19 feb. 2008


en poleiro alleo
Rajoy e os currantes, Miguel Anxo Murado en LVG 19 febr.
A xenial caricatura do mestre Forges é de cando Rajoy se entrevistou con Zapatero (marzo 2006)

Dixo Rajoy: «O meu programa é o dos currantes». ¿O dos currantes? O programa dos currantes é currar. ¿Vai currar Rajoy? No seu partido estarían encantados, porque a fama que ten (dentro do seu partido, repito) non é precisamente esa. Non le os informes que lle pasan, non se prepara ben os discursos parlamentarios, auséntase de moitas reunións? Falo de oídas, pero se por algo é famoso don Mariano é precisamente por erguerse máis ben tarde, prolongar os copiosos xantares en sobremesas que nunca duran menos do que dura un Cohibas e dedicar moitos esforzos ao seu ocio, se é que o termo esforzo e ocio son compatibles.
A Mariano Rajoy adornáranno outras virtudes, pero currante, o que se di currante, nin os seus simpatizantes máis fieis estarían dispostos a dicir tal cousa. E que non se pense que me meto eu con Rajoy (hoxe). Non, todo o contrario. A min de Rajoy precisamente o que me gusta é esa indolencia. Gústame iso e? ben, agora non se me ocorre ningunha outra cousa.
Deixémolo en que me gusta o da indolencia, porque recoñezo que a min tamén me pasa como a el: gústame durmir e, aínda que non fumo, tamén me prestan as sobremesas seguidas de sonecas, cando é posible. Claro que eu non pretendo gobernar España, coma don Mariano? Pero, que sei eu. Tony Blair é o enviado especial das Nacións Unidas para Oriente Medio e aínda ten tempo para sentar no consello de administración dun banco privado (o que hai que facer para chegar a fin de mes). Se Blair pode resolver unha cousa tan difícil como o conflito de Oriente Medio no seu tempo libre, dirixir España, que é principio debe ser máis doado, se cadra pódese facer sen renunciar á siesta.
Non, eu non lle pido a Rajoy que se volva un currante. Sería como cambiar de chaqueta, como traizoar aos seus principios (e non me refiro aos seus principios na política como candidato da falanxista Unión Nacional Española). En política a coherencia é fundamental, e Rajoy, que tivo que loitar tanto contra esa imaxe pouco favorable que ten o nome Mariano no subconsciente colectivo tras décadas de chistes de Forges, non pode desperdiciar ese capital de molicie. Claro que hai quen pensa que o que quixo dicir con iso de que o seu programa era o dos currantes era que ía defender os intereses dos traballadores. Pero iso será unha broma, supoño.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver nos debates televisados como o fai o sr. Mariano. Moito me temo que no cara a cara papará ao seu rival, ese "dechado" de talante e boas maneiras.

Xaime dijo...

Como non hai tradición dos debates, penso que van ser importantes na decisión final dese 30% de indecisos, dos que si so un 5% decidira votar a Mariano, ZP, bye, bye, xa que os votantes do 2004 que o votaron, desta vez non van.

arume dos piñeiros dijo...

Mariano traballa moi ben a dialéctica: é bo refutador e, como orador, é excelente. Eu teño lidos os discursos de Rajoy e son, moitas veces, frases de tres liñas, montadas en formas siloxísticas dunha eficacia completa. Agora ben, unha excesiva ironía (que moitos poden interpretar como soberbia displicencia) nas réplicas a Zapatero pode perdelo. É, con todo, un rival moi duro. Pero non estou seguro de que se decidan as eleccións nos debates. A xente vai velos como quen mira o Roma-Madrid, esperando ver gañar ao seu equipo. Forza Roma!

Jim Morrison dijo...

Eu tamén concordo en que Zapatero non é adversario dialéctico de Rajoy. E en que Rajoy é un orador consistente, enxeñoso, con cintura e con sentido do humor. Ao contrario de Zapatero, ao que lle sacas do guión de moralizantes obviedades que repite ata a saciedade e non ten maís remedio que...repetir máis obviedades. Pagaría a pena un debate entre Rajoy e Rubalcaba.

arume dos piñeiros dijo...

De todas formas, Rajoy non baixa a recoller balóns. Queda sempre ao chupe, de palomero. A Zapatero pódeslle facer mil diabluras, pero volve para atrás para recuperar a posición. O espectador pode gustar máis de Rajoy pero un entrenador prefire a Zapatero.

apicultor dijo...

Xa veremos. Eu, por se acaso, non sería tan condescente con ZP. Ao mellor levamos unha sorpresa no debate (ou non).

apicultor dijo...

...condescendente...

Leituga 1 dijo...

Zapatero vaino facer ben no debate. Nótoo moi recuperado en comparación cos tempos nos que andou medio "groggy". E aínda que non sexa tan "pico de oro" como Rajoy, cae mellor.

Anónimo dijo...

Rajoil vaino papar. Xa me dirán o luns.