Brevidade.
Pan por Pan xoves 24 xaneiro
(Fotos de www.acampamentocaurel.com/fotos.asp, que conta cunha boa reportaxe fotógrafica do Caurel)Estiven onte pola tarde lendo poemas breves. Moi breves, case como haikus orientais, que tanto estimo. E nas letras galegas temos grandes exemplos: velaí algúns. Novoneyra, mestre no xénero, por exemplo: “Terra moura das montañas!/ Boa terra que dás auga/ e teis auga nas entrañas!”. E imaxinamos a potencia das terras do Courel, ese Courel inmenso que nos devolve á nosa insignificancia: “Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!/ Eiquí síntese ben o pouco que é un home”. A vida, finalmente, tamén é breve, intensamente breve. Como un haiku perdido na historia do universo. Ou como escribiu Vicente Aleixandre: “Entre dos oscuridades, un relámpago”. O tempo é limitado e nunca entenderemos por completo o seu misterio. Dicíao moi ben, apliquemos un chisquiño de humor, Charles Chaplin: “Todos somos afeccionados. A vida é tan curta que non dá para máis”.
8 comentarios:
De tanto calar xa falo eu solo.
(NOVONEYRA).
Biquei sua tristura i atopei os labios.
Na aperta prendémolo Mundo.
Novoneyra (Madrid, 1964)
Non sei que problema teño hoxe co html!
A ver agora:
Os poemas breves eses non serían os Hai cu que lle publicou Xerais a Leo de Matamá? http://haicu.blogspot.com/
Claro que pensando na combinación de poemas breves, iconoclastia e Novoneyra o que me ven á mente é Ronseltz: Uxío / ímosche facer a parcelaria / e vaste cagar en Dios.
Desculpe, Lourixe, pero iso, máis ca haiku ou poema, semella unha putada.
Publicar un comentario