19 feb. 2008

UNGULADOS GALEGOS (Afonso Monxardín, La Región, 19 febreiro)

Certamente teño dúbidas. Non sei se é bo falar destes temas ou non. Saben que máis me gusta falar de cousas cotiás, lixeiras e divertidas que poñerme serio e trascendente. Pero tamén ás veces é bo verbalizar cousas aínda que sexan triste e feas polo menos para botalas fóra. Imos logo a elo. A primeira sensación ao ver a aquela ducia de capitidisminuídos berrándolle a unha persoa como María San Gil nese templo do saber e da universalidade que debe ser a Universidade, foi, unha mestura de asco, rabia, vergoña e incredulidade. E por todo iso decidira non falar do asunto. Apagón informativo. Ningunha presenza mediática merecen eses fatiño de gamberros, como ningunha presenza merece o Solitario ou o violador de turno. A roupa sucia ben está no seu cubo á espera da lavadora, e non no salón por riba da camilla. Pero como o tema saltou, poderoso, e como o esoutro día vin eses rapazolos orgullosos, sorrindo no seu minuto de fama e ameazando de novo á María San Gil e ás autoridades da universidade xusto ao quedaren en liberdade, pensei que si, que me apetecía e cumpría falar do tema. E para que non haxa dúbidas sinalarei que admiro a María San Gil. E non direi que máis alá das súas ideas, porque se tal así fose, sería algo nimio, marxinal e sen importancia na cuestión esencial que aquí tratamos. Porque non falamos de ideas, falamos de valentía, coherencia e, sobre todo, da liberdade e da defensa colectiva da liberdade. Fagamos un pouco de historia. O día 23 de xaneiro de 1995, un tal “Txapote” rebentoulle a cabeza dun tiro ao comensal que acompañaba a María San Gil nun restaurante da zona vella de San Sebastián. Zarraspicada, literalmente, co sangue do seu xefe –era secretaria de Gregorio Ordóñez- decidiu seguir o seu traballo e entrou en política. Tampouco a tratou ben a vida noutras cousas; o ano pasado enfrontouse a un cancro de mama que seica logrou vencer. E esta política de raza, esforzo e traballo, vén falar á Universidade de Santiago e un fato de matriculados –non quero chamarlles estudantes- tratan de impedirlle a palabra. Argüen agora o famoso dereito á discrepancia, tratando de confundir o que é cousa de civilización, coloquio e argumentación con pitos e abouxos totalitarios, ou sexa, fascistas. ¿Que o PP se aproveita do caso? ¡Claro! ¿E que? ¿Quen lles deu as bazas? O máis parecido a un tonto de dereitas é un tonto de esquerdas, dicía Alonso del Real. Os tontos, tontos son. Os boicoteadores do acto non cobraron do PP –por suposto vai contra a lóxica- pero ben o poderían ter feito a razón dos beneficios reportados. O mundo móvese así. Mellor é o silencio informativo ao redor destes infames, pero se non pode ser, pois todos xuntos, -“cal falanxe de ferro ben tecida” dicía provocadoramente Eduardo Blanco Amor- ao redor do partido común da palabra e da democracia. Eses gamberros non se poden asimilar a ningunha sigla razoable pero prexudican a todas... e tamén a todos os cidadáns desta Terra que non temos máis siglas cás iniciais dos nosos nomes e apelidos, e que non por iso somos mellores ou peores cós outros. Eses tipiños, quede claro, non representan nada, nin a ninguén. Que non ergan a súa voz no nome de nigunha patria, matria, nin farrapo de gaita, búlgara ou galega. Teñen en común con vostede e comigo que naceron no noroeste ibérico e que son vertebrados. Pero non sapiens sapiens. Posiblemente ungulados.

137 comentarios:

Isildur dijo...

Coma sempre, o Monxardín acerta. Parabéns polo artigo.

marcos valcarcel dijo...

Que se vaia preparando AVM. Xa sabe que lle dedicarán un fío cheo de "lindezas" nalgures (como xa nos sucedeu a Caneiro ou a min, entre outros).

Xeremías dijo...

O artigo de A.V.Monxardin defrauda as expectativas auspiciadas por Marcos. Non engade ningunha reflexión distinta, non aporta ningún punto de vista diferente e só se autoafirma(asco, raiba, vergoña).
Tendo en conta a súa declarada admiración por María San GIl resulta perfectamente coherente a súa focalización dos acontecimentos e a concreción da visión dunha das partes: "ducia de capitidiminuidos", "fatiño de gamberros", "violadores de turno".
Pero hai outras aportacións dignas de terse en conta, de feito na Universidade que el define como templo do saber, cónstame que no departamenteo de teoría literaria están adicandose a estudiar a súa imaxe: "A roupa súcia ben está no seu cubo á espera da lavadora, e non na sala por riba da camilla".
O departamento de lóxica e calculo computacional das facultadse de filosofía e física estan aplicadas ao estudo da súa seguinte aserveración: "Os tontos tontos sos".
E en diferentes departamentos adicados as ciencias sociais comenzaron a apasionante investigación dun fenomeno que segundo A.V.Monxardín:"perxudicou a todos os cidadánso planeta".

Leituga 1 dijo...

Enérxico e claro. Moi ben, Monxardín.
O preocupante é que arestora aínda haxa que explicar cousas como estas.

Anónimo dijo...

FARO DE VIGO. Detenido el cuarto participante de los altercados contra María San Gil El arrestado hoy no pertenece a la organización estudiantil independentista AGIR
EUROPA PRESS
Un cuarto estudiante de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) fue detenido hoy por su participación en los altercados contra la presidenta del PP vasco, María San Gil, según confirmaron a Europa Press fuentes policiales.
El detenido, C.C.P., es alumno de la Facultad de Historia de Santiago y fue arrestado pasadas las 9.00 horas de esta mañana en Porta Faxeira, en la capital gallega. Desde allí, fue trasladado a la Comisaría de Santiago, donde permanece a la espera de pasar a disposición judicial del Juzgado número 1, que instruye la causa.
El arrestado hoy no pertenece a la organización estudiantil independentista AGIR, al igual que el alumno de Ciencias Políticas detenido ayer y a diferencia de los dos arrestados el viernes pasado, Iago Barros Miñones y Sergio Piñeiro, quienes prestaron declaración ante la juez el pasado sábado y también quedaron en libertad con cargos.
El joven es uno de los estudiantes que figuraban en las primeras diligencias de la Policía Nacional y que estaban "pendientes de detención". Este informe policial fue remitido al Juzgado de guardia a raíz de los hechos registrados el martes de la semana pasada en la Facultad de Económicas de Santiago, cuando María San Gil se disponía a pronunciar una conferencia.
Este atestado policial originó que el Juzgado de Instrucción Número 1 de Santiago de Compostela abriese un procedimiento penal contra los cuatro estudiantes identificados y a los que se les imputan delitos de injurias, amenazas, desorden público y atentado.
Según las fuentes policiales consultadas, la investigación permanece abierta y no se descartan nuevas detenciones, a raíz del informe del Decanato de Económicas en el que fueron identificados seis chicos y una chica estudiantes en la Universidade de Santiago que participaron en los incidentes: dos de ellos alumnos de Derecho, dos de Ciencias Políticas, uno de Periodismo, otro de Económicas y otro de Historia. Según AGIR, los dos únicos militantes de esta organización son los detenidos el pasado viernes.

Anónimo dijo...

Enerxico si, pero explicar non explica nada.

marcos valcarcel dijo...

o que algúns queren que explique é que María San Gil (ou quen sexa) non pode falar na Universidade. Por que? Pois, porque non lles dá a gaña a eles...

Anónimo dijo...

Como está o mundo, todo esto ocurre porque ao lumpen lle da por estudar ciencias políticas, dereito, periodismo, economía e historia.

Anónimo dijo...

María San Gil ten o dereito a falar na universidade e os universitarios teñen dereito a protestar porque fale, o que non ten dereito é a presencia na Univsersidade de matóns armados, que segundo algunhas versións comenzaron a empurrar aos universitarios que proclamaban as súas consignas, as que foran.

Anónimo dijo...

Señores defensores dos dereitos democráticos de María San gil, representados no seguinte video polo cabaleiro de escuro con garabata e sombreiro, deixenno, non llesparece?

deixenno señores

Xaime dijo...

Pódese dicir doutra maneira, pero non máis claro. Parabéns, Monxardin.

apicultor dijo...

Eu tamén felicito a Monxardín, xaora.

Anónimo dijo...

Hora de cuadrarse!

Anónimo dijo...

coloco aquí un artigo de Alberte Momán:

VIOLENCIA FÍSICA VIOLENCIA MEDIÁTICA

A estas alturas, resulta un pouco hipócrita, sobre todo da boca daqueles que correron, nalgún momento da súa vida, diante dalgunha forza de 'seguridade' do estado, falar da acción dos rapaces e rapazas de Agir, como doutras formacións políticas, que aló estaban, e que non están integrados nesta organización estudiantil, como un acto de violencia reprochable. A estas alturas sabemos tamén, quen son e como actúan os gardacostas destas 'personalidades'. Sabemos que se trata de autenticos mercenarios, que traballan tamén a prol dunha pugna política, coas armas das que dispoñen. É por isto, que o reprochable do acto do 'independentismo radical', na miña máis humilde opinión, é ter acodido ao lugar sen asumir que unha vez alí, serían continuamente acosados e incitados para obter unha resposta violenta, ou non tanto, que poder utilizar como arma política diante dos medios de comunicación. Son coñecidas as estratexias destes mercenarios, portando todo tipo de pequenas armas coas que golpear sen ser vistos, utilizando todo tipo de violencia verbal para atopar a resposta que procuran, e deste xeito actuar, impunemente, con toda contudencia. O Partido Popular, como representante da dereita máis reaccionaria, posiblemente, de toda a Unión Europea (tan só comparable, probablemente, ao nazismo de Le Pen, en Francia), abandeira a loita contra o terrorismo como argumento político, pero dende a perspectiva da aniquilación dos dereitos fundamentais das nacións que integran o Estado Español, e que poidan poñer en perigo a máxima da una, grande y libre, do imperialismo franquista. Dentro desta premisa, toda acción do nacionalismo antiespañolista vai ser considerada un acto de terrorismo e utilizada para a súa causa. Eis o grande pecado destes rapaces e rapazas, servir de ferramenta política, para criminalizar, neste caso, ao nacionalismo galego.

Anónimo dijo...

¿Dereito a dicir as consignas as que fosen? !Que te mate ETA! por exemplo. É como aquela película na que creo que era James Stewart, non deixa que un do seu banda dispare polas costas aos inimigos. Cando este pregunta as razóns di Stewart: Se non o sabes non cho podo explicar.
Moi ben Monxardin...

arume dos piñeiros dijo...

O que sorprende en todo esto é a sorpresa de moitos porque a dereita aproveite esto para tirar ao nacionalismo e ao que cadre polo camiño. A estas alturas do partido, parece mentira tanta inxenuidade.

Xosé M. González dijo...

Vou disentir un pouquiño: non sei se o mellor para eses rapaces será que lles falen desta maneira. Dubido que sexa o máis didáctico.

E ao respecto, por experiencia, teño unha convicción: se non os expulsan da universidade, moi probablemente dentro de dez anos a súa perspectiva da vida e a política terá cambiado.

Espero disparos de ambos lados; se me fan o favor da súa atención.

Anónimo dijo...

Lease o anonimo anterior o código penal e comprobará como proferir a frase :"Que te mate E.T.A.":.
1) Non é catalogabel como delito de ameazas.
2)No lle otorga a ningún matón o dereito de empurrar ao proferidor de tal frase.

arume dos piñeiros dijo...

Co mesmo ton, un chisco paternalista que ás veces pode funcionar, pregunto: que lles diría vostede? Ou que lles dixeron antes outras persoas para faceren iso? A mín unha das cousas que quizáis non chego a ver con claridade é que se os consideramos ... (póñase o adxectivo que se queira), quen os levou a ese punto? Por que son rapaces os que fan estas cousas? U-los inductores?
Eu coñecín (e coñezo) a varios e falei con eles. E podo decirvos que nalgúns casos o adoutrinamento é de libro. O pai dun deles, amigo meu da infancia e militante acérrimo do Bloque, quedaba abraiado do nivel dese adoutrinamento. Recomendoulle un erasmus e santas pascuas. Pero, en fin: esta é a miña franqueza. Paternalista.

Anónimo dijo...

Tanta aprobación dun artigo tan defectuoso e frouxo di móito do níbel intelectual que pulula por aquí. Será que fan del un emblema, zocho e feo.
Por favor podería escribir alguén alto intelixente defendendo a San Gil?.

outro anónimo dijo...

Nivel -ou nível- é con V, querido anónimo, "É que non hai nivel"...HA,HA,Ha

Anónimo dijo...

Eu ben sei que faría co-istes energúmenos:

1.-Un bo Erasmus pagado por conta dos orzamentos presupostarios (sic) da USC. Destino: Universidade de Karaplastán. Razón: o señor Medela, con cumprimentos.
2.- Dose e meia de chaparretas no cu até que berren "Retráctome" e "Xa son socialdemócrata".
3.- Readoutrinamento e volta ao redil baseado na lectura e subliñado de todos os artigos da magnífica Constitución da que nos dotamos os españois.
4.- Como penitencia, obrigatoriedade de ler cada mañá, co curasán ou as torradas co chiculate con leite, todos os artigos dos constitucionalistas galegos, empezando e acabando polos de Blanco Valdés, "o bo".
5.- Reubica-los interesados na ortografía, ortofonía e fonética autenticamente galegas.

Anónimo dijo...

Equeceu o sexto señor anónimo.

6- Antes de acostarse rezar ante a bandeira española e berrar cara o horizonte: VIVA ESPAÑA.

Anónimo dijo...

Aquí xa non hai ideas, as posicións quedaron claras e que levou o gato a auga tamén. Esta vez foron esquilmados os defensores do facherío representado por San GIl.
Abur

Anónimo dijo...

Eu non sei ond'imos chegar.
Eghpaña se rompe, di a copla e agora algúns xornais de fóra.
Mesmo aos macacos se lles dá por foder en posición misioneiro.
Á "A Mesa" (burros!) saiulle unha "La mesa".
Kosovo, que coma os suevos nos toca os ovos, pois de entrada non, non sexa que logo mañá os collamos nun renuncio (non caerá esa breva!) e tamén nos declaremos independentes unilateralmente.
Nunca Máis (pero sen ese nome) sae agora por parroquias para mallar... nos partidos que apoiaban a Nunca Máis!!!!

O mundo do revés.

Anónimo dijo...

Como ao amigo XMG , todo esto paréceme desproporcionado.
Estas actitudes son deplorables pero tampouco son nada novo e seguirán a existir.

Un dos máis indignados por estes feitos é o profesor Cancio da facultade de económicas.

Na súa páxina web pódense ler cousas como esta:

NO AL TOTALITARISMO, AL FASCISMO DE IZQUIERDA EN LA UNIVERSIDAD Y OTRAS PARTES: INTENTO DE AGRESIÓN A MARIA SAN GIL EN LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO
Estamos ante una grave violación de la integridad física y simbólica de las personas, de derechos fundamentales de los ciudadanos y que, si cabe, el hecho es mas grave al tratarse de la violación del Alma Mater Universitaria, de la Casa del Saber, de la Cultura y de la Critica Rigurosa, de la potencia espiritual que decía Ortega y Gasset. A partir de Ortega y Gasset: La Universidad ha de imponerse como un poder espiritual representando la serenidad frente al frenesí, la seria agudeza frente manipulación, la contaminación, la demagogia y todo tipo de extremismos, fascismos, totalitarismos, fundamentalismos.

...e tamén:

Miguel Cancio...portavoz del movimiento universitario(años 79-81) de los "Pisitos buenos, bonitos y baratitos"-"Movimiento universitario del insigne porco Juan Jacobo Paradox (Doctor Gloriosis Causa), del sapientisimo asno Zenon de Kotapos (Honoris Causa) y de las insignes gallinaceas que bulliciosamente interrumpieron en el paraninfo alborotando el galiñeiro claustral", que tuvo amplia repercusion en Galicia; fundador, junto a Su Serenisima el Principe Galin, de CAGA(CAncio, GAlin) .....

...xa se sabe que o inferno son os demais.

Anónimo dijo...

Deberían formar un club, o club de admiradores de María San Gil. O presidente podería ser Monxardín, quen mellor!.
Rosa Diez demanda outro, pero non sei se ten admiradores por aquí.
E de paso porque non falan con Pio Moa, agredido tamén, quizais se entendan e emprendan o revisionismo aquí.

Xosé M. González dijo...

Non alcanzo a entender, Arume, se me chamou paternalista. No seu caso, non me molestaría; non hai tanto tempo que un era fundamentalmente fillo, agora xa empeza a considerar estas cousas desde a perspectiva de pai.

Eu non censuro a Monxardín por ter escrito consonte a que debe ser inclinación. Parte polo visto da base -calorosamente apoiada polos habituais aquí- de que procede a censura acre e totalmente distanciada; se non é tal, sexa eu desculpado, é o que para min aparenta.

E en efecto, son rapaces. E en efecto, os rapaces por definición son aleccionados. E quen entende que unha lección dada a rapaces non é adecuada, pode tentar outra didáctica ou censurar acremente; ao mellor como premisa, iso si, de didáctica posterior ao -desculpen- cauterio.

Eu xa escribín sobre o caso, doutra maneira que non entra a cualificar suxeitos, pero si comportamentos; non o digo buscando adhesión, só puntualizo que algo xa dixen. É unha boa pregunta a de que lle diría a un fillo meu de verme no caso; boa para reflectir. Podo conxecturar, de momento, que pensando máis na súa educación ca no meu desafogo non me dirixiría a el/a como capitidiminuído nin ungulado; non falaría de pitos e abouxos totalitarios sen aclarar que non refiro ao dereito de opoñerse en espazo público.

Na Galicia mediática, na España mediática que nos chega, sobra quen se exprese así; falta probablemente moito quen ensaie a mediación ou tente pedagoxía. Igual a palabra mediación provoca repulsa semellante á da morneza vitimaria. Igual á columna xornalística só lle cabe o cauterio, pero a min ségueme faltando o outro. Paternalista?: non a disgusto, e ría quen quixer.

Anónimo dijo...

Agresión a Pio Moa

Pio Moa

Anónimo dijo...

Agresión menos publicitada polos medios.

agresión

Anónimo dijo...

Os anos non perdoan.

Isto xa non é un blog, isto é unha trincheira de vellas glorias disparando ao tolo contra todo o que se move.

Que boiños que son o Monxardín e os seus amigos. Nin que nunca romperan un prato. E quéixanse dos berros dos demais, cando o artigo do Monxardín non é mais que un berro salvaxe contra o sentido común.

Pobriños, ao que chegaron.

Anónimo dijo...

É lamentabel o cariz que tomou o Blog presumindo inociencia nos matóns de María San GIl e sumándose ao coro mediático españolista de criminalización dos rapaces.
Cabía esperar mais imparcialidade, que fixeran gala dese relativismo do que tanto se pavonean, que fosen mais analíticos e non se pregasen tan acritícamente coa versión oficiosa do medios e do PP.

Anónimo dijo...

Son como bispos.

AV-MF dijo...

Socialdemócrata filonórdico e galeguista universalista, se vostedes mo permiten, creo que non se debe caer nunha democrácia inxenua que garde equidistancias entre a persoa que quere falar e os bípedos -galegos, cataláns ou de medrí, ungulados ou non, que en todos os lados cocen ideas en auga de farelos- que tratan de impedir a máxima expresión da liberdade que é a pura palabra. Se os que queren falar e contar as súas experiencias e facer púbicas as súas ideas, son ademais persoas que sufriron atentados fascistas nas súas carnes ou nas dos seus amigos, como Rosa Díez ou a San Gil, e aínda que un non comparta as súas posturas políticas pulcramente expresadas dentro dos marcos da lei e a opinión e nunca da violencia, non vexo eu quen pode chegar a pensar que ten dereito a impedir esa palabra. Só, evidetemente, un totalitario. E os tempos da ditadura xa pasaron.
Equidistancia, nunca.
Como son vostedes varios, van estas consideracións "a eito". Sen personalizar.

apicultor dijo...

O que é lamentable é que haxa algúns que se escandalicen -e anatemicen- de que Monxardín expoña libremente a súa opinión.

Que digan a continuación que os que non "comprenden" a eses pobres rapaces descarriados (velaí o discurso paternalista) son siareiros da San Gil era algo previsible, porque a pueril demagoxia adoita acompañar tales escandaleiras e tales anatemas.

Pois non, señores. Eu -e creo que tampouco ningún outro- non lles son devoto da San Gil nin do PP, nin tampouco presumo inocencia -ou culpabilidade- de ningún escolta, nin me sumo a ningún coro mediático. Iso son babecadas de quen non é capaz de discernir.

Resulta incríble -incríble non, predicible si- a súa dobre vara de medir. Censuran e criminalizan a Monxardín por dar a súa opinión e, en troques, desculpan as accións deses "rapaces". Ou sexa, os que van buscar o enfrontamento e impedir que outros falen son uns pobres coitadiños, e os que opinan que facer iso non é de recibo son do peor.

Anónimo dijo...

A realidade é teimuda e o tempo, se cadra, acabará demostrándolle que é vostede un autoritario.Pero seguirá considerándose socialdemócrata(faltalle cultura para esto), filonórdico (adoece de frialdade analítica) e por suposto galeguista (dun galeguismo que aplaude a España).

apicultor dijo...

Seguindo a senda paternalista, hai por aquí algún "cura laico" que se preste a falar con tales ovellas descarriadas para facerlles ver que éstá moi feo iso que fixeron? Dito noutro plan: que lles fagan comprender que o inferno está empedrado de "boas intencións"?

Propoño que se cree unha comisión ad hoc

.

AVMF dijo...

...o dereito de opoñerse en espazo público...

...falta probablemente moito quen ensaie a mediación ou tente pedagoxía...

Meu estimado e admirado Xosé M. González.

Déixolle a vostede esa función pedagóxica, a benaventuranza de orientar ao desorientado e de ensinar ao que non sabe.Eu xa intento cos meus máis próximos pero non teño vocación redentorista. Pero non confundamos. O dereito a oporse en espazo público existe en tanto outro poda facer uso da súa liberdade para expor as súas ideas, pero non abouxar, etc.
Hai pouco, uns meses, cando veu a Santiago o Shlomo Ben Ami, o ex-embaixador israelí en Madrid e un dos tipos máis enteirados do mundo da cuestión de oriente medio, visualizáronse dous tipos de oposición. Unha a destes "rapaces", -os mesmiños- que trataron de boicotear o acto e agardaron á saída buscando o enfrontamento, e outra, a de Camilo Nogueira e outros que expuxeron as súas obxeccións ao discurso de Ben Ami, nun diálogo de xordos, tenso e civilizado.
Os que intentaron boicotear aquel acto e este, non estaban "exercendo ningún dereito a oporse en espazo público". Estaban facendo outra cousa. Exactamente iso qeu vostede pensa que eu penso.

apicultor dijo...

A realidade xa amosa que quen non ten nin o máis mínimo valor de ser capaz de identificarse cun nick non ten credibilidade ningunha. Que cando menos é un covardiño que tira a pedra e agocha a man desde o máis infantil anonimato. Penoso.

Xosé M. González dijo...

O concepto redimir foi amplamente usado polo progresismo decimonónico, ese mesmo que ao tempo alegaba, como mínimo, anticlericalismo. Eu acollinme ao termo didáctico, pero tampouco non me molesta aquel; posiblemente a función docente debería incluír algo semellante, paralela á transmisión de coñecemento e habelencias técnicas.

Non se me enfaden por favor, sobre todo Monxardín, polo que evoco a continuación; no seu día, co estilo inimitable e defendendo proxectos de reforma legal, José María Aznar dixo: "Aunque tenga dieciséis años [ou eran 14, ou 12?], un terrorista es un terrorista".

Apoñíaselle desde enfronte (sempre considerei o PSOE incluído, ao respecto, neste) que en tales idades é preferente a pedagoxía á represión; por fortuna, os herdeiros de Aznar perderon a seguinte elección.

Xaora, non comparo a ningún presente con Aznar. Só deploro a aparente falta de intención educativa, dando por sentado que neste caso só procede que todos amosen os dentes, sen considerar a posibilidade de combater unha lección con outra.

Non pretendo que sexa fácil, nin que vaia producir satisfacción inmediata; digo que merece a pena a discusión democrática. Digo tamén que o apupo en espazo público -sexa agradable ou non de ver- é lexítimo, e lesionar a liberdade de expresión do adversario intolerable; chámese San Gil o incluso inimigo, ou de calquera outra maneira. Todo isto xa o deixei dito.

Cando nos pase o enfado -ou a calor- seguiranos convindo a educación. Pola contra eu, ao mellor, xa non serei tan paternal.

apicultor dijo...

Esas ovellas descarriadas non son menores de idade. Polo tanto, non vale a analoxía aznariá.

Por outra banda, coido que ninguén dos presentes avogou por penas de cárcere ou semellantes.

Xosé M. González dijo...

Faltoume por incluír, en efecto, o matiz da maioría de idade. Ora que eu considero que un universitario -de entre dezaoito e vinte e tres anos- segue a ser un educando.

E, Apicultor, hai quen está pedindo iso xustamente, cárcere ou algo semellante. Por iso, entre outras cousas, eu boto de falta outro discurso.

Teñan boa noite.

Anónimo dijo...

Co Monxardín, o Cancio e o Apicultor de contertulios do Losantos, a COPE gañaría en pureza e en finura intelectuá.

Hai que movilizarse para que a cadea dos bispos os fiche XA!

Señoras y señores, si quieren tener unha experiencia religiosa digna de figurar en el libro de las maravillas de Cristo, no se pierdan la tertulia de los "filonórdicos". Aquí, en la COPE, en las mismas entrañas del cielito lindo de los hombres buenos y justos.

apicultor dijo...

Xa chegou o troll residente na cidade condal. Que pesadiño é!

apicultor dijo...

Mais, ben mirado... está ben que haxa un troll. En todas as aldeas ten que haber o tonto del pueblo para botar unhas risas condescendentes.

AVMF dijo...

Finura argumentativa a do último anónimo. De nibel.

Padre Leituga 1 dijo...

Hai una máxima ética, de carácter universal, da que sempre é adecuado botar man para saír non totalmente enfastiados destes mareos de perdiz. É aquela que di: "Non lle fagas aos demais o que non che gustaría que che fixeran a ti".

A partir de tan proverbial e antiga sabiduría, propoño o seguinte exercicio práctico:

Imaxínense que non é María San Gil, nin Dolors Nadal, nin Rosa Díez quen van impartir unha conferencia-mitin en Económicas, senón Xosé Manuel Beiras, Carod Rovira ou o lehendakari Ibarretxe.

Imaxínense, así mesmo, que os capitidiminuídos de guardia non profiren berros a favor da independencia de Galicia, nin contra o fascismo nin contra o españolismo, senón contra a presencia dos nacionalismos separatistas na Universidade, a favor da España "una y no ciencuentayuna", contra Cataluña e os cataláns, contra o "terrorista" Ibarretxe.

Imaxínense tamén que os energúmenos, unha vez identificados, resultan ser membros non de AGIR nin de BRIGA, senón dos Guerrilleros de Cristo Rey e das Juventudes Falangistas.

Imaxínense, por último, o que estaría escribindo sobre este asunto cada un de vostedes.

Amieira dijo...

Son Dayan e Barak terroristas ou patriotas? Sr. Leituga. Responda, por favor.
É difrente Kosovo de Euskal Herria ou Galiza.
os que se rebelaron o 2 de maio en España contra os franceses que eran?.

Amieira dijo...

Sr. Monxardín, o mellor Artigo que lin na miña vida!!!!!!?

Xeremias dijo...

Señor Leituga, aplicando a súa tese neste caso concreto, a súa defendida María San Gil, debe de considerar xusto o abucheo de que foi obxecto porque ela mesma participou no abucheo a Josu Jon Imaz, no que houbo empurróns.
Non pode desexar que non se lle faga o mesmo que ela fixo.
Xa está ven de doble vara. O imperativos categórico, do que a exposición que fai o señor Leituga é unha vulgarización, ten importantes aspectos que apuntan a unha traslación de máximas da étic a política, que eu estaría encantado de debater, pero agora teño que irme de viaxe, o xoves pola noite estarei en disposición de debater se lles parece.

Xaime dijo...

Tamén e para que conste, renego dos que non deixaron a Rosa Díez expresarse na Universidade de Madrid.
A min pouco me importa que sexan independentistas galegos, cataláns, ou radicais de esquerdas, son todos unhos energúmenos, os que non respetan a liberdade dos demais a expresarse e manifestar en público a súa opinión.
Sr. Apicultor, nin se inmute, xa sabe que non ofende quen quere si non quen pode.

marcel swann dijo...

Espero que o moderador quite o comentario insultante do anónimo precedente. Sr anónimo: asoséguese.

Eu penso que este tema xa deu todo de si. Todos aquí estamos en contra da violencia verbal e física, e penso tamén que coincidiremos en que determinado prensa explotou este tema pro domo súa. Eu póidolles dicir que estou farto de que me pregunten (estou fóra de Galicia) se foi xente do BNG a implicada nas ameazas a San Gil.

A atención dos participantes no foro debía centrarse nas repercusións que van ter estas elecións para Galicia. Hai uns días tivemos unha manifestación de "Nunca Máis" (aínda que sen aparecer con ese nome) e sería bo discutir sobre o que está a pasar. Cren vostedes que están vendendo Galicia barata? Hai outras alternativas? Que pasará con Galicia se quen goberna é o PSOE cunha coalición de nacionalistas? E se o PP é quen goberna con CIU?

Pídolle a Marcos de Auria que abra fíos sobre estes temas.

marcos valcarcel dijo...

Eliminado o comentario anónimo insultante e inxurioso contra Xaime.
Para M. Swan: o fío de debate sobre a manifestación do domingo xa está publicado máis abaixo: se non se participou máis, será porque a xente non quixo, digo eu.

Anónimo dijo...

O Anonimo do post insultante, acepta de bó grado a supresión do comentario, Marxos simplemente adiantouse a miña autocensura. Creo con Marcel Swan que o tema quedou esgotado, suficientemente explanado e posicionado.
Ou hai aportacións novedosas ou seria mellor deixalo.

marcos valcarcel dijo...

Por min de acordo. Novos argumentos, novas interpretacións, si. Insultos e inxurias, non.

Anónimo dijo...

Fagamos entón un esforzo de xustiza e admitamos que energúmeno é tamén un insulto. E como pareceme que o que quedou meridianamente claro, é que as cousas son mais complexas que a simpleza que nos poida ofrecer calquera anteolleira ideolóxica, paréceme que o consecuente sería retirar ese insulto, so pena de que de non ser así quede tamén aplicada ao envés e se sinale coa mesma lexitimidade de energúmenos aos que insultan con ese termo.

Un pouco de realtivismo, de frio análise, de distancia dos feitos, para todos, e retiremos os insultos por ambas bandas.

Anónimo dijo...

O titular de Marcos Valcarcel, foi insultante. O artigo e monxardín contén insultos. Dúas varas de medir non, por favor, xa cansa, e ademais perdería lexitimidade intelectual este blog, cadrado definitivamente co facherio españolista.

Anónimo dijo...

Respecto as identificacions das intervencións, teñan presente que nun foro internáutico deste formato, ninguén está obrigado a intervir cun nick, polo que esas apelacións a ilexitimidade do animato, dos anonimatos, están fora de lugar. Se non están satisfeitos cos resultados deste formato, abran vostede outro no que se esixa un rexistro previo, é outra posibilidade, e quizais interesante.

Jim Morrison dijo...

É inútil discutir co estes señores, e eles sábeno. Por iso, porque saben que nunha discusión aberta quedarían descalificados, o único que fan é entonar o mantra consignista. Déixémolo así.

Anónimo dijo...

Creo que lle corresponde ao administrador do blog, relativizar o seu insulto de Energúmenos, para salvar a imparcialidade e o bó senso do blog.

arume dos piñeiros dijo...

Tamén no editorial de hoxe de EL PAíS
María, Dolors, Rosa
Ayer fue Rosa Díez, el día anterior Dolors Nadal y hace una semana María San Gil: tres mujeres, candidatas las tres para las legislativas de marzo; y en las tres ocasiones, en recintos universitarios. ¿Qué está pasando para que en Santiago, en Barcelona, en Madrid, unos energúmenos elijan como forma de hacerse notar el intento de agresión a personas que han sido invitadas a explicar su programa o exponer sus ideas ante los estudiantes?

La noticia en otros webs
webs en español
en otros idiomas
Cuando el sectarismo se junta con la ignorancia el resultado es el esperpento. Los que trataban de impedir que María San Gil expusiera sus ideas llevaban una pancarta en la que protestaban contra la "ilegalización de ideas". Los que en la Pompeu Fabra de Barcelona boicotearon la conferencia que iba a pronunciar Dolors Nadal gritaban "fora feixistes de la universitat", ignorando que estaban imitando a los Guerrilleros de Cristo Rey y otros grupos genuinamente fascistas que quemaban librerías y reventaban conferencias en los años postreros del franquismo. En fin, a Rosa Díez, que lleva un cuarto de siglo bajo la amenaza de ETA, le preguntaron ayer a gritos quiénes son aquí los verdaderos "terroristas".

Un efecto de esa intimidación es dejar de invitar a según quiénes. Por eso, minimizar el acoso con el argumento de que sus protagonistas son pocos es una forma de desentenderse del problema. Por supuesto que son pocos, pero su pretensión de actuar en nombre de una patria o de una causa obliga a los partidos democráticos que se identifican con esas patrias y esas causas no sólo a condenar sin matices las agresiones, sino a defender a los agredidos: a decir claramente que no les consideran fascistas, ni enemigos de Cataluña, ni neofranquistas, ni asesinos.

No puede haber democracia sin reconocimiento del adversario como demócrata. Los intentos de boicotear mítines electorales del PP en las autonómicas catalanas de 2006, los zarandeos e insultos compartidos por el entonces ministro Bono y la entonces eurodiputada socialista Rosa Díez en una manifestación por la unidad en defensa de las víctimas de ETA, son, entre otros muchos del mismo carácter, comportamientos infames. También lo es anegar la condena reglamentaria en un mar de considerandos de los que se deduce que, en el fondo, los agredidos se lo merecían.

arume dos piñeiros dijo...

De todas formas, un blog nunca pode ser imparcial. Pode ter bó sentido, pero imparcial por definición non pode nunca ser.

Anónimo dijo...

este blog é unha mostra de respecto democrático e bos costumes, si señor

Anónimo dijo...

e de pensamento plano, engadiría eu, sr. anónimo

Xosé M. González dijo...

No ano 1973, formei parte dun piquete que impediu a entrada a un exame na porta exterior da Praza da Universidade; actual Facultade de Historia, daquela Filosofía e Letras. A proba era de Literatura Española (catedrático Moreno Báez), no piquete nunca debemos estar máis de vinte e os examinandos enchían a praza; motivo do boicot: determinadas demandas que Moreno non quería satisfacer; xustificación del: decisión dunha asemblea ultraminoritaria, na que eu nin sequera estivera, da que se arrincou o non despois de varias abteriores -algo máis numerosas- nas que se decidira examinármonos.

Algo por probable indecisión, algo por outros motivos, os compañeiros soportaron a situación con paciencia, perderon o exame e nin sequera un deles me retirou a palabra. A min, que mesmo paseara por diante da porta cun casco de botella de auga, previamente baleirada, nun aceno algo chulesco baseado en parte sobre inseguridade.

Se algún que le isto estaba alí en fronte, prego reciba a miña desculpa trinta e cinco anos despois. Se ten a ben aceptala, saiba que nunca perdín noción de por que fixera aquilo -razóns obxectivas de protesta e presión, penso, non faltaban-, pero se non ao cabo de dez, ao cabo de vinte anos non sentía particular orgullo polo que fixera; a todas luces, cometemos un abuso.

Se podo facer que outro tarde menos en reflectir sobre dereito e abuso, oposición política e límites, heino facer. Non desde perspectiva paternal que poida resultar molesta; como mínimo, esa sería a intención.

Xosé M. González dijo...

Non sei se alguén que lea isto, ou estea a escribir, estivo nos acontecementos de Económicas. Saiba, se así, que desde o meu punto de vista poden protestar contra María San Gil como expoñente político adversario ou mesmo hostil; pero o sistema democrático non pode permitir que impidan a súa intervención nun recinto, aínda que sexa universitario, ao que accede aquel que o desexa.

Nin o sistema democrático nin un mínimo respecto humano pode permitir que un grupo de manifestantes se bote enriba dun cortexo, en forma tal que os participantes nel se sintan fisicamente ameazados; aínda que non fose tal a intención -vdes. saberán- é inevitable que aqueles se defendan, e que para iso realicen canta operación lles sexa necesaria, con competencia profesional se é que a posúen.

Pensen por un momento, se poden, que máis alá da razón histórica ou política autoadmitida, o sistema réxese con base en regras obxectivas, e a súa acción (sexa acción-acción ou acción-reacción) contivo elementos de violencia física e verbal inadmisibles, que por outra banda deixan en evidencia ou poñen en seria dúbida o carácter da súa intención. E resulta inevitable concibir algunha simpatía, aínda que non a houbese previamente, en favor dunha María San Gil que nin os chamou a vdes. nin obrigaba a ninguén a acudir ao seu acto.

Son vdes. os peores propagandistas de si mesmos, por ende. Á marxe do seu perfil ou comportamento académico habitual.

Espero que, como mínimo, poidan ler esta argumentación deica o remate. E, eventualmente, formular algunha resposta que tentarei ler antes da noite.

P.D.: Beiras xa foi abouxado algunha vez; por exemplo, en Malpica xa hai ben anos. Gustárame pouco aquilo -por identificación política- pero nunca se me ocorreu que debese ser prohibido. Recoñezo que non era exactamente o mesmo; pero tamén é certo que nunca é.

marcos valcarcel dijo...

Suscribo por completo esta última mensaxe de Xosé M. González.
E, na súa defensa e pola mensaxe anterior del mesmo, engado que non é o mesmo unha actuación deste tipo nunha dictadura (tal cousa era España en 1973) que nun sistema democrático.
No que existen outras formas de expresión, mesmo moi potentes e moito máis útiles que o ocorrido en Económicas.

marcos valcarcel dijo...

Este blog nunca pretendeu ser imparcial: nin eu nin os amigos que por aquí andan somos tan inxenuos.
Tampouco é de pensamento plano e iso é evidente: levamos máis de 320comentarios en tres fíos (Energúmenos, Nota aclaratoria, Ungulados...), mantendo este debate e con moitos comentarios críticos á miña posición, p.ex.: iso é pensamento plano?
Por todo iso non vou retirar o que xa saiu publicado en prensa (o cualificativo "Energúmenos"): se a alguén lle sentou demasiado mal, pode se quere quitarlle o sentido persoal da expresión e manterlle só o significado político. É unha opción.

marcel swann dijo...

Honra a Xosé M. González recoñecer que nun momento no pasado se comportou coma un energúmeno.

Outros, que actuaron como energúmenos elevados á enésima potencia berrando "que te mate ETA", espero que se dean conta do que fixeron.

Cambiemos o disco, por favor. Conten, vostedes que están por aí, que podemos esperar os galegos destas elecións.

arume dos piñeiros dijo...

De mín, xaora, pouco. Eu non votarei ao PP. Pero non sei se será suficiente.

marcos valcarcel dijo...

Pois eu tampouco votarei ó PP. Nunca o fixen antes e, polo camiño que levan, vai tardar en producirse tal cousa, se algún día sucede.
Tamén teño moi claro que votarei: non creo que estean os tempos para tirar o voto. Non quero a S.Dragó e a Esperanza Aguirre de ministros: aínda que, ó mellor, ata era divertido...

apicultor dijo...

Aplaudo e comparto a última intervención de Saavedra, mostra inequívoca de auténtico espírito democrático.

XDC dijo...

Eu non séi por quén vou votar. Como eu non miro pra Madrid, senón praos elementos que van nas listas de Ourense...

Galiza Nova dijo...

Dous cargos de Galiza Nova critican, a título persoal, a “caza de bruxas” que está tendo lugar contra asociacións estudantís e socias logo do altercado na Facultade de Económicas durante unha conferencia de María San Gil…

Diante dos factos represivos derivados da concentración fronte á charla de María San Gil, a pasada Martes 12 de febreiro:

Rexeitamos o cuestionamento da protesta como medio lexítimo dos movementos, fóra e dentro da universidade, expresar ideas e visibilizar os conflitos.

Condenamos, igualmente, a manipulación e intoxicación que hexemonizou a presenza dos feitos nos medios, cunha clara focaxe electoralista e criminalizadora dos movimentos.

Condenamos unha actuación policial e xudicial esaxerada, puramente espectacular e guiada pola oligarquía dos mass-media.

Esiximos a inmediata posta en liberdade dos detidos e o freno á caza de bruxas (no xudicial e académico) contra organizacións e activistas da que estamos a ser testemuñas.

Asinan (a título individual)

Xoán Rodríguez Sampedro, responsábel comarcal de Galiza Nova en Compostela

Ignacio Lugilde Santos, responsábel local de Galiza Nova en Santiago de Compostela

Anónimo dijo...

Plano, moi plano, mira que non coller a ironía do Xaime.
Dan de sí o que dan, que é ben pouco, moita fachenda e pouca intelixncia.

Xaime dijo...

Eu, por ganas, podería votalle o PP, e ademáis paréceme que o 50% do que defenden, sobor de todo no tema económico e o discurso liberal que algúns membros non destacados manteñen poderían o final convencerme, pero hai temas como a lingua e o tratamento territorial que me alonxa deles.
E como o meu partido non se presenta votarei o BNG o Congreso, como xa lle dixen a súa cabeza de lista, Paz Abraira.
Deixo para outro día menos "movido" os motivos polos que non votarei o PSOE.

Anónimo dijo...

¿Reforma Social Española de Cantarero del Castillo preséntase?
Desde logo un nome tan eufónico como o do lider daquela formación foi unha magoa que desaparecese...

Xaime dijo...

Ise home de apelido tan eufónico ten un fillo que entrenou o Lugo en Segunda B, e sabe un pouco de fútbol, por aquelo do que dícia Swann de cambiar de disco.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Cando non teño claro o voto, miña nai sempre di que vote por ela. Non me compra o voto, pero fai chantaxe emocional, remontándose aos primeiros sindicalistas do SOMA (Manuel Llaneza) e á súa familia íntegra de socialistas (sen ovellas descarriadas).

apicultor dijo...

Di un Anónimo: "ninguén está obrigado a intervir cun nick".

Contestación:

Home, pois claro que non hai unha lei que obrige a poñerse un nick, trátase de algo voluntario.

Ora ben, se un quere discutir cun mínimo de seriedade -e non andar de carallada- o lóxico e normal é que todo o mundo poida ser identificado para poder interpelarse uns aos outros cun mínimo de sentido.

Desde logo que non se trata de impoñer -canto lle gustan a algúns esta palabra!- ningún rexistro previo. Pero todo o mundo concordará en que é imposible debatir con proveito se non sabemos a quen dirixirnos.

Os anónimos xogan con vantaxe (isto é, son vantaxistas), pois poden multiplicarse por moitos e só crean confusión. Por iso non está en absoluto fóra de lugar referirse á "ilexitimidade do animato". Trátase dun feito obxectivo.

Por ese motivo é polo que se lles pide -e non se lles esixe- que actúen doutro xeito, que se identifiquen cun nick. É moi doado de facer e non se descubre ningunha identidade persoal. Agora ben, non se obriga a ninguén, trátase dunha suxestión razoable e razoada.

Pero negándose a facelo só amosan espúreas intencións, unha negativa ao debate racional e contrastado, unha inseguridade conxénita verbo das propias ideas, un medo atávico e infantil a ser retrucado con argumentos e datos.

Todo o cal, ademais de ser un auténtico coñazo, impide que poidan ser considerados seriamente e tratados coa debida atención.

Se lles vai máis a carallada e a confusión -o puro ruído, en definitiva-, logo que non veñan chorando como nenos pequenos se algunha vez reciben unha couce dialéctica en plena jeta.

Leituga 1 dijo...

Sen que sirva de precedente (XD) califico cun "10" a intervención do señor González, tamén coñecido como Saavedra.

Anónimo dijo...

Que contento estará Saavedra co 10 e logrouno con traballo, estivo a punto de disentir un pouquiño, como bó galeguiño, pero ao final cuádrase ante os seus profesores. Felicidades.

arume dos piñeiros dijo...

Mentres o amigo Leituga 1 visitaba Travesas, no Centro Cultural Caixanova, unha nova reunión de Galicia bilingüe. Estes son os comentarios á noticia no Faro de Vigo.
Tamén hai un video do que aconteceu dentro cando un par de rapazas ergueron uns cartaces e berraron contra o acto.

Jim Morrison dijo...

Imaxino que os do partido de Rosa Diaz, de Cidadáns e de GB deben de estar encantados con que algúns nacionalistas intenten boicotear os seus actos. É xustamente o tipo de resposta que necesitaban para culpabilizar ao nacionalismo como tal e así xustificar a súa propia necesidade e existencia.

apicultor dijo...

Sempre houbo, e haberá, tontos útiles que lle dean bazas á dereita, amigo Jim. Velaí a función real deses sectores. Eles, claro, pensan que fan outra cousa.

Anónimo dijo...

brillantes, sres. morrison e apicultor, sinxelamente brillantes

Anónimo dijo...

É posibel que as actuacións destes rapaces sexan moi rentuadas por eses partidos, e incluso que as percurasen, como no caso de San Gil, pero de aí ao linchamento mediatico con tantos colaboradores hai un traxecto señores. Unha cousa é valorar a súa actuación, dende diferentes puntos, un dos cales salientan vostedes agora, e outra chamarlles energúmenos e cadrarse coa versión mais reaccionaria.

Anónimo dijo...

¡Fíjate tú, oye!

Mira que si serán malos que llamaron energúmenos a estos pobres chicos, tan idealistas ellos.

XDDDDDDDD

Anónimo dijo...

Ellos tan majos, capitivacuos pero a la moda demodé, siempre tan elegantes, corteses y respetuosos con el poder.

DXXXXXX

Anónimo dijo...

empezo a estar ata os güevos dos anónimos.
Un de Lugo que non é Saavedra.

Anónimo dijo...

O Saavedra ainda non seu enterou que o Leituga lle toma o pelo.

Anónimo dijo...

Proliferan os ungulados, en Vigo rebrotaron, pero non se preocupen, esto é só unha revolta.
O monarquico Monxardin pode estar tranquilo.

Xosé M. González dijo...

Algunha idea?

Anónimo dijo...

Na miña vida pensei que chegarían tempos de ver aos enemigos máis radicais do galego xogando ao victimismo, disfrazados co pelexo do año e intentando erguer unha patética argumentación sobre os irrenunciabeis dereitos das familias e das persoas a escoller a lingua que desexen. Agora se lembran..!
Aínda que algúns sectores do PP apoien timidamente as súas iniciativas, por ver de recoller algún voto máis, témome que os seus intentos de crear guetos linguísticos están condenados ao fracaso.
Ningún partido en Galicia poderá ,seriamente, asumir esas posicións. Correrían demasiados riscos.
Témome que sexa un fenomeno focalizado nas grandes cidades e en nucleos de poboación moi concretos. Refractarios ás mudanzas ; xubilados , profesores que non asumen o esforzo de cambiar de idioma por un imperativo legal, funcionarios afeitos a unha rutina laboral, etc. e por suposto , a dereita españolista máis radical.
Pero, alguén póde imaxinar aos políticos do PP de pequenos e medianos concellos, que desenvolven toda a súa vida familiar e pública en galego asumindo semellantes posicións ?. calquer imposición polo partido destas consignas traeríalle consecuencias moi negativas.
Dos outros partidos xa nin hai que falar.
Polo tanto penso que é un globo que se desinflará pasadas as elección ( sobre todo se gana a esquerda).
Non quero ofender a ninguén , pero ...ladrán logo cabalgamos...

AVMF dijo...

O bilingüismo é unha paletada.
O multilingüísmo a única opción do s.XXI. Argumentemos contra Galicia Bilingüe por pobre e escasa.
Sexamos como o 7% do cidadáns da Unión que falan 4 linguas... desde a fidelidade á da identidade do seu lugar. Galego, castelán, portugués e inglés... cando menos.
Como estou de acordo co último anónimo, non lles deamos tanta publicidade gratuíta e útil aos de GB.
Monarquico, priscilianista e de despotismo ilustrado, claro.

Anónimo dijo...

O multilinguismo é outra paletada, uha saida falsa e sen contido, que obvia enfrentarse a raiz do problema, a do galego como lingua oficial. E o de despotismo non o dúbido pero o de ilustrado si, con todos os meus respetos.

Leituga 1 dijo...

Paréceme que minimizar, desprezar ou disfrazar de "facha" o fenómeno de "Galicia bilingüe" é unha equivocación.

Anónimo dijo...

http://oportodosescravos.blogspot.com/2008/02/de-formacins.html#comments

Anónimo dijo...

O fenómeno Galicia bilingue é un fenomeno españolista e involucionsista.
O artigo do señor Monxardín si que é facha.

apicultor dijo...

Vostede si que é un "fenómeno fachendoso", señor troll.

Anónimo dijo...

Trolls, energúmenos capitidiminuidos, ungulados, violadores de turno...nada mais señores?

apicultor dijo...

No seu caso concreto, eu diría máis ben que tirando a necio.

anónimo oito dijo...

Faloume pola boca, o anónimo das doce cincoenta e nove. Verissimo !

Anónimo dijo...

Trolls,energúmenos,capitidiminuidos, ungulados, violadores de turno, necios...nada máis señores?

marcos valcarcel dijo...

Queridos amigos/as:
Temos un ANÓNIMO, o último que escribiu, que non ten máis que facer que estar nun ordenador pegando repetida, varias veces, a última mensaxe que aí teñen. Pasaremos del, pois: que se quede contento.
Obviamente, iso xa non obedece a un intento de debater nin participar neste faladoiro, senón a un desexo nidio de boicotear o noso foro, tarefa moi específica dun TROLL.
Pola miña banda, pasarei de responderlle e de establecer calquera diálogo con el.

apicultor dijo...

Ten razón e seguirei a súa recomendación: pasarei del. Aínda que teño que recoñecer a miña inclinación a xogar ao pim-pam-pum cos trolls.

Definición dijo...

Um troll , ou trasgo em português, na gíria informática, designa uma pessoa cujo comportamento tende sistematicamente a enfurecer ou provocar as pessoas numa discussão. O termo surgiu na Usenet, derivado da expressão trolling for suckers (lançando a isca para os trouxas), identificado e atribuído ao(s) causador(es) das sistemáticas flamewars.

Filosoficamente, o comportamento do troll pode ser encarado como um teste de ruptura da etiqueta, uma mais-valia das sociedades civilizadas. Perante as provocações insistentes, as vítimas podem (ou não) perder a conduta civilizada e envolver-se em agressões pessoais.

Anónimo dijo...

Pois eu non vexo repetida ningunha mensaxe?

O'Rangán dijo...

¿Me puede alguien traducir "lançando a isca para os trouxas"... mi gallego no da para más. Es de aldea. O es protugues?

Anónimo dijo...

Esto xa perdeu o tino. Agora por favor, unha reflexión final.

Troll dijo...

Sempre caro mi fu quest`ermo colle,
E questa siepe, che da tanta parte
Dell`ultimo orizzonte il guardo esclude.
Ma sedendo e mirando, interminati
Spazi di lá da quella, e sovrumani
Silenzi, e profondissima quiete
Io nel pensier mi fingo;ove per poco
Il Cor non si spaura. E come il vento
Idi stormir tra queste piante, io quello
Infinito silenzio a questa voce
Vo comparando: e mi sovvien l`eterno,
E le morte stagioni, e la presente
E viva, e il suon di lei. Cosi tra questa
Immensità s`annega il pensier mio:
E il naufragar m`è dolce in questo mare.

Xosé M. González dijo...

O Monxardín será o que sexa (facha non parece, xaora), pero o último que dixo neste fío xa hai tempo que parece o máis intelixente, se pensamos en futuro. Desde a fidelidade á lingua de orixe, o galego, claro.

NacionalistaDexenerado dijo...

Amo aos trolls.

Un dijo...

Non me parece serio, é unha declaración simplista, unha arroutada para sair do paso, para non encarar o problema. Se a vostede lle parece axeitada, celebreo.

apicultor dijo...

Daquela, xa que outros "non encaran o problema", estaría ben que o encarase vostede. Anímese, pois.

Anónimo dijo...

Non creo que sexa este o lugar de enchelo cunha conferencia, pero se ten interés, coméntelle ao seu lider Marcos Valcarcel, que dirixe a sección de cultura do Ateneo de Ourense, da conveniencia de organizar unhas conferencias sobre o tema, xa me encargarei eu de aparecer.

Un dijo...

O post anterior é autoría miña

apicultor dijo...

Xa, home, xa.

Unha vez máis se confirma que unha cousa é predicar e outra dar trigo.

marcos valcarcel dijo...

O Anónimo UN en calquera caso está mal informado: nada teño que ver hoxe co Ateneo de Ourense, si co Liceo.
Para calquera suxerencia, o meu correo privado está no perfil do blog.

Un dijo...

O meu trigo deixe que o reparta eu como mellor me pareza, vostede encárquese do seu que polo que comprobo non sae da sabiduría de refrán.

apicultor dijo...

Vostede nin a iso chega. Pobre, debe pasar unha fame con tanta falta de trigo...

Xosé M. González dijo...

Unha expresión coma Encarar o problema paréceme bo título; se debaixo deste non aparece máis corpo, cúmprese malfadadamente a sospeita previa de que me ía aburrir.

A falta dalgún comentario que dea pé a intercambio, vou dicir un par de cousas; na súa brevidade, aspirarán a explicar postura, dificilmente a convencer.

O idioma galego é ó propio deste país. Eu considero un ben obxectivo -individual- que recupere o espazo de lingua usual para o conxunto da poboación; aínda ten moito que dicir para cada galego, quede a idea/sensación en termo tan abstracto.

O idioma portugués é realidade inmediata, aínda que non completamente accesible para calquera coñecedor do galego, canto máis para un usuario habitual. Paga a pena que o aparello institucional (con algún alcance, estatal) do que dispomos os galegos invista en enfatizar e mellorar tal capacidade, que enriquece grandemente a competencia cultural e arrequenta a profesional e económica.

Que todos os galegos falen e escriban castelán é de seu unha vantaxe: ignoro que podo dicir para facer máis evidente tal evidencia.

Canto á conveniencia de saber inglés, non sei tampouco se cómpre cargarse de argumento. Engadamos, con alcance colectivo, o valor de que un número razoable de cidadáns coñeza o francés, inglés ou alemán; e engadan canta fala queiran, de inmigrantes, grande demografía, etc.

Obviamente, para que tal e falangueiro panorama fose posible habería que tomar en serio a política lingüística, bañar de galego os media e programas docentes, introducir estratexicamente o portugués (que chamen o Monxardín ou a alguén ao que lle interese algo), darlle algunha vehicularidade ao inglés e potenciar as Escolas de Idiomas.

Digo eu, por dicir algo.

apicultor dijo...

Velaquí, no post anterior, alguén que si sabe ofrecer trigo.

Anónimo dijo...

O ideal sería tamén incorporar o catalán, o vasco, o frances, o alemán. Pero o problema é o das linguas en contacto conflictivo, español e galego, eí está o encaramento. Oficialidade do galego, cooficialidade co castelán?. O demais son fantasías que como toda fantasía fuxe do verdadeiro problema.

apicultor dijo...

Pero, exactamente que é o que propón vostede?

Anónimo dijo...

A oficialidade do galego e o estudo e difusión doutras linguas.

apicultor dijo...

Que eu saiba, o galego xa é lingua oficial xunto co castelán.

Ou o que vostede propón é que o castelán deixe de ser oficial en Galicia? Estaría ben que explicase detidamente este "pormenor".

Anónimo dijo...

Coincidindo con diversos organismos de defensa da lingua, estou pola oficialide do galego, e non a do castelán.

apicultor dijo...

Dígame vostede, porque eu o ignoro, que organismos (sic.) propoñen explicitamente que o castelán deixe de ser oficial.

En todo caso, estaría ben que nos explicase detalladamente -e alén de consignas dunha soa frase- como pensa conseguir iso. Porque aí estaría a madre del cordero.

Anónimo dijo...

Como vexo que mostra interés súmome a proposta de Un, e pídalle vostede ao seu chefe que organice unhas xornadas.

apicultor dijo...

Aínda non respondeu a miña petición de información e a miña pregunta. Esperaremos fumando...

Anónimo dijo...

Non fume, a ver se colle un cancro de pulmon e vai dicir que foi culpa miña. Póñase con algún traballo intelectual que pague a pena, se nos, que somos uns marulos non llo recoñecemos, que polo menos a súa descendencia, se a ten, se poida sentir orgullosa de vostede. Deixese de tanta leria efimera internáutica e poñase a traballar, dígollo eu que non estou libre de pecado.

marcos valcarcel dijo...

Para ANÓNIMO: pódolle asegurar que APICULTOR ten máis que sobrado "traballo intelectual que paga a pena". Non é, en absoluto, un ocioso tirado diante da Rede, se é o que vostede insinúa. E se lle gusta achegarse a esta "leria efémera internáutica" moitos llo agradecemos.

Canalejas dijo...

Canto ocioso hai que non ve o trailer cheo de troncos e vigas no ollo propio e anda esculcando a ver se topa unha areixa de palliña no alleo, mr. Anónimo

apicultor dijo...

Bah, deixen, amigos, que se colgue el mesmo coa súa zafiedade e miseria. Non paga a pena nin contestarlle.

Xosé M. González dijo...

Sobre a breve proposta do Anónimo ("A oficialidade do galego e o estudo e difusión doutras linguas"), eu quería dicir un par de cousas.

Primeiro, non soa mal; de feito, mudando estudo e difusión por aprendizaxe e práctica, podería caracterizar a miña vida e a doutros que, non sendo maioría no país, tampouco non somos tres nin catro. Convirtamos así mesmo oficialidade en práctica corrente e eis unha boa proposta social, aplicable, propagable, que non batería de fuciños -e, máis ca probablemente, sen demasiado froito- coa realidade na que hoxe por hoxe temos que vivir.

Segundo: sr. Anónimo, as postas a cero adoitan ser posibles no papel, nos se cadra algo obsoletos manifestos vangardistas e en situacións moi, pero que moi extraordinarias. Que case toda a poboación saiba español, que poida conseguir unha competencia razoable en portugués, non son máis ca vantaxes. Partamos da realidade que temos, aproveitémola e fagamos o que hai que facer pola lingua; habería que estar pensando en cousas plausibles: como forzar o poder político a planificar unha auténtica política lingüística, sería unha delas.

Oxalá se puidese contar con vde.

Anónimo dijo...

Señor Xosé M.Gonzalez, estou dacordo con vostede, só engado unha cuestión, a oficialidade do galego é algo que acadar nun contexto, e do contexto efectivamente hai que aprobeitar o positivo.

Señores, nunca dubidei que o Apicultor tivera unha obra intelectual interesante, non sei quen está detras dese alcume, pero non o poño, nin o puxen en cuestión. Tomaron as miñas palabras por un lugar creo que equivocado, a miña intención, garantízolles, que non ten nada que ver co efecto causado, pero as veces ocorre.
Observo como van incrementando a batería de insultos, dende o artigo de Marcos, pasando polo de Monxardín e logo granados exemplos. Estan vostedes facéndose todos uns artistas do insulto pero teñan en conta que o medre destos e inversamente proporcional a pérdida do sentido do humor.
Coidense.