4 abr 2008

Pasa en Ourense...

A acusación rebaixa a petición de 40 a 26 anos de prisión para Benigno Moure, da Fundación San Rosendo (Faro de Ourense, 4 abril)

Moi simpática tamen a crónica que sae en Faro de Ourense (non a encontro en Internet, de M.J.A.) sobre o atraco á rexedora dun clube de alterne en Verín. Segundo se conta alí, toda a economía da zona depende deses clubes e da gasolineira e dos 400 portugueses que pasan cada día, porque a prostitución está prohibida en Portugal (isto é así?). Di que sen eses clubes tiñan que pechar restaurantes, perruquerías, comercios, etc...

14 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver so o futuro turístico de Ourense vai ser de tipo sexual!. Poderíamos ser fortes competidores do Caribe e do Sudeste asiático!.Hai que deixarse xa de promocionar termas e caralladas desas!. Montar puticlús,é o futuro. Hai que falar cós do INORDE. Xa estóu vendo o cartel promocional:sensuales ninfas bañándose nas Burgas, mirando á cámara de xeito seductor. Virís Apolos,fortes coma Atlas, tendo conta sobre os seus ombreiros da ponte romana.

Anónimo dijo...

Xa se sabe da correlación entre democracia e economía mentada por aquí.
O peche dos puti-clubs redundaría nunha baixa calidade da democracia.
Creo que é un exemplo de que a actividade económico se non é democraticamente regulada, acabase cargando a democracia.
Teñense garantías de que as mulleres exercen a prostitución voluntariamente?
Hai rellas nos ditos Puti-clubs?, hai proxenetas?, Hai hixiene?.
Ou son lugares de explotación sexual, onde se contaxian graves enfirmidades a cidadáns?.

A prostitución é o esclavismo do noso tempo, do noso espazo, e reaccionamos alegremente, frívolamente.

Pode alguén que non ten satisfeitas as necesidades básicas acceder a comportamentos democráticos?

Anónimo dijo...

Na localidade fronteiriza de Feces, hai unha cafetería que se chama "Portugalicia". O dono chámase Antonio i é amigo meu. Contóume que fai moitos cartos coa "tragaperras", porque veñen xogar desde Portugal, que alí están prohibidas nos bares. Se pasan por alí e toman algo, non paguen que xa pagaréi eu. Díganlle que son un dos do "Tívoli", que cantóu con él "Cuori zíngaro", e xa se dará conta.

Anónimo dijo...

A prostitución, teóricamente, tamén está prohibida en España.Polo menos, coma actividade económica.A ver onde se atopa o Epígrafe correspondente no I.A.E.
Coñezo a moitas prostitutas.E non necesariamente porque sexa cliente delas,que ese dato mo reservo. Cóntanme dos "conceptos" que lles piden os clientes que poñan no xustificante de pago das tarxetas "Visa", i é para mexarse coa risa. Daban pra un libro. Sempre, cousas imposibles de comprobar na práctica. Limpeza de filtros de máquinas,lavado de vehículos ...,cousas así. Non sei se non distorsionarán os datos dos indicadores económicos.

Anónimo dijo...

Señor Da Coba, unha das facturas, se se paga con tarxeta, sempre vén a nome de "Rodas Perez". A ver se adiviña de cal é.

Anónimo dijo...

"Coñezo a moitas prostitutas.E non necesariamente porque sexa cliente delas,que ese dato mo reservo."

Que dato é o que se reserva? Ser cliente de prostitutas? O xeito de coñecer as prostitutas sen ser cliente? Ou o feito de coñecer a moitas prostitutas?

A súa frase ten moita graza!

Anónimo dijo...

O señor Da Cova non é un putero empedernido. Eso poño eu a man no lume. Home non.

Anónimo dijo...

Algo oíra eu xa dos recambios da rodas,sí. Algún cambia as rodas todalas semanas. Pero no sei cal é.
Graciñas, anónimo, por velar pola miña reputación. Pero, como estratexia xeral, non poña a man no lume por ninguén. É consello de amigo, por si o quere seguir, claro.

Anónimo dijo...

Carallo, agora xa entendo...
Unha vez roubáronlle a visa a miña nai e viñeran uns cargos estrañísimos... Todo de recambios de rodas....na estrada Ourense Lugo

Anónimo dijo...

Non señor Da Coba, un home íntegro como vostede non o vexo eu derrochando "lume" neses antros de perdición, nesas "ciénagas" do pecado.

Anónimo dijo...

Pero a Fundación San Rosendo está no negocio ese tamén? Claro que chamándose Benigno...

Anónimo dijo...

Miren a qué horas chego á casa. Ten razón o Xaime, que a este paso non chego a vello. E, si chego, de aí non paso.

Eu tamén sigo con atención o caso do Benigno Moure. Non sei se confiar na Xustiza, á vista do que se ten visto estes días en Ourense. A sombra de certa Igrexa, e a sombra do PP son alargadas. E, ademáis, do PP,PP. Anque, desta vez, pola outra parte, hai tamén PP doutra clase, e Igrexa, doutra clase. Pode pasar hasta que o Telvi leve unha alegría.
Esperamos sentenza coma auga de maio. Que por maio era por maio, cuando a los trigales les llega el sanmartiño.

rodicio dijo...

Nestes mesmos días, no mesmo xornal, o mellor e maior prosista de xornal, a meu ver, en todo o estado español, publicou a V entrega de "Agua que relincha", tratando o tema das prostitutas.

A pesar , infaustamente, de escribir no castelán de castela, Jose Luis Alvite,

Última frase dese texto 4 de abril: "¿Será por eso que un dos eufemismos máis poéticos da xíria da prostitución é chamarlle "marido" ao macarra?"


Marcos, o enlace ao Encontro de Blogueiros da Golada

Saúdos

Anónimo dijo...

Xa que saiu Alvite, direi que as súas páxinas sobre feminismo (máis ben sobre mulleres) foron das máis noxentas que eu teño lido en moito. Só podo disfrutar delas consideradas sátira burlesca; se pretendo ver un articulista dde fondo ou serio estou completamente enganado.
Tamén se está compracendo moito coa súa prosa axóuxere, como diría o mestre Marsé.