8 dic 2007

Outra visión

Outra visión dun acto comentado abondo estes días, nesta casa:
"A homenaxe a Blanco Amor" (Monxardín, La Región 8.12.07)

9 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Datos complementarios ó artigo de Monxardín: Jacobo Arce si estivo nos ctos do Cemiterio. Augusto Valencia estaba convidado (por min), pero quizais se despistou ou non puido ir. María do Carme Enríquez Salido é reacia ós actos públicos na cidade nos últimos anos: foi a estes de EBA noutra convocatoria anterior e participou nunha mesa redonda (despois de insistirlle eu), desta vez non puido ou non quixo asistir. Conste tamén, na mesa redonda final, no Liceo, a presenza de Xosé Luís de Prado (Pepe Luís), tamén amigo persoal de EBA e militante nacionalista de sempre.

Anónimo dijo...

Ó Augusto Valencia pedirlle que vos conte cómo coñeceu e foi amigo de Elvis Presley no 68 en Frankfurt, cando o artista estaba destinado na base americana que hai alí.

Anónimo dijo...

Iso que conta, amigo XDC, si que é unha noticia realmente extraordinaria. Moito máis, atreveriame a dicir, de que se o alcalde de Ourense isto ou o outro, ou de pasar lista dos asistentes aos actos.

Que un ourensán tan peculiar como o Augusto Valencia fose amigo de Elvis e que -suponse- corresen algunhas aventuras xuntos, sitúa á cidade das Burgas no escenario interplanetario, e dígoo en serio.

Propoño que, desde xa, alguén entreviste a Augusto Valencia (Cristina Huete, tome nota!) para que dea conta de feitos tan únicos.

E, asemade, que, aproveitando a ocasión, fagamos unha peregrinaxe a Graceland, que ten moito máis interese que ir á Habana a tomar mojitos.

Anónimo dijo...

Non me digan que a Cristina Huete anda por eiquí! I eu con estes pelos !

Anónimo dijo...

O que quería salientar, Marcos, é que o acto ten dúas vertentes. Unha de homenaxe de profesores, alumnos e amigos, dinamizada polo Pen, polo IES EBA e por ti, que foi e é sempre un éxito, e outra política. E na política creo que se debe seguir o cursus honorum que sinalaba: concelleira, alcalde e presidente deputación.
E que o alcade PSOE non participe nun acto que case lle oculta a "outra parte", e con dobrete BNG, me parece estraño e que desacougaría ao propio EBA.
O lóxico é que nun acto da cidade ao fillo predilecto fale o alcalde da cidade. O outro é trapallada ou pinza política.
¿Vai en serio o de Elvis?

Marcos Valcárcel López dijo...

De acordo na túa matización, Afonso. O meu comentario non era para retrucar, supoño que se entendeu ben.

Anónimo dijo...

Si é serio o de Elvis, av-mf ? Pregúntelle a él, a A. Valencia. Pode atopalo paseando pola rúa, posiblemente con Víctor Campio e outros. Ou pregunte por él na Auto-Escola "Proa".

Anónimo dijo...

E vóulles decir outra cousa: Hai quén está certo de que un ascendente do cantante Paul Simon era ourensán.Concretamente de Vilar de Gomareites. Non hai nada nas biografías que permita sospeitalo, son moi escéptico. Pero quen mo comentóu dí que mo vai demostrar con documentos. Manteréinos informados.

Anónimo dijo...

¿Paul Simon parente de David Simon?