5 ene 2008


Políticos vagos?
Andoliña sábado 5 xaneiro
.
Imaxe: "Meu rei", Jorge Cabezas, 2005.

Son vagos os nosos políticos? A primeira vista habería que dicir que non: aparecen cada dous por tres a inaugurar algo, dando a súa opinión, ofrecéndonos as súas alternativas sobre este e aquel tema que coidan importante. Moitas veces, falando de máis. A algúns que coñecemos vémolos na rúa sempre pegados a un móbil, supomos que arranxando os grandes problemas da cidade ou do país; quizais desa chamada dependa a posta en marcha dunha infraestrutura vital para Galicia, quen o sabe?
Hainos de bico retorto e outros de sorriso publicitario. Como os hai próximos e outros distanciados, cesaríanos: algúns próximos fanse inaccesibles en canto pisan moqueta. Semella que andan sempre estresados e iso non é bo para o corazón. Por riba, en España teñen mala imaxe, sinónimo de nepotismo e corrupción para moitos cidadáns.

No concello ourensán, por terceira vez en pouco tempo, decidiron adiar un pleno municipal: noutras ocasións por ponte, nestas polas vacacións de Reis. O mesmo sucede nos parlamentos. Quizais o precisen para non gastar de máis o móbil. Pouco agradecidos, os cidadáns nin sequera entenden que todo o demais pode agardar.

42 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu son dos que penso que os que andan sempre pegados ó movil é porque non están onde tiñan que estar.

Anónimo dijo...

Bico torto? A mín sempre me dan que desconfiar as asimetrías no rostro, a xente que mira pró chan cando fala, e os que iban pra curas e reviraron...

Anónimo dijo...

O de bico retorto non sei se non será algo máis ca unha metáfora. Non sei se se refirirá a alguén concreto...

Anónimo dijo...

Tamén os hai coa sobrancella torta.

Anónimo dijo...

Non só os políticos. Os Reis Magos tamén están vagos de carallo. Por aforrar unha viaxe, deixáronme na Coba un agasallo que era pró Marcos. Xa mandéi ó meu asistente que llo levara á recepción do Liceo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o sagaz Apicultor, "bico retorto" é expresión coñecida, o amigo Monxardín tamén a usa moito. Se vostede quere pensar en alguén concreto, ó mellor tamén acerta, aínda que o traxe de "político", nese caso, quédalle demasiado ancho.

Marcos Valcárcel López dijo...

Moitas grazas por adiantado, amigo Xohán da Coba. Aínda non vin o agasallo que lle deixaron para min os Magos e non irei ata mañá por el para cumplir coas tradicións. Pero grazas de verdade.

Anónimo dijo...

E por que non buscamos o termo exacto no noso idioma que reflicta a idea que 'vago' expresa en castelán?

A miña avoa de Lobeira chamábame "lacazán", mais esta palabra penso que traduce literalmente o castelán "perezoso".

A idea de 'vago', no sentido que lle daban os xurisprudentes do franquismo (ley de vagos y maleantes), considero que é unha palabra tamén moi utilizada pola miña avoa (q.e.p.d.), palabra hoxe en desuso, perfectamente normativa e case descoñecida: "VADÍO".

Respectivamente a "Bico retorto", nese laboratorio lingüístico que son as montañas de Lobeira, emprégase a expresión: "De bico revirado".

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Esquecía: 'Vadío' provén do latín 'vagativu', que significa errático.

Anónimo dijo...

Na miña aldea, "vago" decíase "lambón". Dun perezoso decíase peiorativamente que "tiña maulitis", ou que era un "lacazán".

Tamén na miña aldea, decíase "revirado" cando algo estaba´"ó revés", "dado a volta". A verba "retorto" implicaba máis ben "torsión" ("torque").

Anónimo dijo...

'Revirado', como dixo antes o amigo Da Coba falando nos que ían para curas.

'Revirado', que non é exactamente o mesmo que 'retorto'.

Off the record: O día que o señor Da Coba se equivoque, o mundo para.
Qué hombre este!!!

jajajaja

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

El diablo me está susurrando al oído... Que 'retorto' é o calco, a traducción literal (non real) do castelán 'retorcido'.
Revirar o fuciño, revirar os ollos, non te revires contra os teus pais...

PROMETO NON ESCRIBIR NO BLOG DURANTE UN TEMPO.

Anónimo dijo...

POR QUË NON, JULIO MEDELA???
Why not?
Pourquoi pas?
Warum nicht?
Lu tax?

Veña,veña. Non nos veña con coñas. Escriba. Por certo. Un amigo meu vaise poñer en contacto con vostede polo asunto do NO-DO.

Anónimo dijo...

E ,por certo, Julio Medela: Encántame equivocarme. ENCÁNTAME. Aprendo moito máis rápido.

Anónimo dijo...

Aparte, por se non o sabe, Medela, este blog é unha seita. Non pode salir.

Anónimo dijo...

Estou francamente mosqueado con vostede, amigo (sic.) Xohán da Coba, amén de deprimido.

Por certo, moi bonito o libro ese sobre a historia no cinema...

Marcos Valcárcel López dijo...

Mellor "revirado" que "retorto": acéptase a idea para o futuro. "Lacazán" tamén recolle bastante ben a idea de "vago", creo eu.

Anónimo dijo...

Mosqueado "francamente" conmigo, Apicultor? Vaia. Non me deprima tamén vostede a mín, que no fondo son un sentimental, coma o "Rick" de "Casablanca".

Anónimo dijo...

Qué susto, Marcos. Penséi que decía que aceitaba ó "retorto" como animal de compañía...

Anónimo dijo...

É que estou moi apenado porque se acorda de todos (e a todos agasalla) menos a min. Snif!

Para que o perdoe tiña que regalarme un cánido de Castro Leboreiro. Por menos non paso.

:-)

Anónimo dijo...

Feito!! Dígame cómo podo facerllo chegar e qué nome lle vai poñer. Non sexa que pense nun nome que supoña "maltrato psicolóxico" pró pobre can.

Anónimo dijo...

Era unha brincadeira. Por desgraza non podo coidar ningún can na actual tesitura. Outro galo cantaría se me tocase a lotaría e puidese ter xa unha casa de campo propia para vivir nela a cotío. Mais todo se andará, espero. Daquela, recordareille a súa promesa de facilitarme un exemplar único de Castro Leboreiro.

lourixe dijo...

Acho que o termo máis acorde co comportamento dos políticos de que falan os anteriores uveiros é "langrán".

Anónimo dijo...

"Vagos" tamén é un termo apropiado para os políticos. Non sei se escoitaron ao alcaide de Laco nunha entrevista que lle fixeron na radio galega. Todo eran "vaguidades" diante de preguntas como, "Que pensa do topónimo oficial da cidade?", "Que pensa das palabras de Francisco Vázquez, que dixo que Orozco era o mellor alcalde de Galicia?", "Que proxectos ten a cidade da Coruña para os próximos anos?", etc

Anónimo dijo...

SE queredes un castro, ( Can de Castro Laboreiro), avisádeme, nestes momentos teño unha neada de seis con duas femias sen atribuir. De eiquí a unha semana.
Para xoan da coba ou apicultor.

Anónimo dijo...

Moitas grazas polo ofrecemento. Que máis quixera eu que poder telo e coidalo, pero hoxe non me é posible.
Pode poñer unha foto ou un enlace cun can de Castro Laboreiro? É que andei a procurala e non din con ela. Sei que son cans auténticos, pero non lles coñezo a pinta. Fermosos han de ser, como todos os cans, xaora.

Anónimo dijo...

Vamos tér que voltar á cetrería coma naquelas épocas da "Lexión Verde", amigo Lobo Montés. O dos cás da moito traballo.

Anónimo dijo...

Aiquí hai un. PINCHAR

Anque a verdade este non me convence moito como modelo representativo da raza. NON é así, Lobo ?

Anónimo dijo...

Normalmente teñen máis pelo, sobre todo no rabo. Que me corrixa Lobo Montés.

Anónimo dijo...

Normalmente teñen máis pelo, sobre todo no rabo. Que me corrixa Lobo Montés.

Anónimo dijo...

Extraordinario can, abofé.

Por certo, XDC, díxome un paxariño que vostede foi -chamémoslle así- un "pioneiro" nisto dos castros. Acerto?

Anónimo dijo...

Posiblemente me confunda, Apicultor. Eu tiven, fai moitos anos,entre outros, un castro leboreiro. Por certo, posíblemente o máis fiel que tiven. E non o digo por decilo. Pero nunca na cidade. Boeno, na cidade tiven un pastor alemán cachorro que, pobriño, non chegóu a adulto, pese ós loables esforzos da "Clínica Veterinaria Puga"

Anónimo dijo...

Chaméino Argos, coma o can de Ulises. Era increíblemente intelixente, pese a ser un canciño de oito meses cando morréu. Tardéi tempo en superalo, en serio.
Unha vez véume a ver á casa un amigo. Divertíuse tanto có canciño que o primeiro que fixo ó levantarse ó outro día foi ir comprar un cachorriño da mesma raza. Fun visitalo á súa casa dalí a unhos días. Inda me río a cachón ó lembralo. O entrar na súa habitación estaba facendo malabarismos: nunha man tiña ó canciño,moi pequeniño,noutra o biberón que lle estaba dando e noutra (sic) o libro que estaba lendo ó mesmo tempo."Cómo adiestrar a su perro de defensa". XDDD.

Anónimo dijo...

Non, non o confundo. De feito, coñecémonos persoalmente, aínda que hai ben tempo que non os vemos. O mundo é un pano!

Anónimo dijo...

Really, Apicultor?

Anónimo dijo...

Tan "queimado" estóu, por usar a linguaxe das novelas de espías?

Anónimo dijo...

Se lle hei de ser sincero, agora dubídoo.

Saiba que medio país anda tras da súa pista. Tal é a espectación e a intriga que causa.

Anónimo dijo...

Novelas de espías? Il-será esa unha pista?

Anónimo dijo...

Mágoa. Xa me ilusionaba ante a idea de atoparme cun amigo ó que facía tempo que non vía.

Anónimo dijo...

Atoparémonos de novo
Non séi ónde
non sei cando
pero atoparémonos de novo
algún día soleado

Por favor, sorrí
como sempre fas
Hasta que o ceo azul
alonxe as nubes oscuras...

Atoparémonos de novo

Anónimo dijo...

Non se poña triste. Atoparémonos algún día, nalgún lugar, nalgún momento... sempre que pague vostede as cañas, claro está :-)

Anónimo dijo...

As cañas págollas eu, pero tería primeiro que localizar a cova de Xohan, porqué fai moito, moito que non o topo pola rúa.