12 feb. 2008


en poleiro alleo
(Imaxe: A Vienesa, de Manet)

"A nación e a morte", de Xosé M. Sarille (ECG 12 febreiro). Segue vivo o debate sobre Israel. Como nesta casa se falou bastante do tema, deixo esta visión, diferente doutras xa expostas, para o debate.

José María Pérez Álvarez gana el Premio Bruguera (Cristina Huete informa en EP)
"El Estado de las Autonomías es el estado del regateo permanente" (entrevista con Ceferino Díaz en EP)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

OK Sarille

apicultor dijo...

Non descubre Sarille ningún Mediterráneo.

O que si fai é levar a auga ao seu muíño e, amparándose no fundamental libro de Idith Zertal, tira unhas conclusións políticas que non están así expostas no libro, pois a autora non nega a necesidade da existencia do estado de Israel, por exemplo. Por certo que Sarille, levado pola comodidade á hora da escritura, non dubida en facer pasar por súas algunhas frases da presentación da obra.

Eu manexo a edición francesa (La nation et la mort. La Shoah dans de discours et la politique d´Israël, París, La Découverte, 2004) e aseguro que o libro é unha sólida investigación académica feita, como di na contracapa, "lonxe de toda polémica". Cito textualmente sen facer pasar por miñas as palabras da contracapa: "Loin de toute polémique, Idith Zertal offre un regard lucide et remarquablement documenté sur la societé israélienne, une réflexion sur l´identité nationale d´Israël, sur la construction de la mémoire collective, sur la culture et la politique de la mort".

apicultor dijo...

... dans le discours...

Desculpas polo erro ao teclear.

Beria en Siberia dijo...

Déixense de catalán e de francés, e aprendan ruso.

XDC dijo...

Ya gabariú ruski iasík!

Xoán Salgado dijo...

A min o argumentario de Sarille cheirame mal. Que queredes que vos diga. Sacralizar o Holocausto di Sarille!! Pero como non sacralizalo se morreron case 50.000 xudíos!!

orlov dijo...

50.000 só en Vladivostok, non?

Anónimo dijo...

Estooo... e pensan vostedes que hai moitos no PSOEdeGA que crean, coma Ceferino, no estado federal?