1 abr 2008

Blanco Torres pídelle cen pesetas a don Ramón
Carta difundida por X. Alonso Montero, en La Voz de Galicia, 11-5-1999.

A Ourensanía acaba de chegar ás súas primeiras cen imaxes. Entre as máis curiosas, a carta que reproducimos alí na que o poeta Blanco Torres, acuciado por temas económicos, lle pide cen pesetas prestadas a don Ramón.

41 comentarios:

Anónimo dijo...

Dábame bastante "corte" facelo, pero xa que hai ilustres precedentes...Algún de vostedes pódeme prestar dez euriños, que xa devolveréi a semana que ven, cando venda o becerro na feira do nove?

Anónimo dijo...

A min, francamente, paréceme unha indecencia publicar cartas privadas deste tipo. Porque non achegan absolutamente nada sobre o personaxe, tan só que andou nun momento determinado necesitado de cartos.

Perdón, rectifico: trátase dunha gran noticia: agora coñecemos moito mellor a vida e a obra de Blanco Torres!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sería conveniente que puxera, amigo Valcárcel, unha ligazón á dereita para poder ir a Ourensania mirar fotos.
Namentras, irei eu para o Gelsenkirchen por ver o meu atribulado Barça.

Anónimo dijo...

A ver se alguén se anima e tamén fai unha lucensanía, unha coruñesanía e unha pontevedresanía e, xuntos entre todos, facemos de paso unha galicianía.

;-)

Anónimo dijo...

Bravo, Anónimo!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Impresentable desexo de saír nos medios.Xa está ben de tanta privacidade aireada para nada. Ten Apicultor toda a razón. E se andaba mal de cartos, boa vergoña lle daría pedir diñeiro... Tamén o pediu EBA a todo quisque, e que? A Esmorga é a Esmorga.

Indecentes.

Anónimo dijo...

Para Julio Medela, para que recorde as cumbias dos Tambar, e para todos vostedes, a Sonora Dinamita: Carmen.

Anónimo dijo...

Estamos xuzgando o asunto con ollos de hoxe. Posiblemente a cousa non fora tan inusual nin tan "tabú" como hoxe.

Anónimo dijo...

GALICIANÍAAAAA
TÚ ROBASTE UNA SOMBRA Y TE HICISTE MUJEEEER
CUANDO YO TE SOÑÉ
UN ANOCHECEEEEEEER

GALICIANÍAAAA.

Marcos Valcárcel López dijo...

Aclaración: a carta de RBT publicouse nun especial de La Voz de G., maio 99, de máis de 20 páx., en medio doutros artigos biográficos. Nese contexto eu creo que ten sentido a edición da carta e non vexo intencións retortas no mesmo.
Sinceramente, creo que a carta di moito da situación dos escritores no seu momento histórico. E non lle vexo intención denigratoria ó dala a coñecer. Ás veces somos demasiado !quisquillosos!...

Marcos Valcárcel López dijo...

Poñerei hoxe esa ligazón na dereita. É que estaba agardando porque o amigo Xulio ía poñela destacada cun icono: para que se encontre de inmediato.

Xaime dijo...

Sr. Xoan da Coba:
Xa vé que ten que ser un de Lugo o que se ofreza para deixarlle os cartos.Indíqueme un nº de conta para ingresarlle os dez euriños.
Despois da feira ten que mandar doce.

Anónimo dijo...

Non está, mal, un interés do 33% semanal. Pero especfíqueme tamén os intereses do descuberto. Pode escribilo en letra máis pequena, claro.

Anónimo dijo...

Anque, tranquilo. Devolveréille os cartos cós intereses. E, como agradecemento, un xamón todos os anos, polo tempo da matanza, e un tarro de mel cada vez que castre as miñas colmeas. E, cando morramos vostede i eu, serán os meus fillos os que manteñan esas obligaciós cos seus. Por algo somos galegos. Ou somos, ou non somos.Ou?. Certos favores non se pagan nunca, amigo Xaime. E, desde logo, si por calquera desgracia non podo devolverlle os cartos, xa sabe que pode quedarse con todalas miñas leiriñas. A miña familia traballarallas pola comida durante xeraciós. Mesmo os meus fillos e netos pequenos, que deixarán de ir á escola pra axudar.

Xaime dijo...

Trato feito

Anónimo dijo...

Moi ben. Entre galegos, coa palabra chega.

Pró d'A Cova e o Xaime:
Arroten comigo:

PANDEIRADA DE TRASALVA

[Para sardiñaas frescas, Vigo
para bon viño, Rivadavia] (bis)
[e para rapaciñas boas
Ourense xa ten fama] (bis)

Retrouso

[Ai la la la la la la la
ai la la la la la la la
ai la la la la la la
ai la la, la la la, la la la] (bis)

[Catro cousas ten Galicia
que as envidia o mundo enteiro] (bis)
[doce fala, boas mozas
a gaitiña e o pandeiro] (bis)


[Retrouso]

[Viva A Cruña, viva Lugo
viva Ourense e pontevedra] (bis)
[viva a gaitiña galega
Viva sempre A Nosa Terra]

Anónimo dijo...

Eso de que entre galegos coa palabra chega será un dicir. Teño non media ducia de galegos (e próximos) dos que non me fiaría nin un pelo. Doutros, por suposto, si. Como con outras xentes. Pero como regla xeral... ;)
En calquera caso, necesito anotación erudita do verso "a gaitiña e o pandeiro".

Anónimo dijo...

A modernidá trouxo que entre algúns galegos non chegue coa palabra.

O progresismo trouxo a falsa idea de que o que se empresta non se debe devolver, pois "está xa o mundo moi mal repartido"

Recoméndolle, emporiso e xa que logo, sr arumes dos piñairaes, que denantes de emprestar un libro lle poña na primeira folla (esa da que non pasan moitos lectores) o carimbo de "Me han prestado y me tienen que devolver", co seu Ex-libris: "Arume dos Piñeiraes" (Vigo-Galiza-España-EUropa-Mundo]

Anónimo dijo...

Un novo que fala coma un vello.

Anónimo dijo...

Eu prestéille unha cousa (non cartos) a un amigo, e non ma devolveu máis. Di que a "socializóu".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Á marxe de modernidaes e progresismos eu non lle teño ningún aprecio aos meus libros. Aínda que lle puxen por sentimentalismo nomes, lugares e datas a moitos deles (a maioría non leva), poden ser extraviados, dados sen ningún problema. É máis: estou pensando en dalos a quen os queira. Pero nin as bibliotecas están polo labor.

Anónimo dijo...

Un non tan novo que fala que fala coma un vello, non tan vello.

Anónimo dijo...

Estaría ben poderse desprender de moitas das cousas que nos sobran (dos libros non, arumes, que ás veces son os mellores amigos)

Anónimo dijo...

Don Arume!!!!!!!!!!!!!


Vde. si que é atento. Grazas polo seu presente. Lembro perfectamente o evento. Festa en Parada do Monte, Lobeira, Galiza, finais do agosto, tal vez 1981.

Orquestra Sonora Dinamita; artista convidado, Georgie Dann.

Eu faláballe á Bianca Jagger, e ela non paraba de falar do Warhol, do Lennon, do Wenders... Que tarabela, Arume. Moito conto, don Arume, moita presunción (a rapaza, todo hay que dicilo, non era nada fea, tiña unha bonitura 'especial') mais onde realmente o pasaba ben era nas verbenas. Mesmo chimparamos un paquete de Winston no tiro; catro perdigóns para tres palitos. Non estivo nada mal, non é?

E o mellor, os comentarios das mozas: Boh, esa, a que sae nas revistas... Boh, non vale nada, non ten nada... Évos ben fea... Tenvos unha cousa na cara, como de india... Vaiche boa... Home vai... Trae parviño o Medela... Cando lle vaian co conto á Sra. Concepción...

As festiñas sonlle as festiñas, don Arume, vostede ben o sabe.
Saúdos.-

(O señor desculpará, mais estou respondendo carta a un cuñado meu; parece asunto urxente)

Anónimo dijo...

Éu tamén regalo moitos libros, tras telos lido. Os cachivaches inútiles, quéimoos no lume de S.XOan. Bó invento.
Vaian organizando un bó lume prá noite de S.Xoan. Pode ser no Viso de Lobeira, nun castro lugués, nunha praia pontevedresa ou da Mariña luguesa, nunha ínsula...
E vaian preparando as trapalladas que non valen, pra queimalas.
En Inglaterra, hai unha empresa especializada en limpar as casas de trastos inúteis. A xente de fora é máis obxectiva á hora de facer a selección, por motivos obvios.

Anónimo dijo...

A miña proposta é:
Escollemos unha boa praia. Vamos cedo pola tarde pra acotar o terreo que nos reservamos. Podemos espetar antorchas ou candeas na area, que logo acenderemos pra espantar os espíritus malignos. Amoreamos os cachivaches dalgún xeito imaxinativo. Imos preparando o churrasco. Poñemos un enorme rótulo: "As uvas da solaina". Só poden entrar os acreditados có carné do blog. Facemos infisión de herbas de S. Xoán, etc. Non vou decir eu todo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Podiamos ir a Fonmiñá. Alí queimamos todo e vai río abaixo. Ao cabo de non sei que tempo (vostede, amigo Da Cova, seguro que calcula) vémonos todos en santa Tegra e miramos pasar as cinzas cara o horizonte. Para contarmos ás xeneracións posteriores. Ou para escribirmos un novo libro.

Anónimo dijo...

Da Coba: Como combinamos esa queima co fotograma de "O home e o carro" en que aparece o bastidor dun carro fóra de servizo, pendurado da parede nunha palleira (Facós, Lobeira, 1940) para ser aniquilado pola eternidade???

Queimamos ese bastidor de carro???

Asasinamos a nosa sentinela mística???

Sería peor que construírmos ás de cera e voar preto do sol...


Se quere, sacamos subrepticiamente o carro (en servizo) das casas onde houber mozas casadeiras e roubamos leña do comunal.

É brincadeira, Da Coba; apúntome á súa idea. Eu poño unhas cadeiras de formica para a queima.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Ou no Pedregal de Irimía!

Anónimo dijo...

Un carro téñoo eu aínda na aldea, amigo Medela. Xa teño pensado poñerlle unha rodiña pequena por baixo do pinallo, un motor, volante, e presentarme con el nos rallies de carros antigos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa sabía eu que o de Fonmiñá ía traer. Se vai haber líos, facemos praia fluvial máis abaixo.
A fornica queima moi ben e ten un cheiro a inferno que para o exorcismo libresco ese ven fetén.

Anónimo dijo...

Xa mo daba a min o corpo: Chamarlle fornica a un material para facer cadeiras non ía traer nada bo.

Anónimo dijo...

A mín,cando caséi en segundas náuseas, regaláronme unhas sillas de fornica e potas de aceiro inolvidable. Fumos á Coruña de luna de miel. Había unhos orficios altísimos. Pero non pudemos facer vida marítima meu marido i eu,porque me doía moito a vajilla.

Xaime dijo...

Eu teño un BMW, para queimar. Conten con él.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

Visteis la Blandina, se vos compró un óptico bajo cubierta con vistas al mar en sanguengo.

Anónimo dijo...

Mil euros
Xosé Luis Barreiro (LVG)
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/04/03/0003_6701551.htm

En un país que siempre sintió alergia por las comisiones de investigación, y que apenas sabe nada de los grandes impeitizos que lastran nuestro desarrollo, el Parlamento de Galicia acaba de crear una sesuda comisión para investigar las peripecias de un viaje de avión que -en el marco de una actividad consentida y por todos practicada- cuesta sobre 1.000 euros. Y por eso concluyo que estamos abandonando la buena gestión de cientos de millones de euros para perseguir un caprichito de 1.000 euros en nombre de la democracia formal.

En un país que siembra líneas de AVE como si fuesen confetis, sin haber estudiado los flujos de viajeros ni el futuro del tren de mercancías, y que es incapaz de identificar la estación término de los nuevos trenes, nuestro Parlamento está investigando un billete de 1.000 euros. En el país del minifundismo aéreo, donde se reparte la miseria entre los tres aeropuertos para que ninguno se destaque, nuestro Parlamento está investigando un billete de 1.000 euros.

En la tierra de los puertos exteriores que se otean a simple vista, en la que nadie sabe explicar cómo se van a equipar, a comunicar y a gestionar con eficiencia tales peiraos, nuestro Parlamento está investigando un billete de 1.000 euros. Y en el país que quiere entrar en el mapa de las autopistas del mar sin invertir un solo euro en el único puerto -Vigo- que tenía posibilidades, y sin dejar que este puerto gane un solo metro cuadrado de terreno que aumente su competitividad en gestión y calados, nuestro Parlamento está investigando 1.000 euros.

En una sociedad que vierte a sus rías millones de metros cúbicos de fecales, que no sabe compatibilizar la conservación de la costa con su gestión urbanística, industrial y pesquera, y que pierde ingentes recursos a manos de abaixofirmantes y comisiones de afectados, nuestro Parlamento está investigando un billete de 1.000 euros. Y en un país que entrecorta las conexiones de alta capacidad en nombre del localismo, que mete una autopista innecesaria y destructiva por los campos de Arzúa y Melide mientras obliga al sur de Galicia a viajar al Cantábrico por los catetos en vez de ir por la hipotenusa, nuestro Parlamento está investigando 1.000 euros.

En el país del minifundismo universitario, del Gaiás, de los recintos feriales y los palacios de congresos desiertos, y de los museos vacíos, nuestro Parlamento está investigando un billete de 1.000 euros. Y en el país más disperso del mundo, que todavía carece de terreno industrial adecuado y de transporte público metropolitano, nuestro Parlamento está investigando 1.000 euros.

¿La explicación? Que somos muy tontos o muy felices. Escoja usted, para su satisfacción, la mejor respuesta.

Anónimo dijo...

E a investigación costaralle ao erario público ben máis que 1000 euros. Pero bueno. Que o investigen. E, si ten que investigalo a policía, a fiscalía ou a facenda pública, que o investiguen tamén.
Nihil obstat pra qe fagan ben tamén todo o outro.

Xaime dijo...

O que se debería facer sempre e investiga-lo despilfarro, para qué, sexan poucas ou moitas as cantidades dilapidadas, non quedaran impunes. Pero claro a sempre vai haber responsables de malgastar 1.000 eutos e Perez Varela de rositas.
E agora fago de Apicultor, " que casualidade que sexa un condenado de levalo limpo de polvo e palla fale de investigar nimiedades".

Anónimo dijo...

Non me podo crer que LVG deixara escribir sobre a cercanía dos portos exteriores nas súas páxinas. Ui, ui. Non sei, non sei. Non creo que saira hoxe indemne XLB dalgunha chamada desde o Polígono de Sabón.

Anónimo dijo...

Non sei se recibiu chamada a filas, pero si demostrou unha coherencia con ideas que leva defendido desde hai tempo. Barreiro ten falado en contra dos absurdos localismos e do desplifarro das deputacións provinciais.

Ten, ademais, unha visión de conxunto de galicia da que carecen os cargos xunteiros do psoe, pp e bng.