Películas que se poden recomendar (vistas nestes días)
Descubrindo Nunca Xamais, de Marc Foster (2004), con Johnny Depp e Kate Winslet, baseado na biografía do creador de Peter Pan, o exitoso dramaturgo escocés James Matthew Barrie.
Serenata nostálxica, de George Stevens (1941), con Cary Grant e Irene Dunne. Imprescindible para pais primeirizos. Un correcto melodrama que manexa con elegancia as elipses narrativas e a música como fío da historia. Por que se esqueceron sempre de Cary Grant no caprichoso reparto dos Oscar, mesmo en papeis dramáticos como este?
3 comentarios:
Recomendo tamén :"Lilya Forever"(LILJA 4 EVER), cine INDEPENDIENTE /Suecia Dinamarca.
Excelente Pelicula sobre moza rusa engaiolada por Noivo que a vende a Mafia de Trata de Mulleres.
Pode que en Video se consiga,eu teñoa en DivX.
Trebi
¿Descubrindo nunca xamais non é algo sensibleira no sentido máis negativo da palabra?
A min non me conmove que unha cometa voe... e non me fan moita gracia as cousas supostamente inxeniosas que di o pai de Peter Pan...
Élle cuestión de gustos, dr. Liddell, como tantas cousas: eu cando a vín pareceume unha historia bonita e emotiva, quizais nese momento apetecíame ver unha historia dese estilo. Dende logo está moi ben contada, iso é indiscutible.
Publicar un comentario