PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
6 comentarios:
Atopei vía Chuza! un xornal que di ser do Barbanza e pon a caer dun burro o esquecemento de Valle... parece un chisco esaxerado pero nalgunhas cousas non anda moi errado.
En http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=pobra
Dende logo, no galeguismo histórico había respecto e admiración pola obra de Valle Inclán: velaí as posicións de Castelao e Otero Pedrayo ou moitos textos en "A Nosa Terra". Mesmo o alegato manuelantoniano, Máis Alá, creo que é mais duro contra os malos imitadores de Valle (deses había moitos) que contra o propio mestre. En ANT hai tamén palabras garimosas para dona Emilia Pardo Bazán (cando morre, por ex.) e para outros escritores galegos en castelán: sabían diferenciar o que era situar o marco dunha literatura na súa propia lingua (galega/castelá) e o respecto e comprensión do valor cultural de cada obra, á marxe da lingua en que fose realizada.
Completando o que di Anónimo:a web citada é sobre todo crítica co concello da Pobra, que ten sen actualizar a web sobre Valle, igual que a Fundación V.I. e a Asociación Amigos de V., segundo alí se di.
Os herdeiros e descendentes non se conforman con impedir calquera edición crítica do grandísimo Valle (o mellor escritor en español ou o que sexa, sen dúbida). Tamén copan os traballos sobre o autor. Por afinidade ou proximidade son os máis idóneos, pero tamén poderían deixar algo para os demáis. Digo eu.
Valle é un escelente escritor español, digno de ter en conta na literatura universal, por tanto debemos de consideralo en Galicia, amais a súa temática era en grande parte galega.
Non sei eu, señor Valcárcel, se non será vostede demasiado benévolo con Manuel Antonio ao falar da súa actitude cara a valle-Inclán. Sen esquecer a Vicente Risco...
Publicar un comentario