9 dic 2007


Estatuaria urbana (3)
Que está a suceder? Perderon o gusto os ourensáns das últimas xeracións? Ou só as súas autoridades, e logo calamos todos? Porque é evidente que noutros tempos as estatuas urbanas tiñan outra presenza, outra dignidade, outra calidade artística.
Non quero caer no de "calquera tempo pasado...". Pero compárense as instaladas en tempos recentes (máis abaixo) con calquera das colocadas no século XIX ou inicios do XX: o Padre Feijóo (1887), Concepción Arenal (1898), grupo de Lamas Carvajal (1949, o busto é de 1907), etc. A comparación é contundente a favor das estatuas históricas. (Na imaxe, a estatua de Concepción Arenal no seu primitivo emprazamento, na actual praza do Bispo Cesáreo, de onde foi sacada con nocturnidade e alevosía e a protesta pública de intelectuais como Otero Pedrayo).

24 comentarios:

Anónimo dijo...

Tódolos días debo xirar na rotonda da "pontiña" no acceso norte polo que fun testigo diario da súa lamentable construcción. Pregúntome eu de quen foi a idea, quen aproba e consiste semellante desatino que está pedindo un gran martelo que deite todo aquelo.

Anónimo dijo...

Nos finais do XIX e principios do XX sempre era unha comisión cidadá que promovía a homenaxe... Nelas estaban pois Alberto García Ferreiro ou Parada Justel e outras persoas sensibles... Pedíanlle permiso ao concello e eles recadaban cartos e eles facían concurso ou encargaban directamente. Había pois un filtro de sentido común e sensibilidade máis alá do que lle petase ao rexedor de turno.
¿Lembran a xustificacion de Cabezas para a Leiteira ou castañeira? ¿Lembran que seica quería poñer outra dun limpabotas na Praza Maior? A min a idea do Parque Miño ou do Parque do Barbaña como lugares onde concentrar novas expresións, paréceme ben. Como sacar o ollo qeu todo vixía do lado da ponte vella. O problema é que todo é escuro... Proben a preguntarlla a un concelleiro amigo, a ver se sabe quen carallo decidiu, ordenou, deseñou e planificou a feuca pontuquiña de que falamos. Ningúen sabe nada...
En fin. Dinamita pa los pollos.

Anónimo dijo...

Non pensen que son únicos. Cando veñan a Lugo, dean unha volta polo que algúns chaman paseo das lápidas, ou fitos a escritores entre a Praza Maior (cantón dos frades) e a rúa do Bispo Agirre; vexan tamén as esculturas de Ramón Conde sobre Fole, detrás da Casa do Concello, e á fundación da cidade, no fondo da Alameda (o tal Conde gusta de figuras de talla baixa, ¿non é?). Comparen logo co monumento ao Alcalde López Pérez (Asorei), no Parque de Rosalía, e verán que para mellor tampouco non fomos.

Así e todo, vexo que en estatuas Ourense está, sinceramente, mellor servida ca nós; tamén deron máis e máis sonados escultores. En Lugo, como contrapunto que entendo positivo está o motivo dedicado a Luís Pimentel, perto do quiosco da música na mesma Praza Maior: é de Otero Besteiro.

Anónimo dijo...

O conservadorismo estatuario creo que non é a solución ao horterismo estatuario, penso eu.

Anónimo dijo...

Prefiro enviarlles un enlace a unha das páxinas web máis impresionantes sobre Vigo, un luxo de Javier Albertos. Alí poderán ver todas as estatuas que fan famosa a esta cidade no mundo enteiro: Vigoenfotos

Anónimo dijo...

Pra queñes non sexan de Ourense:

A foto antiga do post é na mesma plaza na que se atopa a estatua de EBA, núcleo atómico que os operarios dotaron de satélites electrónicos o outro día.

Anónimo dijo...

chámame a atención señor Valcarcel esa construción que hai ao carón desa estatua de Concepción Arenal... non saberá que cousa é esa??

Anónimo dijo...

Creo que era un kiosco. Pero debéu desaparecer fai moitos anos. Moito antes de nacer eu, que xa non o lembro máis que das postáis.

Anónimo dijo...

Esa foto tén que ser moi antiga. Marcos nos dirá a data. O edificio do fondo creo que era un hospital. Nese lugar atópase hoxe o edificio de correos de Ourense.

Os xardíns aínda existen hoxe, e a Alameda do outro lado da carretera (As Burgas atópanse noi perto,á esquerda). Os montes do fondo están hoxe bastante poblados de edificaciós. Un deses montes é o de Erbedelo, do Marcos nos fala ás veces coma monte da súa infanza. Nunha foto actual veríase tamén a autovía e o seu impacto na paisaxe.

Anónimo dijo...

un kiosko??
e a este kiosko a onde o trasladaron?

Anónimo dijo...

A palabra Kiosko/Quiosco/Kiosco (DRAE: Del fr. kiosque, este del turco köşk, este del persa košk, y este del pelvi kōšk, pabellón) é unha das palabras máis admirables que coñezo.

Anónimo dijo...

Como despois (supoño que aínda agora, e se non me engano) estivo alí a Praza de Abastos, ¿saben se noutrora se facía alí feira, ou algo así?

Anónimo dijo...

A praza de abastos está moi pertió,á esqueda da foto. Eu non lembro feira aí. Xente maior díxome que se facía no actual parque de S.Lázaro,a principios do s.XX. Non seí se se fixo nos Remedios (ó lado da Ponte Vella) nalgún tempo. Eu lembroa sempre no emplazamento actual, perto da Chavasqueira. O que e "o pulpo". Que tamén lembro mercadillos na parte vella o día da feira. Hoxe faise tamén mercadillo no "parque Barbaña", a carón dese río.
Xa nos aclarará Marcos ou outro historiador ourensán eses aspectos.

lourixe dijo...

Como non sei colar fotos en blogs alleos, respondo a X.M. González e outros con imaxes da estatuaria lucense aquí

Marcos Valcárcel López dijo...

Non sei a data exacta da foto, unha postal da época, pero debe ser de comezos do s.XX. Do quiosco modernista nunca máis se soubo. O hospital de San Roque sería substituído polo edificio de Correos, demanda forte das organizacións obreiras na República pero que non se fixo ata o franquismo.Ó fondo están os montes de Ervedelo, parte da miña infancia, si, e antes o Salto do Can e o pazo que arde en A Esmorga, e que se vería dende alí, por iso se cita a Alameda na novela de EBA.
A praza de abastos está alí pertiño, en efecto. Non me consta que alí houbese mercado antes, pero pode ser. Antes do XX os mercados galegos estaban distribuídos por varias prazas do casco vello, por núcleos temáticos: mercado de horta, etc. Si cabe facer constar que o edificio da PRAZA DE ABASTOS ten a súa beleza, é de pouco antes da Segunda República e foi realización do mestre de obras MANUEL SUÁREZ CASTRO, principal responsable do PSOE ourensán nos 20 e nos 30 e alcalde do FP e fusilado no 36.

Anónimo dijo...

Realmente interesante, ben merecente dunha visita, o enlace que achega a Lourixe e o propio anfitrión engade a pé de fío. Para o que poida estar interesado, fago algunha referencia sobre as esculturas.

Nesta mensaxe, refírome a tres. Na última fila, a segunda recolle unha vista do Paseo dos Escritores, no treito da Praza Maior; xa dixen que non é do meu gusto.

Na segunda fila, a primeira é a escultura, de Otero Besteiro, dedicada a Pimentel. Esta si que me parece obra de mérito, pero necesita ser apreciada desde varias perspectivas; unha fotografía non dá fe do que é.

Arriba de todo, a segunda foto amosa o busto de Xoán Montes. O músico foi no seu día unha gloria local ben recoñecida, e despois de morrer saíu iniciativa de facerlle un gran monumento; abriuse unha cuestación pública, cuxo resultado non deu para cubrir a ambiciosa pretensión inicial. Acabouse facendo o que ven, primeiro situárono na Praza de Santo Domingo (onde vivira), e acabou sendo trasladado ao xardín de San Roque.

Anónimo dijo...

Máis ca modernista parece neomudéjar, se a precisión resiste a miña ignorancia.

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA J.R.F. (comentario eliminado): en vez de insultar, que non é este o lugar axeitado, recoméndolle que nos ilustre cos seus moitos seguros saberes, con cortesía e educación.

Marcos Valcárcel López dijo...

En http://joserodriguezfailde.blogspot.com/
cóntase a historia do quiosco da Alameda: pódense informar alí todos os interesados no tema (e para iso non é preciso insultar).

Marcos Valcárcel López dijo...

Ten razón Arume. O quiosco é d eestilo neomudéjar. Utilicei a palabra "modernista" nun sentido demasiado amplo, referido a unha época, pero incorrecto: faise a cotío así, pero está mal feito.

Anónimo dijo...

insultar??????
revise o comentario eu non insultei ren

Anónimo dijo...

Un meu amigo de fóra amante da boa vida vai pasar dous dias en Ourense e pídeme un recorrido polos bares, tascas, pubs e restaurantes de Ourense que merezan a pena. Como non creo que poda axudarlle (vivín algún tempo en Ourense, pero hai xa ben anos), ocorréuseme que tal vez alguén deste blog pudese axudalo.

Anónimo dijo...

Aparecen varias referencias en google escribiendo: bares ourense.

Por exemplo esta

Anónimo dijo...

Gracias, amigo Xoán.