PROBLEMAS DE EUROPA (Sami Nair, Faro de Vigo, 21.1.08)
(Post n.1505, un número bonito. A imaxe corresponde á Magdalena, de Jules Lefebvre, que case semella unha Europa que non acaba de espertar)
Podría evocar muchos temas para demostrar la decepción, la increíble decepción de los que soñaban en una Europa fuerte y que, en lugar de esa Europa, se encuentran hoy en día ante un enano político que obedece a un mercado liberal despiadado. La cuestión central es la de la legitimidad de todo el proceso. Pues está claro que el proceso de construcción, desde el Acta Única de 1986, o sea, a partir del mercado único, hasta el programa de Lisboa y la adopción de la Constitución y su rechazo, todo, digo, demuestra que existe, en cuanto a los pueblos europeos, un problema de legitimidad del modelo de construcción de Europa. ¿La prueba? Las elites políticas, tanto en Francia como en Alemania, no quieren organizar un nuevo referendo para saber si los pueblos aceptan o no ese Tratado institucional. Se esconden prudentemente detrás de sus Parlamentos. Temen al juicio de los pueblos. Violan la soberanía popular.¿Pero por qué los pueblos son inquietos y las elites dirigentes tan vergonzosas a la hora de decidir sobre el porvenir de Europa? Porque de hecho esta construcción tiene una sola dirección: la de la privatización generalizada del vínculo social en un mercado liberal desencadenado. Dicho de otro modo: los pueblos se dan cuenta de que el viejo sistema de servicios públicos, de solidaridad, en todos los campos (salud, alojamiento, jubilaciones, educación, seguro social), está desapareciendo bajo el avance ineluctable de la privatización llevada a cabo por la Comisión europea en nombre de las leyes de competencia. La dinámica de esta estrategia es imponer a la sociedad europea un modelo social comparable al modelo norteamericano, individualista, sin cobertura social ni lógica de solidaridad. Y todo eso para poder "competir con armas iguales" en la "competición mundial".
22 comentarios:
"...y el toro la está mirando desde la jara escondío..."
Unha preguntiña, sabio Zarathustra da Coba:
A rapaza que fai de Europa non é a moza do Sarkozy???
Na contracapa de "El Faro" aparecía máis ou menos así...
Saúdos, da Coba
Pois o 1.505 non era feo, non. Pinchar. Xa verá cómo o Medela ten algunha aventura que contar nel.
(Non sei qué pasa, antes respondinlle ó Medela a cuestión da rapaza, e non entróu no post).
Caro XDC: Non distingo ben de qué coche se trata.
De todo o modo, lémbrame unha aventura que me pasou co Oriol Buhigas e Guillermina Motta, en La Llacuna, cando íamos ver á Teresa Gimpera a Igualada...
Que coche vén sendo???
E Xohán da Coba estaba a facer auto-stop, en Aguiló???
En Santa Coloma de Queralt???
Si, en Querol. Si. Pois. Andaba á procura de minerais para fabricar calamina para os mandos do 2cv
O Oriol gustou sempre de coches bos. Tamén podía.
De todo o modo, teño que estar certo do modelo de coche.
Lancia Stratos????
ufffffffffffffffffff
E qué lle quere Sr. Namir. Europa non está soa no mundo. Ás veces penso en Europa coma nun Chamberlain que respeta unhas reglas que o resto do mundo non respeta.
Xa o Aznar o dicía, penso que aínda non gobernaba: "hay que trabajar más". Despois, xa mandando, desde detrás do bigote seica concretaba (isto non o escoitei): "a los prejubilados, les recomiendo que vayan buscando trabajo".
Espero que a vella Europa, de raíces cristiás, ilustradas, liberais e igualitarias, resista; que resistamos. Igual teño a tarde ocorrente.
"Europa, estado mental", palabras que me veñen "á idea"(como dí a miña abóa) tras ler o comentario de XMGlz. A Europa que a mín tamén me gosta imaxinar. A Europa, cuna da civilización occidental, que pregonan os mestres. Predicar no deserto? Penso, ao ver as novas xeneraciós, que o seu "estado mental" é bastante diferente.
É, da Coba, e en parte resulta efecto tanto das filosofías educativas (onde o xeneralismo perde prestixio e se prima a especialización) coma da perda de tutela. Alégrome, así e todo, encontrar en vde. esa frase que non anda lonxe -en semántica- noutra, co mesmo adxectivo e distinto substantivo, da que me sirvo eu noutro fío.
Francamente e con todo o respecto, a min iso da "vella Europa, de raíces cristiás, ilustradas, liberais e igualitarias", paréceme un oxímoron.
O cristianismo, na súa versión católica (e na protestante habería moito que discutir), sempre foi inimigo da ilustración, do liberalismo e do igualitarismo. Non hai máis que acodir á historia de Europa até o Concilio Vaticano II para refrendalo.
Ademais, a Igrexa, gardán da fe e adoutrinadora das conciencias, tamén foi parte fundamental da estrutura de dominación social e política desde tempos remotos.
Ítem máis, a Igrexa, desde o Papa Xoán Paulo II, e agora moito máis con Bieito XVI, tivo unha notoria involución e botou por terra o aggiornamento de Xoán XXIII.
Dixo Woytila un día que veu a Compostela: "Europa, sé ti mesma". Isto é, volve ás "raices cristás". Ou sexa, que a Igrexa volva a ditar e impoñer á sociedade os seus dogmas e a súa concepción da moral, que Europa abandone o laicismo, ese eterno pecado contra a vontade de Deus.
Non, eu non quero esa vella Europa de "raíces cristiás". Non quero unha Europa anti-ilustrada, anti-liberal e anti-igualitaria.
Hoxe despedínme dunha estudante de Vermont que voltaba para alá a graduarse en Bioloxía. Fixo, durante o cuadrimestre que estivo eiquí connosco, cursos sobre literatura española e sobre cine. En agosto comezará a estudar medicina tamén na súa universidade. Eu vexo grandes problemas na protección social en EE.UU., pero tamén é certo que aprenden a vivir desde moi pequenos sen a protección nin familiar nin do Estado. Convén, en todo caso, estudar máis a fondo o problema: creo que en xeral tendemos a simplificar en exceso (pro domo nostra) o contraste.
E, ollo, EE.UU. tamén somos nós.
Polas películas e a literatura norteamericana (única fonte, xunto coa música, que eu teño de coñecemento ao respecto), coñezo aspectos da educación familiar que son certamente sans e adecuados: un deles radica na ética do esforzo; rapaces de familia acomodada que, se queren ter algo, traballan repartindo xornais ou nunha tenda a horas, por exemplo.
Leva razón o Arume, posiblemente nos USA algún elemento da educación tradicional -de raíz europea- é saudablemente conservado; ora ben, con eficacia limitada, e se cadra a escasa intervención do Estado leva aí algunha culpa.
Da última liña xa me distancio máis; aínda considerando a súa achega en materia musical, tecnolóxica e cinematográfica.
En efecto, nos USA, a maioría dos estudiantes universitarios traballan en calquera cousa que podia axudarlle a pagar os estudios, sen considerarse "deshonrados" por eso. En España, tendemos a considerar os traballos manuáis como de inferior "categoría" que os intelectuáis, cousa que non sucede nos USA e nalgunhos países europeos, polo menos na mesma medida. Non sei qué pode ter que ver a relixión protestante con eso.
Desde logo, a ética do esforzo está ben presente na tradición cultural asociada ás confesións reformadas; tanto a práctica do metodismo coma do presbiterianismo -por exemplo- poden incidir en tal sentido.
Probablemente a ética do esforzo vivida alí ten base e vinculación relixiosa de maneira bastante eminente. Ora ben, a min paréceme que debe ser supraconfesional e ligada a unha conservación de tal valor, un dos elementos da tradición que de ningún modo se debería abandonar.
A sociedade americana é tan ilustrada (da Ilustración) como a nosa. Non esquezamos que a revolución americana é anterior á francesa e que se fixo en nome da libertade e da igualdade, nin tampouco debemos esquecer un dato fundamental: o triunfo das ideas ilustradas en Europa realizouse contra o reaccionarismo eclesiástico e o conservadurismo monarco-aristocrático, de maneira que o resultado final tivo, dun modo ou outro, que ser pactado (no sentido de contar coa outra parte). Europa é o producto dese pacto. Cando chegaron os pioneiros puritáns ao Novo Mundo, atopáronse cun inmenso territorio escasamente habitado, sen historia nin tradicións (agás os "indios", que foron exterminados, claro) sobre o que construiron a utopía igualitarista puritana: un país de granxeiros libres e iguais ante os ollos de Deusn e da súa LEI civil escrita: a Constitución. Que esa utopía é espuria, como todo ideal que se realiza, non lle quita un chisco de pulo utopista ás orixes da cultura política americana. O modelo europeo ten outras vantaxes, pero non esa.
O pulo tivo continuación na epopea do avance cara ao Oeste. Iso pode explicar certo optimismo e vitalidade que adoitan asociarse ao "espírito americano". Pero na idea de que a cultura do esforzo xa levaba alicerces europeos.
Por iso digo que EE.UU. somos nós. Porque no fondo mesmo todos somos nós.
[Estou lendo episodios moi interesantes e terribles da vella Europa en Las benevolentes de Jonathan Littell: non son como moi exemplares].
Para "As uvas band"
Adícolles este post, dun dos meus blogs favoritos. Unha auténtica ledicia. Disfruten de América.
Qué boa idea a de Arume!!! Galicia debe lograr a independenza pra convertirse despóis nun estado libre asociado ós EE.UU. ou nunha estrela máis da Bar&Stars Bangled. O que pasa e que á nosa bandeira habería que engadirlle un animal. Todos os estados do Tío Sam teñen un animal na bandeira! Podería ser a vaquiña?.
OOh How can you see....
tarari ta ra raaaaaaaaaaaa
Si: a vaquiña Poloquevale. Eu xa estou pensando nas camisetas ou t-shirts.
Desta volta, decepcionáronme vdes. Nunca viron as argalladas e adminículos da VA-CA?
Claro que sí, XMGlz. Xa por eso o dixen, o da vaca. XDDD.
Publicar un comentario