6 ene 2008

Quintana insinúa que CiU, PNV e BNG poderían "decidir" conxuntamente "quen é o próximo presidente do Gobierno"
Di que os membros de Galeuscat preséntanse ós comicios coa proposta de pedir o "recoñecemento plurinacional do Estado"

A nova en Europa Press

GALEUSCAT NAS ELECCIÓNS
Andoliña martes 8 xaneiro

Nestes días Anxo Quintana fixo unha declaración ós medios afirmando que CIU, PNV e o BNG poderían “decidir” conxuntamente quen sexa o próximo presidente do goberno español. Engadiu ademais que os membros de Galeuscat levarán nos comicios a proposta de pedir o “recoñecemento plurinacional do Estado”. Sen dúbida esta segunda tese vai estar nos programas electorais dos nacionalismos galego, catalán e vasco, como outras veces, pero a primeira hipótese creo que é puramente retórica ou electoralista: sería a primeira vez que se puxesen de acordo nun tema de tal calado os tres nacionalismos periféricos.
De certo, atendendo á experiencia dos últimos anos, non sería nada doado facer coincidir os intereses das tres forzas, tan dispares en tanta cousas: aínda hai unhas semanas visualizouse o desencontro na votación coa que o BNG lle salvou “a imaxe” á ministra de Fomento.
Tamén é claro, velaí a historia parlamentaria recente, que o BNG, forza de esquerda, coincidiu máis con Esquerda Unida que con CIU nas votacións. Podería o compromiso que propón Quintana figurar nun documento público preelectoral? É obvio que non. Pois logo...

36 comentarios:

Anónimo dijo...

Forma parte da política febril de Quintana: dar todos os días un ou dous titulares de prensa. Dá igual do que sexa: unha proposta, unha realización, unha idea superflua, unha idea importante, unha cousa ínfima, unha cousa importante, ... o que sexa. O caso é saír nos xornais todos os días a modo de choiva fina. Durante catro anos, sen pausa nin tregua. A iso chámaselle visibilidade. A ver se así...

Anónimo dijo...

Fantasías, pero as veces o azar tórnase caprichoso e de acontecer así, ante que estaríamos? ante un BNG que negocia no cuarto do servicio cos señoritos, neocaciquís compensacións (Magdalena) ou ante un grupo político que ten un proxecto de nación a medio prazo?.
Galeuska por mais que o estire, "xestione" e o saque a bailar Quintana, non é ese proxecto, pola súa propia natureza política.

A triste realidade é que o BNG está a piques de perder un diputado, e a base electoral nacionalista non da creto a que os dirixentes do nacionalismo estén tan tranquilos e fantasiosos, na seguridade de saber que o PSOE sempre precisará deles para gobernar, e que non hai perigo de abandoar a moqueta, ainda que o pais siga unha perigosa deriva nacional, científica e popular.

Jimmy o artistiña de Rairo

Anónimo dijo...

Parte da culpa tena a falta de criterio dos medios, que corren coma tolos a cubrir calquer chorrada se hai políticos polo medio.

Anónimo dijo...

Sr. Valcarcel voulle facer unha suxerencia, aínda que este non é o mellor lugar. Verá eu sempre recortaba a columna de La Voz de Galicia, A Marxe, de D. Carlos Casares, mais os cambios de vivenda xunto co medrar dos fillos fixeron que perdera os recortes. Teño un pequeniño libro que publicou o xornal sobre os artigos de A Marxe, mais son en número pequeno. Vostede que anda metido na Fundación de Carlos Casares non podía conseguir que publicasen un libro con todos, ou con case todos os artigos, que, entre outros, era un dos vicios que eu tiña: o lelo cada día.
Graciñas. E desculpe o pedirllo por estes medios.
Carqueixa

Anónimo dijo...

Coincido co señor Valcarcel. A posibilidade de que os tres partidos de Galeuscat se poñan de acordo en elixir un presidente non é doada, e en calquera caso responderá aos intereses particulares (así sería e así debe ser) das tres forzas, e non a unha posición común e previa ás eleccións. Xa que logo coincido en que se pode cualificar tal proposta de Quintana como “retórica ou electoralista”, cando menos así tomada ao pé da letra. Quizais cabe interpretar a afirmación de Quintana na intención de procurar un nacionalismo galego con peso en Madrid como teñen de sempre vascos e cataláns. Nese sentido cabe interpretalo, e eu polo menos desexalo. En eleccións dinse moitas cousas e dende logo esta non é das gordas, no peor dos casos será confundir desexos con realidades, mais os desexos son os de cada quen e as realidades electorais son o resultado da suma das vontades individuais manifestadas a través dunha papeleta.
Galeuscat é unha alianza estratéxica de tres forzas nacionalistas que teñen como obxectivo o recoñecemento do Estado español como un estado plurinacional, non a gobernación cotiá, nin tampouco acordos arredor dun modelo ou outro de sociedade. Nese senso aquelas cuestións que supoñan un avance nese modelo plurinacional deberían recoller o consenso das tres forzas, e aínda así sempre que respondan aos ritmos e realidades das distintas nacións e ás distintas forzas políticas, pretender algo distinto é ir máis aló do que significa Galeuscat. Dado que ten ese caracter de alianza estratéxica de forzas de tres nacións sen estado, para o BNG sería desexábel que outras forzas democráticas (por ex. ERC e EA) formasen parte de Galeuscat, invitación que non depende máis que de CiU e do PNV respectivamente, e que dende aquí non nos queda máis que respectar. Que pasaría cunha Galeuscat formada por BNG, PNV, EA, CiU e ERC con respecto a elección no Congreso do Presidente do Goberno español? Pois que o acordo sería aínda máis improbábel que a tres, e porén esa Galeuscat sería máis forte dende esa perspectiva de alianza estratéxica de forzas nacionalistas.
Non sei se saben que nos doce anos que leva o BNG no congreso a forza política coa que máis veces ten coincidido en número de votacións non é nin o PNV nin CiU. O maior número de coincidencias é con IU, o cal non nos debe levar a confusión e pensar que o BNG ten máis similitude con IU, ou é máis aliado desa forza, que con CiU ou PNV. Son planos distintos que non convén mesturar cando menos dende a perspectiva do nacionalismo galego, unha cousa son as coincidencias na gobernación cotiá que seguramente teñen máis que ver con modelos sociais e cousa distinta e compartir un modelo de estado que parte do recoñecemento da soberanía nacional dunhas nacións, que hoxe non gozan dela, e da consecución dun estado que si as recoñeza.

Anónimo dijo...

Para Apicultor
Coñece algún político que non queira estar nos medios. Cre de verdade que Quintana o fai peor que calquera outro? Vostede que de socioloxía política sabe ben máis ca min que pensa?
Coñece algunha sociedade do noso entorno onde sexa distinto? Non é acaso unha servidume da política destes tempos?
O que fai ou di Quintana ten menos consistencia que, por exemplo, inaugurar unha biblioteca sen libros?

Anónimo dijo...

Galeuscat, como valer valer, vale para ben pouco. Virtualidade política case igual a cero. Fai barullo mediático, esperta reaccións no nacionalismo español de autodefensa fronte ao "cerco" dos tres, pero pouco máis. Á hora da verdade, cadaquén pacta pola súa banda. Galeuscat non forma grupo propio nas Cortes, ou no Senado. Os seus membros pertencen a familias políticas europeas non coincidentes. E cada partido nacionalista vai ao seu, e olla diante todo aos seus propios equilibrios internos. É doado pórse de acordo en cuestións xenéricas, como que o Estado ha ser plurinacional. Mais á hora da verdade, é dicir, se hai un proxecto de Estado detrás, cada unha das forzas ten un modelo de Estado: os bascos ningún (iren ao seu, e o que toque toca, pero sempre un modelo basicamente bilateral: aquí España, alí Euscadi); os cataláns, un modelo tamén de relación bilateral ou asimétrico, pero que en todo tamén lles deixe unha marxe de forza de decisión na política de Estado (aspecto este no que a vella crenza de seren os que "modernizan" o resto xa entrou en crise, polo demais); os galegos, ao seren os máis febles, han fiar no pulo dos demais e pedir un tratamento de igualdade, isto é, un modelo confederal ou federal asimétrico no que as unidades constituíntes do Estado sexan as auténticas "nacións". A partires de aí, as diferenzas son demasiadas entre os tres. A maiores, hai amizades máis que forzadas. Unió Democràtica quere saber pouco ou nada do BNG; CDC a medias; o PNV é o máis proclive, pero ao mesmo tempo as bases do BNG non acaban de aceitar o de levárense ben coa "dereita" catalanista, mentres a súa cultura política de base avénse mellor con ERC -e Carod é un tipo tan pavero que fala galego e todo...
En definitiva. Se ao PSOE fánlle falta dous votos para a investidura, buscará os canarios (que non esixen soberanía, senón recursos), e talvez os galegos (máis febles, menos perigosos, aliados en Galiza e de esquerda, caen mellor ás súas propias bases fóra de Galiza); se lle fan falla cinco ou seis, velaí está o PNV, aínda que o plano Ibarretxe bis complica as cousas; se lle fan falla 8-10, velaí estará CiU, que rebaixará o tón pseudosoberanista e se tornará pragmática. E para entón veráse que Galeuscat é outro brinde ao sol. Como foi sempre, deixémonos de lerias.

Anónimo dijo...

Para Carqueixa. A marxe está xa publicada en varios libros(4 que eu coñeza( por Galaxia. Están a venda en librerías, por fortuna para os que tanto apreciamos a seu autor e a súa admirada obra.

Anónimo dijo...

O malo (para min) é que ao PSOe lle van facer falta máis de dez, e posiblemente máis de quince, para gobernar. Paréceme a min, vaia. Necesitará probablemente tanto de CiU como de PNV. Que necesite ou non do BNG dependerá de algo tan azaroso, como que lle falten 16 ou 17 deputados para a maioría parlamentaria. O BNG pode ter sorte se os resultados son, por exemplo, PSOE 157, CiU 11, PNV 6, BNG 2. E terá peor sorte se a cousa queda PSOE 158, CiU 11, PNV 7, BNG 2, pois neste último caso a súa achega sería innecesaria. Ou sexa, que o "poder de decisión" do BNG nas Cortes Xerais depende dunha carambola aritmética. E, a estes efectos, os que van decidir son os votantes de circunscricións como Toledo, Murcia ou Teruel.
En calquera caso, eu preferiría que, de non obter o PSOE a maioría absoluta, lle fose suficiente con Izquierda Unida para manter maioría parlamentaria. Creo que iso sería o mellor para os cidadáns e tamén o máis favorecedor para Galicia, e non a dependencia dos nacionalistas cataláns e vascos, que van exclusivamente ao seu. A solidariedade do Estado con Galicia está moito mellor garantida pola esquerda que por eses partidos nacionalistas, que poden ser aliados formais do BNG pero non necesariamente de Galicia.
Non confío, porén, en que se chegue a facer real unha situación como esa. Penso que o PSOE vai ser o partido máis votado e o que máis escanos consiga, pero teño tamén a sensación de que o PP vai recortar distancias. Os pactos cos grupos nacionalistas e rexionalistas van ser, xa que logo, necesarios.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tiros mediáticos:
La voz de Galicia de hoxe en plena voráxine vazquista. Tú siempre me respondes: Gaiás Gaiás Gaiás.
EL PAÍS de hai dous días en plena voráxine antizapateril. Hai un mes, a octava para séptima economía e potencia mundial: agora unha ruina de país.
Mentres, inaugura, que algo queda.

Anónimo dijo...

Concordo con Isildur ao cento por cento sobre Galeuscat. Xa hai meses que falaramos deste tema aquí, e eu mantiña teses semellantes.

Verbo do que me pregunta Un Amigo, direille que, na miña opinión, Quintana adoita facer máis veces o ridículo con ese afán de saír a toda costa nos medios, do que o fai Touriño, que tamén lle chega.

Nótaselle en exceso o querer aparecer nos medios sexa polo que sexa, co que dá a sensación de ser un líder inseguro e de ser un vendedor de fume.

Claro que esta é unha opinión particular miña, exclusivamente subxectiva.

Anónimo dijo...

Abundando no anterior, velaí, na miña opinión, un exemplo de linguaxe carente de imaxinación:

“Parafraseando a un coñecido anuncio publicitario, chegou a hora de que ademais de vivir como galegos e galegas, tamén votemos como galegos!”, asegurou o líder nacionalista.

Nos próximos días, agárdannos metáforas futboleiras ás que tan afeccionado é o Vicepresidente.

Anónimo dijo...

Non sei se concordan comigo en que o feito de que o PSOE teña que depender dos votos do BNG para gobernar en Madrid será, penso eu, positivo para Galicia. Con ou sen o concurso do Galeuscat polo medio.

Anónimo dijo...

Non é conveniente xantar a lebre antes de tela cazado.

Anónimo dijo...

Os portugueses dín: "Contar có ovo que a galiña ha de pór"

Anónimo dijo...

Unha boa tese futboleira pode levar como título "Xogar de dianteiro centro como premisa política". Os capítulos necesariamente deben invocar aos modelos dianteiros centros básicos:
1. Modelo Müller. Cazagoles. Oportunismo. Lemas esenciais: hai que metelos. Hai que estar aí.
2. Modelo Tristán. Talento desperdiciado. Lema esencial: cando remata esto?
3. Modelo Zamorano, Santillana, Quini. Forza da natureza. Lema esencial: sempre de cabeza.
4. Modelo Penev. Recepción de costas e escapada. Lema esencial: o balón sempre ao chan, pero que corra o extremo.
5. Modelo Eto'o. O dianteiro total. Lema esencial: o primeiro defensa.
Hai outros modelos e subvariantes destes, pero teño que facer a comida.

Anónimo dijo...

Los diputados cobran al mes 2.092 euros de indemnización por los que no tributan

La Opinión

Los parlamentarios con dedicación exclusiva perciben un mínimo de 4.200 euros, viajes aparte. Los miembros de la mesa de la Cámara cobran otros 3.500 euros por varios complementos.

XERARDO PORTO. SANTIAGO

Cobrar por término medio un mínimo fijo de 4.200 euros mensuales y tributar sólo por la mitad. Eso es lo que hacen los diputados gallegos desde que ellos mismos acordaran modificar sus formas de retribución hace ya casi dos años, en marzo de 2006.

Desde entonces, de los 4.200 euros al mes como mínimo que perciben, hasta 2.092 no están sujetos a retenciones. Es la indemnización por los gastos de alojamiento y manutención originados por el cumplimiento de su actividad parlamentaria. El resto, otros 2.075 euros mensuales, se trata de la asignación fija que perciben sólo los diputados con dedicación exclusiva, la práctica totalidad de los 75 parlamentarios gallegos.

Al régimen económico de los diputados y de los grupos parlamentarios se puede acceder en la página web del Parlamento (www.parlamentodegalicia.es), en la que se recogen sus emolumentos, aunque nada se especifica sobre la parte del sueldo que no está sujeta a retenciones y que por lo tanto no tienen que declarar a Hacienda.

Sobre esa parte, opacidad total. Fuentes del Parlamento no quieren entrar a explicar un tema tan "delicado" como es el sueldo de los diputados y los funcionarios no pueden hablar sin arriesgarse a un expediente. Por supuesto, a los propios parlamentarios les cuesta hablar.

Sin embargo, un diputado ya veterano, bajo la condición del anonimato para no provocar rechazo entre sus compañeros de escaño, reconoció a LA OPINIÓN: "Tributamos sólo por la mitad, pero no ocultamos nada. Hacienda está al tanto".

A pesar de todo, la decisión de la Mesa del Parlamento no tiene problemas para su encaje legal. Este modelo de retribución está perfectamente contemplado por la legislación vigente, en concreto por la ley del IRPF, que en su artículo 16 deja al arbitrio de las propias instituciones determinar qué parte de los salarios no responden exactamente a rendimientos del trabajo. Y no sólo a los Parlamentos autonómicos, sino también a "diputados y senadores de las Cortes Generales, concejales de Ayuntamiento y miembros de las diputaciones provinciales, cabildos insulares u otras entidades locales".

De hecho, las mismas fuentes del Parlamento sostienen que este acuerdo es casi un calco de los que se adoptaron en otros parlamentos autonómicos y en las Cortes Generales

Otros ingresos

Además de los 2.075 euros de la asignación fija y de los 2.092 mensuales de indemnización, también se abonan a los diputados cuatro viajes fijos al mes para reunirse con su grupo parlamentario, todo tipo de viajes oficiales en transporte público (ya sea avión, tren, automóvil o barco) y 0,25 euros por kilómetro si el desplazamiento es en su propio vehículo. Por supuesto, el peaje de la autopista corre a cuenta de las arcas autonómicas.

Además, si se produce un desplazamiento oficial, se le abonan al diputado 103 euros, si es dentro del territorio nacional, o 172 euros, si es al extranjero, en concepto de gastos de alojamiento y manutención.

Si estas remuneraciones ya de por sí suponen más del triple del salario medio de los gallegos, que en 2006 se situó en 15.621 euros, los diputados que participan en órganos parlamentarios reciben otro tipo de indemnizaciones en concepto de complementos, gastos de representación e, incluso, gastos de libre disposición.

Así, la presidenta del Parlamento, la socialista Dolores Villarino, percibe además 2.000 euros por ser miembro de la mesa del parlamento, 1.800 euros de gastos de representación y otros 1.025 de gastos de libre disposición. En total, casi 5.000 euros más al mes.

Los vicepresidentes (María Tereixa Paz, del BNG, y Jaime Pita, del PP) y el secretario (Pablo López, del PSdeG) y vicesecretario (José María Baltar, del PP) sólo perciben 3.525 euros (2.000, 1.000 y 525 por los mismos conceptos que la presidenta del Parlamento).

Además, los portavoces parlamentarios de los tres grupos (Manuel Ruiz Rivas por el PP, Ismael Rego por el PSdeG y Carlos Aymerich por el BNG) reciben 400 euros por gastos de representación y otros 400 por la libre disposición.

También por gastos de representación, los viceportavoces reciben 400 euros y 300 los presidentes, vicepresidentes, secretarios y portavoces de las numerosas comisiones (la web del Parlamento recoge actualmente 14 permanentes, 8 no permanentes y una mixta) que trabajan en el Parlamento gallego.

Que una parte del sueldo de los diputados no esté sujeta a retenciones es algo que viene de lejos (más de 20 años en vigor), lo que cambió en marzo de 2006 (a pesar del leve posicionamiento en contra del presidente Touriño) fue la proporción de asignación fija e indemnización por cumplir con su actividad.

Acceso en la web del Parlamento

Aunque al margen de la Lei de Transparencia aprobada esta legislatura, el régimen retributivo de los 75 diputados que componen la cámara puede consultarse en la web del Parlamento (www.parlamentodegalicia.es). En concreto, el Réxime Económico dos Deputados es el último punto dentro del apartado Composición Actual, encuadrado en la Información Institucional. Al igual que la web de la Xunta (www.xunta.es) recoge los sueldos de los altos cargos del Ejecutivo, en la del Parlamento se desglosan los 52.000 euros brutos que como mínimo reciben los diputados repartidos en 12 pagas. Nada se dice de la parte exenta de retención.

Anónimo dijo...

Positivo para Galicia sería que houbese unha forza política que mirase polos intereses do pais. O BNG, terá que convencer como calquera outro partido, que mira por eses intereses.
A cidade da cultura, Reganosa,o abandono do asociacionismo de base, as novas formas de clientelismo, evidencian que se mira por intereses, pero particulares non xerais.

O BNG non ten otorgada a esencia da defensa patria por gracia extramundana. O BNG é responsabel das suas actuacións políticas, por eso segundo os sondeos vai perder un deputado.

Pero andan a despistar, perden, pero fan como se ganan.

No caso de que fosen imprescindibeis (lotaría) para gobernar en Madrid. Como se comportarían?
COmo novos ricos?
como provincianos acomplexados que non se atreven a plantexar o conflicto nacional.
Ou coma politicos cunha visión de estado para Galicia, con miras ao futuro e capaces de sacrificar os seus pequenos exitos in-mediaticos por un pais que paga a pena e que ten que cambiar.

De todos xeitos deus nos libre dunha maioría absoluta do PSOE

Anónimo dijo...

Se hai algo que estea cantado é que non vai haber maioría absoluta do PSOE.

Niso, que o amigo Anónimo estea tranquilo. No outro, xa se verá.

Anónimo dijo...

Por certo, o de non tributar polo 50% do que perciben os deputados é outra fenda máis que se abre entre a "clase política" e os cidadáns normais e correntes. Unha vergoña máis. E van xa...

Anónimo dijo...

As alianzas posibles para o futuro postelectoral son máis que nada estratexias de presente preelectoral. Como as enquisas. Ou os comentarios sobre as enquisas. Non son estampas do presente, senón alibis para estar sempre en campaña. Entre enquisas e eleccións, entre comentarios sobre enquisas e augures electorais anda a vida deste (polo menos) país. E confundimos a política con falar de política. Coma na canción de The Homens: prefiro follar a falar de follar.

Anónimo dijo...

A frase "mirar polos intereses do país" dáse por presuposto de validez universal. Pero levo media vida preguntando, por suposto sen respostas convincentes, cales son os intereses dun país?

Anónimo dijo...

É que vostede non entende nada, Arume. É moi doado coñecer os "intereses do país". Explícome.

Unha tarde na que o líder político está aburrido, vai, descolga o teléfono e chama ao País, en plan Gila.

- Ola, está País? Que se poña!
- Si, diga. Eu son País.
- Nada, é que quería coñecer cales son os seus intereses.
- De canto tempo dispón? Necesitaría moitas horas.
- É que teño moita présa, xa sabe que teño moitas obrigas, se me pode facer un resumo...
- Vostede o que quere é que lle dea un eslogan publicitario para gañar as eleccións.
- Non, home, eu estou sinceramente interesado en coñecer os seus problemas e intereses para darlles solución.
- Ben, daquela, concertamos unha cita e xa lle contarei ao miúdo. Pero ten que ter libre a súa axenda durante toda unha tarde.
- Non sei se agora poderei, é que teño que atender a moitos compromisos. Falarei coa miña secretaria a ver se teño un oco.
- Pois nada, non se preocupe. Estou á súa disposición.
- Vale, boas tardes.
- Boas tardes, logo.

... Non houbo un oco na apretada axenda...

Anónimo dijo...

Imaxino que coñece, Arume d.p. un dito francés que dí que facerse adulto consiste en deixar de falar de sexo e, sinxelamente, practicalo. Tén razón vostede. Posiblemente a "política" tivera que estar máis ligada á acción e menos á verborrea e ó "chupe de cámara" (e outros "chupes").

Anónimo dijo...

Mala cousa se nos poñemos de acordo coa dereita nacionalista.

Xaime dijo...

Debería explicarse, xosé antón.

Anónimo dijo...

Aguda observación, Arume, Os intereses xerais, son como a vontade xeral, ou a razón de estado, señoras señores que polo menos a min non me foron nunca presentados.
As veces e para non enumerar toda unha lista de intereses que atinxen a unha comunidade, a unha nación, a un estado...nomease imprecisamente como "interes xeral". é preciso aclarar que ese interés nomeado aquí refírese mais ben ao interés xeral considerado dende a optica nacionalista e que se concretaría na atención a lingua, a cultura, ao nível económico dos cidadans galegos, as segurades que brindaría a administración aos menos favorecidos, os servicios sociais, concretandose tamén a solidariedade co resto dos paises e unha atención aos retos que o futuro depara respecto a contaminación.

A verdade e que ao concretarse perde esa pretendida xeneralidade, pero a abstracción do concreto é necesaria e operativa mentres que non se tome como unha certeza absoluta.

Aprovetio para comunicarlle Arume, que o día dezaseis no Bergidum, terá lugar unha entrega de premios pola labor en defensa da fala. Tentarei estar alí para apoiala.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Os intereses dun país están cifrados e concretados nos intereses dos cidadáns dese país, colocados en orde de prioridade segundo as eleccións democráticas. Eso en teoría, por suposto, pero ninguén pode afirmar que é o que de antemán interesa a un país, porque é precisamente o propio país quen define os seus propios intereses. Logo, todos os representantes democráticos dun país son igualmente defensores dos intereses dese país.
E saúdos para aquela xente berciana.

Anónimo dijo...

Pero Arume, non todos os intereses son igual de respetabeis, ou mesmo respetabeis, por mais que se expresen mediante eleccións. Tome vostede o caso do aceso via electoral a un rexime totalitario ou integrista que conculcase os dereitos fundamentais.

Hai na elavoración democrática dos intereses unha certa dose de fundamentalismo, por eso lle chamamos precisamente dereitos fundamentais, porque se fundamentan na súa propia forza e non nun resultado electoral.

Repartirei saudos da súa parte na nosa terra.

Xaime dijo...

Sigo con atención o dos intereses do país, pero que me dín da frase espectacular que é un lugar común de case todos " A inmensa maioría dos ciudadanos......."

Anónimo dijo...

Véxoos zozobrantes e desorientados, queridos amigos. Voulles aclarar os pensamentos ilustrándoos sobre os intereses do país, que non son outra cousa que a difícil síntese dos intereses de cada un dos cidadáns do país en cuestión. Agora ben, esa síntese de intereses ten que actuar en tensión, ás veces contradictoria, co "modelo de sociedade" que cada partido político propugna. Por exemplo, a maioría dos galegos non le ou le moi pouco. Ese é un dato obxectivo, produto dunha elección que, non sen cautelas, podemos denominar "voluntaria". Porén, os gobernos promoven campañas de fomento da lectura, financian bibliotecas e axudan ao sector editorial. Isto é así porque os gobernos, que sempre teñen un puntito déspota ilustrado (afortunadamete), cren que é mellor unha sociedade que lea a unha que non o faga. ¿Representa isto unha contradición entre gobernantes e cidadáns sobre o que son os verdadeiros "intereses do país"? A primeira vista, si. Pero o certo é que os cidadáns tamén agardan dos gobernos que os animen e mesmo que os obriguen a facer cousas que eles nunca farían "motu proprio". Sobre todo, que animen e obriguen aos demais cidadáns, nunca a un mesmo.
A mellor ou peor interpretación do que é ou non é o "ben público", os sempre cambiantes e moi modulables "intereses do país", determina que uns partidos gañen as eleccións e que outros as perdan.

Anónimo dijo...

Permitame Leituga que lle devolva a pelota, porque zozobrante encontroo eu a vostedes cando di que "A mellor ou peor interpretación do que é ou non o ben público determina que uns partidos gañen as eleccións e a perdan outros". Se admite vostede a factualidade de que pode haber unha correcta interpretación do ben público, que poida perder as eleccións. Non hai relación necesaria entre o acceso ao coñecimento do ben público e o triunfo nas eleccións, pola simples razón de que interveñen factores de mediación, distorsión, e artes de persuasión que poden dar lugar a outros resultados.

Practicar o ben púbrico non dista moito de practicar a xustiza. Neste sentido aquelas máximas da maior felicidade para o maior número foron rebatidas, creo que limpamente por John Rawls. O ben púbrico presupón un espazo púbrico, espazo onde a razón se podería exercer púplicamente. Os intereses tenden a privatizar o pubrico pondo o exercicio de dita razón publica en perigo. Rawls tenta superar o grao cego de interés mediante o "veo da ignorancia", pero para que esto sexa posibel, é preciso o acordo sobre as condicións de concurrencia a ese espazo. É preciso un fundamento e neste sentido é no que Rawls coincide con Habermas, sobre a necesidade de algún tipo de consenso racionalmente fundado.

O interés irrestricto cega a imparcialidade e extrangula a liberdade.

E por mais que o pareza, ese interés non é menos particular cando a continuación lle engadimos o de xeral, ou colectivo.

Se non hai un proceso racionalmente formado e democratico para a constitución dos entes individuais e colectivos, a violencia represiva entre individuos e entre identidades colectivas sustitúe a politica.

Unha organización racista pode gañar as eleccións, suponse que é unha correcta interpretación do ben público?

A sintese de intereses quen a fai?, como?, con que fins?

Como conxugar os intereses dun mileurista e do señor Botín, os intereses da nación española e os intereses da nación galega?

Racionalmente a mellor saida é a negociación, idealista, percurando o consenso, ou pragmática, centrándose na deliberación. O irracional é caer nun fundamentalismo esencialista da constitución. Tentar reformar a constitución para que as mulleres poidan reinar, é dicer, para que a coroa sexa mais democratica, pero se nos tomamos os dereitos en serio, o democratico non sería a abolición da coroa?. Irracional tamén é non recoñecer as decisións dos parlamentos autonómicos referidas a procesos de libre determinación. EN nome de que?, dun libro sagrado chamado constitución española?, que reserva aos seus militares democraticas funcións como cuidar da indivisivilidade dunha patría herdada do nacionalcatolicismo que insiste e persiste ante a devilidade liberal duns politicos traxicomicos historicamente negados, como dicia Celestino Fernandez, para o humor.

Disculpen a digresión, acercanse eleccións e hai cousas que petan na cabeza.

Anónimo dijo...

Ainda que non é John é Lou, e ainda que tampouco xexa luns, hoxe semella un Stormy Monday

Stromy monday

Anónimo dijo...

Ando confuso, teño que pensar dúas veces que día da semana é, así que mellor, limpamente porse de domingo como Eric.

ERIC, DE DOMINGO

Anónimo dijo...

A xungla de formigón (Build High or Die Hard)

por Viriato

30 de xaneiro de 2008

Como xa está moi visto o rollo de chamar ós amigos para que apoien a Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a súa curmá, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, decidiron combater o constante ruxe-ruxe de críticas malintencionadas contra a Marabilla do Gaiás dun xeito clásico, pero sempre efectivo, con actos públicos. Hai dous meses inauguraron o primeiro retrete funcional do mastodóntico complexo. Hai tres semanas, recibiron o premio da Asociación de Condutores de Retroescavadoras ao proxecto máis perseverante. E hoxe, montaron unha festa all night long para celebrar a chegada do primeiro xornal á Hemeroteca de Galicia (que aínda non ten paredes, pero si estantes). Habendo viño e paparota gratis, todos os persoeiros do mundo da cultura, todos os políticos dispoñibles e o propio Arquitecto-Pai, Peter Eisenman, acudiron cal ourensáns a unha convocatoria de oposicións.

Así a todo, Bugallo & Bugallo esquécense convenientemente de invitar a algúns dos seus máis temibles rivais políticos. Nada de opositores que escarallen a velada. Pero un deles non está disposto a renderse. Gerardo Conde Roa, heroe compostelán, Paladín da Cidade da Cultura, non esta disposto a quedar fóra e cólase campo a través, cunha bermuda e unha camiseta da súa campaña. Non é a primeira vez que fai algo así.

Xusto cando o heroe Roa ía irromper na sala dos canapés, unha malvada célula de islamistas vascos planeaba atentar esa mesma noite, axudados polo detractor da Cidade da Cultura, ese que asinou cartas en apoio de De Juana Chaos e roubou lambetadas na tenda do barrio cando era pequeno. O seu xefe e un misterioso enmascarado e as súas malvadas mentes, celosas da grandeza da Magna Obra Compostelana, matinaban secuestrar a Eisenman para que construíse unha igual no deserto de Arabia (pero con mesquita en vez de Palacio de la Ópera).

Nun eficaz golpe de man, os terroristas vascoislámicos dinamitaron a única estrada de acceso ó Gaiás e soltaron cans adestrados para matar polo contorno do monte, convertendoo nunha inexpugnable fortaleza natural. Ademais, coa axuda dun funcionario traidor da Dirección Xeral da Sociedade da Información, construíron un dispositivo electrónico baseado en autruxos ultrasónicos para deixar sen cobertura ós móbiles. Con toda a cúpula política e cultural como refén, ninguén podía parar os malvados produtores de terror…

Agás o home co que non contaban:

Conde Roa corre polas célebres torres de formigón mentres lle disparan dende un helicóptero. Parapetado tras unha columna, recolle un pedrolo do chan e llo guinda o aparello voador, con tanta sorte que lle da no rotor de cola e o desequilibra. Mentres se estrela contra a outra torre, Conde Roa berra: “¡Santiago y Cierra España!“

O misterioso xefe da máscara, sube a Einsenman, atado de pes e mans, á parte traseira dun todoterreo. Saca un mando a distancia do peto da chaqueta e di: “Agora, Peter, iremos a Arabia, pero antes ¡Volarei todo isto para que a nova Cidade da Cultura non teña competencia!”.

Nese momento, Conde Roa salta de detrás dunhas silvas e derríbao, dicindo: “Ninguén lle toca ao Gaiás sen o meu permiso”. Na loita, o enmascarado perde a máscara e…

… ¡E Xesús Pérez Varela!

“¡Coño, Suso! ¿Pero ti?”, di Conde Roa. “Saquei moitos cartos con todo esto…” di Pérez Varela. “E xa lles temos vendida a mesma idea a un xeque amigo meu”, di Peter Eisenman, que acaba de soltarse das súas ataduras falsas, mentres golpea a Conde Roa e o deixa inconsciente.

¿Terán éxito no seu malvado plan? A resposta, o ano que ven en todos os cines da lusofonía.

Anónimo dijo...

COMPLEMENTO DOS ALTOS CARGOS

A CIG alerta que os partidos atrasan a revisión do plus

Seixo denuncia que a Mesa do Parlamento está a por atrancos para que a iniciativa popular non se debata antes das xerais.

09.01.2008 | 16:14

A CIG alerta de que os grupos parlamentarios "están a intentar atrasar" ata despois das eleccións xerais o debate en pleno da iniciativa popular para suprimir o plus de altos cargos, polo que cobrarán 3.000 euros máis ao ano os que estiveran na Xunta dous anos consecutivos ou tres interrompidos.

“Esgotar os prazos”

En declaracións a Europa Press, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, apuntou que a Mesa do Parlamento, encargada de cualificar a iniciativa, "está a tratar de esgotar os prazos" para que non se leve a pleno antes dos comicios de marzo. A proposición entrou no Rexistro da Cámara o 30 de outubro, pero faltaba algunha documentación, que foi remitida finalmente o 21 de decembro.

O erro, xa emendado, consistía na non certificación de que os autores están no censo electoral e na non presentación da declaración persoal da súa condición de elixibilidade e incompatibilidade, segundo fontes parlamentarias. Ademais, precisaron que a Mesa non está obrigada a admitir a trámite a iniciativa nun prazo concreto e recordaron que se volverá reunir a mediados e a finais de mes.