26 ene 2008


Poemas breves (e 3).
Pan por Pan sábado 26 xaneiro

Na súa visión da paisaxe moitos poetas achegáronse á poesía popular, tamén de formas breves, para manifestar os seus sentimentos. Así o fixeron os autores imaxinistas da nosa vangarda republicana e nesa liña podería inscribirse este fermoso poema de Aquilino Iglesia Alvariño, de 1931, titulado “Definición”:
A noite é o pranto do día,
lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía.
O ventiño da mañán
limpa-lle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar”.
Tamén na poesía civil e rebelde encontramos poemas moi breves. E na sátira: lembren os “Epitafios” de Celso Emilio. Outro autor que se achegou a cotío ó poema breve é Afonso Pexegueiro, en “Seraogna” e en “Circos de auga”. Esta que segue é unha das súas achegas que máis me gustan:
Para que queredes un poeta vivo
se non sabedes qué facer con el;
matádeo e celebraille as pompas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois é verdade que os epitafios debían ser considerados un estilo literario de "breves" propio.Aiquí hai algús: Furar

Anónimo dijo...

E aiquí MÁIS.

Anónimo dijo...

Buf! Hai páxinas de epitafios coma se foran grilos.FURAR