26 abr 2008

FÍO MUSICAL (3): XABIMUSIC.

Vai un pequeno extracto do discurso que pronunciei en Ribadavia con motivo do 25 aniversario do Coro de Cámara do Cub Artístico. Aquí mesmo podedes consultar o texto completo.

A PROL DOS COROS
A Biblia dinos que “ó comezo foi o verbo”: a palabra. Sen embargo, hoxe en día, os expertos inclínanse por pensar que, antes que a palabra e a linguaxe foi a música e o canto. Vamos, que unha xuntanza dos nosos antepasados homínidos debía parecerse máis ó ensaio dun coro que a un faladoiro de café. Antes de falar os humanos cantaron e cantaron en grupo, a coro.
Convértese así a voz nunha ponte entre as persoas, entre os individuos, facilitando a comunicación e o intercambio interpersoal; facendo, en suma, sociedade. Nace daquela o canto coral, o canto colectivo. No coro a voz individual e persoal atopa un novo ámbito de socialización, un lugar de encontro cos outros. O coro aparece como unha das primeiras manifestacións da vida colectiva e comunitaria. O canto colectivo convértese, para os nosos antepasados de tódalas culturas e civilizacións, nunha das primeiras manifestacións da vida social ó tempo que nun forte vínculo de unión da mesma colectividade tribal. E así estaba unido sempre ás múltiples formas en que esta vida colectiva se manifestaba: tanto nos traballos (recordar os nosos cantos da vendima, da seitura, da sementeira, das muiñadas) como nas cerimonias simbólicas festivas ou relixiosas que ían pautando a vida social das comunidades primitivas. Deste xeito conservouse ata o día de hoxe ó longo de séculos o que entendemos como música popular e tradicional.
É por isto que o canto coral ségueme parecendo a forma máis exquisita e democrática de vivir a música e o grupo que vos presento (b vocal)
son unha boa mostra.

(Engado eu, M.V., que me encantou esta peza, que paga a pena escoitar outras do mesmo grupo que tamén saen en Youtube, e tamén teñen a súa web: aquí).

31 comentarios:

Anónimo dijo...

Terá que recoñecer, non obstante, amigo Xabimusic, que esa teima por corear ou arranxar para coro certas cancións escritas, nacidas ou concebidas para unha primeira persoa, sinxelas na súa execución persoal e intransferible, arruina a súa gracia esencial. Poucas veces son felices esas versións e moitas resultan indixestas. E non é infrecuente esta teima.
E falo con coñecemento de causa pois papei o mundo das corais populares desde neno (a miña nai cantaba de soprano nunha delas). Claro que ao crego aquel que dirixía (un gran músico: Alfonso de la Torre, cura de Xermade ou Cabreiros, creo) sempre quería cultizar (que é distinto de culturizar) aquelas simples cancións de espontánea e desafinada interpretación.

Anónimo dijo...

Se non entendo mal o sr.Arume decántase polas formas monódicas antes que pola polifonía. Ben, é unha opción e xa sabemos que sobre gustos non hai nada escrito...

Eu tamén son moi partidario da monodia empezando polo gregoriano, pero creo que a polifonía e a harmonía introduciron na música occidental unha nova dimensión que a enriquece e agranda.

É verdade tamén que hai "arreglos" de melodías que non axudan nada e que hai moito "compositor/ arreglista" atrevido e ousado. pero eu non xeneralizaría porque tamén é verdade que unha boa harmonización vocal pode enriquecer calquera melodía.

É, por suposto, só unha opinión.

Anónimo dijo...

Versionar todo tipo de canciós con armonización estrictamente vocal, sería "unha pasada". Non pra escoitala, que tamén. Máis ben pra formar parte do coro. Penso que a esencia do coro non é cantar pra un público que escoita pasivamente, senón formar parte del. O coro perfecto sería circular, todos sendo ao mesmo tempo artistas e público. O malo é pensar en qué forma anatómica debería ter un director pra que pudera verse de frente desde todolos ángulos. Tería que ser un holograma. Un Xabimusis-Holograma. Eu imaxino facer con voces todo tipo de progresiós armónicas complexas, con acordes de paso, e con ritmos interesantes coordinados entre todas as voces e "flipo". Vin facer esa clase de cousas algunhas veces,con canciós de todo tipo, e púñaseme coiro de pita.

Anónimo dijo...

Sr. XDC, síntome moi próximo a esa forma de entender e vivir o coro que vostede debuxa que, por outra parte, non tería por que ser exclusiva das formacións corais ¿ou si?

A dimensión "espectacular" da música occidental unida ó seu uso como ben de consumo cambiou radicalmente o valor social que nun principio tiña a música. Pero quizais é xa demasiado tarde para cambiar eses hábitos ¿no lles parece?
O caso é que cando facemos música normalmente gústanos comunicala, que nos escoiten. E iso non ten nada de malo, digo eu. Por algo é unha linguaxe.

É curioso, pero no derradeiro ensaio co coro Universitario o paso luns, fíxen cantar en círculo cada corda e collidos das mans. Creo que a vivencia sonora que experimentaron foi todo un descubrimento e que tamén eles/as "fliparon"

O director-holograma andaba por alí, por todas partes, ecoitando o resultado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Expliqueime fatal. Quero dicir que non todas as cancións naceron para polifonía. Que xurdiron dunha soa voz e que cantadas cunha soa voz conservan boa parte da súa esencia. E que cando alguén quere trasladalas a un coro, cos arranxos pertinentes, tende a estropeala. Non estou, pois, establecendo xerarquías de gustos.
Poño un exemplo ou pregunta: cómo lles gusta máis Negra sombra: cantada por unha soa persoa ou por un coro? Poñamos que ámbalas dúas versións son de calidade equivalente.

Anónimo dijo...

A canción, si é algo, é a melodía, eso é claro. Cando imos asubiando unha canción pola rúa, o que asubiamos é a melodía. Bueno, deseguro que o Medela asubía o ritmo da batería, con "cortes" e todo, XDDD. Cando a melodía é exquisita, integra nos seu interior o resto dos elementos musicáis: auto-armonízase, "auto-rítmase"(?).
Os arranxos armónicos , as voces paralelas secundarias,deberían estar ao humilde servizo da melodía principal. É fácil "barroquizar" a canción e facela "empapulante", empeorala, como dí o Arume.
Tamén pasa cós cuadros, mesmo coa literatura. O artista non ten unha regla pra saber cando ten que parar de incorporar detalles.

Anónimo dijo...

Da Coba, ten razón, por veces entro 'cruzado' mais no final do show, cando esnaquizo a batería, non me supera nin o mesmo Moon.

Anónimo dijo...

Medela, vostede, por definición, nunca entra "cruzado". Son os outros os que teñen que adaptarse a vostede.XDDDD.

Fai anos coñecín a un vello trompetista, cubano, que me contóu que, si volvera a nacer, escollería o baixo. Decíame:
- "Yo me agarraría mi bagjo, señalaría uno por uno a los músicos, y lej diría: ujté y ujté y ujté... van haser lo que (aiquí sinalábase a sí mesmo) YO, YO, diga".XDD.

Anónimo dijo...

Negra sombra, cantada por un coro, é algo máis que Negra sombra sen deixar de ser Negra sombra. ¿Non sei se me explico?

Marcos Valcárcel López dijo...

NEGRA SOMBRA... Xa que saiu, que opinan vostedes da versión de Luz Casal?

Anónimo dijo...

Non sei se confundiría "corte" con "cruce", Medela. Como vostede é tan anglosaxón, seguro que lle chama "break", ou "fill". É ese "desbarre" que fan vostedes os baterías, normalmente cada oito compases, e que é a razón pola que viven. Así como a maioría da xente vive toda a semana pensando no sábado, vostedes viven pensando no "corte". XDDDD.
Negra Sombra, de Luz Casal. Non está mal, non. Nótase que a intérprete se puxo ao servizo da canción, e non ao revés.

Anónimo dijo...

Da Coba: Repare no Keith Moon, a partir do minuto un. Eu aínda o fago mellor, non sei se cruzando ou cortando... Os anglo-normando-saxóns-juttos-celto-suevos de Lobeira sómoslle así.

KEITH MOON EN LOBEIRA

Anónimo dijo...

O anterior comentario é meu.

Anónimo dijo...

Valaí temos un bo exemplo, porque Luz non está soa; non canta "a capela" senón ben acompañada dunha orquestra ou dunha frauta que tamén reclama o seu protagonismo.
Se realmente reclamamos o peso da melodía teriamos que ir, como dixen, ó gregoriano ou ás gravacións etnográficas da canción popular. O resto é sempre melodía acompañada, agás na mellor polifonía que ven ser, en sentido estrito, un xogo de distintas melodías.
¿É ou non é así?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, con humilde pretensión de amúsico (o que non ten ni idea de música), acho que non. Que non é o mesmo unha orquestra ca unhas voces "a capella". Eu creo que Negra sombra é unha composición escrita para primeira persoa. Se poñemos a miles de voces a cantala convertimos unha pequena efusión melancólica dunha intensidade determinada nun himno, emocionante non cabe dúbida, que busca un novo patetismo. Nin mellor nin pior: distinto; ata o punto de mudar mesmo o xénero musical.
Eu creo que a versión de Luz Casal (aínda que para min un tanto estilizada, algo ampulosa de máis) fixo ver que o poema de Rosalía merecía unha soa voz desgarrada en troques dunha grei numerosa de melodías acordadas.

Anónimo dijo...

O señor Arume é "amúsico (o que non ten nin idea de música)" e camúsico (o que ten moita idea da música literaria de Camus). É ou non é?

Anónimo dijo...

A ver se vostedes, que controlan tanto do tema, teñen resposta pra unha preguntiña moi doada que lles plantexo.
Que fai que che guste máis unha melodía en principio pouco "pegadiza" ca outra máis "comercial"?
Por que unhas cancións son coma as hamburguesas (enchen pero logo cansan) mentres que outras che deixan un recendo que te obriga a tararealas? Cal é a receita?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non pretendo ligar por blog, pero é a primeira vez que me din algo así, tan bonito: camúsico. Pero de Camus lin algo na miña lonxana xuventude, cando tampouco entendía nada pero había que ler a Camus. Pero camúsico... Qué bonico!

Anónimo dijo...

Está claro que Negra Sombra é moito máis que a música. Habería que ver qué pensaría da canción alguén que non entendera o que dí a letra, un extranxeiro que non entendera o galego.
Eu tamén penso moitas veces, coma Xabimusic, que o canto (sen letra,claro) pudo ser unha forma de comunicación primitiva que se viu evolutivamente adiantada pola linguaxe articulada. A calidade da voz ao cantar, é signo de fortaleza e boa saúde. Pudo ter valor sexual importante, coa correspondente influencia na selección natural.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Poñamos casos concretos: nese instante da mecánica de fluidos en que algún engranaxe aínda ten ferruxe. Un decide poñer Ollos negros para amartelar: que é millor que o cante un a capella ou poñerlle ao partenaire a versión do Coro do Exército Roxo/Ruso?

Anónimo dijo...

Mais morto que vivo: se o soupera certo, non o diría. Ninguén lle vai decindo por aí aos outros onde hai unha mina de ouro.
Pero sei que vostede non é tan egoista.Si o sabe , dígamo a mín, porfa.

Anónimo dijo...

O que vou dicir agora pode que lle "rompa os esquemas" a máis de un: Negra Sombra escribiuna Xoán Montes para coro; máis en concreto, para un orfeón a catro voces graves. É unha versión que hoxe en día non se escoita moito pola escaseza deste tipo de formacións corais, a lo menos en Galicia.

O resto son "arranxos" máis ou menos logrados.

Anónimo dijo...

Don Xabi: Cando sería gravada por primeira vez???

Grazas.-

Anónimo dijo...

Que era para coro (o das catro graves xa é menos coñecido) non creo que sorprenda a ninguén. O que si sorprende é cantar un texto de naturaleza íntima ("ao pe dos meus cabezales") con voces varias e solemnes.

Anónimo dijo...

A min gústame como a canta Luz Casal acompañada da guitarra de Ry Cooder e da frauta de Carlos Núñez.

Anónimo dijo...

Sr. de Lobeira, non teño información sobre a primeira gravación da Negra Sombra. Si sei que Xoán Montes presentouna no 1892 a un concurso no Gran Teatro de La Habana gañando o 1º premio. Por certo que Xoán Montes dirixía daquela o Orfeón de Lugo, razón pola que compuxo a obra para coro de homes.

Anónimo dijo...

Quero compartir con todos vostedes este outro coro http://es.youtube.com/watch?v=skJxfreRrdI
A verdade Sr. Arume é que un coro tamén pode soar "íntimo" se a peza así o pide.

Anónimo dijo...

Cando eu era neno, aínda Negra sombra era coma unha especie de himno lucense. Eu sempre a oíra cantada por coro, ou ben en versión instrumental; de feito, o monumento a Montes está a cen metros da miña casa, no xardín de San Roque, e en máis dunha ocasión teñen vido cantarlle alí; Alvarellos pai (q.e.p.d.), por exemplo, ten dirixido alí algunha interpretación.

Pero, en efecto, en lirismo -poético- estrito corresponderíalle a unha única voz a emisión do canto. Reclamo en tal sentido a preeminencia, sobre Luz Casal, do grupo Ideales (Rodrigo Romaní, Paco Nieto, Xosé M. González), que primeiros dos setenta xa interpretou a peza con varios ataques, solista na primeira e maila segunda estrofas. Non me consta que haxa gravacións testemuñais.

Por certo: tremendo coro.

Anónimo dijo...

Menos mal que non se lle ocurríu escarallala ao Julio Iglesias. Que eu sepa, claro. Non sei por qué digo nada. Igual lee o blog e lle dou ideias...

Anónimo dijo...

Se a min nun momento íntimo me poñen a Batalla de Xericó, mínimo unha escornadura de escroto. Se é por apurar, vale, pero para intimidades prefiro Under my skin. Os coros para quen os traballa.

Anónimo dijo...

Hoxe contaba Julia Otero en "Julia en la Onda" que para intimidades prefería a versión (certamente espasmódica e electrizante) de My Way por Nina Simone.