Casos e cousas (de Auria), bis
A miña noraboa a Jesús M. García, xornalista de LVG, premio X.A. Carracedo deste ano polas súas novas e reportaxes sobre temas do patrimonio na nosa provincia.
No mesmo xornal, Xosé M. Rodríguez informa tamén da nova novela de Antón Risco, Obxectos antigos de orixe ignorada, publicada por Galaxia.
E ó grupo Lamatumbá (na foto), polo seu novo disco, que por certo seica fai unha homenaxe nel ó Paraugas Universal de don Xoán da Coba (conta LVG): non sei se o noso amigo XDC non reclamará dereitos de autor.
19 comentarios:
Por certo, alguén sabe de quen é o magnífico debuxo da portada do CD? Non será do amigo Pablo Otero, polo estilo?
Comentario de José M. Baltar na web de La Región:
1 Comentario de: x.m. baltar díaz Reportar abuso Viernes 18/04/2008 a las 12:31fun ver onte a obra de leo bassi " la revelación " que programaba no auditorio ourensano a miteu 2008 e apenas podo dar creto do que alí presenciei.
tiña escoitado cousas acerca de este suposto axitador pero nunca imaxinei presenciar tamaña pantomima, semellante insulto á intelixencia do espectador, trasunto de obra ou traballo creativo tan vácuo e insulso coma aquelo que o italoaméricano ( resístome a calificalo de autor, actor, paiaso... o sr. bassi escapa a calquera calificativo que non sexa o de estafador aproveitado; un persoaxe arquetípico, ben en boga nos nosos días de estulticia sementada por uns medios de comunicación empecinados en valeirar de ideas a mente dos contribuíntes e enchela de fume) dice ou pretende combatir.
os séus chamados á ilustración, á sabiduría, á independencia, á visión racional da vida compoñen a trapallada máis grande que pode pisar un escenario e, dende un punto de vista deontolóxico, arrastran os xestores de diñeiros públicos a un lastimoso nicho de podredume, xa que este tipo de productos da subcultura de masas máis tastabexa para nada deberían tomar acomodo dos fondos públicos que representan o esforzo cotidián e serio de tódala cidadanía.
o producto, o resultado de estas diatribas vergoñentas do impostor bassi, carece de gracia, de ritmo, de intelixencia, de chispa... parece imposible que, nas máis de duas horas en que este aventaxado membro da márxe máis inoportuna da escola cínica desgrana o séu suposto ideario polo escenario, nin unha sola idea brilante xurda da súa boca, nada que poda servir de oportuna reflexión a un auditorio mínimamente interesado. é todo un cúmulo de despropósitos plomizos, aderezados por veces cunha certa ramplonería e cun escúalido gusto por unha escatoloxía primitiva e estúpida, que nin faría mella nos alumnos de primaria das carmelitas vedrunas nin dos discípulos máis tiernos e aplicados de juan bosco.
dígovos que, aínda ahora, me atopo absolutamente anonadado. resúltame inconcebible que alguén poda amosar o mínimo interés por tamaña trapallada. desculpo ós que van o fútbol o domingo, ós que gostan de ir xantar a feira da peroxa e aos que poñen esas luceciñas azuis nos capós dos peugeot 309. desculpo ós que mercan discos de camela, a quen opina que o galileo é alta cociña ou a aqueles que leen libros de pérez reverter e creen estar presenciando un feito literario ou unha aventura cabal... podo desculpar até ós que van á misa de vez en cando ( a pesares de que eu tamén creo, dándolle a razón a leo bassi en algo, que estamos sendo demasiado permisivos con esta lacra infecta que representa o feito relixioso ), ós que opositan para calquera corpo de calquera administración e ós desertores do arado que traballan rapiñando automóviles ca abusiva grúa municipal. pero non podo desculpar o tempo que esta vaharada de merda me empantanou, non podo descupar ós que onte non nos levantamos aos vinte minutos de tan vergonzosa ponzoña nin a quen foi capaz de programar tal desaguisado no marco de esta mostra de teatro á que xa non voltarei, pois nada do que poida ofrecerme poderá limparme a dignidade que mancillou este caballerete, este ladrón ( non merece outro nome; o sr leo bassi é un ladrón, un sisador, un trilero, un estafador con páxina web e presencia mediática que enseña, ben ás claras, o triste papel dos medios, como xa comentaba máis arriba ) de minutos, de dignidade, de intelixencia.
á merda, pois, señor bassi. váise vostede á merda.
seguro que non está alí sóio, pero é o séu lugar, non o dubide. non é bostede nin o bufón que pretende ser nin o paiaso que por veces rememora. soio é un magnífico exemplo dun país e dun tempo desestructurado e amorfo; aconséllolle que volte ás sorprendentes capacidades malabares co piano negro e deixe a crítica e a política para calquera máis versado, por que o séu é, realmente, penoso.
anque indudablemente lle estará a dar bos réditos e, dou por sentado, para vostede esa é a única relixión tolerábel.
Este é Baltar jr., o fillo do gran Baltar? Si?
Pois creo que Leo Bassi conseguiu o que pretendía e que, polo tanto, debe de ser un xenio.
:-)
Xa mereceu a pena traer a Bassi para esta impresionante diatriba. Xa hai material para unha tese de dentro de cen anos. Ou sobre historia do teatro en Ourense ou sobre o emprego dos adxectivos denostantes a comezos do século XXI.
Non entendo o do Galileo. Él mesmo lle dixo fai algún tempo a "un amigo meu", que era o mellor restaurán da provincia...(?)
O anterior CD de Lamatumbá regaleillo a un amigo barcelonés, un bo rapaz pijo e de Unió Democrática (de Duran i Lleida).
Ir de madrugada, despois de dar unha volta polo Casino, no seu 4x4 de luxo a toda pastilla pola circunvalación barcelonesa e co grupo ourensán soándo a tope nos altofalantes, non estaba nada mal.
Alguén sabe se este libro está á venda nas librerías:PREMER.
Pablo Otero non é o "Peixe"? . Pode ser. Xa me enteraréi.
Para XDC:
que eu saiba, o que anuncia nese texto é unha HISTORIA DE OURENSE no s.XX que a Voz sacou en fascículos dominicais no 2002. Non está nas librarías, non. Quizais llo solucionen na oficina de comercial da Voz, R. Cabanillas. Pero véxoo difícil, despois de 6 anos. Eu téñoa en casa, cando precise algo dela, non deixe de pedir...
O do Paraguas Universal sí que era unha boa idea. Consitía en poñer un enorme paraguas no Polo Norte. Non tiña por qué ter un diámetro igual ao do Planeta. Cando a auga cae e resbala polo paraguas abaixo, chega ao cabo do paraguas cunha velocidade inicial formando un determinado ángulo coa horizontal. A velocidade de caía da auga da chuvia na atmósfera é coñecida (non é caída libre, senón velocidade constante chamada "velocidade límite", debida ao rozamento có aire). O paraguas compórtase como un "plano inclinado con rozamento", sistema coñecido por calquera estudante. O "coeficiente de rozamento dinámico" entre a auga e os diversos materiáis dos que se pode facer un paraguas é facil de determinar no laboratorio. Con eses datos, pódese calcular fácilmente o diámetro e o ángulo necesario do Paraguas Universal.
Todo se foi ao traste cando me dixeron que no Polo Norte non hai terra na que espetar o Paraguas. É mar. No Polo sur, sí que din que hai un continente, pero alí non fai falta o Paraguas: o hemisferio norte fai de paraguas do hemisferio sur. Sorte que teñen. Anque, por outra parte, non sei se eu sería capaz de andar sempre colgado dos pés boca abaixo , coma os morcegos.
Sígolle dando voltas ao do Paraguas Universal, e eo feito de que no Polo sur nunca chova, porque o tapa o hemisferio norte. Debe ser por eso polo que hai tantos desertos. E California debe ter parte no norte e, a metade na que nunca chove, no sur.
O bó do Paraguas Universal é que tapa a chuvia, pero non o sol. O sol da de lado, na metade na que é de día. Por eso pode chover tanto de día como de noite, e o P.U. pode tapar dos dous lados. Pero teño que mellorar o deseño, pra poder tapar sólo dun lado. A chuvia fai falta, pero molesta menos de noite. Teríamos así o Hemi-Paraguas-Universal. O que pasa é que ,si o espeto, da volta coa Terra. Xa sei!! .Teño que suspendelo dun globo da miña invención. Eso obvia ademáis, a imposibilidade de espetalo no Polo, por non haber terra.Farían falta logo dous Hemi-Paraguas-Universáis, simétricos un do outro, e controlables de xeito independente, pra regular a vontade.
Un funcionario do Estado tería que estar encargado de manexalo. Como a Terra tamén xira en torno ao Sol, hai que ilo xirando tamén, como mínimo cada seis meses, cando o Hemiparaguas diurno se convirta en nocturno. O malo é decidir a qué país do mundo correspondería a elección dese funcionario. O globo estaría en zoa "metanacional". Deberían turnarse. Firmaríanse acordos. O Globo Universal levaría, a medio plazo, á PAZ no mundo.
A paz no mundo, si, pero no Partido Popular? Valerá de algo o Globo Unviersal?
No PP nunca hai Paz. O que hai é intervalos entre dúas guerras. Corresponden ás épocas de goberno, cando hai suficiente pra repartir. As regañadas de dentes, nótanse menos.
Xa vou mellorando o diseño do Paraguas Universal. Tanto o paraguas como o globo poden integrarse nun único elemento: o "Paraguas Universal Inflable" (I.U.U: Inflatable Universal Umbrella). Trátase sinxelamente deso: un paraguas inflable, que se enche a presión cun gas máis lixeiro que o aire. A propia presión do gas regula o ángulo axeitado de cada un dos dous módulos inflables (hemiparaguas). No alto, hai que lle poñer unha tarabela desas de espantar aos paxaros, pra que non se pousen nel e o desgarren coas garras ou o pico. Pero a tarabela, sólo funciona cando hai aire. Tamén lle podo poñer a estatua dun águia,coas áas abertas, coma nos pazos antigos, que seguro que tamén as puñan pra espantar os paxaros.
O mellor é pintar xa no propio paraguas toda clase de aguias e falcóns, pra espantar aos paxaros. Pero se se pinta, por exemplo un falcón macho, robusto, espanta aos paxaros pequenos e tamén aos outros falcóns machos, pero atrae ás femias, que poden por tanto rasgar o IUU. Pódese barnizar todo o globo con algunha suntancia que feda moito, e que espante a todo bicho viviente e voante. O problema serían os meteoritos, ardendo, que poderían furar o IUU. Aí entramos no cálculo de probabilidades. Un esperto debería calcular a probabilidade de impacto dun meteorito nun periodo de tempo en función do diámetro medo anual do IUU (non esquezamos que é un artiluxio con partes móbiles). En función deso, calcularíase o tempo medio de vida activa do sistema, e unha aseguradora multinacional asumiría o risco. A póliza pagaríaa a ONU.
Estóu vendo que non me axudan nada a mellorar o meu Paraguas Universal, que será o fin dos males do mundo. Vostedes sigan con eso de "que inventen eles", que xa verán.
Polo que se ve, o "Paraguas Inflable",persoal,non Universal, xa está inventado.XDD.PREMER.
Outros paraguas curiosos:
PISTOLA DE AUGA.
PRA DOUS.
INTERNO.
De varios pisos.
con parabrisas.
Aerodinámico.
Pra espantar aos paxaros.
DOBLE.
CUASI-UNIVERSAL.
simulador de bó tempo.
simulador de mal tempo.
Pluviómetro.
Pra cadelos.
Estas e outras melloras serán incorporadas ao IUU.
Hai tamén un tipo de paraugas autista e insolidario. Son eses paraugas que arromban por dous, e que parecen feitos para se pasear a campo aberto ou por unha rúa dunha cidade norteamericana na que non se tropeza con ninguén.
Publicar un comentario