible tendencia narrativa, se, como é de agardar, os escritores imitan ao mestre de Brooklyn: a ruptura da disposición presentación, orde, desenlace aristotélica para quedarmos só en presentación (e fragmentaria, non vaia ser) sometida á presencia, xustificada con esa frase que selecciona AFP, do azar.
E sobre 2046, que me pareceu unha película asombrosa: os sulcos de bágoas corrían máis na anterior, con aqueles vestidos de seda que impedían seguir a trama: In the mood for love. Alí o Tony Leung mellorou o rostro de Humphrey Bogart ata o punto de que non precisou cambialo para recrearse na fantástica "Desexo, perigo/ Lust, caution" de Ang Lee. Para quentarse nestas festas.