14 abr 2008



Mesa redonda sobre os Artistiñas do Volter no Paraninfo do IES Otero Pedrayo (11 abril 2008).
A fotógrafa Maribel Longueira mándame estas imaxes do acto do venres, convocado pola Asociación de Amigos da República. Falamos nese acto o xornalista e escritor Arturo Lezcano e eu mesmo; presentou o amigo Benito Losada.

Eu non era a primeira vez que falaba alí, pois xa o fixen noutra ocasión, convocado polo propio centro. Pero esta cita era especial: iniciei a miña intervención cunha mención expresa dos fusilados da guerra e citando os nomes da cultura vítimas da traxedia: nese mesmo Paraninfo, como saben vostedes, celebráronse en 1936 os consellos de guerra nos que eran condenados xentes como o poeta Manuel Gómez del Valle ou o alcalde Manuel Suárez Castro, entre moitos outros. Ocasión emotiva tamén porque a conferencia gustou bastante (moita xente felicitounos, tanto a Arturo como a min) e entre os/as asistentes estaban varios descendentes directos dalgunhas das vítimas ou represaliados, ademais dos Artistiñas do Volter.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Curioso que o escudo ourensán que se ve detrás da mesa, na fotografía, teña unha coroa real.

Anónimo dijo...

Marquiños, voltaches a recordarme outra das túas famosísimas, inolvidables e nunca ben ponderadas apresentacións de ilustrísimas, tal fora o caso de Eduardo Haro Teclen, o cal xa difunto, e cando por fin remataches dixo lacónicamente: "exageras!".
Que peniña me deu o probe Arturo!

Anónimo dijo...

Non esperedes ao Marcos e aos habituáis do blog durante un bó anaco. Están metidos todos no Liceo ourensán. Eu non puden entrar, que non se cabía.Menuda troula montóu a Anxeles Cuña có dos "artistiñas". O do Himno de Riego no Largo de Santa Eufemia, interpretado pola banda, mentras ondeaban bandeiras republicanas, e a xente coreaba con aplausos, alucinante.

Anónimo dijo...

Ben certo o que di XDC. Foi un momento de fonda emoción. Coido que desde o ano 36 do século pasado non soaban os acordes do Himno de Riego interpretados pola Banda Municipal de Música de Ourense nun acto público. Verdadeiramente emocionante. Comenteillo ó director da Banda, Paco, e contaxiado pola pulsión do momento mandou repetir o Himno, correspondendo ás reiteradas peticións do público asistente.

Soberbio.

Mágoa non ter ocasión de saudar o ilustre músico don Xoán da Coba, asiduo visitante e contertulio deste foro, co que teño tantas paixóns comúns, ou eso creo colexir das súas celebradas intervencións neste blog do Marcos. Estaba eu con Marcos precisamente nos momentos en que tocaba a banda diante de Santa Eufemia.

Saúdos a tódolos visitantes e amigos do blog.

Xoán Fonseca.-

Anónimo dijo...

Xa o vin a vostede, tocaio Fonseca.
Por certo, moi simpático o zancudo. Cando a xente entraba apretada pola porta do Liceo, berraba que non aproveitaran pra meter man.

Anónimo dijo...

Y todo el discurso de un tirón y sin despeinarse, que es lo suyo.
Yo tambien estoy aún convaleciente Sr. Ubú, tengo entendido que el auténtico conferenciante, aquel Sr. mayor con gafas, abraiado aún, anda a hablar sólo por la calle batacristando y emitiendo otros sonidos guturales que ni sus prójimos entienden, non