2 feb 2008

precampaña electoral (3)

Abro coa viñeta de López, hoxe mesmo en Galicia Hoxe, dedicada á Igrexa.

Unha nota sobre o mitin de Zapatero en Ourense. Conste que é só a miña opinión persoal, outros darían outras referencias. O Pavillón a rebosar, iso é indiscutible: difícil mesmo entrar por calquera burato. Problemas cun grupo de veciños de Trives que estiveron todo o mitin berrando e intentando rebentalo: moi difícil o labor dos servizos de orde para non chegar ás mans. Cartelería á vista só en castelán, enviada de Madrid. Falan en galego, que conste, o alcalde Francisco Rodríguez, a candidata e ministra Elena Espinosa e o pte. da Xunta, Pérez Touriño (galego moi deficiente, como xa saben vostedes: pronomes mal colocados, etc. Pero iso pasa en todas as casas).

Dos contidos e do estilo do mitin, floxiños (repito: a miña opinión persoal) os tres primeiros. Quizais máis autenticidade en Elena Espinosa, reivindicando as súas orixes moi humildes. A identificación nuns valores sociais foi constante: o xeito de marcar as lindes e espertar o entusiasmo da militancia, evidente. Francisco Rguez. quedouse no saúdo do alcalde que recibe e pouco máis. Pérez Touriño, algunhas cifras económicas e a ladaíña de que Ourense progresa, Ourense sube (sobe) como fío conductor.

Por contraste, Zapatero demostrou outras táboas. Paos para Acebes, Zaplana, Rajoy, Pizarro, E. Aguirre... Crítica dura pero educada ós bispos: poden opinar, pero pasáronse, nunca deberon utilizar o terrorismo en campaña. Compromiso de ocuparse do AVE galego na lexislatura como tema prioritario e venda da suba de inversións do Estado en Galicia (8%) dende que gobernan os socialistas. Nin a máis mínima referencia, nin positiva nin negativa, ó BNG.

O que máis me gustou: unha cita en positivo de Zapatero ó dereito de todos os pobos de España a defender a súa lingua e a súa cultura, a empregar o galego como lingua de seu (comparado co que anda a dicir por aí Rajoy...).

Botei en falla tamén unha referencia ó labor do deputado ata hoxe, Alberto Fidalgo, nin sequera citado en toda a noite, malia ir agora de segundo na lista e deixarlle a cabeceira á ministra (unha falla de cortesía, cando menos, non??).

Por se a alguén lle interesase (tono irónico), nunca antes asistira a un mitin socialista.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Como di meu pai: "Nada que vaia a ningunha parte"

Anónimo dijo...

Eu o que quero saber é si votar socialista é, ou non é, pecado. Que mo aclare alguén. En caso afirmativo, díganme tamén si é venial (vaise con auga bendita) ou si é mortal (precisa de confesión).

Anónimo dijo...

Eu o que me pregunto é se hai vida, salvación e gloria eterna para os que non comungamos coas dúas Españas (sobre todo porque non queremos pertencer a elas)?

Anónimo dijo...

Votar a alguén en función de como fale, e non de cómo goberne, é como levar o coche a reparar a un taller e non a outro según a "labia" do dono.

Anónimo dijo...

Eu tambén fui ao mitín socialista. ë aprimeira vez que vou. Gustou-me. Fun por que o me fillo pediume que quere saber o que e iso dos mitins, e queria ir comigo, tem dezaoito anos, ainda que pareza raro.
O mitín: cocordo muito coa sua opinión. votei de menos: o ser PSG, mais bandeias galegas, o aterezo estava craro era geral montado a nigel orgánico pelo partido. O público a grande maioria eran xubilados, e pessoas maiores, bueno eu cheguei moi cedo e estava sentado. O público moi entusisasmado, en Ourense e coma un termómetro os Remedios, agora mnesmo apalpase unha entrega ao Psoe, e vê-se a victoria socialisa, ao menos en Galiza. Gostei dos intervintes, todos bem, breves, e todo bem organizado. O Zapatero estuvo muito bem, e um político que creio que o único que fai educación democrática e política dende o estrado. Realmente e un home que ainda que non o parece chega a gente, co seu estilo tem liderzgo asentado. Gosta-me a sua teima por repetir o dos valores democráticos, os fundamentos políticos, o porque esta em política, ou é o que eu ao menos percebo. Non fixo um relatorio negativo nin foi contra o rival, ele marca o ritmo, ele vai sempre em positivo, o que é que fixo. E sobretudo MENSAXE SOCIAL tudo o que fixo e quer fazer no eido do social. Pareceu-me un discurso amplo, generoso, entregado, para uma praza electoral como Ourense que parecería non merecer tanto, ainda que se choga un diputado, que penso já está predestinado, un mintín nao cambia o voto, pouco se pode deslocar a coisa.
Touriño, é mal orador, milhorou um pouco, que já é dizer,o seu galego, espinosa non é o seu forte, mais o ser de ourense chegou , e o alcalde gostou-me, na sua linha. O PIOR: POR DEUS NON SOPORTO O GALEGO FALADO COMO ESPANHOL, OS PRONOMES CO BEM QUE SONAN EN GALEGO E EM PORTUGUÉS COLOCADOS NO seu sitio. Vostede don Marcos que tem influencias neste mundo cultural, fagam unha campanha, nao permitam que destrozem o idioma o falalo, os que o fazemos mal na escrita , desculpas, mas por favor que nao digam ; nos poñemos as pilas, me acordo do me barrio onde me criei.etc. nao o soporto. criei-me, puxen-me as pilas etc. o meu filho que fala galaego de nacemento , ainda que no seu grupo fala o castelán, desesperavase tambén. parece-me pouco esforzo pelo noso idioma, se vai morrer que morra con dignidade.

Anónimo dijo...

Ourense con e sen socialistas é unha das provincias máis pobres de España. Alguén llo recordou a Zapatero?

Pego aquí unha outra opinión sobre o mítin dos socialistas españois en Ourense. Aparece en "Arroutadas", e asínao "anovagz":

"Flamenquito" no meeting do psoE em Ourense
A "España cañí" veu desta volta de mão do Partido Socialista Obrero ESPAÑOL. No pavilhom dos Remédios em Ourense, nom houvo mais remédio que abrir as portas umha hora antes do previsto pola intensa chuva (o único tipicamente galego do acto) da que semelhava queriam escapar os incondicionais socialistas, em clara metáfora da realidade nacional galega da que muitos querem fugir. No lugar concentrarom-se os fieis a ZP, ao calor dum macabro meeting que incluiu conexons em rigoroso direito aos informativos das televisons espanholas ou a apariçom do "follonero", insigne representante dos late shows à espanhola, como o programa de "Buenafuente". Dentro da espontaneidade, o afamado reporteiro brindou o seu apoio por umha "España moderna y orgullosa de sí misma", ponhendo em pé aos assistentes, que nom deixaram de agitar as bandeiras de partido.
Mas o acto da progresia espanhola nom poderia estar completo sem o flamenquito de Niña Pastori ou o toque hispano-cañí de Bebe, e todo isto na cidade de Ourense, que por umhas horas trocou o azul do rio Minho, polo vermelho do psoE e o "gualda" do circo ibérico que montaram para a ocasiom. Isto pujo a estocada a umha celebraçom típica do mais ranço espanholismo, presidida polo presidente "de todos los españoles".

Todo esto leva-nos a perguntar, há de verdade um sentimento espanhol ou é todo umha farsa virtual conscientemente premeditada polos média de Madrid num intento de inculcar um mínimo de sentimento nacional espanhol?

A colonizaçom mental é umha das mais efectivas do projecto España. E disto som conhecedores tanto uns como os outros.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/02/02/0003_6533763.htm

Xaime dijo...

Querido Xohan: Votar socialista e pecado, e non se lle perdoa con padrenuestros nin avemarías, pero como son un demócrata, vote, vote e xa verá. Como sei que non lle vai votar o Rajuá, por que non tapa o naríz e lle vota o BNG, que tamén e pecado pero indo en Xuño andando dende Ourense o Corpiño, podenllo perdoar ( Segundo as miñas informacións que nunca acertan, O BNG esta a punto de tirar dun deputado en Ourense, a costa do PP)

Anónimo dijo...

Amigo Valcárcel, véselle a vostede como a un neno despois de ser collido ollando polo cerrollo á curmá maior espida nunha calurosa tarde de verán.

Parabéns por dar un paso definitivo para a independencia... persoal. Ir a onde lle pete, nin máis nin menos.

(Eu, teño que confesalo, hai máis de quince anos que non vou a ningún mítin. De ninguén. Será que xa perdín o interese de ollar por ningún cerrollo)

Anónimo dijo...

Eu tamén me confesaréi se finalmente voto socialista. Primeiro sentaréime un bó rato sobre a mau dereita, pra perder a sensibilidade nela, e pra que me pareza despóis qué a mau doutra persoa a que ma..., quero decir que pareza que vota outra persoa.(Glups!).

Marcos Valcárcel López dijo...

LALO PAVÓN, LA REGION, 2.1.08-.
Del púlpito a la pancarta
Los obispos, a través del titular de la diócesis de Sigüenza, se sienten vapuleados por el Gobierno y el PSOE, después de que en las últimas cuarenta y ocho horas el presidente del Gobierno y destacados dirigentes socialistas hayan lanzado toda suerte de críticas hacia los responsables de la Iglesia española. Lo hacen después de que la Conferencia Episcopal hiciese público un documento en el que, en la práctica, viene a pedir el voto para el Partido Popular, a base de zurrar la badana al líder socialista y acusarle de negociar con los terroristas de ETA.

La cúpula de la Iglesia tiene pleno derecho de hacer política, como hacen al opinar sobre materia antiterrorista -justo cuando el PP ya se alejó de esa posición-, tradicionalmente manejada por el del Gobierno de turno hasta épocas recientes, con el apoyo de la oposición y demás estamentos de la sociedad española, excepción hecha del entorno de ETA y el mundo radical vasco. Pero si sus emi nencias y subordinados afines entran en esa dinámica, han de asumir que con la análoga legitimidad sus postulados pueden ser retrucados y criticados.

Se puede pasar del púlpito a las barricadas y a sostener pancartas contra la ley del aborto, pero para no ser acusados de falta de honestidad, habría que portar en la otra mano una explicación convincente de por qué ahora y no en los once años anteriores, ocho de ellos con Aznar como presidente, teóricamente más proclive a los postulados de la Iglesia. ¿Cuál es la razón última de que una institución tan hecha a la mansedumbre con el poder (hasta llevar bajo palio a oprobiosos personajes) se desenvuelva ahora con tal bravura? A todo esto, ¿de qué Iglesia hablamos, habida cuenta de que muchos obispos, sacerdotes y muchísimos católicos de base no sienten representados sus pensamientos en tan radical mensaje, por más que guarden disciplinado silencio?

Anónimo dijo...

Por razóns que non veñen ao caso, e despois dunha moi longa tempada de abstinencia, vinme na circunstancia de ter que asistir novamente a un mitin político. Tirei algunhas conclusións:

-Os mitins serven fundamentalmente para mobilizar ou manter mobilizada á propia militancia. Son actos abertos, pero en realidade son actos de partido.

-Unha segunda meta é o reflexo nos medios de comunicación dun ou varios titulares que non sempre son os que quixera ver destacados o orador. Neste sentido, os medios marcan tanto a "axenda polémica" como os propios equipos de campaña dos partidos.

-Os xubilados son un público esencial nestes actos e, probablemente, os únicos que acuden "motu proprio" a estes encontros. Supoño que para eles é unha maneira de sentirse vivos, útiles e aínda partícipes da historia. O paradoxal é que os equipos de campaña escollen case sempre rapaces novos para que actúen como telón de fondo das estrelas.

-A política activa é unha especie de veneno. Abduce, lamina, enerva, sectariza. Quizais non sexa posible outra cousa. O mitin é a escenificación quintaesenciada e algo cutre dese proceso de intoxicación voluntaria e pracenteira. A era de internet non acabará con eles.