19 abr 2008


cabaceiro culé
Para min o fútbol é un mundo totalmente alleo, xa o teño dito. Pero non quero deixar de compartir esta simpática foto, que me envía Tacho. Cosmopolitismo e raíces, fusión total.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

A todos os futboleiros de verdá que os mandaba eu a Siberia a xogar a -40º C para que soubesen o que é bo.

paideleo dijo...

mui bo

Anónimo dijo...

Creo ver ao lonxe unha vaca periquita. O sorriso a delata.

Anónimo dijo...

Eu sálvome de ir a Siberia, pois teño tanto de futboleiro como de monxe tibetano. Ben pensado: máis de monxe tibetano.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Os monxes tibetanos escolleron a cor das súas túnicas despois de ver xogar a Cruyff no mundial do 74.

Anónimo dijo...

Pois logo non teño nin duns nin doutros.

Anónimo dijo...

Beria de Sibería si que debería irse para Siberia, moi sádico iso de condear aos demais, cando el vive dos cartos da máfia-estado "ruso" unha vida de cinco estrelas.
Que sabe vostede de futbol?, nada, que quere? que os cidadáns deixen de acudir a eses estadios onde verdadeiramente se vive con intensidade a vida?, que deixen de sentir as emocións mais fortes coa sua equipa, que deixen de coñecer a mel do triunfo e a filosofía do fracaso?, que quere? condear aos cidadáns definitivamente a unha vida mediocre e gris?. Ou nos propón que vaiamos a exposicions onde nos sentimos extraños, que leamos libros que pesan demasiado nas mans, que nos ofrece siberiano?. Acaso vou vibrar con Iolanda castaño?, con Xosé Carlos Canero, ou con historias infinitamente repetidas sobre a guerra civil e a elevación aos ceos dos seus mártires?. Que ofrece tostón de Siberia? os programas de libros da TVG, para que nos quedemos durmidos na metade sin que nos interesase dende o principio?. Que ilusión nos ofrece? Os anódinos discursos de Touriño, a velliña a falar de Quintana . O futbol, futbol, é, non engana, todos sabemos que é unha montaxe, pero emociónanos.A cultura galega, si engana, presentase como un valor a salvar, como unha causa xusta, pero a verdade é que é unha montaxe, un exendro sen vida, un zombie ao que case non lle queda sangue, porque lle foi ben zugada polos vampiros da cultura.Os tempos da militancia esmoreceron e agora eses compromisos só sirben para ocultar as verdadeiras intencións que teñen que ver tanto coa cultura como co futbol, unha montaxe monetarizada, pero que a diferencia do futbol, non emociona.

Anónimo dijo...

Ollo, que as faltas delatan.

Anónimo dijo...

Un tanto apocalíptico de máis semella o señor Futboleiro:

[a cultura galega] "é unha montaxe, un exendro sen vida, un zombie ao que case non lle queda sangue, porque lle foi ben zugada polos vampiros da cultura".

Meu deus!

Anónimo dijo...

Da medo, gosto!

Anónimo dijo...

Non todo Siberia é Gulag. O lago Baikal non está nada mal. Alí coñecín un mariñeiro que recordaba o porto de Vigo. Convidounos a comer nunha dacha daquelas da beira do lago. Sacou unhas copas de coñac armenio e brindamos antes de xantar. Tamén nos ofreceu no medio do xantar unha tableta de chocolate. Saímos a gatas, eso si, cantando Ollos negros aos altos bidueiros de Irkutsk. Non, Siberia non está tan mal.

Anónimo dijo...

Sr. Arume: Non sabía que Vde. anda tan preto do mar de Aral, apenas a 3.475 quilómetros (aprox.) da pensión onde paro.

Interesante o de cantar "Ollos negros" á beira do Baikal. CASE como escoitar a eximia "La Pastorina" á ex-beira do ex-mar de Aral.

Eran bonitas as mozas de Irkutsk??
Seguían a moda??
Levaban batas a cuadrados??
Enviaban mensaxes polo móbil??
Levaban chándal o domingo??

Tiñan os ollos achinesados??
(Isto é extremamente importante)

IRKUTSK-SIBERIA LESTE-FEDERACIÓN RUSA???

NON.

NUKUS-KARAKALPAKSTAN-ESTADO UZBEKO




Por favor, razoe brevemente as súas respostas.

Cando son as festas de Irkutsk?? Se cadra aínda vou á verbena.

Cumprimentos, paisano.-

Anónimo dijo...

Bonitas non é a palabra. Belísimas.
Non podo lembrar ningunha en concreta, agás unha loira loirísima que nos ensinaba as tumbas dos decembristas. Aquela non levaba batas a cuadros, nin mobiles (non había) nin chándales os domingos. Tiña os ollos tan azuis coma a auga do Angará.

Debo confesar que festas había todos os días nos comedores dos hoteis, ateigados de parellas que, ao retirar as mesas onde trasegaban vodkas de estraperlo, facían o amor (así de cursi, pero así de claro) debaixo dunha lámpada de bagoas prerrevolucionarias, á vista de tanta xente.

Anónimo dijo...

A ti, futboleiro carroñeiro antigalego, vouche meter no gulag, por atreverte a falar de Yolanda e Caneiro. Teñen máis talento nunha deda dun pé ca ti na cachola, pringao, amargao, reaccionario. De verdá.

Anónimo dijo...

Bería de Siberia, ten toda a razón, eses dous teñen o talento na deda dos pes. Eu o pouco que teño na cabeza, adícollo ao fútbol, e son feliz. Así que non me veña a amolar, quédese vostede con ese lambe..., e con esa Barbie-poetisa, regaloll@s.
VIVA O BARÇA, ABAIXO O REAL MADRID!
ADIANTE ALETI!
VIVA A SELECCIÓN GALEGA COMPOSTA SÓ DE FUTBOLISTAS GALEGOFALANTES!
OUUUURENNNNNSE!

Anónimo dijo...

Como se chamaba aquela famosa siareira ourensá que levaba un platillo para acompañar precisamente a ese berro bélico de OURENSE? Comprendo que esta erudición poda levar certo desprestixio, pero comprenderán que a curiosidade é un dos meus vicios menores.

Anónimo dijo...

Chamábase Concha, era unha personaxe moi popular en ourense con lenda incluida. Paréceme lembrar que matara un home para vengar a morte do seu marido, traballaba de criada na casa de postín de Ourense. Quizis alguén lembre mais.

Anónimo dijo...

Fixérase famosa en toda España a raiz da entrevista que lle fixera o Iñigo no programa "Directísimo". Usaba sempre sombreiro e fumaba puros. Regalábanllos nos bares. Era bastante mal falada. Cando estaba con xente nova sempre falaba de foder.

Animaba ao Ourense cunhos platillos que levaba colgados dun cordel tras do pescozo.Botaba un petardo áo campo por cada gol que marcaban. Cando se estrenóu o C.D. Ourense Baloncesto, (o que máis tarde foi "Caixa Ourense") foi tamén animar, cargada cunhos cantos petardos. Pensaba que as canastas serían como os goles no futbol, e que habería tres ou catro en todo o partido. Aos dez minutos, xa se lle acabaran os petardos, e xa perdera a conta dos puntos. Non entendía que se contaran de dous en dous, por canasta. E creo que aínda non había os de tres. Dixo que non volvía, que aquelo do baloncesto era unha merda.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Neso último doulle a razón. Un deporte no que non hai porterías e se xoga coa man...

Anónimo dijo...

... e nunha cancha tan pequerrecha...

Pero seguro que a Arumes lle entusiasma o voleil-praia (ou como se diga). Va que si?

Anónimo dijo...

Na praia a min se me ocorren algunhas cousas máis interesantes (e indecentes) que brincar como posesos, suar coma porcos, e encherse de area as mismísimass partes. Non é o exemplo máis edificante de deporte. Se é polas vistas, non fai falta, digo eu, darlle a balón algún e menos pasalo por riba dunha rede para exhibirse.