27 ene. 2008

O idioma.
Pan por Pan domingo 27 xaneiro. Imaxe de Emil Nolde: Home e muller, 1912.

Alguén introduciu o tema dos idiomas na campaña electoral. Un auténtico desatino. Ese alguén foi Mariano Rajoy, seica abraiado pola sorte do castelán. De verdade, alguén pode crer que o castelán, por exemplo, estea ameazado en Galicia? Eu non entendo esta estratexia electoral. O venres un amigo convidoume a xantar nun coñecido e céntrico restaurante de Compostela. Nunha mesa, moi perto, estaba Núñez Feijóo, con quen eu nunca falara. Cando marchou, o líder do PPG veu falar co meu compañeiro de mesa. Un chisco crispado, botoulle en cara ó meu amigo que o estaban a presentar como inimigo do galego. O meu amigo díxolle que non tal, pero que as teses de Rajoy sobre o idioma non tiñan sentido en Galicia. Núñez Feijóo replicou co “bilingüismo harmónico” e co 50 por cento para cada idioma. Ulo ese 50 por cento para o galego nos medios de comunicación, por exemplo?

14 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

La mayoría de autores prefieren usar el castellano para bitácoras creadas en Galicia o por gallegos; sólo un 18,2% de los blogs de la comunidad están en gallego, frente al 81,8% de los que utilizan la lengua de Miguel de Cervantes. Este hecho puede tener su explicación en la intención de sus autores de llegar a un mayor número de personas, de que su blog tenga un mayor número de usuarios en todo el país.
Toda a noticia de La Voz de Galicia:
Galicia es la sexta comunidad con mayor número de blogueros de España
Seis de cada cien gallegos cuenta con un blog. Las bitácoras en Internet se han popularizado en los últimos años y cada vez es mayor el número de personas que se convierten en contadores de sus propias experiencias en la Red. Galicia es la sexta comunidad en número de blogueros, según un estudio realizado por Alianzo, que sitúa a la comunidad en la misma situación que otras zonas de España, como Cataluña, donde la incidencia de Internet es mucho mayor.
En España existen actualmente 2.300.000 blogs. Esto supone, un 5,08% de la población española; a pesar de que la cifra aún es pequeña, la incidencia de esta herramienta personal ha aumentado considerablemente en los últimos años. Las comunidades autónomas con mayor porcentaje de blogueros son Aragón (8,51%), Madrid (7,53%), Asturias (7,12%), Cantabria (6,65%), País Vasco (6,45%) y Galicia (6%). En el lado opuesto se encuentran Baleares, con un 3,45% de blogs, Castilla y León (3,04%) y Castilla-La Mancha (1,96%).
La mayoría de autores prefieren usar el castellano para bitácoras creadas en Galicia o por gallegos; sólo un 18,2% de los blogs de la comunidad están en gallego, frente al 81,8% de los que utilizan la lengua de Miguel de Cervantes. Este hecho puede tener su explicación en la intención de sus autores de llegar a un mayor número de personas, de que su blog tenga un mayor número de usuarios en todo el país.
A los usuarios de Internet de Galicia, al igual que los del conjunto de España, les gusta tener una ventana propia para analizar lo que ocurre en el mundo; la actualidad es la temática preferida en los blogs, tanto de Galicia, como de España. También el márketing, la música y la tecnología son temas que gustan a los gallegos.
Son ya conocidos los protagonistas que encabezan la lista de los blogs gallegos con más seguidores: la primera, la bitácora de Pedro Jorge Romero, y sus «Cosas que probablemente sólo me interesen a mi», seguida del Libro de notas, un diario sobre los mejores contenidos de la red en español. María Amelia, la blogera más mayor, sigue triunfando con A mis 95 años, un blog que recibió como regalo de cumpleaños de su nieto. Le siguen las «reflexiones personales e información sobre la sociedad y el conocimiento abiertos», de Juan Freire , y La Huella digital del periodista Nacho de la Fuente.
Alianzo Networks, S.L., empresa española que ha elaborado un ranking de blogs con 49 categorías, más de 244 países y 13.476 bloggers inscritos, ha recabado todos estos datos para elaborar un estudio sobre la evolución de la blogosfera española. En ella, hace hincapié en el gran número de blogueros que hay, tanto Galicia como Estremadura, frente a la incidencia de Internet en estas dos regiones.

Anónimo dijo...

Viron a entrevista
ao profesor Mira na contracapa de La Voz de hoxe :
Cónteme outra carallada científica...
Fixen un estudio sobre a estabilidade do bilingüismo en Galicia, estudando a curva histórica de evolución de falantes en lingua galega e castelán. Cun modelo, axustei e concluíra que o galego se extinguiría no 2100, e armouse un petate... Sigo nesa liña.

XDC dijo...

Eu xa a lín á mañá. Rínme moito có do cálculo da temperatura do inferno, é moi vello. A cuestión aparece resolta como curiosidade lúdica en calquer libro de texto de termodinámica.

XDC dijo...

En canto ó análisis da curva histórica, o asunto non ten nada de particular. Simplemente nos dí o que vai suceder de continuar comportándose as variables do mesmo xeito. O cal é moito supoñer, de paso. Aparte, habería que ver qué tipo de axuste fixo, hai moitos diferentes. E qué contrastes de hipótesis usóu. Pero a conclusión non me parece descabellada.
Eses análisis fanse todolos días nas empresas. Pra coñecer tendencias do mercado, e tomar as decisiós pertinentes pra modificalas en aras do propio interés.

XDC dijo...

Non me extrañaría que alguén estivese a escribir a novela "2100,a odisea do derradeiro galego".Será levada ó cine?. Deixará escrita nesa lingua extrana algunha clave fundamental prá supervivencia do planeta? Conseguirán dscifrala?

marcos valcarcel dijo...

Un meu amigo quedou indignado coa entrevista porque o MIRA declaraba ser catequista hai moitos anos e el di que é incompatible ser científico ou xefe do dpto. de Fisica e non ser ateo. Vostedes qué opinan?

arume dos piñeiros dijo...

As entrevistas da contraportada da Voz pertencen a un xénero xornalístico, moi extendido últimamente, que media entre unha carallada e outra carallada. É a sección de humor do xornal, como a última de Karmentxu Marín. O persoal esvara ata o delirium tremens. Tampouco hai que lles facer moito caso. Agora ben, a pregunta que vostede fai, amigo Valcárcel, vale para calquera departamento, mesmo para o de Relixión.

Xoan da Coba dijo...

A mente funciona en moitos planos diferentes.
Un médico forense pode mirar pra unha rapaza guapa e ver nela un despece de órganos. Un microbiólogo pode ver nela un combinado de prótidos, lípidos, glúcidos e oligoelementos. Un físico nuclear pode ver nela unha mixtura de hadrós e muós. Pero nalgunha parte das súas mente hai algo, irracional, que escapa a todos eses análisis (ana-lisis), "algo" que lles fai subir o "membro" que teñen entre as pernas. E ese "pensamento" pode impoñerse a todolos outros nun momento dado. Ou ó mellor non. Igual algún deles é "gai".
Quero decir que todolos pensamentos racionales que podias ter, todalas visiós científicas do Mundo que podias enfocar, non poden interferir có que opera noutros planos. Se che gustan as mulleres, gústanche por moito que trates de velas de xeitos que podian inhibir a libido. Se crees en Deus, crees nel por moito razonamento en contra que lle metas. Outra cosa é o que se diga, o que se "verbalice". A verbalización opera no plano racional, polo tanto faise coherente con ese plano. Pero a conducta delata os aspectos irracionáis.
Os que dicen que son ateos e nunca pasaron por certas situaciós, lémbranme ós que dicen que lle son fiéis á muller porque nunca tiveron verdadeira ocasión de porlle os cornos. Eu diríalles: cando te vexas en certas situaciós e te comportes coma un ateo, entón creeréite. Cando teñas a tiro unha boa femia e non a aproveites, creeréi que lle eres fiel á muller.

marcos valcarcel dijo...

É vostede contundente, amigo XDC. Agardemos que non lean o blog os nosos bispos que ó mellor lle copian esa comparación entre ateos e infieis (no ssexo). Simpático e orixinal comentario, en calquera caso.

XDC dijo...

Agora, toca lembrar a comparanza clásica e menos "coñera": a da crenza na propia morte. Crer en Deus anque sepas que non existe, é coma no crer na túa propia morte aínda que sepas que existe. Dito de outro xeito: Crer na túa inmortalidade anque sepas que non existe. Está claro que todo o mundo se comporta coma se fose inmortal, non remata de crer que vai morrer (salvo quizáis os moi velliños). Se cree na Ciencia pode creer que vai aparecer unha mediciña máxica. Anque todalas evidencias científicas van no senso contrario. En última instancia, a "morte térmica" o destino da máxima entropía, ben desolador. Se non creeramos na nosa propia inmortalidade, a vida carecería de moitos dos sensos que lle damos.
Curiosamente, os que se rin (ou nos rimos) dos que creen (irracionalmente) en Deus, son (ou somos) os que nos creemos (ou nos comportamos, irracionalmente, coma) inmortáis.


No texto anterior, tiña que decir "Bioquímico" no canto de Microbiólogo. E "erguer", no canto de "subir", quizáis.

Vou traballar.

XDC dijo...

Por certo, eu sonlle fiel á miña dona. Sobre todo estes días que Doniña non aparece por aiquí.

apicultor dijo...

O amigo CDC, sempre tan lúcido, pon o dedo -ou, mellor dito, bota sal- na chaga ao subliñar:

"Cando te vexas en certas situacións e te comportes coma un ateo, entón creréite. Cando teñas a tiro unha boa femia e non o aproveites, crerei que lle es fiel á muller".

Tal cal!

apicultor dijo...

O amigo XDC...

Anónimo dijo...

...please where can I buy a unicorn?