2002: Casares, Freixanes, Ferreiro
(Pola esquerda, Carlos Casares, Víctor Freixanes e Rosa Aneiros)
A prensa cultural comezaba o ano 2002 falando dunha obra clave publicada a finais do ano anterior: Galicia, unha luz no Atlántico (Xerais), a xeito de summa de ensaios e documentación sobre a historia do país e a súa realidade actual. Coordinaba aquel traballo Víctor Freixanes e contaba con traballos de Ramón Villares, X. M: Núñez Seixas, Marcial Gondar, César Portela, Henrique Monteagudo, Xavier Vence e Guillermo de la Dehesa. V. Freixanes reeditou nese ano ademais A cidade dos Césares, premio Torrente Ballester no 92 e novela coral á vez que relato dun soño epopeico fundacional. En marzo, a morte de súpeto de Carlos Casares conmocionaba o mundo cultural e todo o país. O autor ourensán deixaba unha gran novela póstuma publicada de inmediato, O sol do verán. Moi cedo saíron algúns monográficos sobre o escritor como o nº. 217 da revista Quimera ou o volume C.Casares, punto de encontro (Concello Ourense).
Foi un ano fecundo nas letras. Na narrativa, empezo por Xosé Fernández Ferreiro coas novelas Millo verde (Xerais), pesadelo da tortura interior dun profesor acusado de violar a unha alumna, e O último paraíso (Espiral Maior), novela curta e descrición dunha utopía que serve de réplica a O minotauro. O premio Xerais de novela era para Concubinas, historia de amor e soidades, de Inma López Silva. Xerais publicaba As chamadas perdidas, 24 relatos realistas, de Manuel Rivas; Longa Lingua, libro colectivo de relatos coordinado pola Mesa de Normalización Lingüística; Sentinela, alerta!, dez contos de temática social e antifranquista, de María Xosé Queizán; Ganga, de Antón Lopo, procura da identidade e a salvación dende as experiencias psicotrópicas; O ladrón de esperma, de Xavier Queipo, prosas experimentais premiadas no Café Dublín da Coruña; Santos e defuntos, relatos cheos de humor e ironía de Gonzalo Navaza; Escáner, de R. Caride; Un baile de moscas, de Kiko Neves; e O baile da mariolas, de Rosa Vidal.

6 comentarios:
Nesta série de artigos incorre-se repetidamente no erro de escrever mal o primeiro apelido do escritor Ricardo Carvalho Calero, mesmo quando se citou a publicaçom de livros em que assinava como Carvalho, escreveu o seu apelido mal. E nesta última entrega fala-se dum inexistente "Prémio Carballo Calero" pois o que realmente existe é o "Prémio Carvalho Calero", concedido polo Concelho de Ferrol.
Boeno, home, boeno, fala galego do pobo e non do laboratorio da sta. Petis.
j. manuel outeiro é god.-
Descoñezo se o premio que convoca o Concello de Ferrol, fai esa convocatoria coa ortografía oficial ou coa reintegracionista: xa me enterarei. En calquera caso, é certo que o egrexio profesor asinou os seus últimos libros como Carvalho Calero, pero antes fíxoo como Carballo Calero durante moitos, moitos anos, e moitos títulos.
Prezado Sr. Valcárcel:
todos os prémios "Carvalho Calero" editados por Laiovento levam umha faixa preta coa informaçom de ter recebido o prémio, com esse nome, tal como o escritou decidiu ser chamado.
O concelho de Ferrol tem também um Centro Cultural "Carvalho Calero"
http://www.ferrol-concello.es/02-01-05arte.aspx
Quando você citou Carballo Calero como autor de Reticências ou de Scórpio, em dous diferentes artigos desta interessante colecçom, nom respeitou o nome com que o autor assinou essas obras.
Como creio que os seus artigos poderám dar um livro de interesse, sugiro-lho para o corrigir em edições futuras.
Cumprimentos
Ben, fareille caso, sr. J.M.Outeiro. Creo que o criterio axeitado pode ser ese: respectar a grafía que usou RCC en vida, en cada momento histórico.
Publicar un comentario