Núñez Seixas analiza no seu novo libro a guerra nazi-soviética
Un libro do que xa se falou nesta casa e moi ben, por certo:
Núñez Seixas analiza en "Imperios de muerte", o seu último libro, a guerra xermano-soviética desde a perspectiva sociocultural
4 comentarios:
Xa o dixera hai unhas semanas: extraordinario libro, excelente autor.
Lerei o libro de Núñez Seixas cando remate de ler "Vida e destino", de V. Grossmann. Que me disculpe Jesulín por citalo sen permiso, pero Deus pagaralle os dereitos de autor: "In presionante".
Pois coido que lle vai pagar a pena, amigo Jim.
O de Grossmann téñoo en reserva para máis adiante.
Permítame que lle recomende, como lectura complementaria ao de Grossmann, o libro de Anne Applebaum, Gulag. Historia de los campos de concentración soviéticos, Barcelona, Debate, 2004. Non en balde foi premio Pulitzer 2004.
Amén, claro está, da impresionante e monumental triloxía de Alexandr Solzhenitsyn, Archipiélago Gulag, Barcelona, Tusquets, 2005-2007, 3 vols. Un clásico que seguramente xa leu nunha versión anterior incompleta, pero que agora temos, por fin, en versión íntegra, revisada e aumentada polo autor en 1980.
Recomendo tamén aos interesados neses temas a obra de J. Lidell "Las benévolas", impresionante tamén (en dúas palabras) polo abraiante volume de información que manexa sobre a guerra xermano-soviética. Ben escrito, por veces un tanto prolixo, e moi interesante na súa recreación das vivencias e lembranzas do que podía ser un participante nas matanzas da guerra do Leste.
Publicar un comentario