Cadro branco, cadro mouro
Andoliña 11 marzo 2008 (Imaxe de Lorenzo Goñi)
Andoliña 11 marzo 2008 (Imaxe de Lorenzo Goñi)
Os galeguistas de A Nosa Terra histórica resumían dúas das novas importantes de cada día nunha sección titulada ‘Cadro branco’, para noticias en positivo, e ‘Cadro mouro’, para as negativas ou as máis indignantes para o noso país. Para o ‘Cadro branco’ de hoxe, que en realidade xa o escribiron antonte os cidadáns nos colexios electorais, eu subliñaría o fracaso da estratexia da crispación, a derrota das mentiras e das teorías surrealistas a favor de non sei cantas conspiracións, a nidia rectificación dun discurso insultante contra a poboación inmigrante, a descualificación das teses que optaron pola confrontación coas linguas periféricas para gañar votos en Madrid. Alguén debería tomar nota de todo iso: alguén debería pensar en construír unha dereita con outro discurso e xubilar unha longa ringleira de personaxes, empezando por Rajoy, Acebes, Pujalte e Zaplana.
Como ‘Cadro mouro’ da xornada do domingo, eu non teño ningunha dúbida na escolla: sería para ese 41 por cento de cidadáns que optaron pola abstención, seguindo as consignas de ETA en Arrasate-Mondragón. Un moi tristeiro agravio máis á memoria de Isaías Carrasco, asasinado nesa vila vasca no final da campaña electoral.
67 comentarios:
Si pero eu tamén xubilaría a pepiño, a Zapatero, aos ministros de Sanidade e de Xustiza a Maleny e a outros tantos. O que mais me abraia deste país noso e a mediocridade dos nosos políticos, e desta mediocridade salvánse poucos, moi poucos...
Ons
Que gañase o PSOE non é un cadro branco para Galicia. En todo caso, é un cadro que aínda está por pintar (estatuto, transferencias, AVE, débeda histórica, etc). Se pactan exclusivamente con CIU, os que imos quedar coma un cadro somos os galegos.
Agora que renacen con forza as dúas Españas e que temos a Chikilicuatre como digno representante dos resultados do sistema educativo promovido polo PP e o PSOE durante estes anos, déixenme que proteste pacificamente e diga: "Eu non son desa parroquia".
Marcos ten que engadir o público do campo do Aleti que non respetou o minuto de silencio pola morte do ex-concellal socialista.
Habería que encerralos nun cadro ben negro.
Marcos ten que engadir o público do campo do Aleti que non respetou o minuto de silencio pola morte do ex-concellal socialista.
Habería que encerralos nun cadro ben negro.
Nese cadro mouro si habería que meter ao fato de energúmenos/as que asubiaron e insultaron na “Catedral” durante o minuto de silencio que se ía gardar polo asasinato do socialista vasco. No cadro branco, á directiva do Athletic Club de Bilbao –ou simplemente Athletic- que decidiu que se lle rendera tal homenaxe.
Dende o asasinato do nacionalista Santiago Brouard, en 1984, non houbo minuto de silencio por ningunha morte deica este pasado domingo. Nunca é tarde.
Todo o mundo ten dereito a absterse de votar , sen que por eso esté seguindo consignas de ETA ( foi un fenómeno que se diu en todo o País Vasco, no só en Arrasate ).
Por outra parte, non creo que teña nada que ver ese feito con agraviar a memoria de Isaías Carrasco.
Ese "fenómeno" da abstención non foi máis do 10%.
¿E logo se non tivo que ser co agravio, con que tivo que ver? Explíqueo.
Estou moi contento de que Chikilicuatre vaia ser o representante de España en Eurovisión. Pero non creo que unha elección tan intelixente e benhumorada poida ser consecuencia da LOGSE...
Pero o de Santi Brouard, gardouse, eí a diferencia.
A opción de votar ou non nun proceso electoral é persoal e non agravia a nadie ; ou é que no País Vasco tiñan que votar o 100 % dos electores para non agraviar a nadie ?
Personalmente creo que é mezclar allos con cebolas.
Que ese porcentaxe de xente que se abstivo debido a ilegalización de partidos da esquerda abertzale sexa maior ou menor non debe incomodar a nadie ; teñen o mesmo dereito a facelo que calquera outro.
A este ritmo haberá que firmar unha condea do terrorismo nos termos fixados polo parlamento español e ir a votar obligatoriamente para ser cidadáns respetabeis.
O cadro ese, de tan negro estase volvendo gaseoso.
Eu tamén estou contento de que chikilicuatre vaia a Eurovisión, creo que verdadeiramente representa o estado da cultura de masas española. É certo non é un fracaso da logse, creo que mais ben foi o facaso da ilustración en España.
O éxito de Chicilikuatre é o éxito dun país que se ri de todo, que fai parodia da parodia, que fai frikismo do frikismo. É dicir: dun país intelixente, vivo e disparatado. Viva Chicilicuatre e adeus, Uribarri.
1. Breikidance.
2. Crusaito.
3. Maiquelyacson.
4. Robocop.
A ver quen mellora estes versos?
Con todos os respetos señor Arume pero o seu manifesto estético pareceme unha ridícula tonteria.
O cadro máis negro é este sistema electoral que consagra o bipartidismo. E se non me cren, vexan esta web:
http://www.soitu.es/participacion/2008/03/10/u/pacman_1205137832.html
Estes serían os resultados de haber só unha circunscricións en toda Hespaña. É dicir: 1 home/muller = 1 voto.
Para que logo digan que o sistema electoral favorece aos "nacionalistas". A quen favorece é ao PSOE/PP:
Con una única circunscripción:
* PSOE: 161 (-8)
* PP: 147 (-6)
* CiU: 11 (=)
* PNV: 4 (-2)
* ERC: 4 (+1)
* IU: 14 (+12)
* BNG: 3 (+1)
* CC: 2 (=)
* UPyD: 4 (+3)
* Na-BAI: 0 (-1)
Chikilicuatre e Eurovisión son tal para cual. Tampouco estamos a falar dun prestixioso premio de grande relevancia cultural.
E nin toda a abstención en Euskadi se debe ao chamamento abertzale, nin toda a abstención en Galiza obedece ao chamamento de Nós-UP, que eu saiba.
(Permitínme enlear ao anfitrión noutro meme deses algo memos do blogomillo: http://chantosnachaira.blogspot.com/2008/03/agasallos.html )
Os españois pódense quedar con Chiquilicuatre, coa media ducia de cadeas de tv que emiten en Spanisch, coa prensa do corazón e os seus famosetes (poucos destes son periféricos), coas andaluzadas, cos touros e co Festival de Eurovisión.
Manifesto estético
1. O vallenato é un karma cargado de futuro.
2. Un friki é un friki é un friki.
3. É máis fermoso un breikidance ca victoria de Samotracia.
4. O crusaíto é o melting pot e o patchwork onde se miran as Hespañas.
5. Maiquleyacson is god e Chiquilicuatre o seu profeta.
6. Robocop needs you.
7. Agur Uribarri.
Manifesto eurístico:
O chiquilicuatre é un negocio de Buenafuente, de Telefónica (mensajitos, llamaditas, polifonitos) e de TVE (a pública que pagamos todos)
A sublime indignación con Chiquilicuatre semella formar parte do rancio espírito patriótico español.
O Monxardín tamén fala hoxe sobre a elección da fin de semana La Región de hoxe Preme aquí para ver o que di
Unha reflexión máis seria:
O PSOE é a forza vertebradora do futuro de España neste momento.
Co seu discurso de pluralidade sacou entre as dúas “comunidades-problema”, ou sexa Cataluña e Euskadi, 36 escanos, sendo a forza maioritaria nas sete circunscricións electorais provinciais destas dúas comunidades. (A primeira vez na historia da democracia que un ou outro son primeira forza en todas as circunscricións, ou sexa hai máis España -e máis plural- ca nunca). O PP, neses mesmos territorios, co seu discurso catastrofista e antinacionalista, sacou 10 deputados; non gañou, obviamente en ningunha circunscrición e só nunha –Álava- quedou de segunda e logo terceiras e ata cuartas. Polo tanto, dalgún xeito é unha forza residual. ¿Imaxina alguén que o PSOE seguise a senda antinacionalista do PP –ou de Rosa Díez- e obtivese, pois, resultados semellantes? Entón si que perigaría a tan mentada unidade de España.
¿Imaxina alguén hoxe ao PNV tratando de forzar un plan Ibarretxe sen ter gañado en ningunha provincia e tendo retrocedido máis do 25 % respecto das anteriores españolas? O PNV fixo mal cambiando un lider carismático, moderno e accesible como Jon Imaz. Debe recuperar ese camiño se quere acabar dunha puta vez coa mala cara, traballar e disfrutar do país tan bonito qeu teñen. O PP non creo que deba cambiar de líder. Debe cambiar de visión política nun proceso gradual. Debe aprender Rajoy, e saber comunicarlle aos seus fieis, que non se pode construír nada en España contra Cataluña e o País Vasco, contra a diversidade. Que falar de que o castelán está perseguido, etc. é pouco rendible é unha tontería. Debe recuperar non a Gallardón, senón o espírito de Gallardón e de Piqué. Con cabeza, debe pensar que outra dereita é imprescindible para pensar en gañar, e non, desde logo, enfrontándose coa España do diñeiro e a cultura... que a do obreiro e a necesidade, xa ten dono. España non se pode construír en base ao cabreo do taxista madrileño e a axitación do voluble veciño de Salamanca ou Teruel.
Alégrome de que o BNG mantivese os dous, para distinguírmonos dos rexionalismos etéreos. Só tres partidos parlamentarios medraron en número de votos, PSOE, PP e BNG... que analisen os seus politólogos os datos. Pero os 200.000 mil son os 200.000. E o BNG debe darse conta de que representa só 1/5 da Galicia que representa do PSOE. Unha Galicia galega e española sen complexos.
En fin, creo que os resultados son moi esperanzadores.
Unha pregunta que se cadra non guste pero haberá que facerse e que se poden facer os votantes nacionalistas no PV e en Catalunya: é necesario o nacionalismo?
Señor, dígame, por favor, ¿en que se gana a vida? ¿chega a fin de mes?
Cale, Arume, por deus, non provoque ao Abertzale de garda, que logo vén e lle copia e cola un texto alleo para que o discuta.
Sexamos claros. Un pode defender o galeguismo cultural sen ser nacionalista político. Un exemplo. Un escritor suízo de fala alemá ou italiana, ou francesa, ou retoromanche non teñen necesariamente por que ser partidarios de que o Ticino ou o Jura teñan máis poder polítco. Esa é outra cousa. Poden estar contentos sendo suízos e non haberá ningún italianista de Lugano que os ouse poñer a caldo. Entre outras cousas porqeu non hai caldo por alá.
E respecto da pregúnta retórica de Arume... lembremos como Euskadiko Eskerra se integrou en... PSE. Agora provoco: Creo que se Esquerda Galega seguise naquela altura unha decisión paralela, teríamos outro PSOE, ou polo menos unha forza máis grande galeguista no PSOE.
Non é xa a vella saudade Cefe, do Pardo, etc. Pero Tuco, Uxío, e moito do mellor da anovación do nacionalismo de mediados os setente, alá marchou. Sen luces. Sen cámaras. Con traballo.
Déixase vostede, señor Exte, levararse pola iperideoloxización pseudodemocratica hespañola. A súa é unha visión hinteresada e nada hinocente porque non percura solucións para o problema galego que pasan polo direito de autodetermiñación que non reconoce a constituición española, sustentadora da tortura e da falla de libertades individuales i colectivas. Sóio é moral unha aposta pola solución do conflicto para garantir a libertade dos galegos, como a que eu digo. E quen non esté dacordo: matarile, que carallo.
Ollo, sr. curita abertzale... prenunciado, -como diría lalolita-,"averzale". Vostede está na verza e se non sabe o que significa este "galician idiom" fale cun galego deses que lles gusta o caldo con unto e non coñecen a palabra "pseudodemocrática".
Do seu texto, non me gusta a caótica utilización do hache. Compártoa -a nivel teórico- no do seu primeiro "hespañola", que non fai no segundo. Dezaoito faltas de ortografía nun texto de 417 caracteres é excesivo a todas luces. Necesita recuperar coñecementos e actitude.
Materile,que carallo! a quen non este de acordo?.
CARALLO COMO PENSAN ALGUNS........
Teño que confesar que me gusta moito a frase que abre o libro de Ceferino Díaz sobre a historia da autonomía [o resto ten bastante de autobombo]. Pero non se enganen: o PSdG non é o PSC. Unha Galicia "galeguista" tipo "Esquerda Unida", ou "PsdG" ou "galeguistas do PP" nin salvará a lingua e a cultura galegas nin axudará a construír a nación.
Pero tranquilos, amiguiños galeguistas "comme il faut", this is a long and winding road.
A min gústame moito máis o que di a frase que abre o libro de Ceferino Díaz que o pensamento "galeguista comme il faut" de etxe, arume e apicultor (?), "atado y bien atado y no nos movamos de aquí"
Pois eso, coláronseme algunhas alusións máis personalizadas, nunha primeira redacción. Pero disparen, disparen, amiguiños. Aquí teñen un ex-pesegá dos que NUNCA se venderían ao pesetoe.
Non se preocupe, home, que temos outras cousas que facer antes que andar a dispararlle a vostede.
Vaia, esta pasoume rozando...
[Pois non se nota, ap, non se nota. Veña, póñase a "producir"]
Vostede de neno debía ser deses que axiña se mancaban por calquera cousa, non si?
E vostede era un deses que sempre queren ter (a) razón en exclusiva (e quedar coa última palabra)
A abstención é totalmente lexítima nunha democracia, por suposto, pero existe tamén o voto en branco coma opción máis diáfana e mostra evidente dun certo descontento con toda a clase política. E o que non podemos facer é esquecer que nestas eleccións ETA quería botar un pulso a toda a sociedade vasca coa súa chamada á abstención. Na miña opinión había que responderlle nas urnas en moito maior número. Non é unha crítica, senón a expresión dunha decepción.
Pois non, nunca lle fun deses.
Comprendo, amigo Swann, o seu lapsus: a min tamén me pasa. Vou entender que fun nun borrador seu unha vez galeguista comm'il faut. Quixo a fortuna que esa fase do pensamento quedara transcrita. Eu vou dala por non saída nunca do seu caletre. Cóstame máis discutilo.
Como dicía aquela canción, Arume, "o pensamento binario
é moi malo de arrincare".
Bos - Malos e escuros
Xenerosos - Vendidos e imbéciles
Galeguistas de palleiro - Nacionalistas de verdade
etc - etc
Comparado co himno galego, o himno español é máis "funcional". Todo el é música castellana e non precisa, para que sintamos os seus harmónicos efectos, daquilo da "letra con sangre entra".
Leo o seu comento analítico, esexético e un tanto extrapolador. Véñenme á mente retallos que, co seu permiso, reproduzo. As citas, xaora, son aproximantes e algunha constitúe extracto acumulativo.
Agustín Rodríguez Sahagún -o aliviado-, loogo das primeiras eleccións galegas (1981): " se ha demostrado que no hacen falta partidos regionales [creo lembrar que non dixo nacionalistas] para gobernar una autonomía".
Antonio Basagoiti -o bilbaíno-, logo de gañar o PP unha elección na cidade (haberá un lustro, ou así): "El primer partido de Bilbao... el primer partido de Bilbao... el primer partido de Bilbao... el primer partido de Bilbao... el primer partido...".
Emilio Pérez Touriño -imperativo categórico- precampaña do 2005: "O mundo da cultura terá dalgún modo que achegarse ao PSOE [ou optar?]".
Todo polo resultado dunhas eleccións xerais e polarizadas. A evocación non está exenta de sorriso, máis benigno ca maligno.
P.D.: Pensei en engadir un testemuño de Jaime Mayor Oreja, pero tampouco non hai que pasarse.
Repito aquí unha pregunta que deixei noutro fío hai uns días.
Para Xosé M. González:
Parece ser que na provincia de Lugo o PP perdeu 17,000 votos, votos que non foron parar ao PSOE, mentres que o BNG só subiu un 1,2%.
Por certo: encántanme esta "renovación" pola base do PP. Renovan a todos os que rodean a Marinao, pero Mariano segue...
Ou sexa, Swann, o mesmo ca en todos os sitios, na dinámica de resistir que -nesta elección- implica mesmo avance.
Non penso que Beiras nin Nogueira o mellorasen; non era ese o factor, arestora. Outras razóns sociolóxicas e organizativas teñen clave no asunto. Remítoo, se quere e me fai o favor da súa atención, ao final do meu artigo en Xornal.
Non lle fagan caso o Saavedra, que está durmindo a sesta.
Que bon estaba o polbo en Castro.
Desta vez trouxeron os do puesto un Beronia do !2000¡( Atención Arume, Da Coba, Saavedra do !2000¡) a precio normal.
Non será por que non aviso nin invito.
Discutan, discutan, que nas próximas imos gañar nós.
Don Xaime: Non andaban por Castro o Iago de Escanabada e o Pedrito de Reximil???
Agora qué lle digo a Modesto???
Saúdos.
A ver, os entendidos: díganme algo que me "poña" sobre viños tintos galegos? Variedades e marcas que merezan a pena.
Marcel, os galeguistas (colonizados e pseudonacionalistas) bebemos Rioxa, e deixese de hostias.
Medela, xa falaremos....... cando pase a resaca
Moi boa, don Xaime, moi boa ;)
Galeguistas si, pero o padal para o que vale!
A quen se lle conte...
Boas noites Srs das Uvas: Hoxe mesmo saío cara a Antártida co fin de ampliar os meus coñecementos sobre o comportamento sexual da bacteria "Listeric monocytogenes" capaz de reproducirde a baixísimas temperaturas.
Coido non ter faltado, máis no caso de que así fose, prego me disculpen que nunca na miña intención estivo tal cousa.
Sr. Medela, que a Kyra o quera moito.
"Muchachos
Que nunca fuisteis compañeros de mi vida,
Adiós.
Muchachos
Que no seréis nunca compañeros de mi vida,
Adiós.
Qué dulce hubiera sido
En vuestra compañía vivir un tiempo:
Bañarse juntos en aguas de una playa caliente,
Compartir bebida y alimento en una mesa.
Sonreír, conversar, pasearse
Mirando cerca, en vuestros ojos, esa luz y esa música..."
Luis Cernuda
"Reproducirse"
Espero que no Polo Norte teñan interness e que poida seguir, desde alí, tecoleando poemas (de Cernuda, moi bos por certo).
Señorita Doniña: Non me diga que marcha para tan lonxe...
Espero que, de se apaixonar por un indíxena Kwakiutl, que teña máis sorte ca min.
Que non intenten impresionala co tema do Potlatch. Vostede seguro que foi a máis dun banquete de voda en Casa Conde, na Merca, ou no Trébol, de Bande.
Unha cousiña, non lles chame esquimós; iso significa comedores de carne crúa, en wakash. Os desas aldeas gustan do termo "Innuit".
Se lle cadra pasar preto de Kawawachikamack, ten que me facer un favor, un recado para un de Lobeira que está a estudar os costumes dos Mouchaouaouastiiriock.
Xa lle explicarei.
A verdade, botábaa de menos.
É vostede unha rapaza simpática e educada. Foi por Lobeira??
Cumprimentos.-
Na Antártida tivemos nós as nosas bases científico-militares ultrasecretas. Hoxe están comestas polos vermes. De verdá que é unha mágoa.
Señorita Doniña, imaxine que vostede bota mozo alá no norte.
Imaxine que o tal mozo lle presenta a familia.
Imaxine, querida, o que podía pasar en Cristosende o día que o seu hipotético sogro fose (como mandan os cánones) coñecer os consogros e demais familia da súa hipotética nora.
Avise, levo cámara de vídeo, e presénteme o seu hipotético futuro papá político.
HIPOTÉTICO SOGRO KWAKIUTL DA SEÑORITA DONIÑA DE VISITA EN CRISTOSENDE, O DÍA DA FESTA
E imaxine, señorita Doniña, os mozos Kwakiutl, o séquito do seu hipotético sogro a bailar e botar fume para que o sol tusa e cuspa a lúa que tragou no eclipse.
OS MOZOS KWAIKIUTL, DA ALDEA DE QAGYUHL, A BAILAR NO DESCANSO DA ORQUESTA SINTONÍA DE VIGO, NA FESTA DE CRISTOSENDE. O PÚBLICO, PASMADO. O CONCELLEIRO DE CULTURA DA TEIXEIRA, PROPÓN O IRMANAMENTO QAGYUHL-CRISTOSENDE
Perdoe Medela, pero, se non miro mal, a min o hipotético sogro de Doniña paréceme "a hipotética sogra". Non sei, vostede dirá, que é o que sabe.
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
VIVA DON ARUME DOS PIÑEIROS!!!!
Sí, máis ben parece a sogra...
jajajajajajajajaja
Off the record: Marquei visita ao oftalmólogo para o día 28.
Ouviu, amigo Arume, non se lle escapa unha...
O fume das sináis indias ten unha falla "ortográfica".
Fume??????????????
FUME NORMATIVO
MÁIS FUME NORMATIVO
Referíame a que o error ortográfico estaba nas propias sináis de fume, Medela. Que eu fixen un cursillo cós indios americanos sobre ese tipo de "escritura aérea". Non imaxina o desagradable que é á vista, no alto do ceo azul, unha sinal de fume con erro ortográfica. Por certo, que o meu mestre decíame que tiña unha "caligrafía" esquisita cós meus sináis de fume. Moitos indios das chairas pretenderon imitala. A cantas namoréi coas miñas sináis de fume embaucadoras!!.
O que mellor me saían eran os puntos suspensivos. E como cada un imaxinaba o que quería, todos decían: qué ben "fala"!.
Logo, mostréilles o código Morse con fume. Fumareira moi corta, fumareira larga: o "a", se non lembro mal.Pois non:FURAR.
(Qué lles aposto a que o seguinte comentario é do Medela falando das súas aventuras cós indios comanches).
Aqueles versos de Rosalía:
Elas louquiñas bailaban
E por xunta da Cova corrían,
Cegas, cegas que non vían
As espiñas que as cercaban;
Probes pombiñas buscaban
A lus que as iba a queimar,
Pois que él soupera cantar
Aló pola mañanciña:
Con esa miña fumeira
as nenas hei de engañar.
Publicar un comentario