12 feb. 2008

Precampaña (6). Tres titulares de hoxe (en Galicia Hoxe)

Méndez Romeu pide deixar a lingua fóra do debate electoral.
Núñez Feijóo defende a Galicia bilingüe.

PP e PSOE de Lugo votan contra as galescolas.
A edil do PP Alicia Pena estimou que o proxecto de galescolas é "excluente" e non ten en conta o bilingüismo.

72 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Creo que non está na rede e por iso non o colguei.
No último número de A NOSA TERRA en papel hai un artigo de Antón Losada sobre Paco Rodríguez que bota lume por todas as marxes: será aquilo da vinganza que sabe canto máis fría?

Anónimo dijo...

Eu non sei se vostedes viron a entrevista de Gabilondo a ZP na televisión que o goberno lle regalou ("a maiores") a PRISA.
Cando as cousas ían medianamente ben na economía española e ZP cumprira o que prometera (sacar as tropas de Iraq), os seus discursos e declaracións parecíannos música celestial, chea de talante e pazzzz.
Agora xa nos están a soar a ocos, a baleiros de contidos, a cheos de boas intencións pero sen sustancia ningunha. Xa o seu discurso non é tan brillante coma o de Rajoi, Llamazares ou mesmo Quintana.

arume dos piñeiros dijo...

Se sumamos todas as cousas que propoñen deixar apartadas da loita electoral (pensións, inmigración, lingua, trasvases fluviais, exteriores, defensa, terrorismo), en que quedamos? De que falamos?

Anónimo dijo...

Eu non sei se viron o vídeo no que un "fato" de estudantes composteláns chaman fascista a María San Gil e berran entolecidos: !que te mate ETA!... Se este é o porvir que nos agarda, haberá que pensar en se nacionalizar portugués...

arume dos piñeiros dijo...

Video

Xaime dijo...

Non entendo por qué Alicia Peña se mete en este garabanzal na que naide a chamou.
Estou completamente convencido de que o que se comenta non é realmente o que sinte a Concelleira do PP, e matino que mesmo na voraxine que está acadando a cuestión da língua obrigárona a plantexar a cuestión así de cruda.
É curioso nembargantes que si con esos mesmos argumentos se descarta entrar na rede de galescolas da Xunta, non saia no mesmo titular e artigo o que dixo, plantexou e acordou o voceiro do PSOE.
No tocante a agresión a María San Gil que poidase o non estar dacordo con ela en moitas -as máis-das cousas e unha muller que lle vota valor e produce admiración, e causa sonroxo e mala uva que se esteñan a producir este tipo de altercados na Universidade.

Xosé M. González dijo...

Xaime: previo ao dito onte polo voceiro do PSOE está o dito por Orozco, no seu día, sobre as Galescolas. E a patente intención política do Orozco desta lexislatura.

O feito obxectivo é que a Galescola aparenta ser non grata para o oitenta por cen da Corporación. Ben sabes cal é a cera que hai.

Xaime dijo...

Pois o que deberan facer e declararse en insubmisión lingüistica e que iso tamén o saiba todo o mundo.
Teñen moito morro pero eso non sae nos medios.

arume dos piñeiros dijo...

A vostedes que lles parece ter unha responsabilidade de goberno (e fracasar ou ser retirado por non facelo ben) e despois dedicarse nos xornais a pontificar (ou máis ben ao contrario) sobre o divino e o humano? Que autoridade intelectual (xa non digo moral) pode ter quen pasa sen moratoria dunha situación a outra? Pregunto eu. Sen sinalar.

marcos valcarcel dijo...

Sobre o video que colgou ARUME:
nalgún xornal falan de medio cento de militantes de AGIR nese boicot a María San Gil. No video, no plano máis extenso, eu só conto uns 20 ou poucos máis. En calquera caso, esta pequena pandilla de energúmenos xa conseguiu o que quería, supoño:
mañá todos os xornais falarán (falaremos) deles.

PaPa_TorY dijo...

O que hai que aturar... XD A frescura do discurso do señor Rajoy; vaia o... ¿Non falaba non fai moito da imposición do galego na Galiza? O PP e as verdades de El Mundo, Libertad Digital, a COPE... Rajoy, o aspirante galego do PP á presidencia do goberno que calificaba a votación do derradeiro estatuto de autonomía catalán como o menos apoiado da historia... O galego Rajoy esquecía entón o estatuto de autonomía da Galiza...

apicultor dijo...

As declaracións de Paco Rodríguez só recoñecía méritos nas consellerías da UPG. Das demais, ou as ninguneaba ou as criticaba implicitamente.

Antón Losada -advenedizo na política nacionalista- nunca foi ben visto por PR e a UPG, sempre ciumentos do protagonismo acadado por aquel. E a achegar posicións non axudou nada o estilo prepotente e rufianesco de AL, desde logo.

Agora AL, aínda que se supón que segue asesorando a Quin, vai por libre, e como ten amigos nos medios volveu a colocarse neles. E como non ten pelos na lingua, na nova ANT dálle estopa a PR sen movérselle un pelo do resto do corpo.

Todo un espectáculo.

Talia dijo...

Hai outra versión do acontecido segundo a cal foron os escoltas os agresores, e os universitarios tiveron que defenderse.
A información hai que contrastala para saber quen foron os energúmenos.

arume dos piñeiros dijo...

Hai outra versión do acontecido: a USC preparou o combate porque non quería ser menos que as outras universidades onde sucede este tipo de cousas. A información hai que contrastala para saber quen é o verdadeiro energúmeno: a alma mater que a pariu por convidar a estas persoas e traer o fato de rapaces para aledar o ambiente.
[E dame a impresión de que hai máis versións do acontecido]

apicultor dijo...

Eu escoitei outra versión que falaba de extraterrestres. Pero non podo asegurar nada.

Xaime dijo...

Meu/miña estimado/a a Talia: Emplazoó/a para que nos dé a auténtica versión dos feitos.
Se quere claro. Saúdos

Beria en Siberia dijo...

Versión dos feitos de Talia.

Beria en Siberia dijo...

Ao meu tovarich Paco Rodríguez nin o menten. Dígoo de verdá.

Talia dijo...

Esa versión está en varios portais, lamentablemente non sei facer os links.
Pero supoño que non acreditaran nesa versión como tampouco acreditan respecto da práctica da tortura a detidos vascos.

PaPa_TorY dijo...

Sí, o problema de acreditar esas versións de detidos vascos prodúcese cando nun primeiro interrogatorio os mendionados detidos negan calquera trato abusivo, pasando a dicir o contrario nos sucesivos... E tamén é un problema que sexa precisamente esa actitude a que se aconsellaba nalgúns dos documentos incautados nos rexistros... A estratexia ACCIÓN-REPRESIÓN-DOBRE ACCIÓN, xa ven de tempos de Franco. E sí; toda información debe ser contrastada; é moi doado sinalar culpables, bos e malos, pero a realidade social tende a ser bastante máis complexa que quen escomezou a trifulca.

arume dos piñeiros dijo...

Non só é acreditable a tortura, senón que mañán na portada de EL PAÍS vai isto:
"El juez cita a ocho guardias civiles por supuestas torturas
al etarra Igor Portu".
Pero iso non pode distorsionar o que a todas luces parece un rexeitamento/agresión/boikot/recibimento non cordial a María San Gil, con quen non comparto probablemente ningunha opinión pero que debe falar con total libertade en calquera foro onde sexa convidada.
Non á tortura e non tamén as ameazas á libertade de expresión.

Leituga 1 dijo...

Ao feito de boicotear a liberdade de expresión únese a covardía de botarlle a culpa aos outros: "Empezaron eles!"
Educación para a Cidadanía: máis necesaria que nunca.

Anónimo dijo...

Orozco quere parecerse a Paco Vázquez na belixerancia contra todo o que cheire a galego.

Anónimo dijo...

Creen vostede que hai liberdade de expresión e reunión no Pais Vasco?

Talia

Anónimo dijo...

No tema do galego e das Galescolas (Romeu, Orozco, Feijoo), xa o dicía o refraneiro do manifestante: "PSOE, PP, a mesma..." (completen a liña de puntos)

Anónimo dijo...

O Bng parece que non se libra cada pouco tempo destas polémicas públicas, especialmente cando se aproximan eleccións.
Antón Losada non foi moi leal coa organización que o nomeou para a Secretaría xeral de Vicepresidencia atacando así a Rodríguez.
Por si era pouco no seguinte número d'A Nosa terra escribe a emperactriz Margarita contra Losada (A moro muerto gran lanzada). Joder, Que tropa!

apicultor dijo...

Está errado.

Quen nomeou a Losada non foi o BNG, foi o Vicepresidente Quintana, que é o único capacitado legalmente para facelo.

Outra cousa diferente é que o Vicepresidente poida consultar -ou non- coa súa organización política. Pero xuridicamente a facultade nomeativa é do cargo institucional, nunca da organización á que pertenza.

marcos valcarcel dijo...

Por se alguén non viu o último número de ANT, Marga Romero arremete contra Losada porque o escoitou na TV dicindo que, como crente, non estaba a favor do aborto. Remata: "Votarei o BNG... polo traballo de Paco Rguez en Madrid e a pesar de Antón Losada". Este remate, como é obvio, enlaza co artigo anterior Losada versus Paco R.

marcos valcarcel dijo...

E non deixen de ler, no mesmo número de ANT, o artigo do Bieito Iglesias, "Eivados": mágoa non poder colgalo aquí.

Anónimo dijo...

Non lin o artigo de Marga Romero sobre A. Losada, pero pregúntome como se pode ser tan simple para descalificar a un católico por opoñerse ao aborto; co agravante de aproveitar para defender, como de pasada, ao mandamás efectivo do Bloque. Se non tivese lido algún dos seus artigos maliciaría que a señora Romero quer facer méritos para que a nomeen conselleira directora xeral ou deputada. Pero case sempre foi así de simple a señora Romero; mesmo cando non soñaba.

Anónimo dijo...

O artigo de Bieito Iglesias, pregandose co munistro de interior nas detencións politicas, pero defensor dos eivados. Lamentabel, sensibileiro e cursi "maruja" do coro de interior.

apicultor dijo...

Non lin aínda o artigo de Bieito Iglesias, pero dubido moito de que sexa lamentable, sensibleiro e cursi. Dubídoo moito.

En todo caso, o ínclito Anónimo, se quere ser crible, debería argumentar por que chega a tales conclusións.

marcos valcarcel dijo...

Que aclare, de paso, o das "detencións políticas". Sabe el máis que a policía e os xuíces ó respecto?

Anónimo dijo...

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080213102824

Máis Galiza: o que quere a maioría
Anxo Quintana

O BNG existe unica e exclusivamente para servir á sociedade galega. Esta é, ademais, a mellor forma de achegar o noso contributo á unha marcha máis racional da Humanidade. Aquí, na nosa casa, o mundo chámase Galiza, célula de universalidade tal e como a concebía o Partido Galeguista de Castelao e Bóveda. Non é posíbel ser internacionalista sen antes amar a propia nación. Non é posíbel defender un mundo máis xusto, máis equilibrado, se un non defende primeiro a igualdade de todas as patrias, a comezar pola nosa.

Ser nacionalista é abrazar todas as causas positivas que o xénero humano enfrenta no comezo deste século e facelo non desde o vacuo cosmopolitismo abstracto, senón ao servizo dunha terra e dunhas persoas concretas. Ao servizo de Galiza e dos galegos e galegas. Felizmente, non construímos sobre o nada. Temos un potencial cívico enorme que traballa a favor da construción da nación. Teño dito estes días atrás que a sociedade galega se autodeterminou cando defendeu o país da incompetencia dun Estado que demitiu das súas responsabilidades durante a crise do Prestige.

Autodeterminarse é tomar conciencia do que un é e do seu lugar no mundo. E cando un se autodetermina, xa nada volve a ser o mesmo. Un país que comeza a emanciparse é un país que non ten maís límites que o da libre vontade dos seus cidadáns e das súas cidadás.

# Protagonismo no Estado

A grande maioría social do noso país o que quere nesta altura é un maior protagonismo de Galiza no conxunto do Estado. O que a maioría quere é que, á hora de garantir a gobernabilidade do Estado, Galiza sexa decisiva, como o teñen sido Catalunya e Euskadi durante os 30 anos de democracia. Das tres nacións sen Estado –Galiza, Catalunya e Euskadi- a nosa é a única que até o de agora non ten sido un factor determinante da gobernabilidade. E iso tennos pasado non poucas facturas. A xente sábeo e a xente quere mudar ese estado de cousas. O BNG sintoniza con esas arelas colectivas e convértese así no referente político natural da grande maioría social galega. Os galegos e as galegas, mesmo os que non votan BNG, saben que canto máis presenza teña o nacionalismo galego nas Cortes Xerais do Estado, maior será o peso de Galiza. Sábeno pola experiencia acumulada durante 12 anos en que o BNG conseguiu que Galiza existise en Madrid.

Saben como o BNG logrou modificar a orientación dos orzamentos do Estado a respecto do país. Saben como o BNG deu afortalado o autogoberno ao desbloquexar as transferencias pendentes. E saben, por tanto, que a única vía para reforzar a Galiza no Estado é a vía galega que representa o BNG. Calquer outra vía é unha vía dependente de centros de decisión que non están no noso país. Calquer outra vía é unha vía cegada para Galiza.

O nacionalismo representa un proxecto transformador para Galiza e para o Estado. No plano da política nacional, e desde a súa participación no Goberno, o BNG remove os corsés que mantiñan apreixada a creatividade da nosa sociedade. No plano da política estatal, o nacionalismo é o único proxecto reformista e democratizador realmente viábel (e emprego a palabra reformista no mellor sentido do termo: no de mudar para avanzar). Os partidos estatais teñen mostrado con clareza cales son os seus límites e como continúan atavicamente atados á concepción arcaica dun Estado uninacional e centralista. É certo que uns e outros non son o mesmo –hai máis respeito polo pluralismo nunha bancada do que noutra-, mais en esencia partillan idéntico deseño: as nacións non poden existir politicamente e, como máximo, se toleran como realidades socioculturais distintas, non como fontes de poder político. Bipartidismo estéril O nacionalismo é a única alternativa a este bipartidismo estéril que non é quen de resolver a cuestión nacional no Estado.

O nacionalismo é tamén a mellor opción para que o pobo galego sexa por vez primeira protagonista da política estatal. Non pequeno mérito do BNG é ter sabido historicamente conectar cos desexos máis profundos da sociedade galega. Iso –e non o apoio de nengún poder oligárquico- ten colocado o BNG na posición de influencia e poder institucional que hoxe detenta. Iso é o que vai levar ao BNG a medrar nas próximas eleccións, para beneficio da inmensa maioría e para preocupación unica e exclusivamente daqueles que non deron nen chío durante os anos da dependencia e a vasalaxe. Eses anos non volverán porque o país novo está en marcha e só olla cara adiante. Cara a máis futuro, cara a máis Galiza.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

"...vacuo cosmopolitismo abstracto...". Deiquí xa non souben pasar. Síntoo.

apicultor dijo...

Unha vez, hai xa ben anos, escribín exactamente esa mesma frase nun contexto de exposición da posición de Herder (o do século XVIII, non de Haider).

Ollo, non quero dicir que o noso Vicepresidente me plaxiase, eh. Simplemente que se trata dunha frase tópica de uso común, e por suposto nada orixinal, nin tan sequera cando a escribín eu.

Anónimo dijo...

Iso está ben. Quedámonos cunha frase, dámoslle a volta, e xa o autor queda desacreditado.

apicultor dijo...

Non, home, non, de quedar alguén desacreditado sería o asesor que lle escribiu o texto. Pero desacreditado por usar expresións pouco orixinais.

Por outra banda, está ben que vostede fale de desacreditar cando antes lle chamou de todo a Bieito Iglesias por un artigo seu. Aínda estamos agardando que expoña os seus argumentos. Pero témome que vai ser que non...

arume dos piñeiros dijo...

Pola miña banda non desacredito a ninguén: en todo caso a mín mesmo que non son capaz de ler máis dese punto. Dígoo por se o autor se apiada de mín e busca outra forma de seducirme. Pero o meu ten difícil arranxo.

Anónimo XXX dijo...

Marga Romero non é afiliada do Bloque. Se cadra ese é un mérito para que a fagan directora xeral.

Anónimo dijo...

Apicultor eu son o Anónimo que calificou a Bieito Iglesias, non o anterior. Os anónimos somos como as abellas, nunca seremos ovellas, picamos, pero podo dar fe de que somos varias, e ben distintas.
Leu vostede o artigo de Iglesias?

Un que o sabe dijo...

Anónimo xxx está errado. Marga Romero é afiliada do Bloque.

apicultor dijo...

Ante tanta suposta proliferación de anóminos, que só crea confusión interesada, desde agora négome a constestar a quen non teña un nick que o identifique. (Poden poñer nick, señores, que non está penalizado na Lei de Partidos).

Leituga 1 dijo...

O artigo de Bieito Iglesias no último número de ANT loce á súa altura habitual. Supoño que ao Anónimo non lle gustou porque se inicia cunha alusión celebrativa dos éxitos de Rubalcaba como ministro do Interior (pobre Euskal Herría!), aínda que logo critique que para deter ao "Che", un eivado, foran ata Sárdoma trinta policías.
Hai xente que xulga a bondade ou maldade da literatura conforme esa clase de criterios.

Xosé M. González dijo...

De hoxe.

Anónimo XXX dijo...

Insisto: Marga Romero deuse de baixa no Bloque antes das autonómicas.

Parabéns, Xose M. González polo artigo. Cómpren moitos nesta liña.

Anónimo dijo...

Marga Romero é asesora de Luís Bará. Se non é do Bloque, traballa para él. E non gratis.

Beria en Siberia dijo...

Eu tamén estou interesado en traballar cobrando para o Bloque. De verdá.

arume dos piñeiros dijo...

O artigo de Saavedra parte dunha premisa que moitos militantes socialistas aínda non admitiron: a de que a creación de escolas para nenos ata tres anos sexa competencia de Vicepresidencia. E, se por riba, esas galescolas deben contar coa axuda dos concellos e o de Lugo precisamente non é dos que mellor soportan o bipartidismo (por empregar expresións suaves) pois é explicable (non xustificable, xaora) o asunto. Non é que sobre o galego (non pregunte máis, amigo Saavedra, porque ao peor leva unha sorpresa), senón que sobran, a xuízo de Orozco, as galescolas dependentes dunha consellería do Bloque. Que parece o mesmo, pero non é. Se Laura Sánche Piñón fora a responsable, forrarían a muralla de Lugo con escolas de infantil. Nótese a diferencia.
Nota miña: se mira o Acordo que o outro día colgou, verá que a creación de escolas infantís con carácter universal era cousa de Educación.

Leituga 1 dijo...

Arume vai mellor encamiñado que González. O disgusto dos socialistas coas galescolas non vén motivado polo asunto do idioma, senón co feito de que consideran que a Educación Infantil, regulada pola LOE, debe ser competencia de Educación e non de Vicepresidencia. Este último departamento aproveitou a herdanza administrativa das vellas posesións da ex-conselleria Manolita López Besteiro para anunciar dun día para outro as galescolas, sen consulta coa outra parte e pasando por riba do acordo de goberno. Téñolle escoitado a algún sobranceiro socialista galego dicir que se o BNG quere Educación deberá ganala nas urnas, non con maniobras raras.

Por outra parte, como xa saben, existen suspicacias non totalmente infundadas sobre un suposto intento de consolidar desde Vicepresidencia unha rede clientelar baseada nas galescolas e no Consorcio de Servizos Sociais, intento denunciado mesmo pola CIG. Se a isto se engade o lóxico "mosqueo" dos concellos -incluídos algúns do BNG- polo escaso respeto que á Vicepresidencia parece merecerlle o principio da autonomía municipal e a experiencia de xestión de determinados servizos sociais por parte dos concellos, o lío, que leva bastante tempo larvado, está servido.

Afortunadamente, despois das protestas da FEGAMP, de episodios como o de Lugo e das dúbidas expresadas por Javier Losada, Quintana convocou hoxe a unha reunión aos representantes municipais. Espero, polo ben de todos e tamén das galescolas, que cheguen a algún fermoso acordo.

Anónimo dijo...

Eu Crerei o que vostede afirma, leituga1, cando os socialistas impranten un sistema que permita que eu, como pai galego, poida educar os meus fillos maioritariamente en galego en Galicia, desde a gardería até o bacharelato.

Anónimo dijo...

Sobre este tema, pego aquí este artigo de Alba Nogueira.

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/339/educacion-infantil-e-vivenda
Educación infantil e vivenda
13/02/2008

Seica andan revoltos os alcaldes do PSOE porque queren montar escolas infantís nas que a Xunta de Galicia pague e o Alcalde decida.

Afeito como está o poder municipal a vivir das subvencións clientelares que hoxe chegan e mañá poden faltar, pero que lle poñen o retrato do rexedor municipal a cada nova actuación no territorio local, os alcaldes queren seguir coa práctica de “colle os cartos e corre”. A proposta da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de botar a andar unha rede de escolas infantís que funcione coordenadamente con semellantes dotacións persoal, medios e contidos educativos choca demasiado coa cultura da leira minifundista que parece inspirar moitas políticas municipais.

Resúltalles, tamén, indiferente a estes alcaldes a demanda das e dos educadores e dos pais e nais da necesidade de dispoñer de materiais educativos deseñados para estas idades e adaptados ao seu entorno. Materiais que, dificilmente, poden ser elaborados desde a soidade dunha escola infantil dun concello e que precisan o amparo dunha estrutura máis grande, dunha rede de centros, cun apoio e un sistema de intercambio de experiencias que desenvolva os aspectos educativos desta etapa.

Máis o fervor municipalista dos rexedores socialistas e populares fronte ás medidas de goberno do BNG, non remata na educación infantil. Tampouco lles parece ben que as futuras leis autonómicas de servizos sociais e vivenda establezan porcentaxes concretas de gasto municipal e reserva de vivenda protexida, respectivamente. A moderna lexislación busca a redución da discrecionalidade mediante o establecemento de indicadores ou parámetros de actuación. Introdúcense así posibilidades de control xudicial das decisións administrativas que, ao incumprir eses estándares, violan os dereitos sociais recoñecidos pola Constitución (dereito á vivenda, dereito á asistencia e prestacións sociais, dereitos da infancia, dos dependentes, dos vellos…). Esa nova lexislación introduce tamén mecanismos de cohesión social, por exemplo no ámbito urbanístico, evitando crear guetos e establecendo a necesidade de distribuír equilibradamente a vivenda protexida en tódalas unidades de actuación urbanística. Aínda que os rexedores do PSOE non se deran de conta, fíxoo a Ley del Suelo de 2007, da que se anda gabando Carme Chacón, nunha porcentaxe inferior á que agora propón Tareixa Táboas e probablemente esa solución sexa o camiño para que as cidades non teñan zonas de ricos e pobres con tódalas consecuencias que iso ten noutros dereitos como a propia educación.

Podemos seguir co boicot de propostas, fronte ao traballo nas áreas de goberno propias. Coa oposición municipal, fronte ao goberno leal. Coa política de subvencións, fronte ao financiamento estable. Coa propaganda, fronte ao establecemento de deberes concretos de actuación. Coa protección dos dereitos liberais, fronte aos dereitos sociais.

arume dos piñeiros dijo...

No caso de Vigo, non foi precisamente o BNG o abandeirado do 40% para vivenda social. Houbo que camelalos un pouco. Claro que na anterior ocasión en que votaron a prol dun PXOM non contaban con iso e criticaban aos que denunciaban unha excesiva edificación na cidade. Sen dúbida hai que celebrar o seu cambio de posturas. Así como hai que rexeitar calquera oposición a esa necesaria política de vivenda, que eu, xaora, aplaudo.
O das galescolas, aínda non me quedou tan claro.

arume dos piñeiros dijo...

Galescolas. Para información detallada.

apicultor dijo...

Boas ou malas noticias?


O CIS estima que o BNG subirá en votos e conservará os dous escanos
Co 0,9% dos votos, unha décima máis ca en 2004. O PSOE (40,2%) gañaría as eleccións, mais o PP (38,7%) reduciría distancias.

Redacción Vieiros.com - 13:45 15/02/2008

O PSOE gañaría as eleccións xerais o 9 de marzo cunha vantaxe de 1,5 puntos sobre o PP, que se traduciría nunha diferenza de entre 1 e 10 escanos no Congreso, segundo os datos de estimación de voto do Centro de Investigacións Soolóxicas (CIS), publicados este venres.

O BNG pola súa parte conseguiría unha décima máis ca nas eleccións de 2004, o que lle permitiría manter os dous escanos cos que conta na actualidade. Ademais, superaría a Coalición Canaria, polo que pasaría a ser a sétima forza política máis votada do Estado.

IU, co 5,8%, sería a terceira forza política, con entre 5 e 6 escanos, e veríase superada en número de escanos por CiU, PNV e ERC. Así, CiU obtería 10 escanos (3%); o PNV, 7 (1,7%); e ERC, 6 (2,1%).

Por detrás do BNG ficarían Coalición Canaria con 1 ou 2 parlamentarios (0,6%); o novo partido Unión, Progreso y Democracia, 0-1, (0,6%); Eusko Alkartasuna, 1, (0,4%); e Na-Bai, 1, (0,3%).

Xosé M. González dijo...

Leandro é un debuxante que traballa para La Voz de Galicia. Esoutro día, a súa viñeta levaba o título "O frautista de Allariz". Víase un grácil, case élfico aínda que barbado personaxe, brincando coas longas pernas en tanto sopraba; do instrumento saía a melodía "Que din os rumorosos..." e un gordiño, tamén de barba, con rostro acusador tapaba as orellas dun neno abraiado, cos ollos moi abertos.

Hai meses, Orozco manifestou oposición non á xestión das Galescolas senón ao seu perfil lingüístico hipotético, poñendo -igual ca outros- a venda antes cá ferida. Isto é ben sabido en Lugo, e calquera poderá certificalo acudindo a hemeroteca. Que agora faga mutis daquilo, e vincule a súa actuación política ao disgusto no partido por outras cousas, non obriga a observadores ou comentaristas a seguilo nos propios, non sei se inducidos movementos.

Non adoito escribir ao tolo; cando non sei, pregunto, e se a miña columna fala da lingua é que de lingua se trata. A maiores, é obvio que a fronte municipal do PSOE se sitúa á contra -lanza unha ofensiva?- de políticas da Xunta en materia de Servizos Sociais e tamén, por certo que notoriamente, vivendas sociais.

Se cómpre limitarse ao primeiro, cadaquén é ben libre de aducir hipotética intención clientelar na espera de probas fidedignamente consistentes. Ora ben, o Consorcio Galego de Servizos Sociais é o vínculo que a Xunta de Galicia establece como sistema, é de adhesión libre, protocolizada, pero con lóxica será marco preferente de actuación. O alcalde de Monforte denominouno «instrumento interadministrativo de colaboración intelixente»; sen dúbida é outra maneira de velo. Canto á Lei de Servizos Sociais, pendente de aprobación, di o vicepresidente que como proxecto obra en coñecemento da FEGAMP desde hai sete meses; prazo supoño que razoable para que puidese cursar as posibles alegacións sen demoralo ata as cercanías da aprobación. Que da reunión de hoxe saian albricias, nunca é tarde se resulta con ben.

O debate sobre o marco gobernativo das Galescolas xa xurdiu, e aínda rexurdirá; daquela será o momento de puntualizar se prima nelas o asistencial ou o educativo, con algún outro extremo colateral. Igual tamén reaparecen aí os argumentos orozquiáns, pero agora, á marxe de oportunas coincidencias, o tema aparenta, substancialmente, outro.

E Arume, déixeme preguntar, hom, aínda que sexa retoricamente. A ver se me cadra de obter algunha resposta plausible, a mellor maneira de evitar sorpresas. Por certo, ben lembro que, en Vigo, o señor Domínguez manifestaba que a porcentaxe de vivenda social (43%) se debía contemplar para o conxunto do concello e non por zonas de actuación; iso foi o último que eu lin, e con todo aprobouse nos termos que quería a outra parte. A ver se se mostra tan aquiescente o señor Carlos Fernández.

apicultor dijo...

A vostede qué lle parece, Saavedra. Son boas ou malas noticias?

Xosé M. González dijo...

O problema é que non me parecen noticias. Tendo en conta a alta escaseza dos consultados, a non distribución en provincias e demais, non consigo valorar a situación electoral.

Coincide minimamente coa miña sensación de que o Bloque subirá.

arume dos piñeiros dijo...

As declaracións de Domínguez (cando xa daban por boas as limitacións do 40%) son diferentes ás que sostivo o BNG durante o periodo anterior, que é ao que eu me refiro. Xa digo que teño que celebrar que mudaran. Tamén mudaran os resultados das eleccións e o alcalde (vade retro) venlles sendo outro.

arume dos piñeiros dijo...

Na miña intervención non neguei que Orozco (e outros moitos socialistas) non mirara con suspicacia o asunto do galego. Só quixen apuntar o outro lado da cuestión, que xa ven desde antigo.

Xosé M. González dijo...

Lonxe de min defender ou atacar cada posición do BNG de Vigo en materia urbanística ou outra. Pero o do corenta por cen estableceune precisamente unha gobernante do BNG, e non Carmela Silva ou o alcalde Caballero; tamén é ben que quede establecido.

arume dos piñeiros dijo...

Non estou seguro de tal afirmación. E verei de probalo. Tampouco digo que sexa toda do alcalde (vade retro) ou de Carmela Silva. Tal vez haino que buscar na Conselleria de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Un que o sabe dijo...

Anónimo xxx está trabucado, ou mellor non ten os datos actualizados. Marga Romero é alta no BNG desde a primavera do ano pasado, despois das eleccións municipais. Vese que os ciclos políticos desta muller estan claramente influenciados polas citas electorais.

Xosé M. González dijo...

A porcentaxe dun corenta por cen de vivenda protexida obrigatoria é un proxecto da Consellaría de Vivenda e Solo, exposto publicamente no seu día por Teresa Táboas; a outra parte do goberno expuxera algunha renitencia inicial. Sexa como for, tal proxecto da Consellaría de Vivenda -ata o de agora cuestionado polo presidente da FEGAMP, agora seica hai emenda- foi aprobado no último consello da Xunta.

arume dos piñeiros dijo...

Non son, como xa din a entender varias veces, devoto de Caballero, por empregar a litotes. Pero lembro que para solucionar o cul de sac onde estaba metido entre a posición do PSOE anterior encarnada por un honesto Mauricio Ruiz (coa que eu acordei sempre de ordenación urbanística razonable) e a súa propia concepción alcaldesca de satisfacer ás forzas vivas (e tamén as mortas: i. e. rendistas) de Vigo, tivo a idea, creo que suxerida por María José Caride e os técnicos de OTeU, case todos procedentes da mesma facultade viguesa, de ir ás eleccións coa promesa de aprobar o PXOM tras unha asignación do 40% a vivenda social. Isa é a información que eu teño, co único recurso da memoria. Pero tampouco ten maior importancia, xa que vostede, Saavedra, e máis eu estamos de acordo no máis.

Xosé M. González dijo...

Aquí está a súa referencia.

Aquí, novembro do 2006, a miña.

arume dos piñeiros dijo...

Mire onde eu atopei o que eu tiña na cabeza: nun A nosa terra! onde se criticaba a Caride por criticar á súa vez a Táboas polo 40%.

"Outra aspecto que semella incomprensíbel da reacción de María Xosé Caride é que agora critique a proposta de Táboas por pedir o 40% de reserva para vivenda protexida, cando hai un mes, concretamente o 11 de outubro, deu un discurso para inaugurar o curso universitario na Facultade de Económicas de Vigo, no que defendia que “hai que ser máis ambiciosos e lograr que o 50% da vivenda que se constrúa sexa protexida, igual que acontece noutras comunidades”.

Cachada dijo...

Medio Rural de la Xunta de Galicia oculta los incendios forestales que se producen en la Comunidad gallega. Este pasado fin de semana fueron varios los focos contabilizados sólo en la provincia de Ourense, en tierras de A Veiga y Conso, por ejemplo.
Mientras la Consellería de Suárez Canal sigue optando por negar la evidencia, la DGT avisaba de que era preciso interrumpir el tráfico por la A-52 hasta la 4 de la madrugada de este lunes, y Emergencias de Galicia, 112, daba cuenta a las 12 de la noche del domingo de 80 siniestros forestales, y a las 8 de la mañana de este lunes de 16.
La estrategia del departamento de Suárez Canal queda en evidencia, incluso por conductos oficiales.

Medio Rural oculta los incendios forestales que se producen en Galicia

18 de FEBRERO de 2008: OURENSE DIXITAL

La Consellería de Medio Rural sigue ocultando datos de los siniestros forestales que continuan produciéndose estos días en, al menos, la provincia de Ourense.
Según la información facilitada por la Consellería de Suárez Canal en su propia web, durante este domingo, 17 de febrero de 2008, "non se rexistra ningunha incidencia" en los montes de la Comunidad gallega.

Sin embargo, a esas horas seguía ardiendo en el extremo más oriental de la provincia de una forma considerable y preocupante. Un incendio que se había declarado en la provincia de Zamora llegaba a los montes de las localidades de Valdín y Corzos, en el municipio de A Veiga. Las brigadas doblaron turnos durante el fin de semana, lo mismo que todo el personal de vigilancia.
El fuerte viento reinante en toda esta zona avivó el fuego, y desde el Alto do Covelo podía divisarse una enorme nube de humo que daba idea de la magnitud del siniestro forestal.

A esta situación en los montes de la comarca de O Bolo había que añadir la que se producía en la de Conso, denunciada también por potentes columnas de humo que se divisaban a kilómetros de distancia de las localidades de Mormentelos y Chaguazoso, en la parte más alta del municipio de Vilariño de Conso donde se producían los fuegos.

A esta situación había que añadir otro incendio que se produjo en la provincia de Pontevedra y que obligó a la DGT a cortar el tráfico en la Autovía Rías Baixas, Benavente-Porriño, desviando los vehículos en Melón por "la vieja", la Nacional 120, Logroño-Vigo. El fuego se metió en la noche y la normalidad no quedó restablecida hasta las cuatro de la madrugada de este lunes, según da cuenta la Dirección General de Tráfico, que no la Consellería de Medio Rural, para la que sigue sin registrarse incidencia alguna en las últimas horas en toda Galicia.
Cachada
De la ocultación de datos y la omisión interesada de la situación real de los montes gallegos por parte de la Consellería de Medio Rural, habla a las claras el siguiente hecho: mientras en la web de Medio Rural "non se rexistra ningunha incidencia", en la Emerxencias de Galicia, 112, se contabilizaban a las 12 de la noche de este domingo, 17 de febrero de 2008, hasta 80 incendios forestales. Esta es la información que facilitaba la web de Emerxencias de Galicia a dicha hora.
A las 8 de la mañana de este lunes, 18 de febrero, según Emerxencias de Galicia se contabilizaban 16 siniestros. A esta misma hora, las 8 de la mañana de este lunes, 18 de febrero, para Medio Rural seguía sin registrarse ninguna incidencia en toda Galicia.

apicultor dijo...

Vaia, ho. Semella que unha cousa é predicar e outra dar trigo.

apicultor dijo...

Agora na radio, Suárez Canal estaba a recoñecer os incendios de onte. Un pouco lento de reaccións, semella.

E Patxi Vázquez declaraba textualmente verbo da manifestación de onte: "Eu o que vin ayer foi moito de qué hay de lo mío e moi pouco país". Carafio pró Patxi, sabe facer frases rotundas.

Xosé M. González dijo...

Supoño que a non actualización de datos, na web de Medio Rural, durante unha fin de semana denota campaña de ocultación; botando evidentemente por terra toda a súa credibilidade.

Por outra banda, parece que os problemas relacionados coa extinción de incendios poden levar a concluír que a devandita consellaría, e mailo seu conselleiro, teñen o rural abandonado. Supoño que debo deducilo, a falta doutros comentarios.

Sobre incendios: obviamente, no ámbito de incendios o equipo da Consellaría ten pendente demostrar eficacia; houbo fracaso no segundo ano -en meteoroloxía excepcionalmente desfavorable- e éxito no terceiro -no mesmo excepcionalmente favorable-. O cuarto, e último, parece que vai ser aínda máis desfavorable có segundo; o país estará ao tanto do rendemento institucional, e penso que non cometo hipérbole.

Xosé M. González dijo...

Falando de país, gustaría saber o que quere dicir o Raposo do Carballiño en relación con facer idem. Porque un país é, entre outras cousas, un conxunto de lugares con problemas locais; ignoro se autoriza ou non os locais a ter problemas e expoñelos.

Por outra banda... o Plano de Acuicultura é un lo mío? Hai contundencias que igual rebotan.