31 mar 2008

O debate destes días
(Na prensa dos últimos días choven a cachón artigos sobre a problemática dos poboados xitanos en Galicia e algúns plans de realoxamento. Eu non escribín nada, porque non se me ocorre nada novo que engadir. Pero pode ter interese abrir o debate: o artigo de hoxe en El País de Antón Baamonde pode ser unha boa excusa para iso).

En los últimos meses se han sucedido movilizaciones de vecinos de diferentes lugares para protestar contra el realojo de familias gitanas en sus barrios. Desde luego, la acusación de racismo sería improcedente. Tal vez algunos entre ellos tengan ese sentimiento, pero hay que suponer que la mayoría es gente de buena voluntad que desea lo mejor para sus hijos y no ver perjudicada su convivencia. Ahora bien, ¿qué hemos hecho todos, la sociedad en su conjunto y las instituciones que nos representan, para facilitar la integración del pueblo gitano? Hay que recordar, por si a alguien se le escapa, que no sólo los payos tenemos los derechos inherentes a nuestra condición de ciudadanos.
Hay que hacerse esa pregunta porque no es lo mismo la política que se ha puesto en práctica en ciertos concellos -el de Santiago, por ejemplo- que la indiferencia que han tenido otros. Lo de Penamoa se veía venir desde el mismo momento en que los gitanos fueron desalojados de los solares que antes ocupaban para colocar allí El Corte Inglés. En Penamoa creció, en efecto, la marginalidad y la delincuencia. Pero eso lo sabían -no podían no saberlo- las autoridades que en su momento decretaron ese traslado. Ahora la construcción de la tercera ronda en A Coruña decide el desplazamiento de esa población y una nueva ubicación. ¿Se desplazará el problema unos kilómetros más allá para que vuelva a resurgir en el futuro?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha vez máis queda comprobado que Baamonde é o mellor columnista "político-social" (con perdón da expresión) que hai neste País.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

"Se veía venir", "eso lo sabían", escribe Baamonde. Tamén os que escriben nos xornais. Tamén todos nós. Ou é que por ter máis conciencia social somos menos culpables dos ghettos. Lonxe da vista, non existen. Alí poden mazarse a siringas, mentres non turben nin un instante a nosa paz dos centros das cidades. Pero cando o buldozer pasa por alí, e as autoridades buscan un acomodo noutros lugares (tamén ghettizados)para estas xentes, xurde o temor de velos demasiado cerca, de telos a carón noso.
Non sei se tratalos como grupo ou como colectivo non sexa un erro no que levamos caendo desde hai moito tempo. Por que non tomalos un a un e desenrolar en cada un deles os mesmos dereitos que funcionan para o resto dos cidadáns. Neste asunto sempre penso na política social de vivenda que tende a recluir nos mesmos lugares ás persoas menos favorecidas, en lugar de distribuilos por toda unha cidade. Reubicalos de novo nun novo ghetto só despraza, como di Baamonde, o problema á nova periferia.
Son vellos temas, aínda non resoltos, aos que non son capaz de verlle saída máis ou menos inmediata.

Anónimo dijo...

Dicir que o asunto é moi complexo cheira a tópico trivializar. E porén, é un asunto moi complexo.

Poño por caso: a miña filla a maior, hai camiño de década e media, foi escolarizada nun centro de educación infantil onde os alumnos xitanos eran tomados de un en un e tratados -mutatis mutandis- coma calquera outro cidadán. As consecuencias de índole formativo e social están positivamente á vista. É perfectamente posible que algún deles acabe na universidade; ora que, nos casos máis plausibles, son familias de raza xitana de perfil social especial, xa a priori. E aquel colexio -agora integrado- era tamén moi especial, asociado á UNESCO, multipremiado e auténtico modelo en diversos sentidos.

Pero a miúdo, segundo caso, eles mesmos -xitanos- se concentran no seu propio, inicial e étnico núcleo; e aínda vendo as vantaxes que o sistema social lle ofrece mediante promoción, aínda habendo nas propias comunidades algún membro -feminino, por certo- partidario de os mozos aproveitaren tal posibilidade, a inercia e interese doutras poderosas partes limitan ou impiden. Pode haber educación, pero o paso é difícil; dalo desde dentro.

Terceiro, e último caso: xa se lles ten falado aquí da rehabilitación de vellas casas luguesas da Rúa do Miño. Concluída a primeira fase, adxudícabse as vivendas aos solicitantes segundo baremo: na lista que a Consellaría de Vivenda publica hai un certo número de apelidos que evocan calé; e xorde un amago de mobilización social en contra, dado que residentes e industriais temen que a zona -ata hai pouco barrio chino, aínda agora con dous establecementos remanentes- volva ser o que era.

Complexo, e ben complexo. E son só tres casos.

Anónimo dijo...

Eu, fai anos, tiven a experiencia de colaborar nun proiecto de integración de xitanos en Verín. Asistían a unhos cursos. Cederanos os locáis "Extensión Agraria",de Vilaza. Foi unha das experiencias máis cansas da miña vida. Causaronnos unha morea de problemas burocráticos, porque falsificaban a documentación: cambiaban anos de nacemento nos carnés pra simular outra edade e acollerse a outros beneficios. Cambiaban datos da tarxeta do paro. Prestabanse os carnés unhos a outros. Ao mellor un día viña un irmao finxindo ser o outro, porque o outro quedara dormindo a causa dalgunha intoxicación etílica. Trataban de sobornar ao profesor. Amenazábano se lles puña falta. Ás monitoras, mostrábanlle fotografías pornográficas. Aparecían na aula mal aseados, "bebidos"... O día que cobraban os cartos da asistencia, iban todos ao "Club" das Estivadas e non aparecían aooutro día. Un día, pincháronme as rodas do coche, facéndome responsable do problema burocrático no Concello.
Ao final, conseguimos facer bastante bó deles. Non eran os mesmos que cando escomenzaron os cursos.Pero caro nos costóu.E as asistentas sociáis, qué paciencia, e qué dedicación. De admirar. Non é mala idea o dos "poblados de transición", que suxeríu... Quintana?

Anónimo dijo...

As cousas mudaron algo desde hai anos; pero o relato do da Coba, ou aspectos del, non nos será totalmente descoñecido como material actual. Complexo, e ben complexo.