6 mar. 2008



O QUE CALAN

Andoliña xoves 6 marzo. Imaxe: Masquerine, de Giuseppe María Meteli, 1692.


Dos nosos líderes políticos importa tanto o que din como o que calan. Xa sabemos que Rajoy quere, tamén aquí en Galicia, conseguir votos defendendo o castelán, como se este fose atacado ou agraviado nalgures: pobriño do castelán, desaparecido das televisións, dos xornais, da Xustiza, da liturxia, da vida empresarial, etc. Todo en rigoroso galego normativo, pobriño do castelán!! Rajoy asume o discurso de Galicia Bilingüe e logo os populares chaman ó voto presumindo da orixe galega do seu candidato. O mundo ó revés.
Imos co que calan. Por exemplo, é case seguro que non vai haber maiorías absolutas: por sorte, na miña persoal opinión. Xa sabemos que Zapatero pode pactar a varias bandas: CIU, PNV, ERC, IU, BNG, etc. E con quen pode pactar Rajoy? Despois dunha campaña tan antinacionalista, vai pactar con CIU? Vai volver ó “catalán na intimidade” do seu mestre Aznar? Vaise achegar a Esquerda Unida?
No caso dunha hipotética vitoria, Rajoy precisaría o apoio dun ou de varios dos grupos nacionalistas para ser investido. Pero fixo unha campaña destinada a rachar todas as pontes. Ademais, os seus votantes, despois do escoitado, non llo perdoarían. Teno moi difícil.

55 comentarios:

bouzafria dijo...

Que Deus escoite as nosas preces anti maiorías absolutas. O Funambulista Coxo trocoulle intelixentemente o nome a ese grupo que se sinte perseguido. "Galicia Bífida".

marcel swann dijo...

Os dous (ZP e Rajoi) calaron moitas cousas no debate. E tamén dixeron moitas medias verdades.

Lin hoxe n'a Vanguardia dunha anécdota que adoitaba contar Pujol nos mítins para xustificar que non sempre os políticos teñen que dicir a verdade.

Preguntáballe o Honorable á concurrencia: "Por que pensan vostedes que Cristo non lle díxo aos seus apóstolos desde o principio que o ían crucificar? De sabelo, os discipulos non o seguirían, e non habería máis historia que contar."

Si, señor. Pujol. Un político "de raza" (como se dicía antes)

apicultor dijo...

Excelente a entrevista-cricifixión a Mariano Rajoy hoxe en El País.

Pobre Mariano (que lle dean)!

apicultor dijo...

... crucifixión...

marcel swann dijo...

Ollo, porque vendo os anuncios nos xornais constato que o psoe está a facer unha campaña na que é maís importante o xesto ("la sonrisa") ou o ataque á imaxe do rival ("No es lo mismo", mentras amosan as fotos de De la Vega e Acebes) que a ideas concretas. Ítem poderiamos dicir do corte de famosos que saen nos vídeos do psoe para apoiar a ZP.

apicultor dijo...

Poño a disposición dos interesados o Informe de Expertos para a reforma da Lei Electoral de Cataluña.

Canto temos que aprender os galegos!

Xaime dijo...

Apicultor, vou ter que concertar unha cita con Rajoy para que limen as asperezas.
Como se pon ;) ou :) .

arume dos piñeiros dijo...

Lin esta tarde a entrevista con Rajoy en EL PAÍS. Teño que recoñecer que me sorprendeu: tiña millor impresión de Rajoy. Hoxe pareceume un probe home que non sabe o que ten entre mans. Contradictorio e tatexante de ideas. Incapaz para presidente. E teño que dicilo porque tíñao en máis alta estima.
O Javier Moreno, unha "pícada víbodita". A ver mañán co Zapatero como fai.

apicultor dijo...

Non, por favor, don Xaime, non me faga esa faena.

arume dos piñeiros dijo...

Xa mirei as conclusións dese mediterráneo descuberto pola Comissió d'Experts. Abofé que o que máis traballou foi o que pasou a limpo as 128 páxinas.

apicultor dijo...

Non se trata de descubrir ningún mediterráneo nin creo que fose esa a intención dos expertos. Simplemente propoñen medidas que, non por coñecidas, non deixan de ser necesarias.

Coñece, Arume, que noutras CA ou no EE se teña proposto facer un traballo de reflexión e propostas para unha mellor funcionamento do sistema electoral? Eu non.

Ah, e conviría que lese o texto enteiro- modelo de sobriedade e de ir ao gran- e non só as conclusións.

Que carallo de filólogos hipercríticos estes! :-)

arume dos piñeiros dijo...

O feito de que escriban xa é moito. Eso que levan de vantaxe. Aquí en Galicia, vostede, que circunscripcións faría? Arrisque.

Porque o demáis xa está (máis que) inventado; só falta decidir (o gran, vaia): voto electrónico, máis horas para votar, doble voto (listas abertas e pechadas), transparencia na elección interna dos candidatos, imparcialidade dos medios...

apicultor dijo...

Eu son un pobre peón, pasmón, sen opinión... (homenaxe intertextual).

Coido que vostede, Arume, xa que vai trocar sensatamente a filoloxía pola politoloxía, podería facer unha estrena de luxo arriscando ao efecto.

Veña, que de aquí a participar na tertulia postelectoral na TVG só hai un paso!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Vai a miña ocurrencia: Circunscripción por comarcas. Na maior parte delas un só representante como no Reino Unido(o que gaña vai a). Nas áreas urbanas dous e en Vigo e Coruña tres.
Ocurrencia, pero a estudiar, ollo.

Servizos informativos TVG dijo...

Señor Arume: Estamos interesados en contar coa súa colaboración como comentarista político no programa que, co gallo das eleccións de 9 marzo, se celebrará a partir das 20:00 horas.

Bos canapés, mellor emolumento.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

De emolumento, quen vai: Scarlett ou Monica?

Censor dijo...

Confórmese co Piñeiro que sempre anda pensando no mesmo (useáse emolumento femenino).

apicultor dijo...

Ve, Arume, como llo dicía eu? Estes da TVG están atentos á última.

O malo é o emolumento, si, pero os pinchos sónlle caralludos.

medela dijo...

A camareira xefa é Jessica Alba, e a supervisora dos petiscos, Elisabeth Hurley.

Eu tamén estou convidado. Se puidese ir...

apicultor dijo...

E quen son esas? Se poidera poñer unha foto para facermos unha composición de lugar...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Podemos facer unha proba, co permiso do anfitrión. Quedamos o domingo aquí ás 8 para comentar os primeiros avances e toda a noite electoral. A ver cantos espectadores lle quitamos á televisión ou á radio. Estaría ben. Os petiscos ao Catering Hepburn.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Amigo Apicultor: Aínda que polo patronímico parezan de Lobeira, e/ou pola súa beleza, sonlle de moi lonxe...

FOI MOZA DO ARUME DOS PINHEIROS

QUERIA SER MOZA DO XOHAN DA COBA

apicultor dijo...

Picaches, picaches, que tunda levaches!

;)

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Esta non quixo ser moza do Apicultor, por iso rabea.

HOLA, ME LLAMO APICULTOR, BAILAS?...NO

apicultor dijo...

E seguirei rebeando por toda a eternidade, Medela. Amo a Laura!

medela dijo...

Discoteca Manitou, Rávena, 1974.
Soando unha de Sandro Giacobbe.

APICULTOR: Bailas??
LAURA ANTONELLI: No.
APICULTOR: Y luego??
LAURA ANTONELLI: Luego... Tampoco.

Vostede que pensaba, Apicultor, que era chegar e botar, chegar e encher, que era a festa de Cristosende??

A verdade que a rapaza é ben bonita.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

La vita è così
Non l'ho inventata iiiiiio.

Guarda che notte, guarda che luna

apicultor dijo...

Fico pasmado, Medela.

Quen lle puido informar que no 1974 estiven en Rávena e que, en efecto, esa foi a única ocasión na que puiden ter a Laura Antonelli tan preto e, ao tempo, tan lonxe?

Podería contarlle longo e tendido, pero non podo, os recordos apréixanme as cordas vocais e afógome...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Tome folgos e fale, Apicultor, fale. Sobre todo, tendido. Cal era o escritor favorito de Laura? Sempre pensei, en todo caso, que aquel encontro tivera lugar en Rimini, ao lado da casa da Gradisca.

apicultor dijo...

Era pleno agosto: 1974. Fora eu a Rávena a visitar a tumba de Dante e o Mausoleo de Gala Placidia. Paraba nun coqueto hoteliño da Via Baccarini, moi preto do Museo del Risorgimento, levado pola miña vella devoción por Giuseppe Mazzini.

Ía calor aquela noite e eu estaba só. Desde a miña ventá ollaba como a xuventude pasaba alegre nunha dirección única cara un establecemento luminoso que logo identifiquei como a Discoteca Manitou.

Decidín guiarme pola maré humana e entrei. E alí estaba ela, no cume da súa beleza. O ano anterior estrenara "Malizia" e "Peccato veniale". Pero todo o mundo a ollaba desde a distancia. A célebre impulsividade dos italianos era un bluff.

Armeime de valor, como se estivese nunha verbena de Cristosende, e… (non, non podo seguir, síntoo, …).

XDC dijo...

A rapaza sacara o seu ollo de cristal e pousárao na barra da "boîte", pra tomar algo, trancuila. Achegóuse o Medela, e preguntóulle:" Bailas?". Respóstalle ela: "Non". Él: "Elojo?". Ela:" El ojo tampoco baila".


Cristosende, Castro Caldelas,...algún día contaréille, non unha, senón dúas historias, Apicultor. Quizáis tres. Unha delas, Historia, con maiúsculas.

Guarda que luna, guarda que mareeeee...e non me compare ao Giacobbe có Gianni Vela.

Traio unha "molla" da caraio.

arume dos piñeiros dijo...

Vou para Santiago cun sorriso nos labios. Moitas gracias a todos vostedes. Non sei que sería de min sen este blog. Teñan bó día.

Anónimo dijo...

Aquel día o Apicultor coñeceu a Francesca de Rímini, e iso que ía a ver a Laura.

apicultor dijo...

A miña historia con Francesca de Rimini foi un encontro fugaz e fantasmal no segundo círculo, alí onde o terrible Minos examina as culpas dos que entran, entre a dor punzante e horribles berros.

Apenas lle puiden dicir unhas palabras: ”Francesca, i tuoi martìri a lagrimar mi fanno tristo e pio”, pero quedou gravada a fogo na miña memoria a súa triste resposta: ”Nessun maggior dolore che ricordarsi del tempo felice ne la miseria”.

laura antonelli dijo...

Mi hanno avvertito che in questo blog si parla di me. Sono felice di ritrovare, sia virtualmente, quell'uomo che mai dimenticarò nella notte più bella della mia vita, sotto i ponti di Comacchio. Non si chiamaba Apicultor, ma ho riconosciuto la sua parola, la sua propria lacrima. Le strade deserte, silenziose. Mamma mia. Non posso, non posso. Anch'io... Un mio bacio, dalla tua "maialona": tu sai bene.

apicultor dijo...

Era eu, cara Laura, despois de tantos anos aínda recoñeciches a miña voz, o meu alento...

Pasou o tempo, o inexorable, e xa non gasto aquela melena que tanto se enredaba nos teus delicados dedos naquela calurosa noite de agosto.

Pero este son eu hoxe e sego dicindo que Ti amo. Sempre te amarei, belisima Laura.

apicultor dijo...

Este, son este hoxe: Ti amo.

apicultor dijo...

Este si: Ti amo.

medela dijo...

Apicultor, se chego a saber que lle gustaba tanto a Laurinha Antonelli, penduro antes a fotograf�a...

Despois lle conto, amigo.

medela dijo...

Ah, daquela vostede non se chamaba Apicultor... mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm

Api, tal vez???

Laura Antonelli dijo...

Il suo nome per me era Frabizio Vespa. Fa-bri-zio-Ves-pa. Urlaba di piacere quando io ripeteva il suo nome lentamente, mentre io con la mia... Va bene. Non proseguire. Per che ricordare?

Doniña dijo...

Sr.Medela: Xa tomei nota do recado que me deixou no outro fío (Paseime para este que alí hai moito gas tóxico).Conto que nestes días de Semana Santa poida chegarme a Lobeira, ademais é boa ocasión para concretar con D.Atilano o asunto do pendón.
Ben pensei, cando vin a foto do lago de filoloxía da uvigo, que estaba de volta de Uzbekistan. Mesmo me pareceu que era a Kyra a que se estaba a refrescar, xa lin despois que era unha modelo, pero un aire dalle. Parabéns polos progresos! que un beixo é un beixo, e quen lle di ca chegada da primavera Karakalpakistaní non lle facilita as cousas? vostede siga nesa liña, sen presas pero sen pausas que todo chega. Eu pensaba deixarlle caer algo a avoa Concha, para que o impacto, cando se presente con ela en Lobeira, non seña tan forte como o da veciña coa nora xaponesa. Vostede dirá.
Unha aperta e : thank you! polo seu is god.
Pd / Non dé moito tino a comentarios maledicentes, que se a envexa fose tiña... xa sabe.

medela dijo...

Doniña e God, e é riquiña!

Anónimo dijo...

Querida Doniña: Alégrome por recibir a súa atenta comunicación, neste páramo centro – asiático, onde o sol queima e o ar conxela…

Xa vexo que por aí continúa a dama da gadaña a esixir tributo, sobre todo sen dar oportunidade de defensa. Escoiteino en Radio Tolmacheva - edición para os países de fala lusófona (107.2 FM), á hora do almorzo.

Non se preocupe polo pendón, xa está avisado don Atilano; espero vela na procesión do Viso, en Lobeira, a ter man do estandarte, con xesto serio e devoto. É vostede dama piadosa e adaptada aos costumes populares.

Faga favor de non lle comentar nada á avoa sobre o affaire amoroso con Kyra. Despois do que pasou con Honesta (a da Pura, a da Digna, a da Aparecida, as da Canella), só lle faltaba isto.

O beixo mal demorou unha milésima de segundo, mais a min, paradoxalmente pareceume unha eternidade. Kyra non dixo, nin fixo, nada. Sería mellor que me tivese remangado unha labazada. Polo menos sabía que o beixo fixera efecto.

Desculpará, Doniña, mais as fúnebres noticias del Reino de España puxéronme mal corpo.

É vostede un sol.

Beixo respectuosamente a súa man.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Querida Doniña: Alégrome por recibir a súa atenta comunicación, neste páramo centro – asiático, onde o sol queima e o ar conxela…

Xa vexo que por aí continúa a dama da gadaña a esixir tributo, sobre todo sen dar oportunidade de defensa.

Non se preocupe polo pendón, xa está avisado don Atilano; espero vela na procesión do Viso, en Lobeira, a ter man do estandarte, con xesto serio e devoto. É vostede dama piadosa e adaptada aos costumes populares.

Faga favor de non lle comentar nada á avoa sobre o affaire amoroso con Kyra. Despois do que pasou con Honesta (a da Pura, a da Digna, a da Aparecida, as da Canella), só lle faltaba isto.

O beixo mal demorou unha milésima de segundo, mais a min, paradoxalmente pareceume unha eternidade. Kyra non dixo, nin fixo, nada. Sería mellor que me remangase unha labazada. Polo menos sabía que o beixo fixera efecto.

Desculpará, Doniña, mais as noticias do Reino de España puxéronme mal corpo.

É vostede un sol.

Beixo respectuosamente a súa man.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Srta. Antonelli: Podía darnos a súa versión dos feitos neste noitébrego asunto??

Saúdos para o seu (en teoría) ex - mozo Apicultor (a. "Apy" e "Fabrizio")

Grazas.-

Laura Antonelli dijo...

Posso, amico Giulio, parlare con piena discrezione. Io non abitavo in quel tempo in Ravenna. Io giravo il mio filme "Mio Dio come sono caduta in basso!" e doveva vivere intensamente il mio ruolo di Eugenia di Maqueda, una donna sposata da giovane con un bel uomo che è il suo fratello. Devo dire che quando ho visto arrivare Fabrizio ho capito veramente la forza del mio personaggio. Ma il suo incanto (quella voce con quel italiano estrano domandandomi per il mio scrittore favorito) mi era tramontata sul piano vorrei dire mistico. Le lacrime impediscono di proseguire. Dopo...dopo. Non posso. Scusi, amico Giulio. Un'altro giorno. Magari domani.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Menos conto, srta. Antonelli, que vostede é eslovena...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Lauriña:

O tal Fabrizio éralle un rapaz galego de boa familia, recén recibido de doutor en filosofía e letras. O Trimph convertíbel que levaba era emprestado por unha súa moza de Caín, Cantabria.

O tal Fabrizio ("Apicultor", "Api"), levaba 25.000 pesetas que llas tiña dado a súa tía Lugarda, monxa técnica en grao medio, natural de Xermade, Lugo e veciña de Pozo de la Mujer Muerta, (Castilla y La Mancha); os cartos sumíranse de seguida... {cont}

apicultor dijo...

Pero Medela, como é posible que saiba tantas cousas de min?

laura antonelli dijo...

Lui era un gentiluomo, pulito e anche biondino, con un papillon di seta blu sul candido gilet. Lei dice che veniva di buona famiglia: io la credo, perche fu invitata tutti i giorni, anche per visitare la mia mamma in Trieste in un yacht che partiva dalla Giudeca. Fabrizio era innammorato; io mi lasciava andare. Lui mi baciava dolcemente sul mare silenzioso, con le luci spente e la luna bianca incantata, sorpresa e impallidita. Fabrizio, Fabrizio. Sotto i ponti, verso il mare. Questo ricordo mi fa impazzire; sono ubbriaca oggi in questa terrazza di via Margutta sotto l'ombrellone. Prendo un nuovo spritz nei miei labbra per riccordare Fabrizio. Fa-bri-zio-Ves-pa. Addio.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Apicultor ("Fabrizio", "Api", "Vespa") tiña ben merecida sona de conquistador.

En Compostela non había moza (sobre todo das de clase media do interior) que se lle resistise. As futuras mestras, bibliotecarias, forenses, secretarias de tribunal, boticarias, etc., de Forcarei, Lalín, Viana, Bande, Xermade, Ourol, Cristosende, etc, ben o coñecían.

Atinxiu lugar fixo non descontinuo no Olimpo dos dandys o día que os guerrilleros de Cristo Rey lle meteron un susto de morte, na praza de Galiza (maio de 1974), cando viña de mozear coa sobriña - neta de Eamon de Valera (q.e.p.d.). Case o levan para o piso franco do canellón das Trompas.

De todo o modo, sempre foi un rapaz discreto que nunca presumiu nin se gabou dos seus éxitos.

Cando se recibiu de doutor, tomou un ano sabático; quería dar a volta ao mundo. A súa tía e madriña Lutgarda deulle 25.000 pesetas das de entón, e co Triumph emprestado, aí temos o Apicultor no night club 'Manitou' de Rávena, a tomar un Campari e a ollar para a Antonelli.

A Antonelli permanecerá impasíbel cando o disc - jockey metera "Whole Lotta Love", dos Led Zeppelin: O persoal botábase polo chan. Laura animouse un pouco con "Rumore", de Raffaella Carrà.

O gólgota particular do Apicultor comezou cando deu en soar "Ti amo", do Giacobbe.

E Rávena non foi Cristosende, Apicultor.

NÉGUEO, APICULTOR... QUE TODO SE SABE.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Na verdade, non mo explico. O de Modesto foi mesmamente chegar e botar, chegar e encher. Quen llo ía dicir, cando andaba a coller troitas á man no Miño vello, alá na Terra Chá...

Saúdos para don Xaime de Lugo.



MODESTO, REXO TERRACHAIREGO

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ryma foi dama de honor (miss simpatía) no concurso de Miss Karakalpakstan, no 2000.

Páxina oficial do concurso:
PÁXINA OFICIAL DO CONCURSO MISS KARAKALPAKSTAN

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ryma Nursultan, neta de deportado tártaro, heroe da grande guerra patriótica contra o nacionalsocialismo e veterano da guerra civil española.

Ryma é enxeñeira termonuclear, 27 anos. Traballa como xefa de sala en McDonalds-Nukus.

Descende por liña directa do grande Kublai Khan.

Foi miss simpatía no certame miss Karakalpakstan 2000.

É moza de Modesto Domínguez, compañeiro de fatigas neste ex-lugar.

RYMA NURSULTAN