en poleiro alleo
* Gabriel García Márquez escribe sobre Shakira (que interpreta a música da versión cinematográfica de El amor en los tiempos del cólera). Seica son amigos e se admiran mutuamente (en Youtube: García Márquez bailando, ou intentándoo...)
* E a miña noraboa a Xesús Manuel Suárez, compañeiro de traballo e novo presidente, dende onte, do Partido Galeguista (agardemos que a histórica sigla recupere un itinerario coherente).
14 comentarios:
Agradezolle Marcos que faga un pouco de publicidade o Congreso do PG de Monforte.
Escapaseme a súa relación con Manolo Súarez, pero neste momento era a millor persoa para, se se pode, facer algo nas autonómicas.
Os que levamos anos na actual organización agracedemos que fora él o que aceitara encabeza-lo partido, xa que neste momento, e vostedes son testemuñas, o PG ten moito que facer e espero, a pesar de Swann, que dicir.
Benquerido Xaime: a miña relación con Xesús M. Suárez é moi boa. Coñecémonos hai anos, traballamos no mesmo Instituto (é profesor de Dietética) e disentimos nalgunhas cousas, pero coincidimos en moitas outras. E estou convencido de que é un galeguista de verdade, convencido do idioma e da cultura de noso. Outra cousa serán as súas posibilidades nalgo tan complicado e difícil como é a vida interna dun partido político.
É verdade que vai de vocal Manuel Soto, o exalcalde de Vigo? Tamén Maite Fernández está no partido?
Pódese endereitar o inendereitábel? As respectábeis siglas PG foron obxecto nos últimos anos de tanto trapicheo e mercadeo por parte de oportunistas de toda sorte que ven o oco político dun galeguismo de centro (existente malia os tentos de Quintana por ocupalo dende o BNG, seica), que semella tarefa imposíbel resucitar o morto e lavar definitivamente a súa imaxe. Inventar a "burguesía galeguista" onde non a hai semella labor inconmensurábel. Manter as siglas á agarda de que da previsíbel caída en votos do PPdG nas vindeiras autonómicas comecen a esgazar grupos e personalidades e a buscaren un acubillo baixo o paraugas do PG pode ser unha estratexia. Mais: Manterán entón o seu control galeguistas "auténticos", ou sucumbirán perante a enxurrada de galleguistasdelacóncongrelos?
Era só unha análise de escenario posíbel. Hai máis, por suposto. Con todo, as siglas Partido Galeguista son merecentes dun respecto. Se a nova dirección o consegue, pois benvida sexa.
A min, por motivos obvios, tamén me gusta Shakira, como a García Márquez.
Ora, non sei se me atrevería a unha frase tan cursi: "... caso ejemplar de una fuerza telúrica al servicio de una magia sutil".
Amigo apicultor, vexo que non só compartimos o gusto polo fados. A min tamén me gusta Shakira.
http://es.youtube.com/watch?v=V8hGkeTH0y0
Como dixen noutro post, eu só mantiven unha vez unha conversa con Manuel Suárez, fai tempo. A impresión que me causóu foi a de usar unha linguaxe moi anticuada ao falar de política. Expresións e consignas dos anos 30,xestos(levantar o puño pechado pra recalcar algo),rrrecalcaba os "erres" pra dar máis énfasis...Igual non foron máis que impresiós miñas, pero posiblemente precise dun "asesor de imaxe" pra transmitir a idea de "renovación e adaptación ós tempos".
Vostede é un cachondo, Xohan.
Neso sí que acerta, Xaime. E o meu "cachondeo" é "polidimensional".XDDD.
Díciallo por que o Manolo Suárez que me describe, e xa vai para anos que o coñezo, faiseme irrecoñecible no seu comentario. Elle un bó tipo e millor persoa, e vostede tamén. Tómese un vermú a miña saúde.
Boeno. Entón igual é porque as súas verbas e xestos estaban sendo rexistrados, e sabíao. Sempre afecta á conducta.
Vou tomar logo ese vermú. Bianco. Con moito xeo. Á súa sáude. Prost!. XD.
Pero... e digo eu... non hai xa por aí un Bloque Autonomista Galego (Quintana dixit) que pode recoller todos estes CIU-mentos en busca daquela pureza perdida do PG?
Non sei... son preguntas que me fago...
Amigo Xaime: Vieiros hoxe abre con esta noticia. Non sei con que intención.
Publicar un comentario