20 abr 2008


Elas están aí
Pan por Pan domingo 20 abril
Foi a foto da semana, sen dúbida. Estaba en todas as portadas do martes: Carme Chacón presidindo un desfile militar como nova ministra de Defensa. E dando a súa primeira orde: “Capitán, mande firmes”. Hai centos de artigos sobre esa xornada: ata Méndez Ferrín escribiu do significado dese aceno. Tamén houbo chanzas, risas, burlas. Un titular nauseabundo nun xornal: “Carmen, la del bombo”, ríndose do seu embarazo (en El Mundo).
Hai moito machismo latente e aboiando na nosa sociedade: nuns casos maniféstase con pequenas mofas, nos máis graves co maltrato e a morte. Pero elas están aí. E están a facelo moi ben: as nosas concelleiras, deputadas, alcaldesas, científicas, escritoras, músicas, médicas, traballadoras. Chegaron ata aquí coas súas propias forzas. Teñen todo o dereito a ser valoradas polo seu traballo. Algunhas ademais son guapas, pois mellor para elas.
Nota: Contador. O Xulio Outumuro colocou onte un contador no blog. Se o sei interpretar (ó mellor non) onte sábado houbo máis de 230 visitantes e superáronse os 1140 hits, entradas a ler post ou comentarios. O domingo, 302 visitantes e os mesmos hits do sábado: pensei que os domingos entraba menos xente, pero vexo que non. Benvidos/as todos/as.

20 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa saben vostedes que a min estas cousas emociónanme. Pero o do outro día en Santiago (con misa na Catedral, ollo, que manda truco) foi para nota: o 75% dos 235 licenciados/as en Medicina eran mulleres.

Anónimo dijo...

O DE CARME CHACON é maravilhoso, iste Zapatero e um artista, menudo presidente, não se corta ante nada, é fácil falar mas bem mais difícil fâ-lo. é emocionante, un governo por vezes nãao é mais que uha sinhal das coisas, pois a administracão e os cadadãos seguem a funionar, mas como sinal gosto de vr tantas mulheres, que vèm a Moncloa savia nova . é preciso estarem en contacto coa sociedade , eu acho que Zapatero não quer quedar ailhado . Carme Chacón vai a ser um grande ministra, e a su imagem pasado revista e toda uma imagem de tolerancia, democracia, tempos novos, e sob tudo educacão a os que julgam que tudo o que vem de novo e mau.Será quem remplace o Zapatero, se o socialdemocrata de RAjoy não tiver ganho as próximas eleccioes.

Anónimo dijo...

Moita Chacón, moita Chacón pero por este blog, non aparece unha muller, diran que estarían encantados de que aparecesen, pero terían que cambiar, hai moito machismo mal disimulado. Parece un club de galiños pretenciosos, se aparece unha muller e amais fose guapa, a que se armaría!. Tirarianse dos fios, lanzaríanse os post,mandarían a paseo as andoliñas, e tentarían posesionarse do poleiro alleo.

Anónimo dijo...

V é God (ou Godess).-

Anónimo dijo...

Eiquí hai mulleres camufladas. Medela non sei se non será Julia.

Anónimo dijo...

Sr. Anónimo: Segundo o meu permiso de conducir, ese documento oficial que rotula por se alguén albergaba aínda algunha dúbida "Reino de España", son varón. De todo o modo, non me queda máis remedio que recoñecer que os seres humanos do sexo chamado feminino son moitísimo máis (en xeral) eficaces, eficientes e efectivos que os seres humanos do chamado sexo masculino.

Compare a Kyra Argounova, a miña irmá Remedios, a miña avoa Concha, a miña supervisora no traballo, Maria Antònia Marrugat, a miña nai a facer limpezas en Le Mans, compare, amigo anónimo, este heroico e mitolóxico persoal, compare insisto, cun servidor, con Modesto de Cospeito, co meu cuñado Roque, con don Atilano...

Busque, compare y si encuentra algo mejor...

Saúdos, sr.-

Anónimo dijo...

Elas están aí (postas por un home), pero non están aquí seguindo o seu libre albedrío. Pero esta última non é a noticia, claro. O "bunito" é o que fixo o caballero Zapatero al servicio de las damas.

Mais, a pesar de todo, na mensaxe de "v" (Victoria?) latexa unha canle anti-oficialista, bravú e carnocha, malia que anónima, que ten que emerxer, e que espero que nos quente o cu cunhas boas chaparretas aos solaneiros falocéntricos.

Anónimo dijo...

Respírase misoxinia, voume.

Anónimo dijo...

Ó gulag cos putos machistas e tamén con todo o abecederio. Non me esquezo do futboleiro carroñeiro antigalego. De verdá todos ó puto gulag, pringaos.

Anónimo dijo...

Beria en Sibeira é un devilciño.

Anónimo dijo...

A ver se ven o Arume, e nos ilustra un pouco sobre esa palabriña: Pringao, pringue...

Anónimo dijo...

Hai palabras que dan moitísima información acerca de quen as pronuncia. É unha "función da linguaxe" que non aparece (aínda) nos libros de Lingüística. É claramente metalingüística.

Anónimo dijo...

Ah, carallo, liscas co rabo entraspernas, futboleiro carroñeiro antigalego. De verdá que vas saber o que é bo, reaccionario parásito pagado pola Galiciapilingüe para deostar a nosa lingua e cultura. Ó gulag de cabeza, amarrado dos pés, coma un carneiro degolado.

Anónimo dijo...

Revise a súa definición de metalingüística.

Anónimo dijo...

Pringue é, segundo os diccionarios, a graxa que sae de freír ou quentar o touciño. Pero eu creo que pringado ten que ver cos castigos para escravos (negros) que se fugaban. Untábanos (lardear era o nome empregado tamén que hoxe é palabra fina de gastronomía). Por iso, cando un di que é un pringado quere dicir que é un escravo.

Anónimo dijo...

Moitísimas gracias Arume, sempre tan preciso e informador, todo un erudito temos entre nos.

Señor Beria, o meu compromiso coa cultura galega ten en min un fondo, serio e lacerante calado. Pero dígame vostede unha duas obras narrativas que pague a pena ler e retractareime.

Anónimo dijo...

Metalingüística? creo que era "a linguaxe referíndose a sí mesma". Anque o prefixo "meta-" creo que tamén se usa có senso de "máis alá de".
Eu son bastante ignorante neso. Figúrese: debido á miña formación ,moi alonxada da Lingüística,o primeiro senso que me ven á cabeza de "meta-" é o de "radical reservado a todos os compostos orgánicos derivados do CH4".

Anónimo dijo...

Metalingüística é o que lle dan aos colgados da lingüística para que non teñan o mono e estean dando todo o día a barrila con damialgo damialgo ás portas da Secretaría de Política Idem ou do Instituto Cervantes.

Da metaliteratura pode dicirse outro tanto do mesmo.

Anónimo dijo...

XDDDDDDDDDDDDDD
Este Arume...

Anónimo dijo...

Do choio e emoción na Liga de Debate, non me viría mal pringar algo o metacarpo. Aínda que, máis ben, hoxe ando estirando o metatarso; aínda houbo alancada, entre aquí e aló, chovendo como chovía.