estamos de parto...
(Imaxe: Autobús dos mixtos no mercado de Allariz)
Miren se ando toliño que decidín abrir outro blog:
Ourensanía. Fotos de Ourense. Lugares, personaxes, libros.
Pois aquí estamos. Ourensanía-Fotos de Ourense nace como o primeiro fillo de As Uvas na Solaina, dalgún xeito complementario da bitácora principal.
A miña intención é deixar aquí un amplo Arquivo de Fotos de Ourense en diferentes perspectivas: lugares, personaxes, libros.
Aparecerán tanto fotos antigas como modernas, fotos propias como doutros medios (as que me parezan máis interesantes). Por suposto, admítense achegas de todos os interesados/as en función do perfil deste novo blog.
Ourensanía funcionará como Arquivo Clasificado tamén das fotos ourensás das Uvas (alí as etiquetas remiten ós temas de texto, non ás fotos).
As fotos aparecerán organizadas, co sistema de Etiquetas, en dúas direccións:
(1) Por cronoloxía: Ourense Antigo, Medieval, Moderno, Século XIX, s.XX, s.XXI.
(2) Por temática: Escritores. Artistas. Arquitectura. Teatro. Música. Turismo. Monumentos. Prensa. Asociacións. Xentes populares. Políticos. Liceo de Ourense. Clube Cultural Alexandre Bóveda, etc. Ademais, os chamados Autores Principais (p.ex. Otero, Blanco Amor, Risco, Cuevillas, Ferrín, Casares, etc.) terán unha etiqueta propia.
Ademais de fotos, arquivaremos tamén imaxes artísticas, carteis, anuncios, etc.
Por que Ourensanía? O nome é un préstamo e homenaxe ó Manifesto da Ourensanía que hai uns anos redactou o poeta Luís González Tosar e asinamos un mangado de autores ourensáns. Aspiro a, nun prazo non moi longo, ter clasificadas aquí un par de centos de fotos ourensás (xa están no meu ordenador). Quizais este material, iso agardo eu, sexa útil para estudiantes de diferentes niveis, xornalistas, historiadores, documentalistas, investigadores sociais, arquitectos, afeccionados á fotografía, etc.

16 comentarios:
Se admite certa tolemia no seu afán, case sería mellor chamarlle Ourensania ca Ourensanía.
Manterei o de Ourensanía, pero non estaría mal o de Ourensania. Pero vaia polo Manifesto de L. G. Tosar. Abro con 7 imaxes: Bus dos Mixtos, Xoán da Cova, A Bilbaína, Sibila Pérsica, Tovar en Castro de Beiro, Homenaxe a Casares e Basilio Álvarez.
Don Xoán da Cova, o noso: pásese por alí, que alí está o retrato do seu antecesor e pai do seu heterónimo.
Saúde a todos/as.
Acabo de colgar outras 14 fotos ourensás, e con estas xa van 22. As novas, ademais de retratos de Curros e Cuevillas e algunha foto que xa saiu nas Uvas, son case todas imaxes de artistas: Xesús Vázquez, De Dios, Fiz Valcárcel, Virxilio, Buciños, O Carrabouxo, etc.
Moi boa idea Marcos, coñezo a algúen que ten unha boa presa de fotos do Ourense que vai desaparecendo por mor da "modernidade", todas esas fermosas edificacións do pasado século das que cada vez xa quedan menos. Ao mellor róuballe a idea e facemos avó ás Uvas daSolaina.
A tarde que chimparon a torre dos bomberos que estaba porriba da Praza dos Bombeiros, alá estaba o Quintairos cunha cámara daquelas vellas filmando todo. Imaxino que terá a película aínda. Lembro terlle comentado que, coa cantidade de funcionarios que ten o concello, non houbera un encargado de facer esa clase de filmaciós históricas.
bomberos=bombeiros.
Praza dos Bombeiros= Praza das Mercedes.
(Estou parvo, pra variar).
Don Xoán, xa viu a foto do seu antecesor en OURENSANÍA-FOTOS?
Recollín no Liceo o seu último agasallo: no especial de música galega trae unha entrevista co SUSO BAAMONDE, pero as fotos son malas. Teño que buscar outras mellores para poñelo na OURENSANÍA.
Para ANA BANDE: CANTAS máis fotos destas se difundan mellor. Oxalá vaia adiante ese "netiño"...
Xa vin ó meu antecesor, xa.
Teño eu unha foto con Suso Vaamonde na que estamos pelando patacas os dous, un frente ao outro. Pero, claro, é unha foto persoal, sin interés "social".XDD.
Don Marcos. Quédalle no Liceo unha foto simpática prá súa colección de orensanía.
Unha fantástica idea, amigo Marcos. En Ourense estamos moi faltos dun verdadeiro traballo colectivo de recuperación da nosa memoria audiovisual. Aí estiveron fotógrafos como Pacheco (envexa sinto do arquivo de Vigo), Samaniego, Schreck, Villar, etc. e apenas temos nada do seu traballo de décadas.
Parabéns pola idea, e non se esqueza de pór algunha de Ervedelo.
No coche de línea da foto vai mais xente no tellado que dentro. Levaban animáis atrás, prá feira, por eso eran "mixtos". Algún chófer dixo que eran máis animáis os de diante que os de atrás.
Unha vez viña a caixa dun ataúde atada no alto, que a mandaban das Vascongadas. Un viaxeiro que iba no alto, porque non se cabía abaixo, metéuse dentro pra non mollarse, porque empezara a chover. Nalgunha parada subíu outro. O que estaba dentro da caixa sacóu a man pra ver se rematara de chover, e o outro saltóu do coche en marcha, có medo.
Parece moi animada a xente toda arredor do coche de línea. Propóñolles un exercicio mental. Sonoricen a escea. Imaxinen as conversaciós, pero imaxínenas en castelán.
Susto parecido, da Coba, conta Fole no Cartafolio de Lugo. Só que era no cemiterio vello (actual avenida de Ramón Ferreiro, onde está o Gran Hotel), o paisano enteiro saíu de dentro dunha sepultura e preguntou: "Oíches ho. Que hora é?". O interpelado, seica empregado de alí, saíu a escape.
Desculpen o intervalo lucense na ourensanía. En todo caso, de neno moita gana tiña eu de ir no cimo do autobús.
Noraboa Marcos!! é unha idea estupenda e un agasallo para os que somos de Ourense ao lonxe. Graciñas!
Publicar un comentario