África.
Pan por Pan sábado 2 febreiro
A revista “Vanguardia Dossier”, vinculada ó xornal catalán do mesmo nome, publicou nestes días un monográfico, o seu número 26, sobre a situación sociopolítica do continente africano, imprescindible para calquera persoa cun mínimo interese pola política internacional. Analiza o status africano por grandes rexións xeográficas e achega datos e teses a considerar de vagar. Por exemplo, a maioría dos mil millóns de pobres do planeta viven en África. O primeiro paradoxo é que moitos dos países africanos son pobres por ter moitos recursos naturais, motivo de conflitos sen fin. Paul Coullier, profesor de Oxford, pensa que os Estados africanos son moi pequenos e están moi divididos, co cal non poden nin sequera soportar os gastos da súa propia seguridade. Pasaría o mesmo se China, os Estados Unidos ou a India estivesen divididos en 50 estados: os pequenos serían vítimas.
1 comentario:
Magnífico número de "Vanguardia Dossier", en efecto, cunha análise do "estado neopatrimonial" africán e as causas do seu fracaso realmente interesante. Tamén destaca un artigo sobre as migracións internas cara ao Magreb. Máis frouxa é a análise da relixiosidade africá e a súa relación co poder. Un número para conservar.
Publicar un comentario