13 mar 2008




Para Xoán da Cova
Sigo en débeda con vostede, amigo Xoán da Xova. Permítame corresponderlle.
Mañá venres, aí arredor das 12 h. (antes teño clase), voulle
deixar un pequeno agasallo no Trampitán, na Praza Maior: dixo nalgunha ocasión que pasaba por alí de cando en vez. Faga o favor de recollelo cando poida.
E como aquí somos todos amigos/as, doulle publicidade á dedicatoria dun dos libros que van no paquete. Unha aperta.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

As verbas
non veñen doadas
a mín.
Este é o
único xeito,
pra mín, de decir
grazas.
As verbas non veñen doadas.



(Words...).

Anónimo dijo...

Precisamente, parte da molla alcólica desta noite collina no "Trampitán", antes de ir acto sobor da muller. O Alfredo (do "Trampitán") estaba tamén no acto.
(Lémbrolles que o alcolímetro déume 0.4. Ou sexa, que estóu na fase do "paxariño", según a antiga lenda da orixe do viño).

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA XOÁN DA COVA: deixeille os libros hoxe pola mañá no Trampitán. Entregueillelos a un tal Alfredo, creo que un dos donos desa casa. Saúdos.
Eu tamén estaba convidado á cea do Xesteira, da semana da Muller, pero non puiden por compromisos familiares.

Anónimo dijo...

Marcos: seguramente sen pretendelo, na última frase fixo unha brincadeira digna de Woody Allen ;)

Anónimo dijo...

Woody Allen:

"La masturbación es el sexo con alguien a quien amas."

"El trabajo es una invasión de nuestra intimidad."

"Me preocupa el futuro porque es donde voy a pasar el resto de mi vida."

Que pasen boas vacacións e se non nos "vemos" á volta, que pasen moi ben o resto até as seguintes.

Marcel Swann

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois si, foi sen pretendelo. Supoño que a brincadeira espontánea era "E colmo aquí somos...". Queda corrixido.
Seguro que XDC ten unha teoría sobre este tipo de lapsus...

Anónimo dijo...

¿Alguén de vostedes sabe onde se pode comer ben en Lugo? Teño que ir un dia destes.

Anónimo dijo...

A pregunta simplemente ofende, amigo Jim.;) Pero, como os de Lugo son de natural bondadosos e acolledores (agás ese que se meteu con Saavedra en Reis), diranlle miles de sitios. De tal maneira que non poderá ir un día destes. Terá que ir unha semaniña enteira.

España, Verruga, Barra, Mesón Alberto, Campos creo que seguen mantendo nivel. Seguro que haberá outros que don Xaime que recomendará, con detalle do que hai que comer en cada caso. Aproveitamos os demáis que os consellos a don Jim constitúan guía gastronómica exhaustiva.

Por certo, alguen sabe de restaurantes en Murcia?

Anónimo dijo...

Non, ho. Marcos. A brincadeira súa tipo Allen non era esa. Era esta:

"Eu tamén estaba convidado á cea do Xesteira, da semana da Muller, pero non puiden por compromisos familiares".

Píllao agora?

:) :) :)

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa, xa pensei niso a primeira vez que lin a súa mensaxe.
Pero non había brincadeira ningunha: á hora da cea tiña que ir buscar a miña filla á estación do tren. Ese era o compromiso familiar.
:):):)

Xaime dijo...

Para Jim Morrison:
O caso é chegar, pero no demáis métase en calquer sitio do Centro, que se come ben.
Onde millor se come é na casa do Saavedra e despois na miña. Está vostede invitado.
Chame, 609847879 e xa lle dou máis indicacións, aínda que o Arume xa lle votou un bon cable.

Anónimo dijo...

Gracias, Arume e Xaime. No Verruga xa estiven e, efectivamente, teño un excelente recordo.

Anónimo dijo...

Estimado Apicultor: Sabe? O seu relato sobre o asalto amoroso á Srta. Antonelli no night club Manitou (Ravenna, 1974) deixoume con mel nos labios e grandes expectativas no corazón. E cando me contan unha cousa así sempre penso nas circunstancias que o empuxaron, a fatal sucesión de causas que provocou que vostede estivese alí naquela precisa altura. É por iso que fago un chamamento case desesperado para Vde. contar como é que decorreu a escene.
Contextualice, pormenorice, conte, conte.

Anónimo dijo...

Outro acto social sen crónica!
Sr Dacoba debería escribir un mínimo informe coa máxima información, ¿quen estaba na mesa presidencial? ¿moda Galega ou rebaixas Londinenses? ........
Conte, os que non pudemos ir por compromisos de diversa índole queremos saber. Desculpen esta libertade de falar en plural pero supoño que os Sres contertulios tamén quereran saber.

Anónimo dijo...

Foi o Campari, Medela. O Campari e aquela beleza eslovena en estado de perfección absoluta. Unha combinación explosiva. Foi entón cando Apicultor (que aínda non respondía por ese nome, como xa saben pola propia Antonelli) lle preguntou polo seu escritor favorito.

Anónimo dijo...

Había bó ambiente. Moita xente do BNG: tenente alcade,concelleiros, delegados da xunta. Tamén mulleres concelleiras do PP. O alcalde e cargos do PSOE. Funcionari@s eTécnic@s da Xunta e da Delegación do Goberno no ámbito da muller.

A miña dona metéuse entre unhas amigas funcionarias da Xunta, e volvéu contánndome que había "pique", porque houbera xente que pagara a cea ,e outros foran invitados. Non sei se é certo. Foi o rumor que me comentóu ao sair.

Anónimo dijo...

Morrison: se non lle importa afastarse do centro, achéguese deica o Hospital Xeral, e aló ao lado ten Casa Amador. Non penso que o Xaime me vaia levar a contraria.

O enderezo é: rúa da Serra de Outes, número 10. Se leva o coche, vaia rodeando a Ronda, chegue ata a Porta do Hospital e alí pregunte como se chega ata este (que está perto, aínda que o referido por tal porta da muralla é outro).

Anónimo dijo...

… E Laura constestou: o meu escritor favorito é Dante, e engadiu a continuación cos ollos chispeantes e a modo de brinde cunha copa de Campari na man: Onorate l'altissimo poeta, facendo referencia intertextual ao lema da tumba baleira de Florencia.

Extasiado, arrebatado nun insólito resplandor místico, Frabrizio (hoxe Apicultor) aínda tivo folgos para entonar con voz firme e varonil as derradeiras estrofas do canto XXXIII do "Paradiso" da Divina Commedia:

A l'alta fantasia qui mancò possa;
ma già volgeva il mio disio e 'l velle,
sì come rota ch'igualmente è mossa,
l'amor che move il sole e l'altre stelle.


(Permítaseme, amigo Medela de Lobeira, que me tome a licencia de contalo en terceira persoa, que a distancia fai se faga menos doloroso)

Anónimo dijo...

Tomo nota, González. Gracias. E, unha vez alí, ¿qué recomenda?.

Anónimo dijo...

Foi recollido o agasallo de libros, amigo Marcos Valcárcel.Estupendos. Graciñas polas agradables horas de lectura e reflexión que me agardan léndoos.

Xaime dijo...

Morrison, se vai o Amador, chame antes e reserve unha pata de cabrito asada.
O telefone é 982 218 851 ou 982 212 164.
Nín se lle ocorra pedir Azpilicueta que o teñen amontillado. Herencia Remondo ou Beronia.
É despois qué ?, pois durma una sesta.

Anónimo dijo...

Seguirei rigorosamente ás súas instruccións, amigos, e tomarei, previa reserva, unha pata de cabrito asada e regada con Beronia, sesta incluída. E, pola noite, ¿onde se pode tomar unha copa nun ambente tranquilo? É que xa non estou en idade de psicodelias...

Anónimo dijo...

Excelente idea a da perna do cabuxo. Pola noite achéguese ata o Campo do Castelo, intramuros, por detrás da Casa do Concello. Entre no Bianco e, se non ten preferencias, pídalle ao Julito que lle prepare un Alexandra (é un cóctel clásico, se non o coñece infórmese sobre a composición, non vaia pedir contra gusto); na beira de enfronte hai unha vinoteca, se prefire seguir co viño.

É bonita de ver e pasear a Rúa do Miño e Tinaría, que está a restaurar, basicamente, a Consellaría de Vivenda; queda por baixo da Praza do Campo, nos viños clásicos. Hai alí un par de locais (cervexaría e vinoteca), pero eu case que pararía no Campo do Castelo. O Xaime, que diga.

Xa contará.

Anónimo dijo...

Esa será a rota que seguiremos o Luns tarde-noite en Lugo, amigo González, Alexandra incluído. Encántame ir a Lugo, pero había tempo que non ía de vagar e precisaba de algunha orientación. Gracias de novo.

Xaime dijo...

O Xaime di que siga o libro de instruccións.