19 abr 2008

Casos e cousas (de Auria)

Monxardín reflexiona sobre as fotografías e o seu abuso, en Sobredose fotográfica (La Región 19 abril).

Por outra banda, o concurso de "políticas guapas" que propuña Moncho Conde Corbal esoutro día na súa sección seica non gustou ás agraciadas. Hoxe respóndenlle en La Región tres delas (Marta Arribas, María Quintas e Laura Seara), bastante indignadas (non encontro na web de LR este artigo). MCC puido ser máis astuto e comezar ó revés: cos "políticos guapos homes". Así, logo quizais non lle acusasen de machismo.

"Casos e Cousas" era unha sección fixa do xornal O Tío Marcos d´a Portela. Como outras veces, a nosa cabeceira é unha homenaxe ó xornalismo galego.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Ten unhas ideas un tanto demodés o tal Moncho Conde Corbal. Non se lle ve moito siso, non.

Anónimo dijo...

Non lin o artigo do Corbal, nin me ten moito interés se o tema era ese. Pero as tres mulleres que lle deron réplica son bastante guapas, na miña (masculina, non machista, eh!) opinión.

Anónimo dijo...

Pero é lóxico que se mosqueen cando só se interesa por elas en función da súa guapura, e non polo que fan como políticas. Que as considere un floreiro non é de recibo, penso eu.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ese é o problema, por suposto. Por que non se fai unha valoración "política" do seu labor? A Laura Seara ninguén pode negarlle a súa capacidade dialéctica e información na maioría dos temas que trata. Marta Arribas está a facer un traballo moi digno na concellería, do que non sempre se informa con detalle. E María Quintas, despois de ser concelleira, é unha peza clave na organización socialista, sen dúbida. Se ademais son guapas, pois mellor que mellor.

Marcos Valcárcel López dijo...

Queda clara a miña tendencia nas cabeceiras do blog e de seccións a homenaxear a historia do xornalismo galego. AS UVAS NA SOLAINA inspírase nun texto de Vicente Risco. EN POLEIRO ALLEO, nunha sección de A Nosa Terra histórica. CASOS E COUSAS lembra ó Lamas de O Tío Marcos d´a Portela, peza fundacional do xornalismo en galego.

Anónimo dijo...

Se se interesa por elas por seren guapas, é unha cuestión meramente persoal, e por tanto fai mal uso da súa columna periodística, porque a ninguén nos interesan os seus gustos. Tamén pra elas é unha cuestión meramente persoal que non ten nada que ver có seu labor público , e polo tanto fan ben en enfadarse, estamos de acordo, claro.

Marcos Valcárcel López dijo...

Lembran vostedes as crónicas parlamentarias de dona Victoria Armesto, que foi deputada en Madrid. Describía con detalle vestimenta e cosmética de cada deputada, estilo crónica Vogue ou similares. E como tiña páxinas enteiras en LVG (era a dona), deixou boa conta da moda parlamentaria durante un tempo.

Anónimo dijo...

Era a Sánchez-España?. QUe me falla a memoria últimamente.

Anónimo dijo...

Fernández-España, toda unha señora.

Marcos Valcárcel López dijo...

Victoria Armesto ou Fdez-España. Nos anos 60 os galeguistas mimárona bastante: vese ben nas fotos da época do Grupo Galaxia. Había poucas mulleres achegadas ó galeguismo e ela escribira algún libro en galego.
Outra cousa é a súa obra histórica. Xosé R. Barreiro Fdez. destrozábaa nunha entrevista que lle fixeran en ANT aló polo 78.

Anónimo dijo...

Eu, a adicción patolóxica a facer fotos nos viaxes, asócioa á sumisión ao "meramente visual" na que nos adestróu a "caixa boba". Máis "homo videns". E logo, os comentarios, en familia. Centos ou miles de anos da historia (ignorada) e de cultura (tamén ignorada) dun país, xuzgados polo "bonito" que dan os encadres. Os viaxes, tal e como no los venden na actualidade as axencias, "apasionantes", pero en realidade con "risco cero", son a versión pra adultos das atracciós de feira, das "voladoras" do Medela. E, as fotos, a "tanxibilización" do servizo, sempre recomendado polos expertos en marketing.

Anónimo dijo...

Por que a xente fai fotografías dos demais?
Aclárannolo os Kinks.

http://www.youtube.com/watch?v=TMokVXCVyTw

Anónimo dijo...

The Kinks eran CASE God.

Anónimo dijo...

Sen o "case. Se ascaso, en todo caso.