oS SOLDOS DOS CHOFERES
Andoliña xoves 27 marzo
Cóntanme na rúa que anda na boca da xente o ruxerruxe dos soldos dos choferes da Deputación de Ourense. Saíu a nova nun xornal de Madrid, hai uns días, e máis de un quedou abraiado de non sei cantos miles de euros que din que teñen no convenio: seica cobran tanto como os funcionarios do grupo A da Xunta.
Pero eu creo que merecen estar ben pagados. Vexan as miñas razóns. Quen sería quen de soportar un horario semellante ó que padecen algúns políticos, case 24 horas ó pé do canón, sobre todo en tempos de campaña e precampaña? Pois o chofer aí ten que estar, ó carón do xefe: en mitins, enterros e lareiras, en calquera lugar onde se cociñen os votiños dos ratiños de aldea, que dicía o Lamas.
E como se pode pagar, ademais, a súa discreción? Porque, se alguén sabe o que pasa neste país, ese alguén ten os perfís exactos dun chofer dun político: cantos segredos pasan por diante dos seus ollos que valerían unha fortuna en calquera medio de comunicación? E, por riba, están os dereitos de imaxe: se lle houbese que pagar ó chofer de Baltar por todas as fotos en que sae, en segundo plano, creo que non habería no país orzamento capaz de afrontar o seu soldo.

2 comentarios:
Algús deles ben que o merecen. Fan máis horas que o reló. Porque, na práctica, están aí, esperando, mesmo a altas horas da noite, mentras o "xefe" se toma unhas copas. Como se non tiveran horario ou muller e fillos. Pero pregúntenllo tamén aos choferes de cargos do PSOE e do BNG.
E non me tiren da lingua. Que son quen de acabar por dar nomes propios e momentos e lugares concretos.
Publicar un comentario