6 mar 2008


Crónica do mitin do BNG en Ourense,
por "Eu medio estiven alí"

A petición dun lector para atender o mitin do BNG en Ourense foi atendida, xenerosamente, por outro contertulio desta casa, que mandou esta crónica, que reproducimos.

Pide un Anónimo unha crónica do mitin do BNG en Ourense. Como o señor Marcos a solicita, velaí uns apontamentos breves. Pavillón dos Deportes sen encher. O público vai chegando ós poucos e o servizo de organización insiste en que se ocupen as cadeiras enfronte do escenario. Nótase a chegada de autobuses das vilas (Allariz, Verín, …) porque chegan en grupos e o público se vai diversificando: o paisano do rural mesturase co capitalino. Entre os capitalinos, xente coñecida: o Carrabouxo, o Monxardín tío, o capitán Willy (ex PC que nunca falou en galego), o inspector Caseiro. Xente guapa e non tan guapa, como en botica. Repártense bandeiras e carteis para que o respectable as ondee cando proceda. Luces moi potentes: servidume ós segundos televisivos. O reparto dos asistentes faise dun modo convencional, como en todos os partidos: os cargos institucionais (algún delegado provincial feito un figurín) e os convidados nas primeiras filas: saúdanse e bícanse uns aos outros encantados de terse coñecido. Atrás no escenario, como fondo dos intervintes, sitúanse rapaces novos e concelleiros das vilas: os ourensáns, máis señoritos ou máis tímidos, non suben.
Retraso de vinte minutos no comezo. Teño pouco tempo para oír as intervencións porque teño que liscar por outros compromisos. De súpeto, a música elévase e entra a comitiva por un lateral. Saúdan, fan sinais de vitoria e triunfo, suben ó estrado. Sánchez Vidal, o da “tenencia”, talla bocoi, é o encargado de presentar os intervintes, con pouca gracia e peor galego, facendo unha brincadeira politicamente incorrecta sobre un minuválido e unhas muletas. O primeiro é Suárez Canal: trontante, eleva o ton, aplausos, Galiza e o respecto, Galiza e a determinación da política estatal, etcétera. Mesmo o Conselleiro se permite unha licenza poética citando unha Ithaca que soa rara nun líder tan pouco literario. Logo fala a vicepresidenta do Parlamento, Tareixa Paz: correcta pero un pouco sosa. Teño que marchar, vou quedar sen oír a Quin, que está pletórico e sorrinte na súa cadeira. Mais como falta tamén por falar Iago Tabarés, supoño que Quin será o que peche. Lisco, fago veloz o recado e volvo para ver e oír o Vicepresidente. Cando chego aínda está falando Tabarés, respiro aliviado. Oh, decepción: Quin xa falou, non pecha o acto, Tabarés é o derradeiro: correcto, pedagóxico, repite por enésima vez o que dixeron os anteriores, pero con especial fincapé na problemática ourensá. Remata o acto, a xente vaise tranquilamente. Hoxe dixéronme que Quin estivo moi espelido e gracioso, todo o mundo ríu as súas palabras e chanzas, que actou moi ben, que animou ao público, que sabe chegar.

93 comentarios:

Anónimo dijo...

O blog As Uvas da Solaina fai cada vez que pode militancia anti-BNG e dobregamento ante o PSOE.
Mais claro auga cristalina de Manzaneda con ou sen neve.
Cal é a posición de Marcos Valcarcer respecto do idioma?

Marcos Valcárcel López dijo...

Primeiro, a crónica non é miña: xa dixen que eu non estiven alí. Parécelle pouco favorable ou pouco entusiasta, pois qué lle imos facer...
Segundo, pídenme que inclúa crónica do acto do BNG. Mandan esa crónica, aproveito para metela, pois sacan de novo a pauliña (anti-BNG).
Terceiro, á cerna do seu argumento non lle vou responder: a miña traxectoria é pública e creo que abondo clara. Sería absurdo e ridículo que eu fale agora da miña posición respecto do idioma galego: fágoo todos os días (hoxe mesmo, en dous xornais). Hai cegos que non queren ver.
Cuarto, o interpelante ou non me coñece ou é pouco coidadoso: o meu apelido é "Valcárcel".
Do resto, pense o que queira... vivimos nun país libre, por sorte.

Marcos Valcárcel López dijo...

Aínda máis. Sospeito que o Anónimo é militante do BNG ou achegado ou simpatizante moi próximo. Nas súas breves tres liñas están algúns dos máis negros estereotipos que manexan "algúns" dos militantes do BNG ("ou comigo ou contra min").
E ese é hoxe o principal problema do BNG: como pode unha forza abrirse á sociedade, que supoño que é o que quere Quin e o seu equipo, se por todas partes se empeñan en ver inimigos?
Pola miña banda, militei 30 anos no nacionalismo organizado (AN-PG. BNPG, UPG, BNG, PSG-EG, UG, BNG). Por desgraza moitas veces escoitei argumentos semellantes ós deste Anónimo, mesmo contra militantes do BNG

Anónimo dijo...

Ese grado de intransixencia á hora de definir "conmigo ou contra min", nos membros da parte sectaria de todolos partidos (non só no BNG) é síntoma ,en quen a amosa , de buscar en realidade a "tribu", organización xenéticamente natural no ser humán, en torno ás 150 persoas como explicóu Desmond Morris en "O zoo humán". O número ideal de "elexidos" pra que o cerebro podía entender tódalas relaciós entre os membros. O de "sociedade", a moitos faiselles moi grande pra eso.

Anónimo dijo...

Case ata lamento dicilo, pero o anfitrión parece ter razón que lle sobra.

Estou farto, decepcionado co carácter que tivo esta campaña. Os supercandidatos, esas dúas caras espalladas en exclusiva por todos os lados; os mediocres superdebates como elemento fulcral e espectáculo mediático; o detestable "voto útil" coma case único argumento decisivo esgrimido e considerado en tantas partes.

Hai días que practicamente nin escribo aquí, dado que a materia electoral que ía saíndo só parecía tomar en serio o que se inserise na mecánica devandita; eu, aí, estaba e estou de máis. Ora ben, alguén pediu unha crónica do mitin do BNG en Ourense; fíxoa alguén e transmitiu máis ben certo tedio ou rutina que fondo interese, sensación que tampouco non ten que resultar estraña nos tempos que corren. Por suposto, non exclusivamente nos actos do BNG, pero ata aquí, realmente, tamén chega.

Marcos Valcárcel foi a un acto de Zapatero, tíñalle aliciente e dalgún modo a súa expectativa tivo resposta; outros participantes falaron seriamente de mitins e debates dos dous partidos estatais. Unha e outra son, xaora, opcións lexítimas, como a sería que algún asistente a mitins do Bloque ponderase os seus, sen dúbida existentes, aspectos positivos e trazos de interese.

Eu fun ao mitin de Lugo, e non contei nada aquí porque, sinceramente, dubido que tivese resposta ningunha ou pregunta interesándose. Pero calei a boca. Descualificar o blog porque non di o que un quere podería ser lexítimo se un achegase a proba ou tentase falar do caso -o mitin do Bloque- achegando algo de carne, algo de substancia.

Así é que, Anónimo que seguramente o domingo vai votar o mesmo ca min, propóñolle -aínda que xa sexa tarde- ou facer coma min (calar a boca por falta de ambiente) ou contar algo. Eu habíao ler; e ao mellor aínda atopaba causa para dicir algo.

Anónimo dijo...

Vou ver se son capaz de poñerme serio.

Primeiro, ¿que é un blog (ou blogue, que pola bloguesfera funcionan as dúas palabras)? ¿Non é un espazo con dono de seu, un espazo que alguén crea, só ou en comañía doutros, para expresarse? Ou sexa, para falar do que lle dea a gana, a realísima gana, sen ter que dar contas a ninguén, salvo que sexa aludido. As uvas na solaina, co seu permiso, é un espazo de don Marcos Valcárcel, no que el fala do que lle peta ou do que lle interesa, e onde, ademais, introduce con frecuencia cousas que a el lle interesan y que pensa que poden interesar a outros e onde, ademais, dun xeito absolutamente libre e voluntario e xeneroso, acolle a todos os que queremos asomarnos por aquí.

O Anónimo ese non ten nin razón ni dereito para pedir nin reprochar nada do xeito que o fai. Pode, porque está visto e comprobado que neste blog/blogue llo permitirían, facer cantos comentarios queira sobre o trato que se dá o se deixa de dar nos medios ó BNG, pode pedir o voto para esta formación, pode...
pero o que non pode é reprochar a quen usa libremente un espazo que é seu e no que ninguén ten por que vir desde fóra dicir de que hai ou non hai que falar. E menos arrogarse a facultade de conceder progresías.

Don Marcos, a ver, carállolas, ¿por que non fala da FPG? ¿Non é amigo de Ferrín, ou? Pois logo.

Anónimo dijo...

Clapton is God
Antonioni is God
Ferrín is God

Anónimo dijo...

Eu coido que o comentario sobre o mitin non é propiamente anti-BNG. Que non sexa un panexírico entusiasta, non quere dicir que sexa anti-BNG. Só un sectario siareiro diría iso.

O que si penso que é evidente é o que dixo Saavedra: que a crónica transmite un certo tedio ou rotina, extrapolable, xaora, a todos os demais partidos. Todos fan actos curtados polo mesmo patrón (as luces, o escenario, a repetición de temas, ...), non hai outra.

Obsérvase tamén un fragmentario retrato socióloxico dos cambios políticos acontecidos no BNG desde un tempo a esta parte, sobre todo desde que accedeu ao goberno.

Eu creo que non está nada mal a crónica.

Anónimo dijo...

God is God.

Marcos Valcárcel López dijo...

Quizais estou errado, pero creo que a FPG non se presenta, cando menos en Ourense e no Senado. Non sei noutras provincias. De feito, Ferrín non adoita publicar os artigos do Faro cando está en campaña electoral e destas ségueos a sacar: derivo de aí que "esta guerra" non vai coa FPG.

Anónimo dijo...

God is God and his circuntances.

Anónimo dijo...

Da Coba, como santo que é, é unha divindade técnica de grao medio.

O seu parente, o da bicicleta con fotografías do Penthouse nos radios das rodas... Is God.

Anónimo dijo...

Quedéime no grao medio por nese grao considérome "sobradamente competente". Declinéi as múltiples ofertas de ascenso a graos superiores, nos que me atoparía ó límite das miñas capacidades miragreiras, por constituirme en excepción á Lei de Murphy. Prefiro facer menos tipos de Miragres, pero facelos ben.
God pode facer todo tipo de miragres, pero é moi caprichoso á hora de querer facelos. E, qué importa que poida ,se non quere!. Encoméndese a mín, na práctica daralle máis resultado. Mande facer un peto na miña honra no cruce onde se aparta pra o Viso, en Lobeira. Imos a medias nas esmolas.

Anónimo dijo...

Coñece o conto daquel que durmíu ao raso, tapado coa bicicleta a xeito de manta, e logo decía que pasara frío porque lle faltaba un radio á roda?.

Anónimo dijo...

Da Coba, ben sabe canto o estimo, non se me enfade; eu non chego nin ao grao medio... jeje

Sabe que son devoto seu; Granitos Cachaldora xa está a cortar a pedra para o peto, será colocado a carón do monolito en honor ao blog-estouro da solaina.

jajajajajajajajajajajajajajajajaja,acabo de ler o do elemento ese...

Cónteo, cónteo.

Anónimo dijo...

(Son o troll, pero non sei que fixen que non me sube o post co URL)

O de Ferrín era, xa que logo, unha babecada. Crin que quedaba claro. Pero eu son moi confuso. Por iso xamais me escribo a min mesmo, porque non me entendo.

Señor xdc, ¿daquela God ven sendo un ente orteguiano? ¡Déixame abraiado! ¿Cales virán sendo as circunstances de God? ¿Antonio María, as fatwas, o magnífico libro do non menos magnífico mesié Lutero "Os xudeus e as súas mentiras", no que se detalla punto por punto a Solución Final de Hitler e os seus secuaces, e que tanto pifostio armou no BNG, precisamente; os invertidos -ou é que xa non hai invertidos?- denominados homosexuais que casan e procrean ex legislativo modo; a partenoxénese da Alma Mater; os capóns de Vilalba; o queixo de Sasamón, provincia de Burgos; as Covas do Rei Cintolo; o esperanto babélico; o control antidoping; as hostias que me arreo meu pai, bendito sexa, e que tanto ben me fixeron... ? Non sigo, non podo. Son as dúas e agora o que mellor presta é un mencía de barril cunha tapiña de callos. Estades invitados. De veras.

Anónimo dijo...

Laura Antonelli is God
Elisabeth Hurley is God
Kyra Argounova is God
Belarmino (o do triciclo) is God

Anónimo dijo...

Io voglio una donna, is God!

Anónimo dijo...

O que parece claro é que somos uns currantes de moito pendello. ¡Pasamos o día colgados -¿terei que dicir pendurados?- de internet!

Isto é marabilloso. ¿Quen traballa neste país? Así estamos todos, disipados, dispersos, e aparece Rajoy falándonos de su niña. ¡La niña is God!

Anónimo dijo...

Bravo, Troll, jajajajajajajajajajaja

Troll is god!

Anónimo dijo...

Eu non puiden votar porque o carallo do carteiro me trouxo o sobre coas papeletas ás 9 da noite (!) do día que caducaba o envío.

En fin. Vexo que non me perdín nada do soporífero "meeting" do benexé na cidade das Burgas. Compadezo aos xornalistas por teren que escoitar, noite tras noite, as mesmas piadas.

Por certo: non ía a haber un debate televisado cos candidatos autóctonos do PP-PSOE-BNG? Lin nalgures que non ían comparecer Molina, Espinosa, Ana Pastor Alemán e Pepito de Palas. Deben de andar facendo a campaña en Madriz...

Anónimo dijo...

Agora que vexo o lema do "cartaz eleitoral" do BNG, recordo que iso de "facer país" era expresión favorita entre os coagas de Barreiro (e de Chordi Puchol).

Anónimo dijo...

Miss Doniña is God

Anónimo dijo...

Chabaud Brothers & Co. is God

Anónimo dijo...

O señor Arume dos Piñeiros está de baixa laboral (Incapacidade laboral transitoria)????

Anónimo dijo...

Arumeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!


Escribinlleeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!

Anónimo dijo...

Estiven onte nun dos mítins máis divertidos dos últimos tempos. As risas aínda ecoan (con perdón) na miña cabeza. Pero hoxe estou abraiado (e non dou, non dou) coas novas que chegan do Lago de Filoloxía e da Biblioteca Central da uvigo.

Anónimo dijo...

Estimado Arume:. Non lle hai cousa no mundo peor do que a soidade. Vostede dabondo o sabe. E a miña avoa tamén non se equivoca cando non para de me recomendar que procure unha boa rapaza para casar e fundar unha familia. Sabe? Ela non quería morrer sen me ver cun meniño nos brazos. E vostede sabe tamén, intrépido entre os intrépidos, que por veces a vida tórnase pescada de rabo na boca: Éntrase nunha situación da que despois se non dá saído, e todo o que argüidamente facemos para desenrolarmos o nobelo acaba por nos afundir sen remedio no escuro pozo da morriña e da melancolía.

Os Sres. Da Coba, Apicultor e Leituga One non disfrazan as súas simpatías pola acción directa. Coñécese que eles dexergan o obxectivo, delimítano con claridade e bótanse a el con cego fanatismo. A señorita Doniña propón un ritualizado e teatral desdén. Mais estou a albiscar, amigo Arume, que dalgún xeito tomou Vde. conta da miña vida. Non aconsellando directamente, iso si, como faría o inspirado e proteínico poeta, señor Beria de Siberia, Tolstoi reencarnado e ousado argonauta. Vde., xa llo comentei naquela altura, SOSPEITA que estou nunha situación ‘especial’, ensarillado nas sutís redes do desespero e por iso desenvolveu unha intelixente estratexia “dantesco-virxílica”: Vde. EVITA con sumo coidado o consello directo e procura rescatarme da lagoa Estixia facendo que eu acredite que dei saído – polas miñas propias forzas – do fedorento bulleiro. Non sei por que lembro agora o noso gatiño, o Mandarín, forzoso herdeiro por en canto da casa das Quintas: O veterinario recomendara pílula diaria contra a raña. Se eu lla quería administrar, nin un batallón de fanáticos lexionarios comandados por Millán Astray, nin mesmo a perspectiva dunha fin de semana con Elisabeth Hurley – a gastos pagos - sería quen de lla facer tragar. Mais, non entanto, se eu facía o parvo, como amagando con que me caía do peto, o condenado botábase ao comprimido e non rillaba no frasco por milagre!

E Vde., por fin, REVISTE astuta e compasivamente toda a loxística esa cun disfrace parabólico, metafórico, alegórico e sobre todo, retranqueiro, simpático e nada coercitivo. Por iso e por todo fico grato e obrigado con vostede. Que Deus mo bendiga.

Pregunta Vde. indirectamente e citando as Sagradas Escrituras e mesmo a emotiva lírica medieval castellana (Quen dixo que tal xénero nunca existiu?) como é que anda esa relación que presumibelmente manteño – antes, pretendo- con Kira Argounova. E non sei que lle hei dicir, señor. Kyra ocupa unha parte tan importante do meu pensamento que parece que o resto da realidade está subordinada, que ‘vive’ con, baixo, á par de, ao pé de, por, cara a e para esa obsesión. Sabe? Parece que antes de a coñecer nada existía. E aínda máis, o presente todo está vezado pola esmagadora presenza da ecuación que seica é irresolúbel no ‘real’; esa adiada ecuación con tan mala traza que nin me atrevo a formular.

E a soidade, Arume, amosa o seu peor perfil e regaña os dentes como lobo principalmente nas fins da semana, eses días que tanto contrastan coa febril actividade diaria, actividade monótona e anestésica que atenúa a presenza – ausencia da rusa.

Sábado á mañá espertei por volta das nove horas. Non saíra na víspera; ben me chegara coa odiseica proba das roscas con augardente ex-soviética, convite da patroa. O contrato non escrito con Kyra abrangue implicitamente o dereito ao café da mañá, e daquela ...

{cont.}

P. D. : Arume, ouviu, que se ve por aí a señorita Doniña, que lle diga que se vai por Lobeira que lle diga á miña avoa que xa enviei os cinco euros que anda a pedir o sancristán para o folión da procesión do Viso. Que se lle piden os da comisión que miren na libreta que teño que estar apuntado. Grazas!

Anónimo dijo...

É o que había que facer coa Cidade da Cultura: convertila na Cidade Mundial do cine xis ou xe. O Gaiás como grande plató de Somorra e Godoma (dúas aldeas de perto de Lava-colla). Nefeito. Xa hai un precedente: o monde "do gozo", pois quen non botou alí un canivete automovilístico algunha noite de escasos recursos para un hotel?

Non vexo, emporiso e asemade, o entorno de olcolitros e toxos de Lagoas-Marcosende como "cenário" da rodaxe xis ou xe, a despeito de prácticas máis ou menos anónimas en certos departamentos (non, arume, non me faga falar...) do cubi.

Anónimo dijo...

O perfil de Marcos Valcarcel é perfectamente coñecido no BNG. A pesar de que este espacio sexa segundo din algúns mais que trols, bordes, privado, permítanme valorar o seu blog como agónico.
Non hai que avergonzarse por pasarse ao Psoe, estarase mais ao quente, é unha opinión, so unha opinión expresada democráticamente e con respeto, pero fruto da observación, pode que equivocada, pero clara para outros, para os que teñen o pais como principio e non como medio, recén chegado señorito da alta sociedade ourensan,Marcos Valcarcel, cultureta de Auria.
Agora saldrán os chicos do coro a dicir o de sempre, cada quen mais ridículo, cada quen mais narciso e sempre botando e botando, todos zapateando.

Anónimo dijo...

Vostede pode opinar iso, está no seu dereito.

Mais a ristra de insultos gratuitos e patéticos que veñen despois desminten que vostede sexa dos que "teñen o pais como principio e non como medio".

Vostede non é críble, señor.

Anónimo dijo...

Quero valorar o contido da mensaxe anterior coma unha manifestación particular, coincidente sen dúbida con outras opinións igualmente particulares. Non penso que haxa que darlle alcance de grupo, aínda que niso probablemente estará disconforme unha parte dos que aquí escriben.

Parafraseando e ampliando o que expresa o Bieito Iglesias máis arriba, diría que calquera figura pública está sometida ao exercicio da crítica e esta por veces é rabiosamente aceda. Non sei se é moi propio considerar como respectuosa a mensaxe que comento, vista a adxectivación e outros extremos. Pero posiblemente nin merece o favor dunha eséxese.

Dío un escéptico.

Anónimo dijo...

Supoño que é claro: refírome á mensaxe que está dúas por riba da miña.

Anónimo dijo...

Sr. último anónimo.
Contando coa venia do Sr. acolledor que nos presta este salón da súa casa:

Buagh...frrrrzzz
Buaghs...oughthzz
Oughztz...Buaghf

(Ou sexa, unha onomatopea dun trousar de mal viño tinto -tipo purrela picada- con sardiñas moles mal asadas de ollos aínda encarnados, de pan de millo reseso que se esfarela e non deixa mollar o prebe, e de excesivo licor café ruín de borras, é o que me produce a lectura das súas palabras.
Ou algo parecido.

Anónimo dijo...

- Este espazo non é privado (aquí pode parolar vostede o que queira). Como na mesma vida (saia vostede á rúa), hai xentes de opinións distintas e non nos chupamos as pirolas.

- Este espazo non está agónico. Creo que ten máis seguidores do que nos din certas estatísticas publicadas no blogomillo. O que está agónico é o nacionalismo que só se mira o embigo. Por exemplo, Vieiros, a voz da oficialidade, que se volveu aburrido e repetitivo. Quitaron os foros e críticas á xestión de Quin, "rien de rien".

- Que fixo ou fai vostede, anónimo, polo seu país?

- Que quere dicir "cultureta"? É cultureta perder o tempo (literalmente) en manter un blog no que se fala de cultura (e de política e de mil cousas máis)? Entón eu aplaudo o "culturetismo".
A vostede, claro, vaille a "alta cultura"... deben de ser eses os que "teñen o país como principio e non como medio" (manda carallo!). Ou se cadra é tal a súa desconfianza do que implica a cultura que todos os que a promoven son, por natureza, descomprometidos, traidores, etc, etc.

- Está vostede no seu dereito de facer as observacións pertinentes sobre a ideoloxía do sr Valcárcel, pero creo que os comentarios que engade logo descalifican a súa crítica (?), acusación (?).

Anónimo dijo...

Pedro Salinas manifestaba unha ledicia insultante por vivir nos pronomes. Vostede, amigo Medela, vive nas preposicións. Eso é infinitamente pior. Laméntoo. E se eu puider... Xa sabe... O que queira...

Xaime dijo...

Anónimo que fácil e instalarse no nunca millor dito anonimato para despotricar.
Teno doado. Despotrique, pero non seña un pelma. Vostede se saíra de viños ou de cañas con nós sería o que está permanentemente serio, pensando no país, no futuro, namentras os máis pensamos cando o Médela se vai tirar a Kyra ou no Llin do Xan da Coba. Ría e deixe rír. Abónese.

Anónimo dijo...

Eu creo, sinceramente, que o Anónimo trabucouse de post. O seu tiña que ir no titulado "A babecada do día".

Anónimo dijo...

Uno, dos, tres, cuatro, no está completo el coro; aún faltan varios chicos y la única musa que tienen.

Anónimo dijo...

Arumes dos piñeiraes: que está pasando en lagoas-marcosende? Estou moi preocupado. De tanto despelote, en público y notorio, non pode vir nada bo.

Anónimo dijo...

Como era aquilo que dicía o Terminator na célebre tradución ao galego?

Anónimo dijo...

O señor anónimo é Dighlósico.
Ten a dighlosia mal. Que lla miren

Anónimo dijo...

E non sabe contar... que ían seis... (Api, XMG, M.Swan, Etxe, Xaime, Arume.
Que lle pregunten a táboa do oito.

Anónimo dijo...

Non pelexen.
Pero a min iso do cartel, de facer país... non me acaba de convencer. Demasiado acedo. Sempre me arde o estógamo. Gústame moito máis o mencía, ou outro tinto bo calquera. A uva catalana... que non sei porque carallo lle chaman país... debe ser parenta do ácido bórico. Ou sulfúrico. Hai que erradicala.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

En Lagoas Marcosende, onde tamén dá a volta o ar (e, como siga así a cousa, vaina dar todo dios), hailles depravación, vicio, luxuria. Menos filoloxía, de todo. E todo desde que me ando eu por aquelas partes (con perdón).

Anónimo dijo...

Se dicir de Marcos Valcarcel que se fixo un señorito e de vostedes que resultan ridículos, é insultar, pregaríalles que colgasen unha advertencia na cabeceira da páxina:" Non son ben recibidas opinións críticas, consideraranse insultos". Facilitiaríase así a identififiación do tipo de blog que é "As Uvas na Solaina"
e de paso poderían tamén colgar o anagrama do PSOE.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Que gran inxustiza: eu si que son un señorito (ou fago todos os esforzos para selo) e ninguén mo di. E Marcos, que é home modesto e frugal, leva esa medalla. Que mal repartido está o mundo.

Anónimo dijo...

Buagh...frrrrzzz
Buaghs...oughthzz
Oughztz...Buaghf
Buagh...frrrrzzz
Buaghs...oughthzz
Oughztz...Buaghf

Agh. Que ben quedei.

Mire, meu.¿E que si así fose, que non lle é, pero bueno, podía ser?
¿E que pasaría se il, eu ou calquera outro fose do PSOE?
¿Sería vostede máis guapo?
¿Sería vostede máis gallego e o qeu optase polo PSOE menos?
Sei onde expenden tabaco, pero carnés de galeguidade, non. Pero non se preocupen. Creo que en Luar ou calquera outro programa da vangarda cultural galega... (Ah non, que a vangarda vai a Cuba, aquí queda o pueblo co Luar), van dar carnés de bo galego e ter peso en Madrí.
¿É vostede máis gallego co Celso Emilio Ferreiro de Longa Noite de Pedra? Déixese de pamplinas simplonas e de identificar calquera cousa, mesmo progresista como o PSOE, cos seus demos particulares.
Viva, foda un pouco, viaxe e bote unhas risas.
¿Diría... Xa o dícía eu!?

Anónimo dijo...

[Outro día, arumes, cóntolle a miña teoría sobre o efecto Farmatint nalgúns semovientes que pululan polos labirintos da casa dos amantes das palabras. Non moi lonxe de onde se move vosté, negociado arriba ou abaixo]

Anónimo dijo...

Non sei se é insultante. Pero a palabra cultureta pode resultar ou unha zafia arroutada de quen despreza canto ignora ou un modo lamentable de descualificar a quen se dedica a labores culturais; igualmente, as expresións narciso, botando e botando, zapateando, de seu, parecen calquera cousa menos unha crítica argumentada: poden resultar, xa que logo, simple falta de respecto moi parecida ao insulto.

Eu non quería que isto empezase, pois notoriamente podía acabar así: mesmo aquí ponderando ao moi mediático PSOE. Anónimo, reciba alusión definitiva de quen posiblemente non debeu empezar: un escéptico que, iso si, sabe ben quen cando Celso Emilio publicou Longa noite de pedra non tiña nada que ver, precisamente co PSOE; sobre certas españolidades dixéronse aquí cousas que admitían matización se un non estivese decepcionado e coma Abraracurcix: cansado, tan cansado.

Igual cá tan silenciada situación de Gaza. Xusto agora que o BNG parece non ter culpa.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Conte, conte. Son unha tumba.

Anónimo dijo...

Crónica para complacer ó Anónimo

por Alguén que estivo alí todo o tempo (xénero: astracanada político-mediática)


Día grande do BNG en Ourense: o mítin central de campaña na localidade. O Pavillón de Deportes cheo a rebosar de simpatizantes e achegados: nótase o gran e esforzado traballo, rúa a rúa, dos militantes nesta campaña. Cando chegan os autobuses das vilas, xa non colle nin un alfinete. O panorama do público é plural, como plural é o BNG: unha organización interclasista na que conviven harmoniosamente o obreiro e o campesiño, o intelectual e o mariñeiro, todos mesturados nas gradas e nas cadeiras, sen distinción de clase ou de rango. Xente coñecida e xente anónima entre o público: o pobo en marcha. As bandeiras e os carteis axíntanse entusiastas cando entra puntual a comitiva que intervirá arrodeada simbolicamente de xuventude sá e nacionalista: o futuro está en boas mans. As luces contribúen a iluminar un recinto festivo, cheo de entusiasmo popular. Sánchez Vidal, máis delgado que de costume, é o presentador do acto cunha breve pero simpática intervención cargada de retranca e de sensibilidade cos eivados. Súarez Canal é o primeiro en intervir: analítico, cáustico, potente, desbroza e explica os lemas da campaña con ardentía: a cita da Ithaca kavafiana amosa non só a un matemático, senón a un home de letras. Tareixa Paz está máis que correcta na súa intervención, enfervorizando os seguidores. Quin está pletórico e sorrinte na súa cadeira porque o éxito electoral se palpa no ambiente. A súa intervención é precisa pero graciosa, conectando perfectamente cun público que ri as súas chanzas sobre Mariano e que aplaude cando asevera que o BNG porá a Galiza por riba de todo: con enerxía e decisión, con propostas e con ideas, con sensatez e diálogo. Finalmente, Iago Tabarés redondea a faena cunha actuación áxil, na que se nota o seu profundo coñecemento dos problemas galegos e ourensáns. Ó rematar o acto, a xente vaise tranquilamente, pero coa seguridade de que o BNG terá un deputado máis por Ourense, de que en Madrid se vai oír a voz de Galicia. Porque desta vez si que votaremos como galegos!

Anónimo dijo...

[Hai que reler o Lazarillo, arumes, sobre todo a parte final, aquilo da "cumbre de toda buena fortuna"]

Nin os máis entusiastas da causa, sr/sra. crónica verdadeira, temos estómago para asimilar tanta metáfora taurina, precisa pero graciosa, sobre o pobo en marcha.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O final do Lazarillo, ese menage à trois, "todos tres conformes", aínda afía máis as miñas ansias. Non me deixe así.

Anónimo dijo...

- Arume non é un señorito é un Dandy.
-Xosé Manuel Gonzalez é un home ao que lle doe a terra.
-Marcel Swan é un despistado, non sabe para onde tirar, pelotea e ao tempo vai de idealista.
-Medela debe de darlle algo aos tripys.
-Apicultor quere marcha e non a encontra por ningures, observa con estupor a agonía do blog.
-Etxe é grotesco.
-Xan da Cova repítese como un hipo.
e Marcos Valcarcel observa aos seus peóns.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Gaza en galego (en español tamén, pero en fin) debería ser Gasa. Dalí procedía na antigüidade esa tela finísima.
Ou iso creo.

Anónimo dijo...

Sr. Anónimo: Vde. fixo da súa profesión o perigo, e non hai niso nada despreciábel... Por iso vou roubar ritualmente unha expresión empregada por Vde. na súa famosa e produtiva alocución: "Estar(se) ao quente".

Penso que vostede había intervir moito, moitísimo máis.

Grazas, señor.

Anónimo dijo...

Creo que o anónimo anterior lle está a suxerir aos das "Uvas" a conveniencia dun novo fichaxe que de xogo, proporcione materia gris, aumente a tensión e apunte mais lonxe política e culturalmente.

Anónimo dijo...

Que monita a crónica alternativa !

Anónimo dijo...

Creo que dramatiza demasiado o SR González sobre as anotacións dos anónimos.
O medio favorece o meter algo os dedos nos ollos, unhas veces nuns ollos e outras noutros, pero non soe haber lesións de importancia.
Os blogs tamén valen para debatir e para matizar, puntualizar. Cando din que este blog se achega mais o PSOE que ao BNG, iso é unha observación, errada ou non, pero non un insulto. Outra cousa é que moleste algo, xa que moitas veces non desexariamos escorarnos a ningún dos dous lados, pero os nosos actos nos definen.
Tamén dicir que este blog resulta mais interesante cando aparecen anónimos, poñendo algunha zancadilla, ata agora con bastante respeto, así que non se queixen nen se rasguen vestiduras.
As crónicas do mitin, parecen feitas con algo de mala milk, ou serán imaxinacións miñas!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu creo, modestamente, que as crónicas do mítin son tan falsas como o propio mítin. Neste blog nada é verdade nin nada é mentira. Todo é asegún a color coa que se mira.

Anónimo dijo...

Ex-amigo Arume: Como se atreve a me comparar con Pedro Salinas??
O meu mestre foi sempre Keith Luger!!!!!!!!!!

jajajajajajajajajajajajajaja

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A súa relación con Kyra tamén se pode medir polas conxuncións, polo de agora, adversativas e concesivas, e, moi axiña, das outras que non me atrevo a escribir por pudor de 7 de marzo.

Anónimo dijo...

Conxunción carnal?? I supous.

Tamén, a quen se lle diga non o cre.
Esta xente non acredita no amor espiritual... Sempre a pensar no mesmo.
Pois agora non hei contar nada.

Anónimo dijo...

A verdade é que aquí o único do PSOE non eventual, convicto, confeso e matizadamente entusiasta, creo que son eu.
En todo caso, únome ao coro de valedores do señor Valcárcel.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Copulativa, Medela, copulativa.

Escoitaba a Ana y Johhny con aquela de
"Tomáme,
libérame del pudor,
y muéstrame
tu cielo confortador".

Anónimo dijo...

Que me repito, pito, pito,gorgorito?. Teño de repetir tres veces cada cousa pra que sexa verdade, como aquela entidade carrolliana de "A caza do Snark" (logo tamén un tal Google,digo Goebbels), tañendo a súa campana e zampando ostias, digo ostras.Sempre o número tres, sábeno ben os psicoanalistas: tres cerditos, sempre tres oportunidades, tres coma tres, tres, tres, periódico puro, fracción xeneratriz dos meus días repetidos: mañá,tarde,noite. O imposible problema da trisección do ángulo, trascendencia de pi,a imposible Trinidade, refírome á imposible unión carnal con aquela rapaza dese nome, e cando digo imposible,é imposible, pensen na anatomía que queiran. E repetir sete veces pra aprender, como é ben sabido, pregúntello aos corvos.
Pezón, perdón, peón do Marcos?. Lembre o que decía Napoleón dos peóns: cada un leva seu bastón de mariscal no "saco de costas" (Rücksack). Nunca se sabe o que vale un peón. Os mellores axentes infiltrados sempres son peóns, como naquela famosa partida de Morphy. Eu morreréi perto da "fila oito". (O oito é un cero có cinto moi apretado, dígoo eu pero se digo que é de De la Serna tén máis mérito).Alicia atravesóu o espello, pero do lado de alá pra o lado de acá.. Sempre os espellos e os hexámetros, menos mal que reusín liberarme do Borges. O espello roto en mil cachos e cada un reflícteme por separado, a Sagrada Hostia (Hôte,host,Hotel de Xesús Cristo), escachada nun número infinito de cachos, como o "libro de area" e o "Corpus Christi" enteiriño en cada un deles,Holograma Sagrado.O meu primeiro holograma, feito polo meu profesor de Óptica (xeométrica,cuántica,física) era unha deidad exipcia,Ramsés...

Traio unha "molla" de carallo. Dez ou doce birras, counting (crows?,crowns?) polo baixo. Qué noite, Deus, qué noite!. Xa lles contaréi, algún día!. Peut-être. Perhaps. Vielleicht. Cando o candil me prende na súa brasa "je vois la vie en rooooseee...si él me parla de l´amour...ejem...".

Arume é "O gran Gatsby".
XM Glz, logo, amante da terra. Vóulle decir a un amigo que fai tatuaxes, que lles tatúe o mapa de Galiza no pubis ás mozas dos nazonalistas galegos, pra que se sentan unidos á terra no momento sublime. Como en tantos antigos mitos nos que un heóre copulaba con Gea, ou, quizáis, abrindo un boquete pra contarlle en secreto á súa terra que o BNG ten orellas de burro como o rei Midas. Algún é un rei Midas ao revés, que todo o que toca o fai merda.
Marcel Swann é "Rompeteitos", na metade do seu "camiño", preguntándolle o xeito de continuar a un garda que, en realidade, é unha planta de cannabis.
Medela é "Lucy in the sky with shiny on your crazy diamonds".
Apicultor é Diógenes, á procura de alguén con quen discutir. Quero decir, alguén á súa altura.Non lle gusta pegarlle aos rapaces. É un abuso.Apaga o candil María Chus-Chús, decía o Diógenes , porque ao final atopóu unha muller no canto dun home...
Etxe, é o King-Kong, chimpando avesouros na ponla alta do castiñeiro.Ou, mellor, quietiño hasta que sexa de noite e volvan ao enxame, que é o que hai que facer en verdade, como me ensinóu meu abó. Always him, filling my whole soul with his beautiful,wonderful knowledge...

Desculpen, amigos este "brain-storming" no blog, nesta longa noite de Vedra, sozinho, no meu mirador, vendo correr o río cara terras estradenses...

Anónimo dijo...

Que sería de vostedes sen os anónimos.

Anónimo dijo...

Anónimo é un home rapiñento. É rapiñento porque me guindou un "L" e me engadiu un "borde". A psicoloxía da xente agroma tan pronto ligan máis de dúas palabras.

Non sei se era Hammett ou Chandler o que bebía ata perder o acordo porque non aturaba a estupidez que o arrodeaba. "¡Estas son mis niñas!", proclamaba co belfo ensumido, os ollos entre alucinados e estrábicos e o careto estúrdigo dun salvapatrias, don Mariano. "¡Mis niñas!" A los niños que les den por culo, ¿por dónde, si no?

O sempre ben traxeado Quin, co desleixo simulado dunha barba peterpanesca porque non se lle deixa crecer, tampouco non sabe contar. "Zapatero hanos chamar", dixo onte mesmo. "Zapatero hanos chamar porque vai precisar de nós, do BNG. E nós contestarémoslle só dúas palabras. (Nótese o de dúas). Primero: Boas tardes. (Ou sexa que Quin sabe xa que Zapatero vaino chamar pola tarde). E segundo: ¡Galiza, Galiza e Galiza! E nada máis que Galiza!." En dúas palabras: im presionante.

O máis bonito que dixo Zapatero ata o de agora foi aquilo de "buenas noches y buena suerte". Na anterior campaña fartábase de repetir: "fuerza y honor" como o Gladiator Hispanus.

Llamazares, con toda a razón da sinrazón que á miña razón facedes, denuncia a fabricación mediática e desapiadada dun bipartidismo que logo, para gobernar, ten que firmar coalicións ou alianzas -non precisamente de civilizacións- a dúas, tres ou catro bandas.

Anónimo non ten o país coma fin nin coma medio nin coma nada. Anónimo, aparte de ser un tocapelotas, ten o país coma dogma. Como dicía un meu amigo, a miña única bandeira son as bragas da miña muller. O nacionalismo choromiqueiro e vitimista que se deduce dos lamentos e reproches (e tamén insultos) do Anónimo, a mais de chegar a resultar atafegante, mesmo noxento, é absolutamente estéril.

Pero, en fin, aqueles que desexen facer de Galiza unha nova unidade de destino no universal, pois que sigan ladrándolle á lúa, mentres outros se follan a Gea e procrean o futuro. Amén.

Anónimo dijo...

Leituga podería agora asumir o liderazgo, pero é demasiado pusilánime, fai ben sumándose ao coro, é o seu lugar.
De Da Cova lerei o seu post pola tarde, non hai como saber picalos para que se expriman
O blog gañaría moito coa miña xerencia,aínda que cuns consellos a Marcos pode ser suficiente. Pero cobro

Anónimo dijo...

Que conste que eu só o fago por divertirme, e a medio prazo sei que polo ben do blog.

Marcos Valcárcel López dijo...

UNHA AGONÍA BEN RARA...
Insiste este Anónimo (recomendaríalle xa oficializar o Anónimo Armadanzas para diferenciarse doutros Anónimos), por varias veces creo, que este blog está agonizando.
Pois eu non o vexo. Recibo no meu correo todas as mensaxes do blog: acabo de abrir as de onte, dende a noite, e hai arredor dun centos delas, en cinco ou seis post diferentes. Iso é un blog agónico? Con tal nivel de participación e debate?

Marcos Valcárcel López dijo...

Mellor que Anónimo Armadanzas, ANÓNIMO ARGALLEIRO: moito máis enxebre, non? e eliminamos un castelanismo.

(Na miña mensaxe anterior: "dun cento delas", obviamente).

Anónimo dijo...

¿E vostede cré que ten que dar explicacións? ¡Por favor, señor Valcalcel!

Anónimo dijo...

Vaia, andan por eiquí deses xerentes listísimos que sempre coñecen o xeito de reflotar empresas de outros, pero nunca se arriscan a unha empresa propia. E nunca se arriscan a retribuciós en base a obxectivos cumpridos. Eso é pra os outros, eles prefiren contratos blindados.
Nada, nada, Anónimo. Monte vostede o seu propio blogue, é ben sinxelo, técnicamente. E demóstrenos aos outros cómo se compite eficazmente nesta selva que é a blogosfera.

Anónimo dijo...

Da Coba is God

Anónimo dijo...

E se non é Deus, aínda lle chega con só ser Da Coba.

Anónimo dijo...

Afinen o senso que se lles vai un pouco, en canto a agonía, oxala sexa unha falsa percepción miña.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Anónimo Vie mar 07, 05:54:00 PM: Vostede è italiano. O marabilloso dizionario De Mauro explica o seguinte da palabra
AGONIA: fam., scherz., ciò che provoca una noia insopportabile e interminabile: essempio: "la conferenza di ieri è stata proprio un’agonia".

Anónimo dijo...

"La agonía del cristianismo", aquel título dun libro de Unamuno ("Unamona" como di un colega) que tantos disgustos lle costou ao autor por por aquilo dos malentendidos entre certos roncovarelas de entón

Anónimo dijo...

E por que motivos un colega seu lle chama "Unamona" a don Miguel de Unamuno?

Anónimo dijo...

Unamuno, profesor de linguas mortas, opoñíase no parlmanto republicano, diante de Castelao, á oficialidade de linguas vivas coma o galego.

Os galegos eran para Unamuno avaros, e estaban sempre chorando "con gaita ou sen ela"

"Castilla, el alma de España" e "Me duele España".

Anónimo dijo...

Aaaah! Ou sexa, que porque un señor hai setenta anos seica opinase e fixese iso, xa merece que moitos anos despois de morto se lle insulte chamándolle "Unamona".

Está ben. Sen dúbida o seu colega é un fino analista moi, pero que moi preparado, ademais de posuír un talante digno de todo eloxio.

Felicíteo da miña parte. E, de paso, podería suxerirlle que lese a correspondencia que Unamuno mantivo durante moitos anos co máis granado da intelectualidade galeguista (que ben "parvos" tiñan que ser logo segundo o seu colega por falar con quen os chamaba avaros e chorróns).

En fin...

Anónimo dijo...

Pode o Apicultor agasallarnos con algunha referencia bibliográfica desa correspondencia, móveme a curiosidade.

Anónimo dijo...

Agora de memoria, lembro a Valentín Paz Andrade e a Roberto Blanco Torres. Pero non teño aquí as referencias exactas a man (vagamente: o epistolorio do primeiro en Edicións do Castro, e do segundo o publicado pola Universidade de Salamanca, coido). Por outra banda, tamén creo lembrar que Otero Pedrayo e Castelao se teñen referido con respecto a Unamuno (e desde logo nunca chamándolle "Unamona").

Con seguridade que Valcárcel -ou outro contertulio- lle poderá dar indicacións moito máis precisas e completas.

Anónimo dijo...

O vasco Unamuno.

"El vascuence y el castellano son incompatibles dígase lo que se quiera, y si caben individuos no caben pueblos bilingües. Es éste de la bilingüidad un estado transitorio". Aí falou, don Miguel.

Marcos Valcárcel López dijo...

ALEXANDRE RODRIGUEZ GUERRA recolleu o epistolario de Unamuno con intelectuais galegos, republicanos e galeguistas. uN traballo excepcional publicado pola Xunta. Dediqueille algún artigo hai anos. O mesmo autor ten en 3C3 un libro sobre Unamuno e a lingua galega: é coñecido que o intelectual español tiña graves reticencias fronte ás linguas periféricas e polemizou cos galegos e cataláns nas Cortes.

Anónimo dijo...

Moitas grazas a Marcos e Apicultor pola información, tamén polo incisivo apunte de XMG.

Anónimo dijo...

Tamén pode ler, anónimo, este discurso de Unamuno sobre o papel das linguas "regionales" na constitución republicana:

http://www.segundarepublica.com/index.php?id=57&opcion=7

Un simple apuntamento:

"Yo confieso que no veo muy claro lo de la cooficialidad, pero hay que transigir."

Anónimo dijo...

O anónimo que ataca a Marcos ten vocación de entomólogo, quere clasificar as persoas e metelas en caixiñas, ben clasificadas. Que é un señorito? E que? Que ben que un señorito traballe por Galiza como el o fai. Porque, señor anónimo, non só se traballa polo país pegando cartaces ou asistindo a mitins. Son do Bloque, mais se sei un día que me clasifican ou coartan a miña liberdade, a de ser como son e falar e intimar con quen me pete, por suposto que lles digo "adeus, moi boas". Este tipo de intromisións son propios doutra época, inspirada no stalinismo. Os e as que eu coñezo non actúan así; pero vese que por aí aínda fican resaibos. Coñezo xente dalgún partido que ten unha conciencia galeguista non menor que outros nacionalistas e que actúa en consecuencia. Que manía a de pensar que temos a chave da verdade sempre. O meu apoio ao Señor Valcárcel.
Oxímoro

Anónimo dijo...

Por outra banda, Marcos ten tanto de señorito como eu de monxe tibetano.

Anónimo dijo...

Don Marcos Valcárcel is God!

Anónimo dijo...

Por certo, saben que Unamuno tivo unha filla casada cun anarquista galego? Máis tarde separáronse e el foi para Costa Rica onde volveu casar. Trátase do xornalista Néstor Mourelo Vila que fundou dous xornais anarquistas en C. R.
Oxímoro