4 abr 2008


Lembranza de Sebastián Martínez-Risco. Xustiza e lingua galega.
(Da serie OURENSE, UNIVERSO LITERARIO (39), de M. Valcárcel)

Desempeñou durante 17 anos a presidencia da Academia Galega nun período moi relevante (1960-1977): institucionalización do Día das Letras Galegas, creación do museo Pardo Bazán, etc.; nun traballo recente lembraba Alonso Montero os esforzos de Sebastián Martínez-Risco para homenaxear, en anos ben difíciles, a figura de Castelao. De feito, con el de presidente, a RAG editou a conferencia do rianxeiro sobre o “Humorismo”, adicoulle en 1964 o segundo Día das Letras Galegas, publicou un número monográfico sobre Castelao do seu Boletín en 1975 e textos como o discurso de ingreso de Fole, en 1963, sobre “Castelao i a tradición galeguista”. O labor de Sebastián, como sucede en moitas figuras do galeguismo desta hora, foi poliédrico: poeta, novelista, ensaísta, xurista, animador cultural, etc. Foi, sen dúbida, un dos artífices do proceso de restauración cultural na Galicia da posguerra, como demostra X.R. Freixeiro no seu estudo Sebastián Martínez Risco na cultura galega (Laiovento, 1994); mesmo cedeu o seu despacho profesional para a reunión fundacional clandestina que preparou a creación do Partido Socialista Galego (PSG), andaina da que andaban perto xentes como Fernández del Riego e Fermín Penzol. Tamén fixo xestións importantes para emendar as acepcións pexorativas da voz “gallego” do diccionario da Real Academia Española. Home de elevada formación intelectual, foi poeta modernista de novo, cando colaboraba en La Esfera de Madrid, e despois publicou volumes líricos como Nadaliñas ou Trebol Poético (Recuerdo de Compostela) (Roel, 1943), que conta cun gabancioso prólogo de Santiago Amaral (Otero Pedrayo). Publicou tamén a novela La tanza negra (1943), que narra o conflicto planteado a un xuíz nunha vila sometida ó dominio dun cacique contra quen ten de dictar sentencia; Carballo Calero, que estudou esta novela, vía no seu estilo pegadas de Azorín e Valera. A súa obra ensaística e xurídica é moi ampla, pero cómpre destacar estudios como O sentimento da Xustiza na literatura galega (discurso de ingreso na Academia, 1953); Presencia da lingua galega (1973); Las ideas jurídicas del Padre Feijóo (1973); Valores espresivos da obra de Castelao (1975), Raíz galega de Valle Inclán; Jurisconsultos gallegos: Paz Nóvoa, etc.
Paga a pena ler con atención os estudios de Sebastián Martínez-Risco. Por exemplo, Presencia da lingua galega, que non só recolle a evolución histórica e literaria do noso idioma e defende a identidade substancial do galego co tronco luso-brasileiro, senón que plantea os seus principais problemas á altura de 1973: a súa necesaria presencia na didáctica e na escola, na igrexa e nos medios de comunicación social, mesmo a imprescindible introducción do galego na función notarial e nos Tribunais. O seu discurso de ingreso na Real Academia Galega en 1953, que fora respostado por Manuel Banet Fontenla, é outro texto excepcional: un rigoroso e exhaustivo traballo sobre “O sentimento da Xustiza na literatura galega” que viaxa ata os trobadores medievais e a literatura popular para reflectir cómo viron os galegos a función da Xustiza ó longo dos séculos. Polo estudio do erudito pasan os escarnios medievais (Xohán Airas, Esteban da Guarda, etc.), Valle Inclán, o Padre Sarmiento, Curros Enríquez, Rosalía, Ramón Cabanillas, Lamas Carvajal, Pérez Placer, as coplas populares, etc. Por certo, abundan as opinións moi críticas sobre xuíces, escribáns, avogados, alguaciles e testemuñas. Fálase tamén dos preitos (“O preito do pobre na proba morre”). Velaí esta fermosa copla da voz do pobo: “Tres cousas che fallan, Vila,/ si o preito queres gañar:/ ter razón, saber pedila/ e máis que cha queiran dar”.
(Engádese unha ficha biográfica en COMENTARIOS).

110 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

XURISTA E ESCRITOR
Sebastián Martínez-Risco y Macías naceu en Ourense o 19 de xaneiro de 1899. Era sobriño carnal do sabio polígrafo don Marcelo Macías, irmán de Manuel Martínez-Risco, catedrático de Óptica da Universidade Central e deputado ourensán de Acción Republicana en 1931, e curmán do líder galeguista Vicente Risco. Fixo os estudos de ensino secundario no Instituto ourensán e licenciouse en Dereito pola Universidade de Madrid, tras estudiar tamén en Santiago e Zaragoza. Ingresou por oposición na carreira xudicial no ano 1924, na que acadou a categoría de maxistrado, exercendo tamén a avogacía durante 25 anos adscrito ós Colexios de Avogados de A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago. Na provincia ourensá foi xuiz de instrucción de O Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933, sendo logo desprazado a Vilalba. Cando, despois dun longo período de excedencia, volveu ó exercicio da Maxistratura, formou parte da Audiencia de Girona, xubilándose pouco despois e entregándose a diferentes labores culturais. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 1944, ingresou en 1953 como numerario e foi elexido presidente desta institución en 1960, por falecemento de Manuel Casás Fernández, o anterior titular, cargo que Sebastián desempeñou durante dezasete anos, ata a súa morte en A Coruña a finais de setembro de 1977. Nos anos 50 coloborou en “Galiciam Programa” da BBC de Londres, en lingua galega. Participou activamente na Editorial Galaxia, como membro do Consello de Administración; no consello de dirección da “Revista de Economía de Galicia” e da sección galega da revista portuguesa “Quatro Ventos”. Era tamén presidente honorario do Centro Galego de Gijón, socio de honor do Centro Ourensán de Buenos Aires e membro de honra do Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijóo”, que editou o seu volume “Las ideas jurídicas del Padre Feijóo”.

Anónimo dijo...

Me caso nos spammers so carallo!!!! Grazas por borrar este (si)

Anónimo dijo...

A súa obra Presencia da Lingua Galega pódese ler na Biblioteca Virtual da Real Academia Galega, así como 14 Nadaliñas:1958-1973, unha serie de panxoliñas que tamén se poden ollar en versión fac-símil.

Anónimo dijo...

Cumprense hoxe corenta anos da morte de Martin L. King.
Data importante para os amantes da liberdade.

Anónimo dijo...

Seica o noso anfitrión non deixará pasar oportunidade de traelo á solaina. Pero aquí ven un vello dilema destes pagos.

Vincular a normalización lingüística a que 43.000 establecementos rotulen os seus nomes en galego é unha inxenuidade. A política lingüística deste país, dende os albores da democracia, é un erro continuo. No tempo en que o galego está máis protexido, polas leis, o galego é menos usado. E non só iso, o idioma perdeu falantes nos trazos de idade adolescente. A cuestión, como noutros asuntos, é de prestixio. E o idioma non se prestixia por subvencionar a aqueles que rotulen en galego.
É unha inxenuidade, dixen arriba. Permítanme sinalar agora que é tamén unha perversión. Ou un sofisma, no que se nos vende como verdade un argumento falaz: «Non se trata dunha imposición, senón do respecto aos dereitos dos cidadáns» (Bieito Lobeira). Para conseguir que o galego non se estanque, ou para lograr que medre en uso, debemos prestixialo e poñelo en valor. Por exemplo, debemos gañar en naturalidade e non impostar un discurso en galego, cando o natural nalgúns políticos sería a expresión en castelán. O uso litúrxico do galego é unha das cicatrices que este país non sabe curar. Eu, desculpen a discrepancia, prefiro que non se fale en galego a que se fale mal ou que o galego resulte cómico (por teatral) e artificioso. Igual que prefiro que non se lea a que lean, moitos dos nosos discentes, algunha das inanes e inicuas novelas prescritas. Sempre me pregunto por que en lingua española teñen os rapaces como referente ao Quijote e aquí temos como fundamentos a Guerra Civil e o correccionismo político máis obtuso e ordinario, con discurso moral incluído.
Eu propoño que se revalorice o idioma co seu uso natural e, esencialmente, coa exaltación dos seus valores positivos. Para acadar tal fin sería preciso que na TVG deixase de identificarse o galego, no seu prime time, coa chabacanería e o «tonechismo». Tamén serían eficaces outras campañas de lectura e non estas que padecemos: similares as do Partido Popular e as do bipartito. Cartelería, contacontos, semanas do libro infantil. Aquí o problema non é que non lean os rapaces (que len, e moito). O problema é que non len os adultos. Polo tanto haberá que esixir aos adultos tal mester. Non estaría de máis coñecer as lecturas dos nosos políticos, docentes, empresarios, periodistas...
O galego está defendido polas leis, pero non está prestixiado. Velaquí o problema, o único problema. E o prestixio dos idiomas non se acada con imposicións disfrazadas, senón con altura intelectual. Con grandes oradores en galego, grandes novelas, grandes científicos. E que eses oradores, novelas, científicos... sexan visibles e patentes na sociedade. Con menos cartelería e menos campañas ineficaces, inútiles e repetidas.
O galego ten futuro se a Administración cambia, despois de tantos fracasos, as súas estratexias. Rectificar, comentan, é de sabios. Talvez.

Anónimo dijo...

Os grandes oradores, os grandes cientificos, as grandes novelas, os grandes profesores non saen da nada, Arume, e por aquí hai moi pouco, case nada.
Ten vostede razón, é cuestión de prestixio, pero anote que o prestixio non foi adequirido polo español de forma natural, entre outras cousas porque non hai forma natural de cultura e por suposto a linguistica non é unha excepción.
O español conta cun estado e moitos millóns de falantes, o galego cunha institución autonómica na que comparte cooficialidade co español, o idioma de prestixio.
Pretender que aumente o uso do galego con naturalidade é descoñecer a realidade social, unha sorte de inxenuismo cándido.
O galego está defendido polas leis retóricamente non pragmáticamente. Hai leis que se cumpren, que se fan cumprir, as que se carga con todo o pragmatismo da forza vinculante da coerción do dereito. As leis que retóricamente defenden ao galego deixanse na maioría dos casos ao libre albedría dos suxetos teoricamente cumpridores de tales leis.
Estou con vostede na crítica a política de normalización linguistica, cometen erros, e graves, e sobre todo o da abstención, `pero promocionar o rotulado nas rúas no idioma galego, a min non me parece mal, por mais artificial que resulte, había cousa mais artificial que comezar a falar galego aos dexasete, dezaoito anos, nun medio castelán falante, por mera convicción política.
Prefiro que se fale mal galego a que non se fale, non crea que os españois por aí arriba falán o seu idioma moito mellor, e na televisión (xa sei que vostede é fan de chikilicuatre) como medio deformante que é calquera xerga ten cabida con tal de que venda publicidade.
Observo que participa vostede dunha utopía cultural- naturalista, o que me parece moi ben, sempre que non obligue a comungar cos seus ritos, porque logo veñen os sacrificios.
O galego ten que ser potenciado artificialmente, para a súa sobrevivencia, logo, acadados os obxectivos, as persoas mais simples observaranno como natural.

Anónimo dijo...

O compromiso de Caneiro coa lingua pasa polas lambetadass aos zapatos de Santiago Rei.

Anónimo dijo...

Foi culpa miña: esquecín poñer que o texto é de Caneiro. Polo tanto, amigo anónimo, debe dirixir os seus moi razoados comentarios a Caneiro, non a min. Pero sinto, en todo caso, a confusión que se debe única e exclusivamente ao meu esquecemento.

Anónimo dijo...

Topeime co artigo de Caneiro na Voz, e efectivamente onde dí Arume, léase Caneiro.
Disculpado Arume, sorprendeume porque teñoo por persoa de moitos mais sesos.

Anónimo dijo...

Agardo que na última palabra vostede cometera un flagrante erro ortográfico.;)

Anónimo dijo...

Coas cousas de comer non se xoga. Cada comerciante saberá si, en función do seu mercado concreto, lle convén máis o rótulo en galego ou castelán. A mín mon me gustan ese tipo de intervencionismos, en xeral, e moito menos se tivera un negocio. Outra cosa é a motivación, ou a promoción en forma de axudas, facilidades, etc.

Anónimo dijo...

Os neóns non se comen amigo Da Cova. A clientela que poida un comercio perder por usar nos seus letreiros o galego e farto dificil calcular. Cada quen interpretará segúndo o acento da súa ideoloxía. Uns votaranlle as culpas do seu declive ao galego e non a súa deficiencia empresarial, e até pedirán indemnizacións.

Anónimo dijo...

Precísamente porque son imponderables imposibles de calcular, como todo o que ten que ver có marketing do punto de venta("merchandising"), deixe que cada comerciante vote as contas á súa maneira, e que decida él.

Anónimo dijo...

Os comerciantes están moi habituados a ver cómo mínimas variaciós no seu proceder como empresarios, ou mínimas variaciós no entorno , afectan sensiblemente á caixa rexistradora. Polo tanto, están moito máis capacitados pra valorar eso que funcionarios que cobran sempre o mesmo con total independencia do que fagan e cómo o fagan. Cada un ao seu.

Anónimo dijo...

I esquecía felicitar ao Caneiro polo seu artigo de hoxe, tan sensato en todo o que dí. "Sher weise,sher weise", que diría un alemán.

Anónimo dijo...

Sobre este artigo non estou de acordo con vostede, xdc. Caneiro fala de "prestixiar" o galego, concepto vago que non remite a medidas concretas. Para máis inri, el non o prestixia escribindo un día si e outro tamén en aghpañol. Hai que ter a faciana moi dura para, de seguida, afirmar que

"Eu, desculpen a discrepancia, prefiro que non se fale en galego a que se fale mal ou que o galego resulte cómico (por teatral) e artificioso."

Será que non ten a conciencia tranquila. En fin. Rotular en galego na publicidade si é un xeito concreto de prestixiar en galego, sobre todo cando o 99% está rotulado en castelán. Hai outros xeitos de promover o galego, evidentemente; non é este o único.

Despídome do blog por unha temporada indefinida. Nin o vou ler a partir de agora, porque é aditivo. Estou un pouco farto de ler sempre os mesmos falando do mesmo. Boto de menos ao lugués. Mesmo xdc se puxo serio. Non vexo que se incorpoe xente nova. Mulleres, ningunha (madia leva, polo ton dalgúns comentarios). Os que se incorporan (algúns anónimos) non volven por aquí, despois de ser acantazados. En tot cas, chapeau prao sr Marcos Valcárcel por aguantarnos (eu incluído).

Marcel Swann

Anónimo dijo...

Amigo Swann: sinto moito que nos deixe. En tot cas. Unha forte aperta. Hoxe cambio o meu nick na súa honra.

Anónimo dijo...

Sempre tirando a pedra e agachando a man. Un estilo inimitable que ha volver agochado en anónimo, como outras veces.

Anónimo dijo...

Hai quen está incapacitado para ser minimamente xeneroso e tolerante.

Anónimo dijo...

Ese apiculteur é insoportabel!.

Anónimo dijo...

Non tardou en volver nin media hora!

Que cruz, señor!

Anónimo dijo...

...si é certo o dese Apiculteur, amais agora non se vai nin os fins de semana, chantouse no eido e como o can do hortelán nin come nin deixa comer. Lamentabel personaxe.

Anónimo dijo...

É un colgado do blog, un ocioso que sublima a súa frustración armando esta personaxe que resulta vomitiba.

Anónimo dijo...

Marcos retire un tempo ao perturbado do Apicultor, cada día está mais fora de control, aparqueo, delle un tranquilizante porque a este ritmo quédase agarrotado no teclado un día destes votando escuma pola boca, ou póñalle un bozal. O blog está perdendo moito que semellante monstruiño provincián.

Anónimo dijo...

Caneiro polo camiño perdeu un parafuso, e ben grande. Ía para escritor pasabel e rematou en escritor pasado. Só di tonterías e ten cara de tonto.
Xoán da Cova, decpcioname vostede, con inxenio para tantas outras cousas, romo, plano e sin gracia nestas cuestións do autoodio e complexos de colonizado, responde vostede ao perfil dun triste galeguiño.

Anónimo dijo...

Xa chegan os trolls ociosos. Coido que habería que poñer un anti-spam no blog.

Anónimo dijo...

Tamén habería que poñer un programa anti-faltas de ortografía. O de "vomitiba" é un atentado á civilización occidental.

XDDDD XDDDD (que, na linguaxe ad hoc significan risas a esgalla)

Anónimo dijo...

O XDC non vai poder dormir hoxe: a quen se lle ocurre decepcionar ao anónimo enmascarado discernidor e desfacedor de entuertos.

XDDDD XDDDD

Anónimo dijo...

...e dalle...

Anónimo dijo...

...retírese un tempo, e vaña cun ar anovado...cansa.

Anónimo dijo...

Non sei si teño inxenio ou non. Ë algo que en realidade non mo planteo. Pero cando falo de xente qúe amortiza inversiós, paga salarios (brutos), módulos en facenda, Seguridade Social por conta propia, seguros ao continente e ao contido,impostos e tasas de todo tipo, aparte de comer e darlle de comer aos fillos, todo cós cartos sacados das ventas do seu producto ou servizo aos seus esixentes clientes, non se me instala o "chip" inxenioso. Qué lle vou facer.
Arranco pra Vigo. Fai boa tarde.

Anónimo dijo...

Quen tiña que retirarse unha boa tempada é vostede, anónimo discernidor. Podería aproveitar ese tempo para aprender a escribir por si mesmo e así non estragar a nosa lingua cada vez que escribe nela esa ristra de tópicos rancios.

O de que deixe de ser un tristón e un cenizo xa lle é máis difícil de conseguir, pero tamén podería facer algún esforzo ao respecto. Xa non lle digo nada de que se busque un traballo para deixar de vivir do conto, que iso si que é algo totalmente imposible.

Anónimo dijo...

bla bla bla....para quen fala señor, a quen se dirixe?...desvaría no vacio...

Anónimo dijo...

O apicultor xa comenzou a caza de seres mitolóxicos que se agachan tras dos anónimos.
Teñan compasión del.

Anónimo dijo...

Como anónimo dígolle aos anónimos que deixen de facer o gilipollas e que dirixan os seus resentimentos contra os verdadeiros culpábeis da súa situación. Tomala con entes virtuais non é o mellor para a súa saúde mental, meus tocaios.

Anónimo dijo...

Póñanse a ler un libro ou saian dar un paseo. Élles o mellor, tocaios, fáganme caso.

Anónimo dijo...

Entro con frecuencia neste blog porque acostuma a ter boas intervencións. Non son esas as dos participantes anónimos que só en moi contadas veces aportan algo interesante digno de ser lido. E para mostra o botón deste fío. O anónimo ou anónimos o único que fixeron foi insultar e non dicir nada aproveitable. Ó Apicultor, que case sempre fai achegas moi interesantes e amosa unha boa formación cultural, chámanlle de todo (perturbado, mostruíño, desvarío, etc.). Ó Da Coba, un dos máis orixinais, dínlle que ten autoodio e complexos de colonizado. E de Caneiro que é un escritor pasado que só di tonterías e que ten cara de tonto.
Un gran nivel, polo que se ve, o do anónimo ou anónimos. Que non se extrañen se lles responden ós seus ataques. Ten toda a razón este último anónimo: mellor sería que lesen un libro ou que paseen. Non din nada con interese, esa é a verdade. A min como lector deste blog amólame que me fagan perder o tempo lendo as súas necidades e os seus insultos baratos. Semella que veñen aquí tan só a amosar un resentimento persoal contra todo e contra todos, pero este non é o mellor lugar para descargar frustracións. O señor Valcárcel debería tomar nota e facer unha chamada de atención ós anóminos incontinentes e baleiros, porque cansan e aburren.

Anónimo dijo...

A fogueira cos anónimos!
ou con medios mais modernos, a cámara de gas!

Ou mais simple e democrático, soliciten un rexistro de nick ou do contrario calen poque as súas palabras adoceceran de veracidade.

A amonestación non lle virá mal ao Apicultor, é obvio e obxectivo o seu comportamento borde, revisen as súas intervencións. Pero xa se sabe que Marcos Valcarcel o protexe.

Se o que queren é agarimarse entre os habituais, fáganme caso, soliciten un rexistro de entrada.

Unha forma de achegarse a un blog, por exemplo a este, e aparecer como anónimo, e logo se resulta compatibel utilizase un nick, mais témome que aquí espantan aos novos visitantes, perdón, quero dicir que un señor os espanta: o apicultor, así que me vou.
É unha lástima porque hai xente que paga a pena, pero cando toca un cenizo polo medio como o mentado, que se lle vai facer, aguanteno vostedes.
Adeus.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Outra despedida. Non pode ser. Tomen a penúltima. Logo xa se verá. Aguanten un pouco que logo ven o mellor.

Anónimo dijo...

Non son o anónimo anterior, e opino que o lio que se trae o Apicultor cos Anónimos, ou algún ou algúns anónimos co Apicultor non veñen a conto. Porque non se centran vostedes nos temas e deixan de ensarillarse con asuntos que non interesan a ninguén. Citense se queren e resolvan as súas diferencias, pero non se enzarzen aquí, ou do contrario, deixarei de visitar o blog.

Opino tamén que Da Cova perdeu o sentido do humor que tanto gratificaba, unha mágoa, eu animoo a boa sintonía na que da o mellor de si.
Opino tamén que Medela debía interactuar un pouquiño mais, e non irse tanto polas divagacións intraliterarias, resulta moi simpático.
Arume sempre no punto, mantén o bó tono do blog.
Xosé Manuel un ben escaso.
Leituga, desaparecido, sempre ledo e fresco, a ver se se anima e volver e non se deixa influir por estes malos fumes.
Marcel Swan, martirizado polo Apicultor.
Un tal Jim Morrison, sempre interesante, desaparecido tamén.
Marcos, excesivamente parcial, debería arbitrar un pouco.
O Apicultor interesante nalgunhas facetas pero nefasto con algunhos dos contertulios e os anómimos, comportarse despóticamente como se o blog lle pertencese.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Boas noites e esta canción para durmir ben: Una rotonda sul mare.

Anónimo dijo...

Arume dos piñeiros, deliciosa a canción.
Eu son o anónimo que avisou sobre o aniversario da morte de Martín L. King. O señor Marcos Valcarcel consideradamente, adicoulle hoxe un post, polo que paréceme que non todos os anónimos debemos de dicir necedades.
Un pouco de cortesía, e sensibilidade non lle viría mal a ese señor Apicultor.

Anónimo dijo...

Hai a algún anónimo que se lle ve o plumeiro contra alguén en concreto: é demasiado obvio o intento acosador.
Eu a quen boto en falta é a Jimy de Rairo, sempre interesante, lúcido e con gran sentido de humor. Desaparecido, non sei se en combate ou non.

Anónimo dijo...

É máis que evidente que aquí hai dous antigos foreiros que levan xa algún tempo facendo xogo suxo. Dous antigos foreiros que antes asinaban con senllos nicks, pero que dende un tempo a esta parte se presentan case sempre como anónimos, ás veces dun xeito salvaxe, outras algo menos, pero moitas veces en plan insidioso contra este ou contra aquel que non comungue coas súas ideas. E mesmo se atreven a ditaminar o que está ben e o que está mal, cando están invalidados polo xogo suxo e distorsionante que exercen a cotío.

Quen non é capaz de manter un nick habitual e recorre ao anonimato para atacar aos demais ou para expoñer determinadas teses ten un grave problema de autoestima. Como eu teño ridiculizando algunhas das súas posicións (non soportan que se rían deles), tómana comigo nun intento tan infantil como patético de facerme inutilmente luz de gas. Se na vida real actuasen do mesmo xeito que aquí, deus nos collese confesados. Pero á hora da verdade son submisos, medoñentos e oportunistas a máis non poder. Non son xente de fíar. O seu comportamento, virtual e real, é de manual.

Dito isto, pretendo non lles entrar máis ao trapo. A ver se son capaz de aprender dunha vez por todas unha máxima de internet: "Non dar de comer ao troll".

Anónimo dijo...

Bos días, desculpen, estou agochado, encrequenado entre esta especie de multicolores uceiras ou floridos toxos transxénicos do ex-mar de Aral, por ver de me librar dunha bala perdida...

Teño que falar coa srta. Doniña urxentemente.

Podía alguén axudarme???

Saúdos para o sr. Apicultor; non padeza, parente, nunca choveu que non escampase...

Pasan preto de min as balas a asubiar:
-zimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
-zimmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm

Lembro a praza Dealey, Dallas, novembro de 1963.

Anónimo dijo...

Pois ao menos debemos ser catro os anónimos, eu nunca firmei con nick, e sei doutra mais que usa a dupla identidade nik-anónimo, segundo me ten confesado. Penso que o ar de disputa hai que evitalo e por todas bandas, xa que logo parece que hai dúas, os anónimos, e o Apicultor. As veces resulta graciosa a disputa pero outras están demais. O Apicultor tennem lanzado andanadas amin creendo que son outra persoa, e páreceme que fai o mesmo con mais anónimos.
Por certo, quen é Jimmy de Rairo?

Anónimo dijo...

A sintaxe delata. Cuidadín.

Marcos Valcárcel López dijo...

Levo uns días pensando en restrinxir as entradas dos Anónimos e non me quero render: iso sería fatal, porque hai achegas de persoas que asinan como Anónimos que son interesantes. Non desexaría perdelas.
Agradezo a última observación de Apicultor ("non lles entrar o trapo", "non dar de comer ó troll"): acusáseme de parcial con el e espero non selo. Pero advirto que Apicultor participa sempre co seu nick, identificable, e nunha liña de coherencia (máis ou menos puntillosa, iso si). Tamén é un dos que leva recibido máis ataques neste blog, terá dereito a defenderse, non?
E ós ANÓNIMOS: xa o dixemos outras veces. Se alguén entra de cando en vez e achega as súas ideas, coa cortesía axeitada, paréceme correcto que o faga como anónimo. Pero creo que os que ENTRAN A COTÍO E PARTICIPAN EN CASE TODOS OS DEBATES, DEBERÍAN USAR UN NICK CONSTANTE: sería isto unha mostra de coherencia e de confianza nas súas intencións. Moitos dos líos que se producen no blog, ás veces veñen provocados por respostas a algún Anónimo, que logo non é o interpelado (supomos). Co uso dos nicks constantes isto evitaríase.
Moitas grazas ós que están ó pé de canón sempre (Arume, XDC, Julio, etc.) e agardo tamén que se reincorporen outros tan queridos nesta casa (Xosé M. Gzez, Leituga, JIm Morrison, J.de Rairo, Lourixe, etc.): moito sentiría que este "mal rollo" os arredase do debate.

Anónimo dijo...

Os anónimos non son sempre trolls, as veces si, as veces non, o apicultor é as veces un troll, con nick.
Non cita vostede Marcos a Marcel Swan, que só ten tido problemas co apicultor, será que o consideran vostede e el persona non grata?. Agarda así que lle volvan os foreiros ou dalle igual con tal de que o seu mimado Apicultor campe as súas anchas?

Anónimo dijo...

Non dar de comer aos trolls.

Anónimo dijo...

Só un troll pode identificar a anterior mensaxe como unha trollada. Nada mais lonxe.
Se vostede Valcarcer tamén o considera así, esfumareime eu tamén do seu blog.
Non faltaría mais!

Anónimo dijo...

Non dar de comer aos trolls.

Anónimo dijo...

Un troll é o que bota merda e logo zoufa con ela.

Non dar de comer aos trolls.

Anónimo dijo...

Non podo regresar ao blog porque nunca me marchei. É que eu, como Agatha Lys, só interveño cando mo esixe o guión. O resto do tempo ollo, á miudo con moito interese, o que escreben outros, ou paso de longo, como é o caso, cando o tema non me interesa en absoluto. Un saúdo a todos.

Anónimo dijo...

Non dar de comer aos trolls.

Anónimo dijo...

Agora o troll destrollado chámalle troll ao sr. Morrison facéndose pasar polo anónimo que o destrollou.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non citei a M.Swan, quizais porque o esquecín (había moitos máis nomes), quizais porque el mesmo acaba de anunciar a súa retirada por un tempo: é moi libre de facelo e de volver cando queira. Polo que a min se refire, creo que sempre o tratei con respecto e mesmo aplaudín algunhas das súas mensaxes.
Eu nunca usei a expresión "persoa non grata" nos máis de dous anos de andaina do blog.

Anónimo dijo...

El enladridador que lo desenladrille...que aburrimento.

Anónimo dijo...

Sr.Valcárcel Don Marcos: Restrinxir as entradas dos Anónimos sería fatal, dende logo, pero non só polo seu apuntamento do interese das achegas,tamén porque a súa credibilidade quedaría en entredito. Na cabeceira do seu blog figura a seguinte lenda :"... unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentencia de Don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".En que quedamos ?.

Anónimo dijo...

Hai algunhas intervencións que son absurdas e que non teñen pés con cabeza. Un exemplo.

Un Anónimo di que “eu nunca firmei con nick”. E máis adiante afirma que “O Apicultor tenme lanzado andanadas a min creendo que son outra persoa”.

Como é posible que poida pensar que lle lanzei andanadas a el, precisamente a el e non en xeral? A el pensando que é outra persoa? A que persoa se refire? Como pode estar tan seguro de que me poida referir a outra persoa en concreto? Falou con esa persoa e esa persoa se ten sentido aludida e retratada polas miñas palabras? Difícil de crer agás por unha mente dada á fantasía delirante.

En todo caso, eu non son responsable de que neste mundo do Señor, tan amplo e diverso, poida existir un señor que vive en Pernambuco que crea que eu falo del, xustamente del, a pesar de que nunca din ningún dato explícito e que só teño feito afirmacións xenéricas que o mesmo valen para un señor Roto que para un señor Descosido.

Será, pois, que casualmente hai señores que se apelidan Roto ou Descosido. Daquela digo: desculpe señor Roto, desculpe señor Descosido, non me refería a vostede en particular, pois non teño o pracer de coñecelo.

Por que, entón, o Anónimo sostén ese disparate se é algo a todas luces irracional? Ou é que agocha aviesas intencións?

E xa non entro nos burdos intentos de facerme "responsable" de que, conxunturalmente, non teñan entrado outros contertulios habituais. A intervención de Morrison bota por terra calquera especulación malintencionada neste sentido. Aquí, coido, entra quen quere, cando quere ou cando pode. Algúns aínda teñen que aprender o que é a liberdade.

Anónimo dijo...

Marcos explicouno breve e concisamente, se vostede non o entende, é seu problema Apicultor.
Semella vostede atacado por un complexo de omnisciencia, haberá que deixalo no seu delirio espantando anónimos, eu xa cansei.

Anónimo dijo...

Home, de haber omniscencia sería a súa (no caso de que sexa o Anónimo absurdo: éo?).

Pero xa dixen que non ía dar de comer aos trolls. Así que, por favor, non insista nin me interpele. Moitas grazas e que teña unha boa tarde.

Anónimo dijo...

Pero que lle pasa a este home...?

Anónimo dijo...

Amin pásame o que me da a gana. Pasa algo, paspán?

Anónimo dijo...

Está vostede a pasalo mal!
e non ten porqué insultarme, eu non teño ningunha animaversión contra vostede.

Anónimo dijo...

Agora enléanse os anónimos entre si. O colmo.

Anónimo dijo...

Non, é o culmen.

Anónimo dijo...

Paso de dar de comer aos trolls. Paso duramente das súas provocacións e das súas movidas.

Adeus polo día de hoxe. Volverei cando me apeteza: até aí podiamos chegar, as miñas resistencias non as chimpa ningún parviño iluso por moito que se esmere.

¡Hasta luego, Lucas!

XD XD XD

Anónimo dijo...

Ate logo cocodrilo!

Anónimo dijo...

De que resistencias fala o apicultor?
Alucina?

Anónimo dijo...

Señores, vayan a tomar un poco de aire fresco, que apestan. Y dejen en paz al personal. ¿OK?

Anónimo dijo...

Apicultor, invitoo a unha caña!

Anónimo dijo...

A cousa trataba sobre don Sebastián (o primeiro presidente da RAG do que fun consciente), pasou polo idioma e a política do Comercio (obviando, penso eu, que o galego sofre inercias que non se moven soas) e acaba nun cansino intercambio de improperios que ameaza deserción.

En tal e último punto andamos. Eu fuxo de tales tour de force coma da peste. Ou sexa, que tres ou catro comentos obrigados e a marchar.

Primeiro: si, en efecto, prescindir dos anónimos traería pobreza que se se pode convén evitar. Mágoa que estes, todos, non asuman como norma a de non caer en abuso; que algúns semellen, ás veces, procurar todo o contrario.

Segundo: este que asina ten, algunha vez, experimentado certa presión, menosprezo e exceso verbal ou conceptual. Manifestar interese por certa contención foi interpretado como afán de coutar liberdade allea, e deu en recurso a abusivo cliché con imaxe negra, córvida e paterno-sermonil. Si, en efecto, de aí veu que un cobrase algún desánimo, evitase por sistema certos fíos e participase menos do que adoitaba.

Terceiro: desde hai moito, penso que As Uvas na Solaina é algo semellante a un BIC (perdón, Arume, polo plaxio). Tentar contribuír á súa vida e vivacidade foi intención que ao tempo me trouxo coñecemento e desatención a outros faceres. Si, en efecto, estar aquí paga a pena, e difícil de aturar pode ser calquera.

Cuarto: non obstante o devandito, penso que As Uvas podían dar máis viño con outros xeitos, facendo primar ás veces a consideración polo contertulio, ou o afán de intercambiar perspectivas, sobre a enunciación descarnada da descualificación. Desculpen que eventualmente volva dar pé á situación referida no epígrafe Segundo. Desculpe o amo da casa que aparente meterme no funcionamento desta; un non ten blog, e ao mellor tanta frecuencia deste fai incorrer en abuso.

P.D.: Swann, heino botar ben de menos; hai ben meses, insinuei que non fora ben tratado e xa fora motivo de moscamento. Digo isto agora e en ningún caso é desprezo por ninguén: aprecios algún día manifestados non os retiro, e MS meréceme, cando menos, este detalle; posiblemente serodio de máis.

Anónimo dijo...

Grazas, profesor González.

Sabe?? Aínda hoxe dixéronme: "A Solaina non é un blog. É -O BLOG-".

Cumprimentos, sr. doutor.-

Anónimo dijo...

Concordo ca apreciacin de XMG, houbo excesos, e el foi xunto con Arume o mais comedido, é certo. Tense a impresión de que houbo un desembarco de anónimos que comezaron a intoxicar, pero creo que non foi asi. Comezaron a aparecer anónimos cando se tocaron temas sensibeis que afectaron as conviccións politicas. Houbo declaracións duras, intervencións duras, posicións duras e pouco a pouco o ambiente de cortesía desdibuxouse, unha admosfera enrarecida tensionou as dialécticas posibeis até cegalas e derivalas cara inuteis trifulcas nas que semellaba que unico que importaba era o capricho, a tontería ou asuntos interpersonais. Logo da tension vivida, o relaxamento conseguinte afectou a vida do blog pairando sobre el certa apatia e esgotamento. Paréceme que o futuro está en dar cabida a mais voces, a outras perspectivas, o futuro está no respeto as diferencias por mais que non nos gusten, e as vexamos incongruentes, sempre, claro e por suposto que se expresen axeitadamente, e esto non significa unha caida na corrección cursi, nin en evitar os efectos disonantes, que ao fin son as mais importantes aportacións. Hai que cambiar de claves, escoitar outros timbres, alternar tonalidades, ou eso ou esto xa deu de sí o que podía dar.

Paréceme tamén que hai unha débeda con Marcel Swan, e unha amonestacións a certos anónimos e tamén ao Apicultor, e digoo coa mellor das vontades.
Viva a Solaina

Anónimo dijo...

Benquerido amigo:

No medio desta cotidiana confusión, no medio de tan más noticias e de tanta traxedia, no medio da inseguridade, do caos e da desesperación xeral, é moi reconfortante saber que existe un porto seguro para o acougo do espírito.

Si, así é como eu entendo a túa amizade, así é que eu entendo a túa sincera disposición de estar sempre pronto para axudar e consolar. E así é como eu me sinto ao ouvir as túas boas palabras, as túas mensaxes de confianza no futuro e na esperanza de días mellores.

Sabes? As túas equilibradas opinións e o teu discreto optimismo serven de contrapunto para todas esas noticias que enchen os nosos ouvidos e contaminan os nosos espíritos. Sen a túa amizade sería moito máis difícil para min o decorrer dos días, pois as túas opinións ponderadas e sensatas, alén de seguras, desfán un pouco a sensación de soidade que ás veces invade a miña alma.
Agradezo a Deus a túa existencia, e rezo para que permanezas sempre así: Confiado e optimista sen, no entanto, perderes o sentido da realidade.

Espero que teñas sempre moita saúde e que a vida che dea toda a felicidade que verdadeiramente mereces.

Viva a Solaina!!!

Un sincero abrazo desde Nukus - Karakalpakstan

Júlio Medela

Anónimo dijo...

Non se pode ser hipócrita nin cínico. Diga por qué se nega a usar o nick que usaba antes. Por qué se oculta no anonimato. Vostede, actuando dese xeito, non ten lexitimidade para amoestar a ninguén. Non minta.

Anónimo dijo...

A quen lle fala señor anónimo?

Anónimo dijo...

Qué lles parece o do coito (mixto ou non) entre 7 e 13 minutos? Por centrar o tema, vaia.

Anónimo dijo...

jajajaja!!!!!!!!!
Saúdos, don Arume, aínda ben que se ve alguén coñecido.

Vou durmir, que mañá continuamos a despezar a estatua de Lenin.

Está a chover.

Radio Tomacheva 107.2 FM: Canned Heat, érache milagre.

Kyra reza no seu cuarto...

Anónimo dijo...

Vaia rezar con ela.

Anónimo dijo...

pois imos a coitear!

Anónimo dijo...

Lamento estar en desacordo coa maioría das opinións aquí expresadas sobre a suposta riqueza achegada ao blog polos asinantes anónimos.

Eu téñoos na peor das consideracións.

Sen pretensións de incorrer de novo en presuntos excesos verbais e/ou conceptuais, aínda que talvez si en menosprezo, quero deixar patente a miña convición de que os anónimos non só non achegan nada positivo a este blog, senón que, ademais, están empezando a matalo. Outros casos hai na rede que deberían servirlle ao señor Valcárcel para meditar sobre este asunto.

¿Pode alguén argumentar con fundamento as irreparables perdas que sufriría este bendito blog se prescindise desas colaboracións maioritariamente dedicadas a encirrar, a acosar a blogueiros habituais e a impedir un desenvolvemento fluído dos debates?

¿Que problema pode ter en adoptar un nick habitual calquera persoa que, provista tan só dunha mínima dose de boa vontade, desexe participar con frecuencia no blog?

Amigo Valcárcel: aconséllolle que impida a entrada dos anónimos no blog. Isto non é un servizo público, senón unha iniciativa privada ao servizo de quen queira utilizala conforme a unhas poucas normas básicas que teñen como único fin garantir a súa permanencia. E do mesmo xeito que está prohibido insultar, tamén debería estar prohibida a participación en condicións de anonimato. Non tema, señor Valcárcel, as acusacións de "censura", que nin vostede nin nós temos xa 17 anos. E, sobre todo, non permita que uns cantos chisgarabís lle convirtan isto, que tantos traballiños lle deu e lle dá, nunha trapallada sen interese. Non ten sentido que a "riqueza" (?) dos anónimos empobreza e dificulte a participación dos que non o somos. Este blog, que quere que lle diga, vímolo nós primeiro. E polos anónimos non teña medo: que inventen eles outro, ou que vaian pra un deses que non visita ninguén. Sitios onde ir non lles faltan.

Anónimo dijo...

Chapeau!

Anónimo dijo...

Neste blog, non todo é "mal rollo" entre os contertulios, voullos demostrar:

Estou agora en Ourense, pero fai unhas cantas horas estaba ceando coa miña dona nun merendeiro de San Vicente do Mar, contemplando a praia e o porto de "Pedras Negras" baixo a fermosa luz do por do sol. Sabemos que esa paisaxe e unha das favoritas de Xaime de Lugo, teno comentado no blog.Mandéille saúdos mediante sms, comentándolle onde estabamos (Xaime firma có seu nome i é persoa coñecida.É doado ter o seu telemóbel). Non pasa un minuto cando se acerca o dono do local a decirnos que estamos invitados á cea.Obviamente, por Don Xaime, que o chamóu inmediatamente desde Lugo...
Moitísimas grazas,Don Xaime.
Xa ven. Non todo é "mal rollo". Sorprendente: Xaime i eu non nos coñecemos personalmente.

Xaime dijo...

¡Carallo pra factura!

Anónimo dijo...

E que eu, Don Xaime, cando me invitan a comer, lembro as sabias verbas do meu abó: "Na mesa e na cama, vergonza ningunha".

Anónimo dijo...

Don Xaime é Sir Lancelot, da Táboa Redonda; Xohán da Coba, Xohán de Lobeira, aristocrático trovador.

Saúdos, dun proletario soldador.-

Anónimo dijo...

Sir Lancelot non era o da cama redonda? O que tomaba xinebra?
Estes proletarios soldadores cando metaforizan os carga o diaño. Claro que tanto tempo con Lenín contaxia.

Xaime dijo...

Vostede Arume si que é o diaño, quitoumo do teclado.
¿Explíquese Médela en que me parezo o Lanzarote, que nin siquera me gusta a Xenebra, e menos as camas redondas?

Anónimo dijo...

Leituga 1 dijo:

"Este blog, que quere que lle diga, vímolo nós primeiro."

Anónimo dijo...

E logo, Don Xaime, pensa que non dá a "talla"? :-)

Anónimo dijo...

El Señor de los anillos:

"Es mío, sólo mío... mi tesoro"

Anónimo dijo...

Leituga 1 dijo:

"...colaboracións maioritariamente dedicadas a encirrar, a acosar a blogueiros habituais e a impedir un desenvolvemento fluído dos debates".

Canta razón ten!

Anónimo dijo...

O benquerido amigo Apicultor é Teseo. Aquel rapaz que fora axudar un señor que tiña problemas co contratista que lle fixera unha obra; metérase ali un okupa, un tal Minoutauro, que non o daba botado de alí nin a benemérita, etc, e que pedía non sei canto por marchar. Teseo tiña unha moza, Ariadna Antonelli, natural de Iugoslavia, que traballa nunha mercería en Ravenna, e sacara no bolso, de matute, un nobelo de fío, etc.
Saúdos, Apicultor.

Anónimo dijo...

Acabo de mandar unha mensaxe nunha ex-garrafa de Gaseosas La Sandianesa no que queda do ex-mar de Aral. Rotula breve, concisa e desesperadamente:

S.O.S. ONDE ESTÁ DONIÑA

Anónimo dijo...

Igual o Minotauro quería sair, pero o laberinto toña forma de estrela de cinco puntas, que impide sair ao Demo-Mefistófeles como saben. E o demo, cós cornos, é ben parecido. O Minotauro debía manterse eternamente xoven por ter o laberinto forma de pirámide. Non hai contradicción: unha pirámide (tridimensional) con base (bidimensional) de estrela de cinco puntas. Debía aburrise moito. Como dentro do laberinto non hai cobertura, o que levaba o Medela era en realidada o cable to teléfono, atado ao mancontro, pra comunicarse có comando exterior, ou quizás un alargador de corriente prá máquina de video de infrarroxos que levaba no casco.

Anónimo dijo...

Don Xaime, se Vde. di que non gusta da Xenebra, créollo, e logo non llo había crer?

Mais aínda lembro cando estabamos no seu gabinete, en Lugo, aquel martes de novembro horríbel e gris, orballando... O meu cuñado Roque tiña un grande problema coa xustiza; a súa esposa, don Xaime, entrou un momento (respectuosamente, mais sen ceder nin por un ápice na súa condición de vinculeira) para lle comunicar que ía á novena á catedral, e que a poder ser, que fose Vde., don Xaime, a esperar por ela á saída. E o gabinete quedou impregnado do seu perfume, ou do seu espírito, non llo sabía explicar, sr. avogado.

Vde xura que non gosta da Xenebra, eu acredito... Mais a súa esposa, naquela altura, parecía mesmamente a consorte dun rei artúrico...

Cando menos, a miña irmá ficou pampa.

Don Xaime, vostede preguntou e eu, desterrado ferralleiro, respondo. Espero que saiba desculpar a licenza que me tomei.


O seu amigo de Asia Central,

Júlio Medela


P.D.: Vde. leva multas do Seprona??

Xaime dijo...

Apicultor, no relativo a súa pregunta, efectivamente xa non dou a talla. Pero que conste que a no seu día si que a dín.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aclare o de seu: seu de vostede, amigo Xaime, ou de Apicultor?

Anónimo dijo...

Quen tivo retivo, don Xaime, quen tivo retivo. O que pasa é que vostede non é dos que gustan de presumir. Unha rara avis, pois.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Qué fino, Apicultor, qué fino! Ese verbo reter...

Anónimo dijo...

É que don Xaime foi sempre moi tántrico, un adiantado a súa época...

Anónimo dijo...

Eu reter, reteño, pero, máis que nada, por tacañería.

Xaime dijo...

Quixen dicir ó que quixen dicir e non teño nada máis que dicir, aínda lles vou ter que ir contando a vostedes as miñas penes d'amour.

Xaime dijo...

O Médela deixo para mañán, por que xa lle vale D. Júlio que ande a propalar pola rede ó da miña querida.
Mañán vou a un xuizo a unha vila que a teño por sela na que hai máis vagos por kilometro cuadrado, pero eso sí, cada un ten un bon coche, viña e adega.

Anónimo dijo...

Querida???
Don Xaime, a min pareceume a Farah Diba... Parabéns entón pola querida. Non terá a elegante señora unha irmá ou sobriña?
Boa noite.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Era a Begun Aga Kham en escapadita chairega.

Anónimo dijo...

Ola, amigo Apicultor, meu camarada místico! Había ben tempo que non o miraba, e estoume a decatar de que anda Vde. metido nun bo sarillo, antes, metérono. Meteuse? Pensará que o quero axudar, cando na realidade ninguén pode axudar a ninguén en cousa ningunha realmente importante; que eu souber, aínda non hai visitas guiadas a través do labirinto. Cando menos, en non as levo mirado nos catálogos de Halcón Viajes, proba axiomática de que non existen.

Parece que Vde. obvia o facto de ser o noso país unha sociedade periférica, pobre, inmovilista, ancorada no ancestro e con revolución industrial pendente. Queremos ser ecoloxistas sendo fillos de labregos, sen coñecermos as chemineas a botaren CO2 (e tamén salarios, e contrato social). Pretendemos ir traballar en bicicleta para tomarmos conta da capa de ozono e deixamos o BMW no garaxe, cando os nosos avós ían e regresaban da feira no ser das chancas e eran asaltados polos seus propios fillos. Devolvemos indignados un colchón de látex esquecendo que viñemos ao mundo nunha cama de follo de millo e dormimos no primeiro colchón con resortes no barracón suízo. E mesmo opinamos, dependendo de quen teñamos en fronte na sobremesa, sobre a hecatombe ecolóxica que vai supor que os cidadáns da Unión India anden en cadanseu coche… Cando mal coñecimos por aquí o 600, por moito que latriquen os que din que daquela vivían con perfecta normalidade. Claro é, sempre respecta máis a santísima capa de ozono que os vagóns de tren da India leven mil pasaxeiros e día si e día tamén haxa unha catástrofe ferroviaria. Iso si, o que realmente importa é que Raúl xogue finalmente na selección e que Copito de Nieve sexa tataravó por enésima vez.

E Vde., camarada, tenta obviar e superar este negro panorama. Este cuadro tenebrista en que non damos atinxido a plena categoría de SERMOS e continuamos e continuamos e continuamos e non damos saído do VIRMOS SENDO. Sabemos os CV que ‘leva’ o BMW e suamos cando chega inexorablemente a letra cada día dous, mais aínda non nos atrevemos a ir traballar en bicicleta; temos demasiado próxima de nós a imaxe dos paraugueiros, pintoresca mais tamén marxinal.

Somos tan compatíbeis coa perfecta normalidade social, querido amigo, como o demo coa auga bendita.

E nesta altura xa está Vde. a dicir con toda a razón: “Todo isto hai xa tempo que o sei, Medela”. Si, Apicultor. Todos sabemos que o sabe. Abofé que o sabemos. Os lóstregos de xenialidade que Vde. deitou neste foro non quedaron en augas de bacallau, perda coidado. E o seu periplo vital tamén non, pode estar certo diso. Mais tamén pode estar seguro de que o contexto en que vivimos, ese contexto que torna perfectamente normal o absurdo e viceversa, ese contexto que permite a dous galegos andar a cortar na ferralla entre os toxos transxénicos de Karakalpakstan no canto de poderen gañar o pan na súa casa, en Ferrallas Peláez, ou similar, ese contexto que obriga a gastarmos unha fortuna en decorarmos o chalet suízo de Cristosende e máis os traballos de Hércules para ter man dos plásticos que argüidamente conservan novas as cadeiras de brazos, a vitrocerámica e o cuarto de baño… Sempre do mellor, do máis caro, o italiano, e que nunca chegaremos a usar; ese contexto, Apicultor, non é o máis acaído para asollar certos asuntos. Sabía, señor? Haille alimentos que consumen máis enerxía da que achegan.

Evidentemente, todos os vinculeiros de boa familia levan desde o principio da Historia ás voltas coas súas iniciáticas viaxes. De Ulises a Edipo, pasando por Ícaro, Lewis & Clark e máis o seu alter – ego, Teseo, e desculpe a licenza, amigo… Si, tamén aquel que lembro agora,- Lord Byron lle chamaban- todos tiveron que pasar mil probas, superadas con diferente suceso. Pode preguntar tamén ao noso común amigo e asesor xurídico – legal, erudito avogado alén de bo e xeneroso galego, don Xaime de Lugo (Bo proveito, don Xoán da Coba; seica lle prestou a cea). Don Xaime descende por liña directa dun tal Sir Lancelot, natural, veciño e vogal na directiva do monte comunal de Stonehenge, Salisbury, Inglaterra.

Era claro que o seu labirinto particular, aquel que a divina ou laica providencia {ou tal vez o demo} tiña reservado para Vde. estaba materializado, e ben enmascarado, de certo, na freguesía natalicia da Srta. Laura Antonelli, labirinto cuxa porta se abriu para ambos dous o día aciago en que foron convidados, ou se auto – convidaron á matanza do porco na casa dos pais e avós maternos da súa suxerente amiga. Aciago porque esa festa que agora se dá en chamar ritual marcou para Vde. un antes e un despois. Todo moi pintoresco, si, malia non estar en Galiza. Laurinha a facer filloas, que enxebre. Vde. a lembrar as súas escapadas de neno por Ferrolterra adiante, cando paraba extasiado diante dunha casa calquera en que estaban de matanza, cabaleiro dunha preciosa e carísima bicicleta BH (Beistegui Hermanos, a vermella e branca, unisex e con cromados) e unha muller de bata aos cadrados manchada de sangue e instintivamente cautelosa polo ver tan limpo e repeiteado brindáballe unha filloa. Moi alegre se sentiu, Apicultor, cando as vellas croatas asombrosamente parecidas coas paisanas bieolorrusas do filme “Os xirasoles” rían e rían e todos rían e aquello era festa rachada. A Arcadia existe, si, en Croacia, quen o diría. E o mellor foi en Ferrol, cando contaba aos amigos da LCR que se sentía decepcionado co socialismo real ‘vai parando, neno, que Tito é medio facha’ e alucinaban tamén co seu caso amoroso. E Vde. ha perdoar a miña insolencia, mais penso que ou ben non deu eliminado o Minotauro ou ben se perdeu no labirinto ou ben ollou de esguello para a porta de entrada sen chave para a luz e deixara a lanterna no R8 Gordini e ordenou logo d’ir tomar unhas cañas, que vén sendo o máis sensato nestes casos. Ou tamén podía ser… O demo anda a me besbellar na orella… Que vostede podía ter asinado pauto co Minotauro.
Podía daquela gozar das meles do amor (E da vaidade) nos brazos da repoluda croata, ou eslovena, ou eslovaca, ou eslavonia, ou italiana, ou austríaca que todo vén dar ao mesmo, cun prezo único, taxado e irregateábel: A metade da súa alma (Ou psique; seica agora lle chaman así).

E no instante comprendeu que todo aquelo da matanza era pura trapallada. Tía Lutgarda nunca ía pasar por que un seu sobriño e afillado de pía bautismal casase coa filla dun labrador. Ela e a súa cuadrilla ferrolá, con efectivos tentáculos por todo o mundo (As ideólogas Paloma Fernández de Córdova, Maica Suances – Cancela, Urraca Pastor, Nati Maslenikova, Anuska Martín – Alonso, e máis o comando da accción directa, a secretaria de Pilar Primo de Rivera, a viúva de Carrero Blanco, o enfermeiro xefe da guardia de Franco e sobre todo, a allaricense Paquita Rumbao, amiga do rei Hassan), serían perfectamente capaces de remover o infausto pasado de Laura, de tornala alquimicamente “descendiente directa de la princesa Angelina de Grecia, esclava favorita del harén de Bayaceto y liberada por el Gran Tamerlán en la batalla de Angora” só conque ela fose filla dun empregado da facenda pública, interventor bancario, mestre nacional, capitán de milicias, tal vez neta dun secretario de remoto concello esloveno. Cousas máis inverosimiles tiñan chegado a facer. Bautismo, comuñón, confirmación e casamento garantidos na mesma cerimonia por Fray Justo Pérez de Urbel, se for preciso. E ben seguro que a habían transformar nunha marabillosa e refulxente e deslumbrante señorita de provincias, excelente esposa e mellor nai, con ese acento italiano, esa gracia natural e ese perenne sorriso…

Mais, amiguiño, sendo filla dun labrego… Imposíbel. Absolutamente.

Vou botar un cigarro á terraza, amigo. Regreso no instante. É paradoxal: Fumo compulsivamente e non dou aturado o cheiro do tabaco no meu cuarto.

Estabamos a falar do contrato co Minotauro. Desa cláusula en letra microscópica e en acrónimos, e con abreviaturas que nunca lemos cando estamos entusiasmados asinando, esa maldita cláusula que prescribe a eternidade da doazón espiritual alén da dedicación absoluta e exclusiva.
Ben, no entanto, o hemisferio cerebral que permaneceu consigo despois do puntual pagamento abondou para aprobar as oposicións de secretario – interventor de concello de primeira categoría (habilitación nacional) escollendo destino, etc., etc. Xa sabemos que a súa señora tía e madriña de pía bautismal dona Lutgarda deu (ou fixo chegar) unha palabriña ao tribunal. Vde. mesmo nolo lembrou. E que o seu señor tío (político) don Lucrecio, esposo da anterior, vendeu un terreo revertido en urbanizábel en Caranza, onde foron edificados vinte predios de dezanove andares e baixos comerciais, e estirouse como corresponde a todo un presidente de la ‘Asociación Nacional de Combatientes, Mutilados, Ex – Alféreces Provisionales y Ex – Cautivos del Terror Marxista del Partido Judicial de El Ferrol del El Caudillo, provincia de La Coruña, España”: Presentouse (el e máis o ex – asistente, Salvador) cun Lancia Fulvia (semi – novo, en segunda man) no momento en que chegaba o telegrama coa noticia de atinxir Vde. o número tres nas oposicións.
E voulle dicir unha cousiña, e non se me espante, Apicultor. Tal vez se aproveitou Vde. e/ou espremeu o amor de Laura Antonelli para atinxir os seus obxectivos ¿inconscientes? Desenvolveu Vde. unha finísima estratexia retroalimentada coas prodixiosas facultades da súa tía. Dona Lutgarda, co seu ollo experiente, a súa incríbel introspección psicolóxica e o seu profundo coñecemento das reviravoltas e debilidades da feble alma e aínda máis brando corpo dos humanos e humanas, algo cheirou ou algunha cousa lle dixeron sobre o affaire coa Antonelli e en solemne cónclave arredor da mesa de braseiro pronunciou a fórmula cabalística axeitada ao momento e para todos os presentes: “Hay que casar al sobrino. El chico anda un poco…”

Vde., señor, logo esqueceu as camisas Beach Boys e recortou un tanto o cabelo. Aínda conserva hoxe un aspecto vagamente underground, mais xa non lle é o mesmo, amigo; élle outra cantiga. Moderou e matizou as súas férreas conviccións políticas e sociais. Casárono. Ten apartamento(s) de seu e ácido úrico. Foi de ferias a Malibú e pediu un autógrafo a Pamela Anderson ‘para un sobriño’. Ata hoxe.

E todos o envexamos, Apicultor, eu, o primeiro.

Fala nos seus rivais no torneo polos favores amorosos de Laura Antonelli. Flavio Testi, Porfirio Rubirosa, Peter Fonda, Oriol Buhigas… Sabe cales eran os meus rivais nesta teima? Os tunantes das voladoras Chabaud.
Non o habiamos logo envexar, Apicultor?

Fala no R8 Gordini en que paseaban o seu amor á beira do Adriático. Só vin un igual, sendo neno, cando nos levaron ver o Rallye de Ourense. E o piloto era un destronado príncipe xeorxiano.
Non o habiamos logo envexar, Apicultor?

Fala na recomendación da súa señora tía e madriña dona Lutgarda para as oposicións a secretario. A única recomendación que eu tiven foi a dun rapaz da Terra Chá para un posto de soldador no principio do mundo.
Non o habiamos logo envexar, Apicultor?

Fala na súa abraiante capacidade para aprender outras linguas. Dúas palabriñas en italiano (dialecto veneciano) coa Antonelli, en Ravenna foron sinónimo de chegar e botar, de chegar e encher o saco. Levo dous meses en Nukus e aínda se rin de min no Cíber cando dou as boas tardes.
Non o habiamos logo envexar, Apicultor?

Fala das mozas do Leboreiro – Xurés, onde gañou merecida sona de conquistador. Tony Pérez, e mesmo Pucho Boedo baixaban do palco para o cumprimentar e mesmo lle dedicaban algunha peza. Un servidor e máis os da súa cuadrilla conformábanse con non saíren mallados da verbena e/ou con teren cen pesos para a copiña de licor – café.
Non o habiamos logo envexar, Apicultor?

É loxico. Foi disculpábel envexalo, señor. Preciso e necesario. Ten vostede que ser COMA todos nós.

E a falta do hemisferio anti – envexa fixo que Vde. fose vítima propiciatoria. Mais non padeza, señor Apicultor. Nunca choveu que non escampase.

Laura Antonelli anda a pedir esmola no metro de Roma.

Desde Asia Central, o seu amigo que o aprecia de verdade,

Júlio Medela.



P.D.: Unha cousiña, un meu cuñado anda adoecido porque o denunciaron os do Seprona por espetar un cartaz de Husqvarna nun carballo. Vostede non podía falar coa súa tía por ver se podía falar ela con alguén dos de arriba, da benemérita, para que falen cos do cuartel de Lobios porque lle piden 6.000 euros? Agradecíallo.

Anónimo dijo...

Feito!