22 abr 2008

en poleiro alleo

A terra para quen a traballa, de Afonso Vázquez Monxardín (Galicia Hoxe, 22.4.08)

O PP galego non ten rumbo, de Xosé M. Sarille (ECG 22.4-08)

12 comentarios:

Anónimo dijo...

O artigo de Monxardín recordoume a película de Pradolongo que vin esta fin de semán. Moi, pero que moi recomendable. Non sei se se falou nestas uvas dela, pero aconsélloa moi vivamente.

Anónimo dijo...

Si, interesante artigo.

O que son as cousas: antano o campo, moi traballado, producía só para que os labradores subsistisen en condicións moi precarias. Hoxe, cando se lle podía sacar algo de valor ao campo, resulta que fica ermo, sen mans que o traballen.

Anónimo dijo...

Excelente. Xa lles dixen que ne gusta moito como escribe este rapaz compañeiro de columna.

Desculpa. Non é un fío moi adecuado, pero debe ser o máis.

Anónimo dijo...

O artigo-minirelato de Monxardín, extraordinario, como case todos os seus.

O artigo de Sarille certeiro e claro. Reteño as durísimas palabras do seu final: "...cando os tres partidos chegaran xa ao acordo de procurarlle unha morte digna ao idioma, entre poemas e sen violencias desagradábeis". E eu pregunto: non hai, pois, esperanza para o galego? Quen estea en disposición de respostar, que o faga.

Anónimo dijo...

Eu creo que hai esperanza.
O que pasa é que de tanto darlle voltas á lingua dentro da cabeza vainos acabar saíndo polas orellas, onde, á parte de cóxegas, non fará nada útil.
Do que se trata é de volver a meter a lingua na boca e deixar de enredala cos lobos dereito e esquerdo dos miolos.

Anónimo dijo...

Encomiabel é a laboura de Suarez Canal aínda que pase case desapercibida. O rural galego é unha batalla perdida, deixáronse pasar demasiadas oportunidades e agora so pode haber esperanza se hai miragres.
A consellería de Suarez Canal é pouco lucida precisamente por esto, pero non cabe dúvida de que as iniciativas son importantantes, novedosas, ambiciosas, outra cousa é o estado do pais a a súa reacción ante as medidas.
Respecto a costrucción, non podía ser doutro xeito, di algúen por aí, que son unas medidas de iluminados, non faltaría mais, todo o que emprende o BNG, ou somos paletos, ignorantes, pouco formados ou iluminados. Non sei como o pais comete o indignante feito de non os ter a vostedes de conselleiros, ou como mínimo de asesores, mentes tan perclaras deberían estar gobernando,para compensar
poderían criticar un pouco a introducción de mais reslixión no esino, para compensar un pouco non...

Anónimo dijo...

Non se desmande, Anónimo. O tema suxerido xa foi tratado aquí a semana pasada. Suárez Canal non é dos máis deostados políticos do Bloque. E, en todo caso, cadaquén di o que quere e fai ben; aínda que a min, a verdade, a máis ben monoinclinación temática en política me teña tamén un tanto aburrido; que penso que se nota.

Anónimo dijo...

Nada encomiábel o galego perrallento do anónimo anterior.

Anónimo dijo...

Eu estou canso de percorrer algunhas vilas galegas e atopar o mesmo en todas: un tanatorio "de luxe" (nos mortos non se repara en gastos), un polideportivo-multiusos-campodafesta (sen utilizar a metade do ano), unha feira cativa parecida á da vila veciña, e un urbanismo tipo ranchito caraqueño.

Se non fose polas pensións dos patronciños, todo o choio se viría abaixo. Os retornados ás aldeas e ás vilas son consumidores, algúns mercaron casas e/ou pisos e axudan a soster a economía destes lugares, pero non producen nada. Algunos foráneos montaron choios semi-turísticos, pero non son de alí, así que tampouco se integran. O único negocio que funciona en Galicia é o do bar-cafetería-restaurante-expendeduría de polbo o día de feira.

Rapaces que queiran seguir cos labores do campo, moi poucos, entre outras cousas porque non nacen. O turismo rural, unha miraxe "cuento del abuelito" daqueles que nos contaba Fraga despois das reunións dos seus consellos xunteiros.

Anónimo dijo...

Bravo, Na Néboa!!!

E que me di do neogalego 'caraqueño':
"A vaina"
"O pendejo"
"Non me sexas cojudo"
"Téñovos flojera"

jajajajajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

O PP galego colleu o rumbo en 585 d. C., cando o reino suevo foi aniquilado. Abofé que o colleron, e polo que se ve, non o dan perdido.

Anónimo dijo...

Sr. penúltimo anónimo. Non se enfade, oh. Creo eu tamén que o Sr. Suárez Canal é do mellor que ten o goberno. Por ética, por estética, por traballo, por esforzo e por dedicación...
Respecto da abominable idea de meter relixión en 2º de Bac, teño unha idea que me gustaría que fose certa. Aí a vai como hipótese de traballo.
A Consellería non ten forza para sacar a relixión de 1º de Bac motu propio -como en Asturias ou Cataluña- e deixa filtar unha distribución horaria demencial, para provocar reacción unida do ensino e valorar a posibilidade de xustificar a retirada da materia ante a presión dos docentes, pais e alumnos. A solución será sacar relixión en 1º da BAC -e ofrecela fóra do horario lectivo- e pasarlle esas dúas horas á nova materia de Ciencias para o mundo contemporáneo, que como non se sabe moi ben de qeu debe ir, mellor dúas horas que tres... e así tamén se lle devolve a EF a hora que lle sacaban tamén para a nova materia. É fácil. 1º arranxado.
¿En segundo?, pois Relixión tamén fóra, coma sempre, e non se lle poda á Historia esa hora.
Xa está. Todo arranxado e a relixión fóra de horario lectivo directo no ensino non obrigatorio, pero ofertado a 1º.(E se queren como optativa desas qeu non entran na selectividade en 2º tamén, se hai alumnado, así os que vaian facer Teoloxía a Salamanca, como vocación tardía, terían unha mellor preparación.
E hai que apurarse nesta reforma de empuxalos fóra do horario lectivo, porque só queda un ano para a adscrición definitiva do profesorado de relixión aos centros. Despois vai ser moito máis problema de sobras de horas, etc.
Gustaríame ter razón e que esa despanpanante idea de RE en 2º de BAC fose só unha provocación neste sentido e que recuasen sorrindo ante a presión que se aveciña.
Saúde