1 abr 2008


En Ourensanía, varias fotos da web da Casa da Xuventude de Ourense.
Esta é unha das mellores: nunha festa antiOTAN, 8 de marzo 1986, Antón Tovar parece recitar o seu poema NON.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

A foto de Ourensanía que titulas " A sociabilidade do galeguismo da posguerra " creo que está feita nun cruceiro que hai en Trasalba a carón dun pazo ( que leva moito tempo cao súa rehabilitación a medio facer )que hai ó lado do pazo de Otero Pedrayo e cerca da igrexa.
Como vou todos os fins de semana pola zona ( de alí son meus avós ) verei se é cderto ou non.

Marcos Valcárcel López dijo...

Cóntame tamén Benito Losada que estiveran presentes naquela movida, o 8 de marzo de 1986, Ferrín, Reixa, Chus Pato, e moitos máis. Hai máis fotos na web da Casa da Xuventude.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Fíxome dubidar, pero o referendo OTAN foi en marzo de 1986.

Marcos Valcárcel López dijo...

Xa corrixín e esa é a data correcta. Pero eu equivoqueime porque hoxe mesmo figura mal ese dato nun gráfico de El País, p.3, alí pon 1982. Felipe Gzez. acababa de chegar ó goberno e non podía ser, claro. Traicións da memoria!

Anónimo dijo...

de feito, este da foto contra a OTAN penso que se trata do primeiro recital en público de Chus Pato

Marcos Valcárcel López dijo...

Podería ser, anónimo, o de Chus Pato, preguntarémoslle cando a vexamos.E Guede aínda andaba no 86 con Caritel: no 87 estrean "Calquera vai á guerra!" e no 88 publicaría a súa novela "Vísperas de Claudia", ambientada na represión fascista da guerra civil.

Anónimo dijo...

Se mal non lembro, a excelente novela "Vísperas de Claudia" non estaba ambientada na represión fascista da guerra civil, senón nos momentos previos: de aí o de "vísperas". Coido.

Anónimo dijo...

Ou sexa, nos momentos previos ("vísperas") de que os republicanos fosen asasinados dun tiro nas cunetas dos arredores de Ourense ("ir ás claudias"). "Vísperas de Claudia", logo.

Marcos Valcárcel López dijo...

Exactamente o 17 de xullo de 1936, cando sae Zacarís Confurco, alias o Capador, dun funerar en Santa Eufemia de Serenou pola alma de Calvo Sotelo: tal di ademais a novela na contracapa.
Referíame ó ambiente de terror deses días e preludio dos asasinatos posteriores ó 20 xullo (día do golpe en Ourense). A novela fala deses días e horas previos ó golpe, pero anticipa (imaxes en futuro) a dura represión que virá despois, que se levará consigo ó alcalde socialista Manuel Suárez e a centos de demócratas...

Anónimo dijo...

Daquela, non está "ambientada na represión fascista da guerra civil", porque a guerra civil e a represión conseguinte virían despois dos principais feitos relatados na novela. Non?