29 abr 2008


Rula e abidueira.
Pan por pan martes 29 abril

Recupero esta cita ben coñecida de don Álvaro Cunqueiro: “Louvado seña Deus tamén por terme dado o don da fala nosa, porque me ensinou a dicir “rula” e “abidueira” e “dorna” e “ponte” e “fonte”, e entón eu, sabendo estas palabras, era verdadeiramente dono da rula e da abidueira e da dorna e da ponte e da fonte”. Estas palabras, fermosas, intelixentes, díxoas Cunqueiro nunha homenaxe que lle ofreceron en Vigo. Cunqueiro falaba guiado só polo seu inmenso amor á lingua. Non era ningún perigoso independentista nin nada semellante. Sabía que as linguas sempre suman, nunca restan, e que coñecer unha lingua é o mellor camiño para avanzar na máis fonda comprensión dun xeito de ser, dunha cultura. Rula, abidueira, dorna, ponte e fonte: palabras de noso, chegan ó século XXI cargadas de sentidos. Non entendo como algúns queren renunciar a este tesouro.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de dicir unha total 'badocada'.

Cunqueiro foi SEMPRE God.-

Anónimo dijo...

Don Marcos, por min pode apagar o primeiro comentario.
Grazas.-

Anónimo dijo...

Eso de "perigoso independentista" faime sorrir.

Anónimo dijo...

En relación coa lingua, algunha metáfora de Cunqueiro resulta especialmente abraiante polo fermosa; o castelán sabíalle a pan fresco, dicía. Por outra banda, seguramente non estará de máis recuperar determinada afirmación del, seica aparecida nunha entrevista que lle fixeron os de El País: "Yo no creo en el bilingüismo. Siempre hay una lengua de fondo y la mía es la lengua gallega".

Anónimo dijo...

Don Marcos, por favor, apague o primeiro comentario deste post.
Grazas.-