22 dic 2007










O último de Agustín Fernández Paz




Deste libro xa se falou con agarimo noutras bitácoras como Brétemas ou Olevantadordeminas.

Eu aínda o empecei a ler hoxe e o que levo lido gustoume abondo. Ten todos os elementos tradicionais da escrita do seu autor: melancolía, tenrura, pracer pola narratividade, etc. Dende logo, un agasallo perfecto para mozos entre os 14 e os 90 anos (fagamos algo de promoción, que o merece, nestas datas).
Vai tamén a dedicatoria, sobre todo por esa post data tan xenerosa con esta casa:
"¡Grazas por tantas uvas como nos dás a probar cada día!".
(P.S: serían de agradecer, como outras veces, unhas notas grafolóxicas de Xohán da Cova sobre AFP).

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa lle desexei ao grande Agustín na rúa boas festas. Volto facelo recordando que a miña filla anda estes días lendo e entusiasmándose coa súa literatura.

Anónimo dijo...

A letra de AFP paréceme a de alguén moi intelixente, con enormes desexos de aprender acerca de cousas moi diversas. Con enorme capacidade autoimposta de traballo.Amigo dos amigos. Pero dame a impresión de que tén conflictos internos, contradiciós na súa propia personalidade.Xeneroso porque vence a súa propia avaricia.Constante porque vence a súa tendencia á inconstancia. A pesar de tódolos seus éxitos, él quixera ser en realidade outro tipo de persoa. Góstalle o recoñecemento social, pero non á costa da vida persoal. Hai unha pequena compoñente autodestructiva. Posiblemente o seu pai quería que fora unha cousa e a súa nai outra. Ó final vencéu "a nai". Mira continuamente ó pasado, buscando respostas.

Non lle dedes moito valor. Son impresiós nocturnas tras unha cea con bastante alcól. Ten razón o Xaime. ESta vida vaime matar.

Anónimo dijo...

Eu compréi esta tarde un dun tal Bermejo. Titúlase "Pra qué sirve a historia de Galicia", ou algo asi. Na mesilla de noite xa está. Veremos se podo lelo con tódolos embrullos das festas.

Anónimo dijo...

Desde logo, o Agustín élles do melloriño que temos en narrativa xuvenil.

Anónimo dijo...

O cliente dunha librería follea un libro, mentras pensa:
- "Qué novela malísima. Demasiados persoaxes, ningún argumento...".
Naquelo bérralle o dono:
- "Pode deixarme un segundo a guía telefónica, por favor?"

Anónimo dijo...

A miña nai quería que eu fose cura misioneiro. E o meu pai, rexistrador da propiedade. E eu o que quería en realidade era ser futbolista. Debe de ser por todo iso que saín un furafollas de coidado. Xa ve, amigo da Coba, que as súas análises grafolóxicas non caen en saco roto e resultan útiles máis alá da concreta letra analizada.
Polo que respecta a Fernández Paz, direilles que estou de acordo con todo o que aquí se di del. É un gran escritor e unha gran persoa. Eu aínda non sei ben, nin nunca me atrevín a preguntarllo, o porqué desa autoconstrición no ámbito da LIX, sen que isto signifique pola miña banda facer de menos ese campo. Eu tamén son dos que lle dan a ler ás fillas en diferentes idades libros de Fernández Paz. Sei que son un instrumento seguro, como a maioría dos de Fina Casalderrey, para adquirir prexuízos favorables ao galego e á literatura en galego. E creo que non se pode dicir nada máis afagador para un escritor que escribe para os nenos.

Anónimo dijo...

Eu tamén quería ser futbolista, dianteiro centro, para que andar con chorradas. Ao chupe, alí adiante, sen rascala durante todo o partido, pero sempre atento á xogada. Un cazagoles, á moda Müller. Pero non me dera conta de que chovía, os campos estaban enlamados a meirande parte do tempo, e, desde logo, non contaba cos defensas centrais de Roupar de Abaixo. No campo do Vilalbés concluiu a miña fantasía.
Amigo Leituga 1, o do misioneiro supoño que non o esquecería.

Anónimo dijo...

Intento esquecelo, Arume, pero creo que algunha vez aínda me sae un ramalazo. Co de rexistrador da propiedade pásame o mesmo. E xa non digamos co de futbolista.