LOSANTOS
Xabi Arias, en De luns a venres, 26-3-08
Certamente (e certeiramente) creador de filias e fobias, o locutor da Cope Jiménez Losantos afirmou o 10-M nas ondas matutinas que “media España é un lixo e un horror”, a conta da vitoria de Zapatero. Manufacturador de provocacións viscerais e anatemas contra todo e contra todos, este antigo maoísta reconvertido en ultradereitista aterroriza a diario a poboación de calquera ideoloxía que non sexa a súa propia con insultos (como a Pilar Manjón, da cal dixo que facía teatro, entre outras lindezas), amenazas de querela (a TV3 por parodialo, dicindo “que se van rir do seu pai e da súa nai”), comentarios homófobos (asegurou non querer estar nunca diante de Zerolo, polo que puidera pasar) e toda clase de insultos e descualificacións da maior baixeza moral en complicidade e cohabitación co inefable César Vidal e compañía. Eu respecto a liberdade de expresión, de toda clase e especie. Agora ben, se por moito menos hai xente que está no cárcere por delitos de expresión e pensamento, da-quela haberá que reconsiderar se é xusto que eu respecte opinións coma as deste “pequeno talibán de sancristía” (en axeitadas palabras de Luis del Olmo). Resulta inconcebible que unha radio (e por riba da Conferencia Episcopal) permita a este señor proclamar a xenreira e a bile, contravindo os mandamentos do Evanxeo.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
6 comentarios:
Desestimada la querella presentada por Kalaji contra Don Federico
¿Quen está no cárcere en España por delictos de expresión e pensamento,"por moito menos" Marcos?
Que este tipo, o Jimenez Losantos, sexa vasura, "un auténtico talibán de sacristía", non nos debe facer perder a referencia de onde nos encontramos.
En España non hai ninguén no cárcere por delictos de expresión e pensamento pois este é un dos países de Europa con máis amplas marxes de liberdades públicas.
Aclaro, por se fixese falta, que o artigo non é meu:
é de Xabi Arias e saíu en DE LUNS A VENRES. Colgueino porque pensei que sería de interese, pero non significa iso que estea de acordo con el ó cen por cen.
Pilar Manjón ten dito cousas moi semellantes; Zerolo é patético, avergoña a moitos homosexuais; aldraxes teño ouvido moitos en moitas emisoras(se cadra coa excepción de Carlos Herrera)...cousas deste país que non quere mirar na fosa de Alcalá para recuperar a súa enteira memoria histórica...alá eles, ou alá vos...eu seguirei ouvindo as catro emisoras nas que zapeo...e tirando as miñas conclusións...
DON FEDERICO:1- José Antonio Zarzalejos Nieto: 0
Federico.....¡No estás solo......!
Publicar un comentario