Xosé Cuiña deixa orfa a dereita galeguista
O ex conselleiro da época Fraga Xosé Cuiña faleceu onte no Clínico ó non superar unha dura pneumonía bilateral complicada cunha lexionela de evolución moi rápida (foto e titulares de Galicia Hoxe).
O home que o foi case todo no país galego
O político que tivo un soño imposible (polo de agora)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 2 semanas
38 comentarios:
Opinen, se queren, por suposto co respecto habitual.
Eu nunca falei con Cuíña en persoa nin o coñecín máis que dende os xornais. Un dos seus "días de gloria" (ese si estaba eu alí) foi como convidado nun congreso do PSG-EG en Sada: dixo entón aquilo de que el estaba cos nacionalistas ata a fronteira da autodeterminación ou algo así (quen lembre a cita literal, que a recupere). Sorprendeu a todos/as e empezou un certo proceso de fascinación por Cuíña nalgúns galeguistas (non foi o meu caso).
Do resto, lembro a súa mala imaxe entre os xornalistas, cando menos os ourensáns: dicían que tiña tics propios da chulería e que se comportaba de xeito despectivo con eles, sobre todo coas xornalistas novas. Iso dicían: eu só transmito. Haberá outras versións, seguro.
Toda persoa pública ten as súas luces e as súas sombras. E Cuíña (d.e.p.) non podía ser unha excepción.
Entre o sentimento e o interés. Quizais esta frase sexa a máis acaída para definilo.
Sentimento galeguista, non en balde era un home do pobo, de orixe humilde, que coñeceu e participou da Galicia popular e tradicional, e que nela se recoñecía con orgullo. O seu galego era un galego "auténtico", non pasado por ningún laboratorio de lingua, senón mamado nas corredoiras, na lareira, no prado e no muíño.
Interés, non en balde foi, sobre todo, un home que se fixo a si mesmo, acadando unha notable riqueza e poder. O camiño para o ascenso social e económico non foi outro que a política, pero a política do poder e do clientelismo.
Non dubido de que sentimento galeguista e interés persoal/político colisionaran non poucas veces. E que Cuíña, pragmático, sempre se decantou por este último, a pesar dunha hipotética fractura íntima. Quizais o seu soño fose un conservadorismo galego e galeguista, pero non era o tempo e non foi quen de romper amarras nin lanzarse a aventuras políticas sen rede.
Coas súas luces e as súas sombras, descanse en paz o señor Cuíña.
Cuíña representou á perfección o que Baltar chama o caciquismo do século XX (aggiornamento lampedusián do da restauración). Ninguén lle pode negar a súa adicación, o seu esforzo, a súa ambición políticas. Desa faceta veñen as loubanzas que lemos estes días, mesmo as procedentes das mesmas persoas que lle buscaron e lle atoparon os naturais defectos. Pero o seu modo de enfocar esa política era antigo, efectivo probablemente para vertebrar unha masa crítica conservadora con marchamo galego (deixo o de galeguista por excesivo, pero tampouco ven nada mal), pero, ao meu xuízo, nefasto para conquerir un país de cidadáns libres, esixentes e con pretensións de mudanza.
Ese é o meu breve balance, pero non quixera pasar por riba do emotivo adeus de Barreiro hoxe en La voz de Galicia: o último párrafo honra a quen o escribe e outorga ao pasado unha mirada piadosa (moi cristiana, por outra parte), que fai pensar sobre o transit gloria mundi unha vez máis.
O PP sería outra cousa de ter conseguido suceder a Fraga, ou eso parece. E o seu fracaso neste intento veuse a engadir aos anteriores de erguer unha dereita galega ou galeguista (se mo permite o señor dos Píñeiros)que non agroma, nin dende fóra do PP, nin dende dentro.
Cuiña, obviamente, tiña luces e sombras. Galegada de Rajoy que de obvia non precisa máis comentario, e que mesmo foi subscrita polo vice Quintana. Ora ben, o titular de Galicia Hoxe é cando menos esaxerado, ou confunde soños con realidade. Perante a falla dun nacionalismo de centro ou centrodereita, sequera dun galeguismo autónomo e autonomista non integrado partidariamente no PP, a miña impresión é que durante moitos anos tanto os nacionalistas de esquerda como observadores máis ou menos benpensantes cismaron en ver en Cuiña, en Baltar, en Vitorino Núñez e noutros unha sorte de Arzallus frustrados, de pujoliños fanados pola fatalidade histórica, a ausencia dunha estrutura de oportunidades (como din os politólogos) favorábeis, etc. E, en fin, Cuiña (coma Baltar e outros) era o que era: un galego de orixe rural e humilde feito a si mesmo através dos mecanismos clientelares, e a quen tanto lle tiña declararse nacionalista que españolista, de dereita ou de esquerda (algúns vímolo sincerarse unha vez, sen luz nin taquígrafos, diante dun grupo de estudantes alá polo 94 ou 95, e a súa conclusión era obvia: 1) o importante en política é ter amigos e forxar amizades, facer favores e que chos deban; 2) o de definirse como nacionalista, galeguista, autonomista, etc., dependía das circunstancias.
O interese e o pragmatismo como máxima. Puro país. Demasiado país para algúns que no fondo non se identifican con el, pero tamén para os que queren cambialo dende dentro. Repouse en paz D. Xosé, home a quen lle perdeu politicamente unha cousa (se se lé entre liñas o artigo de hoxe de Barreiro na Voz pódese tamén albiscar): o seu mal xenio, a súa desconfianza eterna cara a todos os que tiña ao seu carón, a súa incapacidade para tecer lealdades e afinidades que fosen alén dos intereses e os favores. E sen iso tampouco non se chega a grande líder.
En todo caso: Onde tería estado Cuiña, coma Baltar e tantos outros, de Franqueira non ter desaparecido tan axiña, de terse consolidado Coalición Galega, etc.? Ninguén o sabe. Mais en todo caso, non con Rajoy. Tampouco terían creado un PNV. Terían argallado un chiringuito tipo Coalición Canaria ou o PAR, un rexionalismo autónomo que pactaría apoios por recursos.
Eu só estiven con él unha vez. Acercóuse a mín por un motivo que non vou desvelar, e fíxen o posible pra que se fora pronto por motivo similar. Parecéume por tanto un tipo estupendo no plano persoal.
Sería interesante saber cales eran os seus pláns secretos como presidente da Xunta "in pectore". Ou sexa, "o que pudo ser e non foi".
Que a Terra Galega o acolla.
É certo, tódolos administrados e pagadores de impostos deste país botaremos de menos a ese home honesto, cuxo paso pola política deixouno ao remate do seu periplo político tan só cos ingresos do muiño que o seu pai lle dou antes de iniciar ese periplo, pois é sabido por todos que il xamais consentiu que nin un só peso da administración, dos seus administrados, fose a parar ao peto dos seus. Tamén botaremos de menos a esa cabeza tan ben amueblada a ese xestor da administración cuxa principal idea de ordeación e articulación do territorio pasou por ideas tan orixinais para o desenvolvemento de Galicia como levar a autoestrada ata Lalín. A ese home xeneroso que cando o do Prestixe, non dubidou vaciar as adegas do muiño paterno para por de balde o material necesario a disposición dos voluntarios para que deste xeito poidesen face-lo seu traballo con rapidez, seguridade e eficacia. A ese lector impenitente, intelectual u-lo haxa, cunha concepción barresiana (que digo barresiana ! marrausiana polo menos !) de país, de comunidade, de identidade nacional, que resumían tan ben aquelas reunións épicas, nacionais e populares do Monte Faro, onde o mellor do pobo galego acudía en masa a comer churrasco e asistir a misa de campaña do Pai Isorna (xa llo recoñeceu Manolito Fraga no seu día: Pepe, Montejurra al lado de esto no era ná). A ese home no que X. Luis Barreiro se recoñece humana, política e intelectualmente na edición de hoxe da “Coz de Galicia” (seminario obriga), ao que Fernando Onega chama patriota por crear unha morea de emprego no sector do aluminio galego, ao que Lois Pousa chama no “Correo Jallejo” eterno Delfín no ceo e ao que, só os ingratos critican solapadamente dicindo que era un home, un político, de “luces e sombras”, cando o certo que cos seus actos e o seu pensamento representou, representaba e representará o máis inmorredoiro e inmortal de Galicia.
Só por iso, pidovos por favor a todos os que leades isto que fagamos e signemos un pedimento á Xunta para que o enterren no Panteón de Galegos Ilustres. Méritos ten de abondo: a humildade da súa orixe, a súa honestidade, a súa xenerosidade con Lalín e comarca, a súa asociación con políticos de caste e raza, cunha concepción de país tan “súa” e profunda como a de Manolito Fraga, Baltar ou o bispo de Mondoñedo... (por favor, seguide poñendo vos máis méritos que a min enchenseme os ollos de bagos e xa non vexo o teclado)
Descanse en paz, E NÓS TAMÉN. Snif, Snif, Snif !
Quen imaxino que non faltará ó enterro é o pedagogo Pepe Paz, amigo persoal e compañeiro de estudos da adolescencia. Ambolos dous, coma Palmou, da mesma comarca. Pepe Paz tivo no seu momento moita fé na segregación do cuiñismo desde o PP . Víao como unha esperanza.
Contan as malas linguas que saben moito, que unha vez se achegou o Cuíña a un político da cidade, e ante a pintiña de lobata de valgame dios, que levaba unha do seu séquito, espetoulle, discreto:
"Oe, canto te fartes dela,pásama".
Cousa que, acabou por chegar aos oídos da rechamantiña moza, mediante un cizañeiro interposto, polo que ela montou en cólera e tan lurpia se puxo, que acabou, ofendida, por deixar o posto e o politico local, descansou. Deixou o posto e pasou a vida aínda máis regalada, que é o qeu teñen as beiras do poder.
Só unha vez falei co Cuíña. Non me gustou que me mirase por riba do ombreiro, displicente, cando medía metro e medio menos ca min.
Non creo que a xente de CiU sexa, economica e chanchulleiramente moito diferente. Si no nacional, pero iso é marxinal.
QUINTANA, VICEPRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA
"Fue un servidor público"
El vicepresidente de la Xunta y portavoz nacional del BNG, Anxo Quintana, aprovechó para constatar que el político del PP y ex conselleiro fue "un servidor público" que con "aciertos y errores" trabajó por Galicia.
Cuiña "fue durante muchos años de su vida un servidor público que, como nos sucederá a todos, con luces y sombras intentó, con aciertos y errores, desde sus puestos de responsabilidad servir a lo que él consideraba lo mejor para el país".
"Hoy el que fallece y el que se va es la persona, no el político", aseveró. Quintana expresó que como responsable político Cuiña estaba "sometido al aplauso y la critica por unos y por otros", pero expuso que "todos aceptarían reconocer que como persona era tremendamente afable y fácil de trato".
"No tengo mucho más que decir, recordar hoy a la persona sobre todo y solidarizarme con el seguro inmenso vacío que deja en su familia, y agradecerle al señor Cuiña todo lo que de bien le haya hecho a Galicia, que sin duda fue más de una cosa", concluyó.
Francisco Rodríguez destaca su "valía política" y "lealtad" a Fraga
También el portavoz del BNG en el Congreso de los Diputados, Francisco Rodríguez, quiso destacar hoy la valía política de José Cuiña y su lealtad a Manuel Fraga.
Rodríguez señaló que, "desde la discrepancia ideológica", reconocía en Cuiña a "un hombre con tesón" y "campechano".
FRANCISCO JORQUERA. Coordinador ejecutivo del BNG, Aseguró que Cuiña, “á marxe das diferencias que o BNG tivo con el”, era un político “nato”, una persona “que acreditaba no autogoberno de Galicia” y que defendía la existencia en la comunidad gallega “dunha dereita con maior autonomía respecto da dirección de Madrid”.
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES. Alcalde de Pontevedra ••El regidor declaró que “máis alá das diferenzas ideolóxicas, que a ninguén lle escapan son grandes, Cuiña foi indiscutiblemente unha figura importante no panorama político das últimas décadas en Galicia e en Pontevedra”. El ayuntamiento aprobó una declaración institucional de pésame.
Eu comparto practicamente ao cen por cento a análise de Cuíña que fai Isildur. Creo que Cuíña foi sobre todo un home con gran ambición de poder, que concibía a actividade política como o espazo de realización dun proxecto persoal. As ideas, se é que nalgún momento as houbo, viñan despois e cun carácter estrictamente instrumental. E, por suposto, sempre que fosen ideas sostidas ou aprobadas por Manuel Fraga, en cuxa carismática e poderosa sombra cifrou Cuíña todas as súas posibilidades de chegar a ser Presidente da Xunta de Galicia, o seu gran obxectivo vital. Foi Fraga quen fixo e desfixo a Cuíña, quen lle deu todo e quen lle quitou tamén todo.
Paréceme unha pretensión esaxerada querer facer de Cuíña algo que nunca foi: un líder dun posible centro-dereita galeguista. A Cuíña dáballe igual o galeguismo, o nacionalismo, o españolismo ou o patriotismo constitucional. O que importaba non era que o gato fose branco ou negro, senón que cazase ratos, que fose operativo para chegar a onde el quería chegar. Era un pragmático absoluto, que non entendía de ningún xeito a política como unha actividade na que proxectar unhas ideas ou un modelo de sociedade.
En todo caso, creo que non debería haber moitas dúbidas en canto a que ese papel de líder dun centro dereita autonomista quen o desempeñou verdadeiramente, tamén coas súas luces e as súas sombras, foi o seu mentor Manuel Fraga Iribarne, unha figura de talla política e intelectual infinitamente superior. Cuíña, como moito, foi "o caudillo do Deza", o "delfín" e, finalmente, "o príncipe destronado".
Foi tamén, como secretario xeral do PPdeG, o gran organizador desa formación política en Galicia e o gran responsable de ter convertido un partido de élites rancias e provinciais mal afeitas á democracia nunha moi poderosa organización presente ata nos últimos recunchos de Galicia. Iso si, construíu un partido á súa imaxe e semellanza: pragmático, caciquil, clientelar, intrigante, adaptativo, tirando a cateto e con pouca máis ideoloxía que o poder polo poder. Por iso non foi estraño que o "seu" partido lle dese as costas de forma estrepitosa cando quixo competir con Alberte Núñez Feijóo pola sucesión de Fraga.
Que descanse en paz e que o BNG non se opoña a dedicarlle unha rúa en Lalín, do mesmo xeito que se opuxo a dedicarlle a Fraga unha en Santiago.
Dicía a miña abuela, ¡Hai que morrer para que falen ben de ti!
Manda carallo.
Eu coñecin a Pepe Cuiña, pero cando máis relación tiven con él, foi este pasado verán no que estivemos varios días paseando xuntos pola pasarela de Pedras Negras en San Vicente do Mar e deunos tempo a falar do Divino e do Humano, o mesmo tempo que me confesou que estaba fodido.
Anticipo que o Cuiña conselleiro non se parecía en nada o Cuiña diputado galego, moito máis repousado, excéptico e desenganado.
Cando era Conselleiro, notábase que vivía moi de presa e quería facer él tódalas cousas que houbera que facer, é dicir, non se fiaba de ninguén, e segundo me dixo, tíñalle un respeto casi paternal a Fraga, que aínda perduraba.
O ser de Lalín, en Pontevedra, nunca aceitaron que fose quén mandaba e lémbrome que nun Congreso do PP fíxolles un poleiro para Rajoy e Cía. que nunca llo perdoaron e sempre lle fixeron a vida imposible dende Madrid.
Sempre se dixo de él, que o paradigma de estar no sitio adecuado no momento preciso, así, foi moi novo alcalde de Lalín, Presidente da Diputación de Pontevedra de rebote e Conselleiro da COTOP con Fraga por exclusión.
Ultimamente falaba do importante que sería ter unha forza política en Galicia que equilibrara o Parlamento, pero nunca se mollou.
Gustei de falar con él, sorprendía polos cultismos que usaba e cónstame que sempre axudou a quen-o axudou.
Que querén que lles diga, a min pareceume un bó tipo(d.e.p.)
Home Xaime, que quere que lle diga, se nos poñemos así, a min "O Dioni" tamém me parece un bo tipo.
Zambomba, pois que quere que lle diga, o Dioni seguramente para os seus compañeiros de cella é un bo tipo.
E seguramente vostede tamén é un bo tipo, a pesares de que non-o coñezo de nada.
Interesante apunte de José Manuel Ponte hoxe no Faro.
No conocía de cerca a este señor Cuiña que acaba de morir y por tanto he de abstenerme de opinar sobre sus condiciones personales, su carácter, y hasta sus vicios ocultos (que supongo que los tenía, como todo el mundo). Ha fallecido relativamente joven, trágica circunstancia que suele darse entre los que tienen prisa por llegar a alguna parte que les está vedada por el destino. En cambio, aquel a quien parecía llamado a heredar continúa en el mundo sorbiendo la sopa de su inacabable pasión por la política en un sillón del Senado (se especula con que esta sea su última legislatura como representante del pueblo, aunque no cabe descartar una nueva reencarnación institucional para que se cumpla su proclamado deseo de "morir con las botas puestas", lo que para un "cowboy" de más de ochenta años constituye seguramente un esfuerzo extraordinario. Con lo cómodo que estaría en zapatillas). En la prensa gallega he podido leer muchas opiniones sobre el prohombre fallecido, casi todas encomiásticas. Desde quien, habiendo sido su ocasional adversario, reconoce haber llorado a moco tendido al conocer la triste noticia hasta quien lo define como un "político de raza", tópica expresión que viene a establecer un paralelismo evidente entre los perros y quienes se dedican habitualmente a la cosa pública. Por lo que se dice, hay políticos de "raza", con pedigrí y características morfológicas constantes y bien definidas, gracias a unos apareamientos selectivos, y políticos sin una huella genética clara que son el resultado de una lujuria ocasional y trashumante, es decir, lo que en Galicia ser conoce como "can de palleiro", un perro, por otra parte, muy apreciado en el ámbito rural. Quienes le han dado al señor Cuiña la condición de político "de raza" seguramente pretendían hacerle un halago póstumo ya que, en vida, tanto sus partidarios como sus detractores lo ubicaban en el sector contrario. Si nos atenemos a lo que de él se dijo a lo largo de estos años, el político de Lalín pertenecía al grupo de los que en el PP se llamaban a si mismos los de la "boina", para oponerse a los de su mismo partido que eran conocidos como los del "birrete". O dicho de otra forma, a los de modesta extracción social y ascendencia campesina frente a los pertenecientes a la burguesía o pequeño-burguesía con formación universitaria. Los de la "boina" y los del "birrete", coaligados bajo el mando de don Manuel Fraga, que presumía de gozar de la doble condición (además de la de hijo de emigrantes), dominaron muchos años la política gallega. En realidad, son distingos propios de la lucha entre clanes, porque la mayoría de los de la "boina" prosperaron lo suficiente como para forrarla de seda, igual que los "birretes". En cuanto a la labor pública del señor Cuiña poco podría decir. Estuvo doce años al frente de una consellería llamada de Ordenación Terrritorial y nunca he visto un territorio más desorganizado y caótico, desde el punto de vista urbanístico, que el gallego. Tuvo poder mientras manejó cuadros y votos. Supongo que esa era su virtud más apreciable.
Bó ano 2008, por se esquezo a felicitación. Tomarei o xamprada que me regalou o gran Da Coba ás vosas saúdes. Que polo visto estes días, boa falta fai. Unha aperta moi forte.
Certeiro e agudo o comentario de JOSE MANUEL PONTE, sen dúbida.
Sempre agradecín o seu apego declarado á lingua e o país, probablemente instintivo primeiro, feito dalgún modo ideoloxía máis tarde. Por moi clientelar que sexa un político, eu considero o precedente coma un valor positivo e obxectivo; principalmente contrapoñéndoo a tanto disposto ou entusiasmado para abandonar ambas fidelidades; non só no PP, parecería.
Polo demais, nunca souben se algunha vez tivo ideoloxía clara. Foi un home de negocios, e dos seus negocios non coñecín que viñese cousa substancialmente boa para o meu país; pola contra, se "Mahía" era realmente del, para a paisaxe do meu país, polo menos, pareceu que veu máis dunha cousa mala.
Sempre considerei con escepticismo tanto a súa capacidade para o máximo liderado coma a eventualidade de converterse nun auténtico político nacional, sen obediencia española. Foi galeguista? En sentimento, tal parece; politicamente, dalgún modo puido selo.
Non sei moito máis de Xosé Cuíña Crespo. Que en paz descanse.
De Cuiña Crespo, suponse, habería ficar a súa obra. Non é que Galiza prosperase moito en ordenación territorial baixo o seu mandato.
Canto a virtudes, dous apontamentos. Un, presenciado por quen asina isto: No Corte Inglés, diante miña, hai anos, probándose unha chaqueta de pana normal e corrente, Cuiña Cresepo (na altura conselleiro e delfín), falándolle sempre ao emperifollado dependente en galego e obrigando a este derradeiro a baballar unha lingua que amosaba non dominar ben, pero que se vía obrigado a falar perante a sona do seu cliente. A impresión que saquei: velaí un tipo con cartos, con empresas, etcétera, vindo mercar unha chaqueta de pana ás rebaixas do Corte Inglés. Tan mal tipo non debe de ser.
Outra face: o que contaban moitos xornalistas, pero tamén líderes e políticos do PP de Lalín e contornos. Basicamente cadraban co que apontaba Marcos Valcárcel máis enriba: prepotente, matón de aldea, antipático e sempre ciumento de quen salientase ao seu carón. Algo que lle empecía, dicíanme, forxar equipos duradeiros. A maiores: un machismo de faroleo e case acosador coas secretarias e persoal feminino do PP, do Parlamento, etc. (contan que entre el e Victorino Núñez unha causa de afastamento fora o comportamento, raiano no acoso sexual, de Cuiña cara á secretaria de Victorino cando este era presidente do Parlamento de Galiza).
Cuiña falaba a lingua do país, si. Talvez por non podelo evitar. Pero ben amigo era de Paco Vázquez ou Rajoy, non tan proclives ao idioma galaico (en público, se en privado contan chistes verdes en galego tanto ten).
En fin: a Historia o xulgará. Se o absolverá, será outra cuestión. Agora que ata Franco se compara con Napoleón (Fraga dixit), todo é posíbel...
Feliz Ano a todos/as.
P. D. Por certo, amigo Valcárcel: a intervención do político do PPdG no congreso de SAda do PSG-EG, se a memoria non me falla, correspondera a Romay Beccaria, quen dixera tamén aquilo de que, de el ser de esquerdas, sería pexego. Ou tamén falou Cuiña naquel xuntoiro?
Resoa o "Por moi clientelar que sexa un político, eu considero o precedente coma un valor positivo e obxectivo (o falar galego)" no 2007 que fenece. Deixémolo ir: que veña o aninovo.
O máis positivo dil é que endexamais renegou de ser o que era: o fillo do muiñeiro. Un exemplo pros desleigados desertores de arado que temos de politiquiños..., do demais non digo nada.
Cuíña Crespo podía falar castelán perfectamente; demostrouno de sobras, e non o faría peor ca outros exercentes. Xaora, considero valor positivo e obxectivo, de por si, falar galego. Se contextualizamos na escena descrita e narrada n' El Corte Inglés; se o contrapoñemos á actitude de quen abandona a lingua (diríase que nun gozoso a favor de corrente), aínda máis positivo, obxectivo e -engadirei- connotado, paradigmático, o detecto e xulgo. É posible, iso si, -aínda que me librarei ben de afirmalo sen dúbida- que ao formar parte da súa lenda e adobío, Cuíña fixese obvio o seu comportamento de escolla lingüística. Seguiría sendo positivo para o meu idioma -non precisamente moi favorecido e abondoso en tales recursos vía aceno- e eu seguiría encomiándoo.
Iso si, non considero positivo facer clientelismo; ignoro se estaba claro a priori. Á luz do que leo, ás veces paréceme que antes de abrir a boca debería eu sempre enunciar ladaíña autoexculpatoria; é unha das cousas que lle quitan a un a gana de dicir nada, ou o levan a falar cada vez menos.
Perfil persoal. Por testemuña de anos.
PARA ISILDUR: dE NINGún xeito, foi Cuíña o que falou no congreso do PSG-EG de Sada. En Romay B. sería imposible unha intervención dese tipo. E foi parte do lanzamento público de Cuíña pola repercusión que tivo nos medios. Seguro que o lembran moitos contertulios e algúns cónstame que estaban en Sada aquel día, que falen. Creo que afirmara que el estaba no galeguismo ata onde fixese falta, ata a fronteira mesma da autodeterminación (enténdase que sen sobresapasala). Isto, nun momento de debate ó respecto: CAMILO NOGUEIRA presentara unha votación no Parlamento, de forma simbólica e testemulal, a favor do DEREITO de autodeterminación. Por certo, votara en contra o BNG de Beiras, creo.
Está vista a influenza das emociós no "pensamento racional".
Tocante ao de Cuíña, PSG-EG e autodeterminación,eu quedei con dúas ideas:
Unha, que no mencionado congreso Cuíña dixera que, de ser el de esquerda, estaría en Esquerda Galega. Outra, que non asocio a ese momento senón a algunha manifestación partidaria (do PP), onde afirmaría que eles (o PP de Galicia) serían "nacionalistas ata a fronteira da autodeterminación"; é posible que eu estea confundido e non caracterizase así o partido todo, pero a idea de pluralidade -non ser unha posición estrita nin exclusivamente persoal- si que me quedou clara.
Xaora, podía ser interpretado en clave de boutade ou oportunismo. Ou sentimento, como di o Xohán da Coba.
Eu, sen ánimo de moita polémica, creo que o da "lealdade á lingua e ao país" que invoca o amigo González daría para moito que falar. Discrepo con González na consideración como "un valor" positivo e obxectivo o feito de que Cuíña falase galego. Habería que engadir, para ser totalmente veraces, que Cuíña non tiña ningún problema en pasar do galego ao castelán segundo os contextos e os interlocutores. Non era un "militante da lingua". Era un home que falaba galego naturalmente, pois esa era a súa lingua materna. Máis que un "valor obxectivo" eu considéroo un "feito obxectivo".
Decátese, González, de que se estimamos como "valor obxectivo" a fidelidade á lingua propia, á marxe doutras consideracións políticas, deberíamos tamén, en consecuencia, estimar como un valor igualmente positivo que Mariano Rajoy non dea unha palabra en galego: ao actuar así, non fai outra cousa que manterse fiel e leal á súa lingua, que é o castelán e non o galego.
Como supoño que González non ha de estar de acordo con esta última parte do razonamento, adiántolle e someto á súa consideración a seguinte hipótese: obxectivamente, falar unha ou outra lingua non é, de seu, un valor, senón un feito, pois o contrario levaríanos a establecer arbitrarias xerarquías morais entre as linguas. Xulgar que é valioso manterse fiel ao galego, pero non ao castelán (caso Rajoy), é, xa que logo, o froito dunha opción política e ideolóxica que non ten nada que ver co mundo dos valores.
As opcións políticas e ideolóxicas son todas elas lexítimas nas sociedades democráticas, pero é imposible establecer entre elas xerarquías morais con pretensións de obxectividade.
Grazas pola precisión, amigo Valcárcel. Non sei por que nalgún recanto do meu disco duro estaba que fora Romay B. quen falara naquel congreso. De todos os xeitos, coido que a meirande repercusión mediática das declaracións de Cuiña sobre as fronteiras da autodeterminación fora alá pola primavera do 1991, cadrando, se a memoria non me falla, cun congreso do PPdG.
E, sobre a fidelidade ao galego de Cuiña etc., eu tamén creo que simplemente o asumía como un feito natural, sen darlle un sesgo de militancia á cuestión. Porén, e tendo en conta a xeración á que pertencía e o partido no que militaba -no que o usual non é a prática habitual do galego entre os seus altos dirixentes, como tampouco non o é no PSdG-, non deixaba de ser algo digno de salientar. Non era mellor cacique por falar galego, dito en dúas palabras, pero tampouco non cría que tivese que abxurar de falar con naturalidade a súa lingua para chegar alto.
Dixen máis arriba que Xosé Cuíña Crespo era perfectamente capaz de expresarse en español; se o dixen foi porque o escoitei, e se o escoitei foi porque o facía. Nada novo engadirei a un recordatorio forzado.
Pero Cuíña foi fiel á lingua galega; nunca dixen militante, falei de fidelidade. Coñezo alcaldes do PP cuxa lingua de orixe é notoriamente o galego, e cambian á outra dunha maneira que o antigo alcalde de Lalín non facía; evocar a escena d' El Corte Inglés vólveme resultar útil. Altamente insatisfactoria me resulta a idea dun Cuíña que falaba galego de forma natural coma a de que o facía porque non lle quedaba máis remedio.
Non, había algo de político naquilo. E iso foi bo, rendible, obxectivamente positivo para a lingua galega, o seu uso e pervivencia; un feito obxectivo, e tamén un valor obxectivo. Era unha actitude política; máis ou menos calculada, máis ou menos comprometida. Tanto máis convincente, e para moitos probablemente provocadora, polo feito -fonética e sintacticamente inequívoco- de ser o galego a súa lingua, digamos, natural.
Unha lingua, a galega, ben necesitada de fenómenos semellantes; social, simbólica, pragmaticamente necesitada. Cuíña dicía, co seu comportamento, que un uso formal, normal, da lingua galega non era trazo exclusivo, connotante, da minoría abertamente nacionalista. Feito, valor obxectivo; pragmática e axioloxicamente inequívocos. Penso.
O outro aspecto proposto, Leituga, é cuestión de fondo coma aquela sobre o galeguismo que vde. suscitara hai meses, quizá ata un ano; que dera lugar a un artigo meu noutro medio e promesa dun debate nunca realizado.
Enténdame ben, non censuro tal comportamento. A vida chama a moitos deberes, e non será o maior discutir ou debater con alguén coma min. En todo caso, permítaseme acollerme igualmente á abundancia de deberes se non vou máis aló no tema presente.
Direille, en todo caso, que en materia de lingua eu son bastante clásico; ou sexa, galeguista clásico. Cadaquén ten a súa biografía, e concreta correspondencia idiomática; pero en Galicia hai un idioma culturalmente propio, co que -en adecuada disposición, e con algún esforzo técnico principalmente inicial- calquera pode identificarse e fundirse. Non me parece que Otero -tan tolerante e sabio en tal materia- ou Castelao pensasen moi diferente. Nin Cunqueiro, autor da moi suxestiva expresión lingua de fondo. Seguramente, a opinión de Ramón Piñeiro non andaría, no fondo, moi distante. Aventuro, co seu permiso, que Carlos Casares non disentiría enormemente do que con modestia digo.
Son clásico, ben verán; tamén político. En última instancia, escoller o galego -con todo o que implica, incluídas as dificultades- pode ser política. Sen dúbida.
Penso que o asunto Cuíña + ou - lingua galega, xa non dá moito máis de si. Non cren?
Poucas cousas lle gustan máis a Apicultor que cerrar os fios dictaminando que xa non dan máis de si. Disfrute, Api, que lle sae ben barato.
No que di estritamente vde., Apicultor, eu seguramente non terei moito para engadir. Diría, iso si, que as diferenzas entre as linguas doitan ser feito motivado, quedando a arbitrariedade coma un aspecto da súa historia interna.
Xa queda exposto, dalgún modo, o valor que lle confiro, neste país, á lingua galega per se; xa que logo, tamén ao seu uso. O que non vou admitir é equipolencias canto ao uso individual de galego e castelán; non porque pretenda abolir un dos dous comportamentos, senón pola obvia distancia canto a custo, en termos instrumentais e sociais, que a cousa lle presenta a calquera cidadán corrente nunha situación corrente. Xaora, a fidelidade ao galego é nomeadamente máis custosa en moitos contextos, particularmente aqueles -influíntes, poderosos- nos que se movía Cuíña e se move Rajoy.
A exemplaridade segue tendo notorio valor semántico. Non pedirei desculpa por acollerme á fraca ración que dela, a prol do galego, está dispoñible. Porque eu, en materia ético-lingüística, non son en absoluto imparcial; era o que faltaba, outorgarlle ao competidor -ademais das divisións, tanques, cazabombardeiros, intendencia e liñas de provisionamento- unha ficticia obxectividade na acción diplomática.
A referencia político-militar devandita é metafórica. Ía engadir obviamente, pero estou aprendendo a deixalo todo ben puntualizado; prolio na evidencia.
Prolio non, prolixo. Desculpen.
Vaia, apareceu un misterioso Anónimo que seica coñece tan ben os meus propios gustos que sabe co que disfruto e co que non. Semella, pois, que me segue con delectación e que me admira en secreto. Que cousas máis raras pasan na rede!
Eu, contra o que di Apicultor, penso que ese ásunto aínda dá para moito. Non o comportamento lingüístico de Cuíña, enténdaseme ben, senón as relacións entre usos lingüísticos, política e moral. Dígoo porque ás veces, en certos ambientes, adoitamos dar por obvias cuestións que en absoluto o son.
Pero xa teremos tempo de falar diso. Igual que do asunto do galeguismo, amigo González. Saberíame mal e constituiría para min un desagradable equívoco que vostede tomase como displicencia ou fatuidade o feito de non lle ter eu respondido a aquel artigo, que lin con interese e cuxas principais liñas argumentativas creo lembrar ben. Daquela pensei probablemente que non era cuestión de enredarnos nun debate sobre asuntos que, baixo un ou outro pretexto, van saíndo con frecuencia no blog, e por iso non lle contestei de forma explícita. Se non lembro mal, vostede argüía que a principal condición para falarmos de "galeguismo" nunha determinada forza política viña dada pola independencia política, organizativa e de actuación desa forza en relación con outras actuantes, non só en Galicia senón tamén en outros máis extensos espazos, léase neste caso España ou Estado Español, o que prefiran. Como previamente xa debatíramos sobre a diferencia, para min realmente existente, entre "galeguismo" e "nacionalismo", debate no que tamén se tocou, se non lembro mal, o asunto suscitado no seu artigo, non me pareceu excesivamente importante insistir no tema, aínda que recoñezo que lle prometín resposta rápida e cumprida. Calquera día sae outra vez o asunto e falámolo a fondo.
Era máis complexo, principalmente porque non reducía a semántica do termo galeguismo ao político. De todos modos, ten razón vde. en que tal tema, sendo transversal, aflora a miúdo. O resto agora non ten maior importancia; é certo que as ocupacións adoitan ser moitas, non pouca a prioridade que adía, evita...
Eu, deica a xubilación, non sei se terei realmente, propiamente, tempo. O sic transit sería outro tema, ou debate, de duración probablemente ilimitada.
Publicar un comentario