13 mar 2008

Centenario Curros (3).
Pan por Pan venres 14 marzo (Imaxe: León XIII)

Se Curros vivise hoxe, estou seguro que estaría atento ás novas que nos chegan cada semana do Vaticano. Por exemplo, os novos pecados que cataloga agora a xerarquía da Igrexa. O de Celanova podería reivindicarse como precursor da nova dogmática pois nunca mirou con bos ollos “a acumulación de excesivas riquezas” ou o feito de “causar pobreza, inxustiza e desigualdade social”, sinalados co dedo acusador de Benedicto XVI.
Tíñao tan claro Curros que lle dedicou os dous cantos finais de “O Divino Sainete” á Cidade Santa e as súas riquezas: andas de ouro, prata e ouro fino, perlas e diamantes, etc. Ante tanto esplendor Curros non fai máis que pensar na pobreza das xentes do pobo e logra do Papa León XIII unha curiosa promesa: “Ide e anunciade/ que o Papa renuncia a Roma/ pra vivir da caridade./ Dende hoxe a miña facenda,/ todo o que eu teño é dos probes...”.

(P.S.: se o sistema non falla, nestes momentos hai 14 usuarios/as conectados. Saúdos a todos eles. Agardo que esta solaina sexa do seu interese e que participen nela: iso vainos enriquecer a todos, de seguro).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Faria/falla/lider/na/Igrexa/falase/galego/elpepuespgal/20080314elpgal_21/Tes

ENTREVISTA: Luces Xosé Ramón Barreiro Presidente da Real Academia Galega

"Faría falla un líder na Igrexa que falase galego"

Anónimo dijo...

Un despropósito de entrevista. Seguro que Barreiro (a quen non coñezo persoalmente) chamou ao PAÍS para botarlles a bronca.
De todo o que dixo esto non pode estar na boca dun presidente da RAG: por inverosímil.

"Cando eu estudiei o bacharelato, en castelán case todas as vogais tiñan que ir acentuadas. Logo desapareceron, e non pasou nada. Pois en galego ten que ser o mesmo. O cambio de normativa foi moi consensuado. Constituíronse varias comisións, e estiveron traballando un ano. Hai pouco, un rapaz envioume un mail dicíndome que, por culpa miña baixáralle a media, el que sempre levara boas notas en galego. Hai algunhas cousas que o pobo non asume, ou asume con dificultade. Pero co pouco galego que utilizades en EL PAÍS non imos avanzar moito."

A entrada é gloriosa, pero quero pensar que hai un malentendido.

Nota: o titular é o de que falla un lider na Igrexa, pero na entrevista aparece: "En Galicia falta un líder espiritual que fale galego."