26 abr 2008


Interesante entrevista (EP 25-4-08)


YEN DINH UOC Ex jefe de propaganda del Ejército de Vietnam: "Vencimos a EE UU porque supimos engañarles"

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Chamo a atención sobre os paradoxos da historia. Véxanse pregunta e resposta:

P. Después de tanto sufrimiento, ahora les invaden las inversiones norteamericanas. ¿Qué opina?

R. ¡Bienvenidas sean! La guerra pasó y ahora tenemos que mirar al futuro. Nuestras relaciones son nuevas, no se parecen en nada al pasado. Son relaciones de beneficio mutuo entre países libres.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor: A min non me parece tan paradoxal o que afirma o cabaleiro vietnamita. Sabía? Tal vez algún día a cultura galega e a andaluza se poidan relacionar en pé de igualdade, e como di o señor Yen Dinh Uoc, con beneficio mutuo entre países libres.

Anónimo dijo...

Home, Medela, que eu saiba non houbo unha guerra Galicia/Andalucia.

Anónimo dijo...

E logo o Almansur, o que quitou as campás da catedral de Santiago, de onde viña sendo? E os sesenta mil mouros (exactos) que matou o apóstolo en Clavijo (con perdón) de onde viñan sendo?

Anónimo dijo...

É que eu daquela aínda non nacera e, por iso, non podo dar testemuño. Eu, como Heródoto, baséome en ver e oír, dicir e escribir. E eu non vin ningún acontecemento dese tipo, nin tampouco oín nada de ningunha testemuña.

Anónimo dijo...

Dende o punto de vista militar, a guerra gañouna EEUU. A ofensiva do Tet foi militarmente un fracaso e un disparate, que se resolveu en ducias de miles de mortos innecesarios, por parte da guerrilla e das forzas regulares do Norte. Os vietnamitas gañaron a guerra en EEUU, cunha opinión pública cun nivel de enfrontamento cos seus dirixentes insólito nun estado moderno, mentres no Norte fusilaban inmediatamente ao máis tímido opositor. EEUU non debeu entrar nunca en guerra. Pero quen a gañou, non reparou en víctimas nin durante a guerra nin despois. Recórdese a fuxida masiva de vietnamitas por mar, na década dos 8o, ¿eran todos uns asasinos que debían ser executados?.

Anónimo dijo...

Xa está o Morrison a dar a nota. Os americáns eran uns imperialistas e o Vietmihn uns guerrilleiros pola libertade. O que pasou despóis da guerra foi unha fuxida dos colaboracionistas e traidores. Giap derrotounos no campo de batalla como derrotou aos franceses décadas antes. Que lles sirva de lección.