26 mar 2008

Os soldos dos choferes (e outras cousas)

algúns din que os choferes da Deputación de Ourense cobran cantidades astronómicas...

Un capitán do Exército aconsellla a unha subordinada non denunciar unha violación "por ser culpa súa" (El País, 26-3-08). Os compañeiros do cuartel de Hoyo de Manzanares exculpan ó acusado e aseguran que a moza quería vingarse por "haberle dado plantón".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Espiñento tema o da soldado.
Palabra contra palabra.

Anónimo dijo...

no mundo dos lobos, ouvear coma eles

Anónimo dijo...

A Nosa Terra, un globo que se desinfla

Nin catro meses pasaron da posta en marcha do novo diario dixital d´A Nosa Terra e a dirección da empresa acaba de botar a tres das súas traballadoras…

Prometía moito o novo proxecto empresarial da xa centenaria cabeceira pero parece que quedou en nada. A dirección do novo medio non ten sabido adaptarse aos cambios que esixen unha nova publicación, tanto no eido dixital como no propio semanario.

O resultado, o despido de tres traballadoras logo dunha asamblea de traballadores e a saída do coordinador do diario dixital. Unha situación á que se chega logo da desidia e abandono do xornal electrónico por parte da dirección e da subdirección do medio.

O SXG acaba de denunciar esta situación, especialmente impactante por producirense os despidos logo dunha asamblea de traballadores da que saiu un escrito asinado por 21 deles dos 29 que compoñen Promocións Culturais Galegas, S.A. empresa editora do medio. Un escrito no que se lle pedía á empresa explicacións polo traslado forzoso de Santiago a Vigo de catro traballadores e sobre a nova liña editorial do medio. Unha intranquilidade que está presente en cada un dos asalariados de Promocións Culturais Galegas, S.A e que se puxo de manifesto nesa xuntanza.

Agora terán que ser director, subdirector e conselleiro delegado os que den explicacións ante traballadores e, especialmente, ante quen pon os cartos. Ante os primeiros para informarlles de cal é o futuro nesta empresa e ante o segundo para dar conta do resultado da inversión realizada polo empresario Jacinto Rey.

O único que falou do asunto ata agora foi Alfonso Eiré, conselleiro delegado do grupo, quen, en declaracións a EFE, dixo que as despedidas “tiñan un contrato por obra”. ”Ese período acabou e decidiuse non renovarlles o contrato”, sinalou sen aclarar que as despedidas tiñan unha carta de traslado a Vigo que vencía o 3 de abril.

O Sindicato de Xornalistas denuncia ante a Xustiza este intento de intimidar ao cadro de persoal

A Nosa Terra despide a tres redactoras o día despois dunha asemblea de traballadores


Vigo, 26 de marzo de 2008.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) acaba de denunciar ante á Xustiza o despido de tres redactoras de A Nosa Terra o día despois dunha asemblea de traballadores. O 13 de marzo, 21 dos 29 empregados da empresa pediron que a dirección explicase as causas do traslado das tres xornalistas. O 14 de marzo, a empresa respondeu despedindo ás tres asalariadas, que nun primeiro intre só pretendía trasladar de Santiago a Vigo.

A asemblea pediu por escrito (ver acta en PDF) que a dirección informase da liña editorial e das causas do traslado forzoso de tres redactoras e a do coordinador do diario dixital. Así e todo, os directivos do medio aínda non deron explicación algunha.

Represión nunha cabeceira centenaria

O Sindicato de Xornalistas de Galicia xa denunciou ante a Xustiza esta grave represión dos dereitos dos traballadores. Os despedimentos, ademais de ilegais, son moralmente execrables, especialmente nunha publicación centenaria do significado de A Nosa Terra.

O SXG entende que a resposta da dirección –o despido de tres persoas– á petición de diálogo da asemblea –rubricada por todos os redactores menos un– é un intento de intimidar ao cadro de persoal e cuestiona a viabilidade da nova etapa da publicación.

Chamamento ao diálogo

Ante esta situación, o SXG solicita a inmediata readmisión das tres compañeiras e unha negociación aberta e clara sobre o futuro da empresa. De non sentarse a negociar, a dirección terá que facer fronte a un conflito laboral de imprevisibles consecuencias.

No ánimo dos traballadores só está sacar adiante o que era un prometedor proxecto xornalístico que, catro meses despois do seu nacemento, está en crise por falta de diálogo sobre a liña editorial e soporte técnico adecuado.

Nota.- A acta da asemblea de traballadores coas firmas de 21 empregados e un dos tres burofax cos despedimentos enviados pola empresa ao día seguinte van anexos como PDF e tamén poden consultarse en liña dende a web do Sindicato http://sxg.fesp.org/

Anónimo dijo...

O que non entendo ben é a razón de que os despidos sexan "especialmente execrables" desde o punto de vista moral por ser ANT "unha publicación centenaria".

Anónimo dijo...

Supónse que unha empresa con longa vida ten a suficiente experiencia como pra saber contratar á xente válida. Neses casos, os despidos adoitan a ser por motivos diferentes á mera competencia laboral do traballador, anque desde logo haxa que xustificalos así, porque noutro caso habería "improcedencia" no despido, punible legalmente. Tamén é posible que quixera facer referencia ó largo periodo que levaban traballando os despedidos. Tamén nese caso é sospechoso o despido por motivos obvios. Personalmente, dame a impresión de que a empresa afronta agora ventos máis favorables en termos mercantiles. Deseguro estarase dando unha metamorfose interna. Desembarcarán "tiburós" que aparecen cando cheiran cartos e onde cheiren cartos, e estarán de máis o que hasta agora traballaban de xeito máis "idealista", polo espallamento das das súas ideas. É a miña impresión persoal.