FÍO MUSICAL (2): GUSTAVO PEAGUDA.
Nunha tarde soleada do mes de xaneiro en Compostela comprendín definitivamente que é un creador. Esto sucedeu cando vin un DVD dun concierto de Miles Davis na illa de Wight. Este en resposta a unha pregunta dos organizadores dixo que chamaran a súa musica "call it anything".
Despois anotei no meu caderno estes versos imprevistos:
OS TROMPETISTAS DA NADA
“Todo lo mas perfecto de tus poemas es nada” (José Asunción Silva)
Os trompetistas da nada
viaxan polo tempo inútil
á procura do verso con melodía.
Saben eles que o poema sempre é afogado
polos poetas que viven en voz baixa nas augas puras do Leteo?.
Nota: chegaron xa, atendendo á miña petición do pasado sábado, varias recomendacións para o Fío Musical Permanente. As de G. Peaguda, Xabimusic e Xoán da Coba. Dareilles saída hoxe a todas: estean ben atentos/as !!!
7 comentarios:
Non me chista a fusión. É dicir, o que veu despois de "In a Silent Way". Cuestión de gustos.
Esta sección promete facer historia. De novo, atentos/as os/as do sistema literario galego.
Joer, empezamos forte, có listón no alto de todo.
"No se me arrugue", amigo XDC. Menos mal que xa mandou o seu. Como captatio benevolentiae, non está mal. Preparando o terreo para a vindeira semán.
Eu mandéi un escrito, pero ningunha recomendación, Arume. XDD.
¿Outra volta de porca á vella disputa entre música e palabra?
Durante séculos foi unha "querella" clásica. Case poderiamos revisar a historia da música á luz deste debate: ¿cal das dúas ostenta a primacía?
Eu, persoalmente, quédome coa música das palabras e "chámalle como queiras"
Teño que porme con estes fio musicais, pero agora ando moi ocupado, agardo poder adicarlle tempo a partires do mércores.
Publicar un comentario