Galicia racista, de Xosé L. Méndez Ferrín (Faro Vigo, 4 abril)
O espazo cultural e esportivo de Valença do Minho foi invadido recentemente de letreiros que asina Resistencia Ariana: cruces gamadas, triskeis de Álvaro das Casas, círculos coa cruz que fixera famoso o fascismo europeísta de Occident. Todo fala dunha supervivencia galega do vello nacionalsocialismo de CEDADE.Se a simboloxía é profusa e redundante, os textos son probes e están escritos (coma no caso de CEDADE) na ortografía "reintegracionista" que discurrira un día Carvalho Calero. Din: "Gallaecia naçóm ariana" e cousas do xénero. A resposta non tardou. Nun recente paseo pola zona vin as pintadas cruzadas e unha expresión contradictoria: "Abaixo os fascistas". Tamén polas rúas de Celanova se fai notar esta Resistencia Ariana galaico-duriense.En realidad R.A. é un grupo que imita o norteamericano Arian Resistence cuxos loucura e baixos instintos poden ser examinados polos cursidosos en internet. Baséanse na supremacia dunha inexistencia "raza aria", concepto no que se basaba unha parte da ideoloxía alemá do nacionalsocialismo (a parte fundamental era o anticomunismo). A noción de aria (en portugués "ariana") non ten outra explicación que unha ben feble: nalgunhas linguas indoeuropeas asiáticas arya significaba "xefe" membro da comunidade dominadora, de onde Irán e iraniano ou iraní (arabizado). Tal termo arya foi descoñecido polas linguas de Europa incluída as dos vellos xermanos e a dos habitantes da antigua Gallaecia e da antigua Lusitania.En realidade toda esta chafallada ideolóxica só ten o fin, entre nós, de lle dar cobertura a unha mobilización fascista e racista contra os xitanos, os norteafricanos, os hispanoamericanos, os pretos en xeral os emigrantes que veñen vivir entre nosoutros. A min estes "arios galaicos" fanme acordante daquel debuxo de Castelao que representaba un indixente con esta lexenda por baixo: "O home que mercou un can para ter en quen mandar". Se vostedes visitaren en You Tube o video de Resistencia Ariana-Galicia (Galiza, xa se sabe, é máis radikal ca Galicia) verán imaxes do grupo queimando ao estilo KKK, suxeitos coas caras cubertas con felos que representan caliveras ("Abajo la inteligencia, viva la Muerte": Millán Astray, na Coruña sempre en efixie) e un conxunto de encarapuchados que lle plantan lume (ou fogo, tanto ten) a unha bandeira galega coa estrela vermella de cinco puntas. O ideólogo actóctono que estes continuadores de CEDADE veneran como seu precursor é Vicente Risco e escriben moi pouco. Os contidos de R.A. reducense a isto: "Galicia e N. de Portugal unidos contra as razas inferiores que nos invaden".
II.
En moitos lugares de Galicia prodúcense manifestacións racistas de importancia contra a presencia de cidadáns (agora dígoo eu) da minoría xitana que leva connosco desde o século XIV (ou desde antes). En Vilaboa os muros aparecen pintados con slogans contra os marroquinos que escolleron ese concello e a freguesía de Paredes para vivir, mandar aló os nenos á escola e pagar os impostos e rendas de aluguer. O concello (maioría de "progreso") de Vilaboa xa lles proibiu aos veciños de orixe magrebí abrir no termo municipal unha mesquita.
III.
Estamos á espera dun movemento galego contra o racismo e a xenofobia.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
5 comentarios:
Hoxe celébrase a "fet independaas", a festa da independencia do Senegal. En Ourense, a asociación de inmigrantes senegaleses xa nos invitóu de forma explícita a moitos "tubaab" (homes-e mulleres- blancos -e blancas) (tubaab bu goor yi ak tubaab bu jigéen yi, en wolof políticamente correcto).
Beberemos "bisaab" (maceración de hibiscus), comeremos "ceebu jën" (arroz con peixe) e bailaremos "sabar" (ao son dos djembés). Todos son amigos .Hai poucas mulleres, que tamén son amigas. Eu cantaréi con eles algunhas fermosas canciós que me farán pensar que son un pesco lanzando as redes baixo a ponte Fadherbe, en Ndar (Saint Louis).
Racismo? Onde?
Hermano, te apuntas a todas ( l�ase como con voz e entonaci�n do anuncio aquel da caribe�a do bus que dic�a "me est�is estresando".)
Ten razón, Xaime, non gano pra festas. E mañá, ao concerto "rockeie" que organizan os alumnos do Monxardín, pra recaudar cartos prá excursión. Non dou abasto. ;)
Escribino mal. É "Faidherbe", nome dun militar francés da época colonial. Nun principio, foi deseñado pra o Danubio, se non lembro mal.PREMER.
"Os pés andan polo chan. A serpe anda polo chan. Algunha vez se atoparán".Vaia! e rima, en galego!.
Proverbio wolof, equivalente ao "arrieiros somos...".
Non son un grande seguedor dos artigos de Ferrín, mais desta vez concordo ao cento por cento. Parabéns.
Publicar un comentario